#07
outubro’15
1 euro
www.eroski.es
AFORRA CON EROSKI
Un menú exquisito e de tempada EU SON BELLE
Descubre os nosos produtos estrela
Tesouros gastronómicos
COGOMELOS
O outono agasállanos estas deliciosas xoias, cocíñaas connosco!
as vantaxes de ser socio
as vantaxes de ser socio
outubro’15
“Outubro vai ser, sen dúbida ningunha, un mes moi EROSKI Sannia” Arantza Campos — Responsable Eroski club
Edición #07 outubro’15
Benvido, outono
V
olve o outono, volven os pratos de culler e mais as salsas cremosas. Regresa a cociña feita devagar, que precisa outros tempos de cocción e algo máis de agarimo e esmero. Mudar de estación bríndanos una oportunidade para incorporarmos nos nosos menús alimentos de tempada e preparacións quentes, caídas no esquecemento durante os meses de verán. A nova revista que tes entre as mans é unha pequena homenaxe á cociña do outono. Os cogomelos, se cadra o froito máis agardado desta estación, son os protagonistas da nosa sección estrela de receitas. Ademais, as máis delas están confeccionadas con produtos de tempada ou con
preparacións quentes, tan típicas destes meses. O outono é tamén época de retomarmos os bos hábitos e o equilibrio na dieta. Por iso, nesta revista atoparás todas as novidades da nosa marca EROSKI Sannia. Desde o innovador pan con avea que reduce o colesterol ao sorprendente chourizo de Pamplona con contido reducido en graxa e sal. Outubro vai ser, sen dúbida ningunha, un mes moi EROSKI Sannia. E para que a volta á rutina custe menos, lembra que ao final destas páxinas atoparás os nosos vales aforro para que os troques nas nosas tendas.
EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n 48230 Elorrio (Bizkaia) Tel: +34 946 211 211
realización edición
Carrer Parlament, 29 08015 Barcelona Tel: +34 935 216 920 www.loftworks.es Difusión controlada por OJD Publicidade Loft Works/NAT, SL Roger Aguadé Tel. +34 934 263 020 raguade@natcomunicacion.com
Imprenta MCC Graphics Pol. Ind. Txirrita Maleo Pab 11 20100 Errenteria (Gipuzkoa) Tel: +34 943 344 614 Depósito Legal BI-243-2015
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
Nace Eroski club
Descubre as vantaxes de ser socio Achégate a unha das nosas tendas e faite socio ou, se o prefires, rexístrate en
www.eroski.es e descubre todas as vantaxes
6
A revista Eroski club – As vantaxes de ser socio non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas ou privadas.
sumario outubro’15
SALIENTAMOS NESTA EDICIÓN
8 para abrir boca
Actualidade e novidades.
10 é tempo de...
Os cogomelos son tesouros gastronómicos. Dámosche unhas suxestións para preparalos.
16 protagonistas EROSKI
SOS! Colesterol alto!
Os boliños EROSKI Sannia axudarante a reducires o colesterol.
Evitar a hipercolesterolemia é fundamental para manter un corazón san. Facer exercicio, deixar de fumar e priorizar os alimentos de orixe vexetal vaiche axudar a controlar os niveis de colesterol. Páx. 24
20 aforra con eroski
Estes produtos de tempada permitiranche preparar e planificar deliciosos menús de outono.
24 pola túa saúde
A prevención é clave para manter á raia o colesterol en sangue. Explicámoscho.
10
30 o escaparate
38
Coñece as novidades e as novas receitas da carne EROSKI Sannia. Tan apetecible como equilibrada.
32 de aquí e de acolá
Especial belle A gama belle non deixa de medrar e de innovar para ofrecer produtos adaptados ás necesidades de toda clase de muller. Sempre á vangarda! Páx. 43
30 24
Brinda cos novos viños brancos frizzantes. Á túa saúde!
Doces, substanciosas e cheas de vitaminas: así son as peras Eroski NATUR con DOP Rincón de Soto.
38 enerxía para medrar
Que hai de cea? Con estes consellos asegurarás un menú san e equilibrado que complemente o xantar do mediodía.
20
43 beleza
Presentámosche a ampla familia de produtos belle. Perfectos para o coidado e a hixiene persoal.
Vales aforro Eroski club Agora as túas compras serán moito máis económicas grazas aos vales aforro Eroski club. Ofertas e promocións exclusivas para os nosos socios. Valas perder? Páx. 47 A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.
47 vales aforro Eroski club
Axudámoste a aforrar cos nosos vales aforro Eroski club.
50 noticias corporativas 16 as vantaxes de ser socio
O noso día a día: estudos, novas e actos solidarios.
7
para abrir boca
novidade
Salchichas EROSKI Sannia (170 g).
Proba as nosas novas salchichas EROSKI Sannia
lanzamento
innovación
Merenda co novo paté de polo EROSKI Sannia
Con contido reducido en graxa e sal
A
U
dmitámolo. Pode que o paté non teña precisamente sona de alimento equilibrado. Perségueo a sombra de ser un alimento excesivamente graxo. Pero, e se che dicimos que en EROSKI vas atopar unha opción nutricionalmente equilibrada? É o novo paté de polo EROSKI Sannia. Está elaborado con carne branca e a súa receita non inclúe aceite. Por iso, ten un 40% menos de graxa saturada (a menos recomendable) ca o paté de porco EROSKI basic. Non che apetece merendar hoxe un bocata de paté?
8
P
ara unha cea rápida, como acompañante estrela nun prato de pasta, ingrediente imprescindible en pizzas ou protagonista indiscutible nun cadelo quente. As salchichas son un perfecto comodín en calquera cociña, e máis aínda de haber nenos. Proba a utilizar en calquera das túas receitas as nosas novas salchichas EROSKI Sannia. Teñen un 30% menos de graxa e un 25% menos de sal ca outras salchichas EROSKI, son aptas para celíacos e achegan un alto contido en proteínas. Están elaboradas na súa maioría con carne de polo.
Paté de polo EROSKI Sannia (156 g).
n chourizo Pamplona con menos graxa e sal. Non, non é unha broma. É algo real e posible. É o novo chourizo Pamplona EROSKI Sannia. Froito da colaboración con AZTI, centro tecnolóxico experto en investigación alimentaria, e co provedor deste produto, somos pioneiros no mercado da distribución en ofrecelo. Contén un 30% menos de graxa e un 25% menos de sal ca o chourizo Pamplona EROSKI basic. Chourizo Pamplona EROSKI Sannia (100 g).
estudo
Por que os nenos adoran o azucre e rexeitan as verduras?
relanzamento
Tomate frito EROSKI Sannia: adeus brik, ola cristal
Q
ue erga a man quen nunca deixara “morrer” un brik aberto de tomate frito esquecido en calquera recuncho da neveira. Para mellorar a conservación do tomate frito baixo en sal EROSKI Sannia, atoparalo na túa tenda habitual nun cómodo tarro de cristal no canto de no seu habitual tetrabrik. Así, unha vez aberto a súa conservación será máis cómoda e sinxela. O noso tomate EROSKI Sannia é unha alternativa saudable (sen sal nin azucres engadidos) para complementar calquera prato de pasta, arroz, tortilla...
O Tomate frito EROSKI Sannia (300 g).
tendencia
Pero… que é un smoothie?
O
smoothie é o máis cremoso dos licuados, un batido que inclúe elementos lácteos na súa composición para lle dar unha consistencia suave e untuosa á mestura de froitas ou verduras. A principal diferenza entre un batido de froitas clásico e un smoothie é a textura. O nome dío todo, xa que smooth en inglés significa suave. A consistencia dos smoothies é sempre cremosa, algo que se acada engadindo ingredientes lácteos, dende leite desnatado ata iogures naturais e xeados de crema, vainilla ou nata. Polo demais, o smoothie comparte cos batidos de froitas e verduras todas as demais características: son unha fonte de nutrientes refrescante e exquisita.
as vantaxes de ser socio
leite materno, grazas ao seu contido en lactosa, ten un característico sabor doce. Resulta imprescindible que o bebé que acaba de nacer prefira o leite da súa nai a outros alimentos; de non ser así, morrería de desnutrición. E así acontece: os bebés nacen coa capacidade innata non só de rexeitar os sabores amargos, senón tamén de detectar e preferir o sabor do leite materno. O brusco rexeitamento innato dos bebés ao sabor amargo (como o das verduras, pero tamén de determinados medicamentos que en ocasións é imprescindible darlle ao menor) protéxeos da inxestión de velenos, dado que moitos compostos amargos —aínda que non todos— son tóxicos. Outra explicación, moi coñecida no eido científico, é que estes alimentos achegan poucas calorías. O bebé prefire optar por outros alimentos máis enerxéticos, que o van axudar dun xeito máis eficaz no seu crecemento e desenvolvemento.
9
é tempo de...
Cogomelos Entre treboada e treboada. Así nacen os cogomelos. O outono é a súa estación. Benqueridos polos consumidores, a súa presenza en calquera prato non pasa inadvertida. Estrea o outono na túa cociña coas nosas receitas.
10
ENSALADA DE COGOMELOS E XAMÓN CON SALSA DE IOGUR 4
fácil
unha lixeira cor torrada. Sacámolos da tixola e reservámolos. l Mesturamos o iogur natural
co aceite de oliva, vinagre e un chisco de sal, pementa e ceboliño torado ata formar unha salsa homoxénea.
20-30’
INGREDIENTES
0,99 €
l Limpamos as follas de
• 1 ceboliña • 2 00 g de cogomelos para a prancha • 2 00 g de xamón serrano en taquiños EROSKI • 1 iogur natural EROSKI basic • 8 0 ml de aceite de oliva • 4 0 ml de vinagre de sidra • Ceboliño • 100 g de leitugas variadas • U n chisco de sal e pementa
leituga e cortámolas en tiras grosas.
por persoa
l Dispoñemos as follas de
leituga sobre o prato e por riba colocamos os cogomelos salteados e mais os taquiños de xamón dourados. Aliñamos coa salsa de iogur.
COMO SE ELABORA l Cortamos a ceboliña en tiras
finas e salteámola lixeiramente nunha tixola quente cun pouco de aceite de oliva e sal. Cando a ceboliña teña cor amarelada, engadimos os cachos de cogomelos e poñémolos ao punto de sal. Así que os cogomelos estean cociñados, sacámolos da tixola e reservámolos. l Na mesma tixola,
dispoñemos os taquiños de xamón e salteámolos lixeiramente ata que teñan
Unha ración contén: calorías
164 8%
GRAXA
GRAXA saturada AZUCRES
7,9g 2,8g 4,1g 11%
14%
5%
sal
1g
16%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
Cogomelos en EROSKI, tradición e orixe rioxana Máis da metade dos provedores de EROSKI son produtores locais e rexionais. Cada un dos seus produtos ten unha historia que contar sobre materias primas excepcionais, lugares únicos ou xeitos de facer particulares. Os nosos
cogomelos sonche un bo exemplo. Todos proceden da Rioxa, unha comunidade recoñecida pola súa histórica tradición no cultivo dos cogomelos. En EROSKI, esta tempada poderás atopar cogomelos ostra, para a prancha, de flor, de as vantaxes de ser socio
cardo, shiitake, fungos e tamén níscaros. Son o mellor ingrediente co que bordares as receitas que che propomos. Preparacións saudables porque os cogomelos se compoñen ao 90 % de auga. Sabor, tradición e equilibrio no teu prato.
11
é tempo de... SANXACOBES DE COGOMELOS
• U n chisco de sal • Tomates (para acompañar)
dúas unha lasca de queixo gouda e unha porción de queixo azul.
COMO SE ELABORA
RISOTTO DE FUNGOS CON QUEIXO
l Batemos os dous ovos e
4
fácil
20-30’
l Limpamos os cogomelos
INGREDIENTES • 4 00 g de cogomelos de ostra grandes • 100 g de peituga de pavo en lascas EROSKI Sannia • 100 g de queixo gouda en lascas EROSKI • 5 0 g de queixo azul • 5 0 g de fariña • 2 ovos • 5 0 g de pan relado • 2 00 ml de aceite de oliva
e salteámolos lixeiramente nunha tixola cun pouco de aceite de oliva e sal para que perdan a textura de cando están crus. Unha vez salteados, colocámolos nun escorredoiro para que ceiben o aceite todo. l Para montar os sanxacobes,
colocamos entre dous cogomelos dúas lascas de friame de peituga de pavo cocido, e entre ambas as
pasamos os sanxacobes de cogomelos por fariña, ovo e pan relado. Fritimos nunha tixola cun pouco de aceite moi quente, volta e volta, ata que se doure a superficie. Unha vez dourados, dispoñemos os filetes nun prato con papel de cociña para que absorba a graxa sobrante da fritura. l Pasados uns minutos,
servimos os sanxacobes cunha ensalada de tomate.
4
fácil
30-40’
INGREDIENTES • 1 cebola • 2 dentes de allo • 250 g de fungos ou boletus • 3 00 g de arroz bomba EROSKI SeleQtia • 1 l de caldo de verduras • 6 0 g de queixo curado mestura EROSKI • 4 0 ml de aceite de oliva • U n chisco de sal COMO SE ELABORA l Picamos a cebola e os
1,45 € por persoa
allos moi finos e rustrímolos nunha cazola baixa co aceite de oliva. Así que estea feita a cebola, engadimos os cogomelos cortados en finas tiras. Refogamos o conxunto e agregamos o arroz, remexendo durante un minuto para que se impregne do rustrido. l Incorporamos o caldo
quente aos pouquiños e cocemos a lume manso durante uns 16 minutos. Remexemos de vez en cando, de xeito que o arroz non quede sen caldo, ata que acade unha textura de arroz cremoso. l No derradeiro intre,
poñémolo ao punto de sal e agregamos o queixo relado en finas láminas, o que lle vai dar ao arroz un aspecto cremoso. Servímolo sen o deixar repousar.
Unha ración contén: calorías
GRAXA
16%
24%
GRAXA saturada AZUCRES
sal
322 16,5g 7,9g 3,6g 0,7g 40%
4%
12%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
12
1,19 € por persoa
Unha ración contén: calorías
GRAXA
25%
20%
GRAXA saturada AZUCRES
sal
499 14,2g 3,9g 7,6g 1,5g 19%
8%
24%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
as vantaxes de ser socio
13
é tempo de... PATACAS CON NÍSCAROS
4
media
RECEITA PASO A PASO
1
2
l Pelamos a cebola, lavamos o
l Cando as verduras están sofritas e
pemento verde, o pemento vermello e os dentes de allo e cortámolo todo en cadradiños pequenos. Sofritímolos nunha cazola a lume suave cunhas culleradas de aceite de oliva.
cunha lixeira cor dourada, agregamos os níscaros limpos e refogámolos. Logo, engadimos as patacas peladas e “cascadas” (escáchanse co coitelo no canto de facer un corte limpo).
3
4
l Engadimos unha culleriña de
l Cando a pataca e os níscaros
pemento doce, refogamos todo o conxunto e inmediatamente cubrimos coa auga ou co caldo. Cociñamos a lume medio cun fervor suave e continuado durante 20 ou 30 minutos.
estean cocidos, poñemos ao punto de sal e deixamos repousar fóra do lume, e coa cazola tapada, 15 minutos. Débenos quedar un guiso cremoso e sen exceso de auga. De ser preciso, esmagaremos algunha pataca para que nos sirva de ligazón.
50’-1 h
INGREDIENTES • 5 0 g de cebola doce Eroski NATUR • 3 0 g de pemento vermello • 3 0 g de pemento verde • 2 dentes de allo • 150 g de níscaros • 6 00 g de patacas para guisar Eroski NATUR • U nha culleriña de pemento doce EROSKI • 4 00 ml de caldo de verduras EROSKI ou de auga • 2 0 ml de aceite de oliva • U n chisco de sal LEMBRA QUE... l É importante “cascar” a pataca ao
cortala para que así saia a súa fécula e o caldo quede máis espeso.
Lembra Antes de preparar os cogomelos, é moi importante limpalos como cómpre. Se os recollemos nós, hai que poñer moito tino en recoller só os cogomelos que coñezamos e que non xeren ningún tipo de dúbidas. O mellor xeito de lavalos é facelo cun pano húmido. É importante limpar a superficie e reservar os cogomelos nun lugar fresco e tapados cun pano (non en bolsas de plástico pechadas), para que conserven a súa textura e o seu aroma, e se manteñan en bo estado.
14
0,80 € por persoa
Unha ración contén: calorías
167 8%
GRAXA
GRAXA saturada AZUCRES
sal
4,3g 0,7g 2,3g 0,4g 6%
4%
3%
7%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
as vantaxes de ser socio
15
protagonistas EROSKI
Boliños de pan EROSKI Sannia
O novo pan que axuda a reducir o colesterol Non é un pan calquera. Está elaborado con fibra de avea e contén betaglucanos que axudan a diminuír os niveis de colesterol sanguíneo. Lévaos quentiños e goza deles ao longo do día: controlarás o teu colesterol case sen te decatares.
16
Co respaldo da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria O pan é un dos alimentos máis consumidos en España. Dadas as elevadas cifras de persoas con hipercolesterolemia no noso país, ten máis que sentido enriquecelo con betaglucanos. Os nosos boliños EROSKI Sannia foron validados pola EFSA e cumpren coas condicións concretas para lucir a declaración de propiedade saudable que axuda a reducir os niveis de colesterol. O seu consumo debe formar parte dunha dieta equilibrada, variada e dun estilo de vida saudable.
C
ase a metade da poboación adulta en España sofre hipercolesterolemia. Algo preocupante xa que, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), nada menos que 2,6 millóns de mortes ao ano gardan relación con este trastorno. Unha vez máis, EROSKI aposta por coidar a túa saúde con este lanzamento: os nosos boliños EROSKI Sannia con fibra de avea, enfornados na nosa panadería, conteñen betaglucanos, que axudan a baixar os niveis de colesterol en sangue. Para todos Non se trata dun produto específico para persoas con problemas de hipercolesterolemia. O betaglucano de avea axuda a manter niveis axeitados de colesterol en sangue de toda a familia, xa que é un ingrediente natural sen contraindicacións nin limitacións de consumo. A novidade do noso pan EROSKI Sannia, desenvolvido en colaboración con AZTI, centro tecnolóxico experto as vantaxes de ser socio
en investigación alimentaria, é que lle ofrece por primeira vez ao consumidor unha receita e porción, tres boliños diarios (que conteñen cadanseu gramo de betaglucano), que achegan acotío 3 gramos de betaglucano e axudan a reducir o colesterol no sangue. Precisamente, e como sinala a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria, o efecto beneficioso sobre o colesterol obtense cunha inxestión diaria de 3 gramos de betaglucano de avea.
Lembra: a túa opinión vale... e moito Gústanos estar ao teu carón e encántanos escoitarte. Por iso, convidámoste a nos dares a túa opinión e a valorares os nosos lanzamentos e novidades
17
protagonistas EROSKI
4 ideas para gozalos 1
Para almorzar: se es dos fanáticos do pan con margarina, estás de sorte. Torra un dos nosos boliños e acompáñao coa margarina vexetal EROSKI Sannia. Un almorzo moi “sannio” para comezar ben o día.
2
Aperitivo saudable: leva un boliño EROSKI Sannia para o descanso no traballo ou na escola. Para faceres un boliño substancioso e saudable podes utilizar as nosas rebandas de pavo EROSKI Sannia ou o noso novo paté de polo. O refrixerio perfecto para afrontares unha mañá de traballo.
3
Merenda doce: as nosas marmeladas EROSKI Sannia, con contido reducido en azucre, serviranche para elaborar unha rica merenda. Unta os nosos boliños con elas. Ti elixes: amorodo, laranxa, ameixa, pexego, albaricoque ou framboesas-arandos.
4
Cea lixeira: proba a cear un día á semana un minibocata salgado co noso pan EROSKI Sannia xunto a unha ensalada de tempada. Ceas lixeiro e o tempo de preparación que esixe é escaso. E que poñer entre pan e pan? As nosas novas salchichas de polo EROSKI Sannia, cun toro de tomate e unha cama de leitugas, por exemplo.
18
Entre pan e pan de EROSKI Sannia O pan é un alimento que se debe incluír nunha dieta variada e diversificada. E se ademais axuda a reducir nosos niveis de colesterol, aínda mellor. Os nosos boliños EROSKI Sannia, de forma cadrada, codia enfariñada e crocantes, pódense degustar sós ou acompañados. As combinacións son múltiples e variadas, máis ou menos doces e salgadas. Estas son algunhas das nosas suxestións. Lembra que a marca EROSKI Sannia, á que pertencen os novos boliños con betaglucanos de avea, representa a opción nutricionalmente máis saudable en cada tipo de produto. Son alimentos elaborados a partir de receitas con menos sal, azucres ou graxas ou cunha achega de nutrientes específicos, como é este novo pan con fibra de avea rica en betaglucanos.
DESCUBRE LAS MEJORES HERRAMIENTAS para ayudarte a desarrollar hábitos de vida saludables, entrenando tu salud y la de toda tu familia. www.lasaludseentrena.es
Plan Familias
entrénala con La pulsera que te ayuda a cuidarte Compra 3 productos Nestlé y participa
SORTEAMOS UNA PULSERA CADA HORA (*) ¡NO OLVIDES GUARDAR TUS TICKETS DE COMPRA!
¡Compatible con la web y la app Nestlé Trainer! PARTICIPA Y CONSIGUE LA TUYA: POR CORREO: Envía 3 códigos de barras (**) a Pulseras Nestlé Trainer, apartado 100, 08080 Barcelona, junto con tu nombre y apellidos, dirección postal y teléfono. POR INTERNET: Entra en www.pulseras.nestletrainer.es NO OLVIDES GUARDAR LOS TICKETS DE COMPRA, LOS NECESITARÁS SI ERES GANADOR.
Promoción válida del 1 de octubre de 2015 al 29 de febrero de 2016. Más información en las etiquetas de producto o en el 902 106 244. Consulta las bases en www.pulseras.nestletrainer.es. Promoción limitada a mayores de edad residentes en España. Bases depositadas ante notario. *Se sortea una pulsera por hora cada día de la promoción. **Cada 3 códigos tienes una participación.
¡ESCANÉALO!
aforra con EROSKI
De tempada
Preparar e planificar menús cos produtos de tempada recompensa. Por unha banda, contribúe a mellorar a nosa dieta, xa que os alimentos se atopan no seu mellor momento, con todo o sabor e no seu punto óptimo de maduración. E, por outra, o seu prezo adoita ser máis alcanzable e non experimenta grandes subas. Porros, mandarinas, mazás, peras... O outono vén cargado de posibilidades na cociña.
20
0,71 € por persoa
1,19 â‚Ź por persoa
0,99 â‚Ź por persoa
as lasvantaxes ventajas de ser socio
21
aforra con EROSKI
PRIMEIRO
Segundo
SOBREMESA
ENSALADA DE ENDIVIAS CON MILLO E MANDARINAS
PORROS COCIDOS CON XAMÓN DE YORK
SMOOTHIE DE MAZÁ, PERA E LARANXA
4
fácil
4
5-10’
INGREDIENTES
media
30-40’
4
INGREDIENTES
• 4 endivias • 250 g de queixo azul • 250 g de queixo crema
• 1 mandarina • 30 g de millos torrados
fácil
5-10’
INGREDIENTES
• 600 g de porro • 100 g de xamón de York • 40 g de fariña • 2 ovos
• Aceite para fritir • Un chisco de sal • Salsa de acompañamento
• 3 mazás golden • 3 peras conferencia • 4 laranxas de zume
• 1 limón • 125 g de iogur natural • Unhas follas de menta fresca
COmo se elabora
COmo se elabora
COmo se elabora
l Lavamos devagar todas as follas das
l Cortamos as raíces dos porros e
l Pelamos as mazás golden e as peras
endivias e secámolas cun papel de cociña. Colocámolas nunha fonte e reservamos.
retirámoslles as follas verdes. Logo, lavámolos con auga fría, escorrémolos, secámolos e cortámolos en anacos duns 5 cm de longo. Poñemos os anacos de porro a cocer en auga cun pouco de sal durante 10 minutos. Escorrémolos e secámolos ben.
conferencia, quitando as pebidas e as partes duras. Esprememos as laranxas e o limón ata conseguir un zume.
l Mesturamos o queixo azul co queixo
crema e batemos ata que quede un pouco máis cremoso. Pelamos a mandarina e cortámola en cachiños.
l Dispoñemos as mazás golden e as
peras no batedor, agregamos o zume de laranxa e limón e o iogur, e trituramos ata formar un batido cremoso.
l Enrolamos os anacos de porro en l Enchemos as endivias coa crema
de queixo, colocamos os cachiños de mandarina e uns millos torrados e torados por riba.
cadansúa rebanda de xamón de York e rebozámolos primeiro con fariña e logo con ovo. Fritimos no aceite ben quente ata que se douren. Escorremos sobre papel absorbente.
l Servimos ao momento en copas ou
cunquiñas individuais, decorando cunha folla de menta fresca.
l Servímolos acompañados dunha
salsa española ou de tomate con verduras. Tamén quedan moi bos cunha salsa verde.
Unha ración contén: calorías
GRAXA
15%
31%
GRAXA saturada AZUCRES
Unha ración contén: sal
calorías
9%
9%
308 21,4g 11,5g 8,7g 0,6g 57%
10%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
22
170
GRAXA
grasa saturada AZUCRES
Unha ración contén: sal
calorías
172
0,2g
12%
9%
0,2%
6,3g 1,9g 7,4g 0,7g 9%
9%
8%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
GRAXA
grasa saturada AZUCRES
sal
0g 35,5g 0g 0%
40%
0%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
Sin
Lactosa
rica en b a f e s a u t r A garina r a m la … é u q ¿Sabías )? , por Leioa (Vizcaya íz a m e d e it e c rtir de a a p a a r o b la e dible. Artua se n u f n o c in e o s únic eso su sabor e a, que id v la a d o t ucto de d o r p n u e d Disfruta ctosa. la e n ie t n o c o además n
pola túa saúde
SOS!
Colesterol alto! Previr a hipercolesterolemia é fundamental e posible se evitamos o sedentarismo e apostamos por unha alimentación baseada en produtos de orixe vexetal pouco procesados.
H
oxe por hoxe, pronunciar a palabra “colesterol” nun centro de saúde asusta case tanto como berrar “lume” nun teatro. Parece unha broma, pero convértese en algo bastante serio se sabemos que cálculos da Organización Mundial da Saúde (OMS) revelan que nada menos que 2,6 millóns de mortes anuais gardan relación coa hipercolesterolemia (niveis elevados de colesterol). Por que? Porque ter o colesterol elevado relaciónase “de xeito independente, forte e continuo co risco de enfermidade isquémica do corazón, mesmo nos mozos e en poboacións con baixo risco coronario”. A frase aparece no estudo ENRICA (Estudio de Nutrición e Risco Cardiovascular en España), publicado en xuño do 2012 na Revista Española de Cardioloxía. Se engadimos que case a metade da poboación española padece hipercolesterolemia, entenderemos que estamos ante un asunto tan preocupante coma un incendio.
24
A PREVENCIÓN, CANTO ANTES, MELLOR Aínda que non son a maioría, hai moitos casos de “hipercolesterolemia familiar”, un trastorno xenético que se manifesta dende o nacemento. Polo de agora non podemos previr a súa aparición, pero si o seu empeoramento, mediante fármacos prescritos por un médico e tamén grazas a un bo estilo de vida. Agora ben, a maioría dos casos de hipercolesterolemia son non familiares, e cómpre previrmos a súa aparición. Pero a tarefa non debe comezar na idade adulta, senón na máis tenra infancia: ata un 30% dos nenos españois presentan hoxe cifras elevadas de colesterol. Isto evidencia como empeoran os nosos hábitos. E algo máis alarmante: estes nenos acumularán ao longo da súa vida un risco moito maior ca o de calquera adulto diagnosticado de hipercolesterolemia. A prevención require: • Evitar o sedentarismo e o tabaquismo (activo e pasivo).
Quen arranxa a hipercolesterolemia? Cando o ordenador central dunha importante empresa está avariado, non convén deixar a reparación en mans inexpertas. Acontece o mesmo cos trastornos que afectan ao noso organismo, como é o caso da hipercolesterolemia. Tanto o diagnóstico como o tratamento farmacolóxico (no seu caso), débeos realizar un médico. É importante insistir en algo que boa parte da poboación esquece a miúdo: as pastillas que toma noso veciño é posible que estean contraindicadas para nós. É dicir, o enfoque terapéutico de calquera enfermidade debe ser individualizado. Autodiagnosticarse ou automedicarse é tan mala idea como fedellar na computadora “para probar sorte”.
• Aumentar as taxas de exercicio físico (os nenos deberían realizar ao día máis dunha hora de exercicio, e os adultos non menos de media hora diaria). • Priorizar os alimentos de orixe vexetal pouco procesados (froitas, hortalizas, legumes, froitos secos -non salgados- e grans integrais). • Deixar para un consumo moi ocasional os alimentos superfluos (refrescos, bolería, aperitivos salgados, etcétera). No caso de bebés e nenos convén engadir unha consideración máis: resulta moi recomendable aleitar o neno de maneira exclusiva durante os seus seis primeiros meses de vida, e complementar a lactación con alimentos durante un mínimo de dous anos, tal e como recomenda a Asociación Española de Pediatría. Numerosas investigacións constatan que a maior tempo de lactación, menor risco de hipercolesterolemia. Tratamento: o estilo de vida • Dieta: o ideal é que un dietistanutricionista, segundo o diagnóstico,
“O ideal é que un dietista-nutricionista, segundo o diagnóstico, prognóstico e tratamento do médico, revise a dieta e o estilo de vida do paciente” Julio Basulto, nutricionista
prognóstico e tratamento do médico, revise a dieta e o estilo de vida do paciente, e pacte con el as características personalizadas da súa dieta. Unha boa alimentación pode diminuír de xeito notable o colesterol (mesmo pode facer que o paciente necesite menos axuda farmacolóxica). • Moitos legumes, froita e froitos secos: a base do enfoque dietético consiste en darlle acotío un maior relevo ao consumo de hortalizas, legumes, froitas frescas, grans integrais (pasta integral, arroz integral, paínzo, quinoa, etc.) e froitos secos. De feito, demostrouse as vantaxes de ser socio
que estes últimos (noces, abelás, améndoas...) diminúen de xeito considerable as cifras de colesterol. Aínda que é mellor que sexan sen sal engadido. • Menos derivados cárnicos: convén minimizar a inxestión de carnes vermellas, bolería, repostería, xeados, aperitivos salgados, sobremesas lácteas, queixos ou salsas. Hai dous produtos dos que compre “evitar” o consumo, segundo as autoridades de referencia en nutrición: os derivados cárnicos (embutidos e carnicería en xeral) e as bebidas azucradas, coñecidas como “refrescos”.
25
pola túa saúde
O colesterol, a raia É importante unha dieta variada e equilibrada e levar un estilo de vida saudable.
CREMA DE ESPINACAS E AVEA
COMO SE ELABORA l Lavamos as espinacas baixo a auga,
4
fácil
15-20’
5-10
INGREDIENTES • 6 00 g de espinacas • 100 g de flocos de avea • 500 ml de auga
26
• 4 0 ml de aceite de oliva • Un chisco de sal iodado
partímolas en cachiños e dispoñémolas nunha cazola coa auga. Logo, agregamos os flocos de avea e o aceite de oliva, e deixamos cocer o conxunto durante 10 minutos. l Pasado este tempo, retiramos a pota
do lume e pasamos os ingredientes polo batedor ata conseguirmos unha crema fina. Así que acadamos esta
crema, poñémola ao punto de sal e servímola quente. Se se quere, pódese acompañar con pementa e cuns flocos de avea.
Unha ración contén: calorías
GRAXA
11%
17%
GRAXA saturada AZUCRES
218 12,1g 2,1g 10%
sal
1,1g
0,5g
1%
8%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
l Lavamos a cabaciña e partímola en
SALMÓN MARIÑADO CON MEL E MOSTAZA
finos toros. Cortamos o dente de allo en finas láminas. Colocamos a cabaciña e mais o allo nunha tixola antiadherente xunto co aceite de oliva e un chisco de sal. Tapamos a tixola para que comecen a cociñarse. l Aos 5 minutos, introducimos os anacos
4
media
15-20’
5-10
INGREDIENTES • 6 00 g de salmón fresco (en lombos) • 10 g de mel • 4 g de salsa de soia • 10 g de mostaza de calidade
• 3 0 ml de aceite de oliva • 150 g de cabaciña • 1 dente de allo
COMO SE ELABORA l Limpamos ben os lombos de salmón,
de salmón para que se cociñen xunto coas hortalizas. Tapamos a tixola. Aos 2 minutos, dámoslle a volta ao salmón para que se faga polos dous lados e quede lixeiramente rosado no interior. l Servimos o salmón acompañándoo
coa cabaciña xunto cos zumes do salteado.
Unha ración contén: calorías
GRAXA
10%
17%
GRAXA saturada AZUCRES
sal
196 12,2g 2,2g 2,3g 0,2g 11%
3%
3%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
Unha dieta saudable pode axudar a normalizar os nosos niveis de colesterol e a reducir a necesidade de fármacos
cortámolos en anacos e impregnámolos cunha mestura de mel, salsa de soia e mostaza. Deixamos repousar durante 30 minutos no frigorífico.
as vantaxes de ser socio
27
pola túa saúde
Todo o que as marcas EROSKI fan pola túa saúde SEMÁFORO NUTRICIONAL Co semáforo nutricional descubrirás a cantidade de calorías, azucres, graxa, graxa saturada e sal que contén a porción dun produto. Ademais, para que saibas á primeira vista o que comes está identificado con cores.
MENOS AZUCRE Eliminamos máis de 28 toneladas de azucres dos nosos produtos.
Menos sal Suprimimos máis de 17 toneladas de sal dos produtos da marca EROSKI.
Menos GRAXAS
PORRIDGE DE LEITE DE SOIA E AVEA 4
fácil
20-30’
este comece a ferver, agregámoslle os flocos de avea e remexémolo mentres se cociña, ata que espese e se poña cremoso (uns 15 minutos). <5
INGREDIENTES • 8 00 ml de leite de soia • 4 sacarinas • 1 ramiña de canela
a canela en po por riba e servimos. • 100 g de flocos de avea • 10 g de canela
COMO SE ELABORA l Fervemos o leite de soia coas
sacarinas e a ramiña de canela. Cando
A túa saúde para nós é o primeiro
28
l Así que se forme un puré, esparexemos
Aínda que as graxas son imprescindibles para que o organismo obteña a enerxía que precisa, estas non deben superar, dentro da alimentación cotiá, máis dun 35 %. Por iso eliminamos máis de 211 toneladas de graxa das nosas marcas.
SEN GRAXAS TRANS Unha ración contén: calorías
GRAXA
159
5,9g
8%
8%
GRAXA saturada AZUCRES
sal
1g
1,6g
0,1g
5%
2%
1%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
As graxas vexetais parcialmente hidroxenadas, que achegan graxas trans, son nocivas porque soben o colesterol malo. Por iso suprimimos estas graxas das nosas marcas.
EROSKI é a primeira empresa de distribución en lanzar un pan con betaglucanos de fibra de avea que axuda a reducir o colesterol
o escaparate
Carne EROSKI Sannia
Tan substanciosa como equilibrada Se che gusta a carne e tamén coidarte, o teu é a modalidade branca. E a mellor embaixadora, a nosa carne EROSKI Sannia coas súas novidades e receitas melloradas: as hamburguesas e o preparado de carne picada de polo e a longaínza de pavo.
30
Propostas moi saborosas
P
olo e pavo son os máximos representantes, a carón do coello, das carnes brancas. Son menos graxas, pódense comer ata 3 e 4 veces á semana e achégannos proteínas de alto valor, vitaminas e minerais. EROSKI Sannia, a nosa gama de produtos pensados para te axudarmos a te coidares xa que se elaboran con menos sal, azucres ou graxas, ofrécechas.
Burger de polo EROSKI Sannia • Cunha nova receita e a mellor elaboración, ten un 55% menos de graxa ca as burgers de marca EROSKI. • Con novos ingredientes conseguimos unha hamburguesa máis substanciosa, saborosa e de excelente gusto ao padal. • Elaborada con carne 100% de polo da mellor calidade e con extra de tenrura. Longaínza de pavo EROSKI Sannia • Novo produto que se incorpora á nosa gama de EROSKI Sannia. É baixa en graxa e sal. • Para a súa elaboración, utilizamos uns ingredientes da máxima calidade que a fan máis saborosa, e é 100% carne de pavo. • As nosas longaínzas de pavo EROSKI Sannia están envolvidas con tripa natural, a diferenza doutras opcións menos naturais que abundan no mercado. Preparado de carne picada de polo EROSKI Sannia • Melloramos a súa receita. Iso si, segue a ser baixa en graxa e sal. Para que te coides coma antes, pero con moito máis sabor e tenrura. Próbaa en receitas elaboradas tradicionalmente con carne de porco ou becerro: lasaña con carne picada de polo e verduras, pizzas, calzoni. Saborosa e tenra, non che defraudará!
Burger de polo EROSKI Sannia. 320 g.
Longaínza de pavo EROSKI Sannia. 350 g.
Preparado de carne picada de polo EROSKI Sannia. 400 g.
as vantaxes de ser socio
31
de aquí e de acolá
Viños brancos con burbulla de EROSKI
Á túa saúde!
Presentámosche os nosos novos viños frizzantes. Brinda coas burbullas frescas e afroitadas de Vite Selvate e Yela 5.5.
O
s viños brancos con burbulla ou, o que é o mesmo, os viños frizzantes, están de moda. Trátase dun tipo lixeiro, fresco, doce e que chispea como se fixese cóxegas no padal. Os nosos viños frizzantes, Vite Selvate e Yela 5.5, son mostos de uva parcialmente fermentados, novos e con burbulla fina e lixeira. A súa fermentación
alcohólica detense na metade do proceso. Deste xeito, unha parte considerable dos azucres que se van consumindo durante a fermentación permanece e a cantidade de alcohol é considerablemente menor ca noutros viños. Servido ben frío, calquera dos nosos novos viños frizzantes resulta unha grata compañía na mesa.
De preto
32
Yela 5.5
Vite Selvate
Orixe: Rueda, Valladolid. Tipo de uva: elabórase coa variedade verdejo, unha uva branca nacional. Graduación: baixa 5,5 %. A nosa suxestión: de burbulla fina, este viño hai que o servir ben frío. Pódese tomar como aperitivo ou para acompañar sobremesas, tapas, entrantes ou xantares e ceas lixeiras.
Orixe: Italia. Tipo de uva: elabórase con uva moscatel Graduación: baixa 6 %. A nosa suxestión: a súa burbulla lixeira e o seu sabor afroitado converten este viño no acompañante perfecto de arroces, mariscos e carnes brancas. Ideal tamén como aperitivo ou entre horas. Servilo frío.
as vantaxes de ser socio
33
de aquí e de acolá
Pera Eroski NATUR con DOP Canto de Soto
É a pera!
Doces, substanciosas... e moi saudables. As peras Eroski NATUR con DOP Rincón de Soto non son só unha delicia para o padal: axudan a recargarte de enerxía logo dun duro esforzo físico e intelectual. Non deixes de tomalas!
34
de aquí e de acolá
E
stá case todo o ano nas nosas tendas, pero en outono é o mellor momento para gozares do seu inconfundible sabor. As peras Eroski NATUR con Denominación de Orixe protexida (DOP) Rincón de Soto son saborosas, doces, aromáticas e substanciosas. Presentan en boca unha textura moi fina, sen granulosidade. Poderalo apreciar se as tomas frescas ou nalgunha das receitas que vas ler nas próximas páxinas. Pero antes, na nosa sección de froitería, verás que destacan polo seu aspecto. De forma alongada e moi grande, esta froita da variedade conferencia caracterízase pola cor verdosa da súa pel e polas manchas rugosas que a cobren, como resultado das peculiares condicións climáticas da zona onde se desenvolve a súa produción. Pola súa banda, a variedade branca Eroski NATUR con DOP Rincón de Soto tamén é verde, pero a súa pel é lisa e fina e adoita presentar unha chapa vermella na superficie. A súa polpa branca e fina, algo granulosa no corazón, faina fundente e substanciosa na madureza. POR QUE SON A PERA As peras de Rincón de Soto medran nas árbores que se cultivan nas terrazas dos ríos Ebro, Cidacos, Alhama, Iregua e Najerilla, nas parcelas rexistradas e controladas polo Consello Regulador da DOP. Nestas terras séguense con rigor os labores de cultivo definidos no regulamento: entre eles, que as pereiras non se regan durante a floración, nin nos momentos previos
Cando e como as merco? Na nosa sección de froitería atoparás que estas peras se comercializan envasadas e etiquetadas co distintivo Peras de Rincón de Soto e a certificación Eroski NATUR que garante a súa orixe e sabor. Dende hai unha década, subminístranolas a cooperativa SAT Froitas e Verduras Valle de Rincón. Pero, cales podes elixir? O máis importante é que estean firmes no intre da compra, para que acaben de madurar na casa. As peras teñen un proceso de maduración que custa que bote a andar, pero que cando comeza vai moi rápido (en outono-inverno é máis lento e na primavera tarda menos). Para atrasar a súa maduración, abonda con gardalas en lugares frescos, secos e protexidos da luz, ou ben na parte menos fría da neveira, non máis de tres días. Así que cando notes que, ante unha lixeira presión sobre a pel, a polpa cede, chegou o intre de degustalas! Non te deixes de tomalas!
á colleita, ou que o rareo, a poda e a colleita se realizan de xeito manual. Estas rexións chairas da Rioxa teñen boa ventilación e uns solos profundos, permeables e sans. No inverno aturan as baixas temperaturas propias da estación,
mentres que no verán se adaptan á intensa calor do sol. A esta climatoloxía súmase en primavera unha abundante néboa, que é a que favorece na pera a aparición do “russeting”, esa rugosidade ao tacto tan singular provocada pola oxidación natural da súa pel.
Comercializamos máis de 20.000 produtos con marcado carácter local; materias primas excepcionais de lugares únicos.
Apostamos polo produto de aquí
as vantaxes de ser socio
35
de aquí e de acolá
Ensalada de leituga con pera, noces e ameixas
Polo asado con peras 4
4
fácil
5-10’
5-10
40-50’
10-20
INGREDIENTES
INGREDIENTES • 250 g de leituga • 2 peras • 5 0 g de ameixas desecadas sen óso • 100 g de noces
fácil
Peras rustridas con mel, cava e lima
• 2 limóns • 100 ml de aceite de oliva • Un chisco de sal
4
fácil
+ 1h
5-10
INGREDIENTES
• 800 g de polo • Pementa moída • 2 dentes de allo • 3 peras • 250 ml de caldo de ave
• 150 ml de viño • Un chisco de sal • 10 ml de aceite de oliva
• 4 peras • 500 ml de cava • 10 ml de brandy
• 100 g de mel • Casca de lima • Menta
COMO se elabora l Pelamos as peras e baleirámolas pola
COMO se elabora
parte da súa base, quitando as pebidas e un pouco máis.
COMO se elabora l Limpamos ben o polo, salgámolo e l Lavamos moi ben as leitugas con
auga. Despois, cortámolas coas mans e dispoñémolas nunha fonte de ensalada.
agregámoslle un chisco de pementa moída. No seu interior poñemos o allo pelado e unha pera enteira, sen pelar.
l Pelamos as peras, partímolas e
l Prequentamos o forno a 200 °C.
salteámolas lixeiramente nunha tixola cunha pinguiña de aceite de oliva, os cachos de ameixa e as noces peladas.
Colocamos o polo nunha bandexa de forno e as outras 2 peras arredor. Botámoslle un chisco de aceite por riba e introducímolo no forno. Aos 20 minutos, engadímoslle o caldo, o viño e viramos o polo para que se faga ben por todos os lados. Deixámolo outros 20 minutos máis á mesma temperatura.
l Mesturamos o aceite co zume dos
limóns e mais o sal, e botamos o aliño resultante sobre a leituga.
l Dispoñemos as peras nun cazo e
cocémolas co cava, o brandy, o mel e a casca de lima. Así que estean cocidas (uns 40 minutos a lume suave), sacámolas do zume de cocción e reservámolas. Deixamos reducir o zume do cazo a lume vivo ata que quede case como caramelo. l Servimos as peras e decoramos o prato
co caramelo morno e cunhas ramiñas de menta.
l No intre de servir, agregamos as peras
salteadas. Servimos a ensalada morna.
l Transcorrido o tempo indicado,
sacámolo e servímolo partido, colocando as peras asadas como gornición.
Unha ración contén: calorías
graXa
12%
22%
247
16g
graXa saturada azUCRES
1,7g 9%
Unha ración contén: sal
calorías
graXa
7%
18%
23%
18g 0,4g 20%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
36
graXa saturada azUCRES
Unha ración contén: sal
calorías
graXa
12%
14%
0%
358 16,2g 4,1g 13,7g 0,7g 21%
15%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
275
0g
graXa saturada azUCRES
sal
0g
39g
0g
0%
43%
0%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
enerxía para medrar
Que hai de cea? Consellos prácticos para lles ofrecer aos pequenos un menú san e equilibrado, que complemente a comida do mediodía no cole.
O
s menús escolares están deseñados por dietistas e nutricionistas para garantir unha correcta alimentación. Pero, que acontece polas noites? Atinar coas ceas é clave para asegurarmos o equilibrio na alimentación dos nosos fillos. A volta ao cole supón unha axuda importante na planificación da alimentación dos máis pequenos grazas aos menús escolares, pero o traballo continúa na casa. É frecuente que as empresas de restauración colectiva ou que o propio colexio ofrezan as suxestións
A túa saúde para nós é o primeiro
38
para a cea, xunto co menú da escola. Neste caso, é conveniente imprimilo na casa e planificar as ceas con tempo ou, como mínimo, afacerse a consultar o menú escolar para decidir a cea cada día. Algúns consellos: • O primeiro prato da cea debería estar composto case sempre por verduras, xa sexa fervidas, salteadas ou en ensaladas. Tamén son válidas as sopas e mais os purés, pero non o mesmo día que se serviron na escola. • As carnes débense complementar sempre con
peixe ou ovo e ao revés, os peixes ou ovos hai que os complementar con carnes. O importante é que, ao final da semana, os nenos consumiran carnes, peixes e ovos cunha frecuencia similar. • A mellor sobremesa sempre é a froita e débese facilitar o seu consumo, polo que convén preparala para os pequenos. Se ben os menores necesitan moitos lácteos (2 ou 3 porcións ao día), poden tomar tanto o leite como o iogur no almorzo, na merenda ou antes de se deitaren se cearon pouco.
73.819 nenos participaron no Programa Educativo da Escola de Alimentación da Fundación Eroski www.escueladealimentacion.es
OVO Á PRANCHA CON VERDURAS ESCALDADAS 4
fácil
30-40’
Ingredientes • 2 cebolas • 3 0 g de pementos vermellos (2 unidades) • 2 cenorias • 2 dentes de allo • 100 g de champiñóns
• 5 0 g de puntas de espárragos trigueiros • 8 ovos • 8 0 ml de aceite de oliva • Pementas variadas • Un chisco de sal
COMO se elabora l Preparamos todas as verduras. Para
iso, cortamos a cebola á xuliana e os pementos en cadrados grandes. Pelamos a cenoria e cortámola en láminas, ao igual ca os allos. Limpamos os champiñóns e partímolos en cuartos, e toramos os espárragos.
10 minutos. Cando a verdura estea cociñada e a auga se absorba, sacámola do lume e reservámola quente. l Cascamos un ovo nunha tixola
antiadherente cun chorro de aceite de oliva e cocémolo ata que calle a clara pero deixando líquida a xema. Realizamos a mesma operación con todos os ovos.
l Dispoñemos a cebola nunha cazola
l Colocamos nun aro de montaxe as
con aceite de oliva e dourámola. Cando estea amarela, engadimos os allos e os pementos. Refogamos o conxunto. Posteriormente, agregamos a cenoria, os champiñóns e os espárragos verdes. Deixamos cocer uns minutos.
verduras e sobre elas os ovos cociñados. Esparexémoslles por riba un chisco de pementas variadas e sal.
l Cubrimos as verduras con auga e
deixamos que ferva. Logo, tapámolas e deixámolas a lume lento durante
Unha ración contén: calorías
GRAXA
17%
33%
GRAXA saturada AZUCRES
sal
300 23g 5,2g 5,8g 0,35g 26%
7%
9%
da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos
0,56 € por persoa
as vantaxes de ser socio
39
enerxía para medrar
1,44 € por persoa
l Para elaborarmos a salsa de tomate
FILETES RUSOS EN SALSA CON PISTO E ENSALADA 4
fácil
con pisto, picamos a cebola, os dentes de allo, os pementos verdes e a cabaciña en cadradiños e cociñámolos a lume suave co aceite de oliva. Abrimos os tomates, quitámoslles o zume interior e engadímolos ao pisto. Así que estea refogada a verdura agregamos o tomate triturado, dámoslle unha fervedura ao conxunto e poñémolo ao punto de sal. Reservamos.
<5’
INGREDIENTES • 5 0 g de cebola • 4 00 g de carne picada de tenreira magra • 4 0 g de miolo de pan
• 1 ovo • 40 g de fariña • 15 ml de aceite de oliva • Sal e pementa
l Enfariñamos os filetes rusos, pasámolos
Para a salsa de tomate COmo se elabora • 100 g de cebola • 2 dentes de allo • 100 g de pemento verde • 3 00 g de cabaciña
• 100 g de tomate • 250 g de tomate triturado • 15 ml de aceite de oliva • Un chisco de sal
polo ovo batido e fritímolos nunha tixola antiadherente con aceite de oliva, volta e volta, ata que o rebozado quede lixeiramente dourado. Sacámolos da tixola e introducímolos na salsa de tomate con pisto.
l Pelamos a cebola, picámola ben miúda
en cadradiños pequenos e dourámola nunha tixola cun chisco de aceite de oliva.
l Acompañamos os filetes rusos coa salsa
e cunha ensalada de leitugas variadas aliñada cunha vinagreta.
Unha ración contén:
l Sazonamos a carne de tenreira picada
Para acompañar • 5 0 g de leitugas variadas • 3 0 ml de aceite de oliva
40
• 10 ml de vinagre • 2 g de sal
con sal e pementa e poñémola nun bol coa cebola douradiña. Incorporamos o miolo de pan remollado en auga e mesturamos ben todos os ingredientes. Repartimos a mestura en 4 ou 8 partes e formamos os filetes rusos.
calorías
GRAXA
18%
21%
327
15g
GRAXA saturada AZUCRES
4g
20%
sal
5,7g 0,18g 7%
5%
da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos
Panadaría e Confeitaría
Do forno para a casa Recén feito e máis natural Nas nosas panadarías as fornadas de pan e doces son continuas, para poderche ofrecer produtos EROSKI recén feitos con todo o seu sabor. •Sen graxas vexetais parcialmente hidroxenadas. •Sen colorantes artificiais •Sen antioxidantes BHA ‐ BHT (aditivos alimentarios que se empregan a cotío para preservar a vida útil dalgúns alimentos). •Sen OXMs: ningún produto da marca Eroski contén ingredientes transxénicos, isto é, produtos xeneticamente modificados.
Máis información: www.eroski.es/panaderia
beleza
Visita a nosa web para coñecer todos os produtos de belle, a nosa marca de beleza, de venda exclusiva en EROSKI: www.belle.eroski.es
Especial
Eu son belle
PRODUTOS ESTRELA
belle é a marca de perfumería e de produtos de beleza e benestar para muller e para home, de venda exclusiva en EROSKI. Ofrece unha completa gama de produtos para o coidado e para a hixiene persoal con calidade e eficacia garantidas. Eu son belle porque coida o que máis quero!
C
osmética facial, coidado corporal, hixiene capilar, tratamentos corporais, produtos de depilación, maquillaxe, liña masculina, accesorios... A familia de belle non deixa de medrar e innovar para ofrecer produtos cos que
Belle, a túa beleza, o teu benestar sen Parabenos
atender as necesidades de toda clase de muller, con diferentes idades e tipos de pel, e tamén dos homes, con produtos deseñados especificamente para eles. Sempre á vangarda, pero sen renunciar á calidade e eficacia garantidas.
sEn
parabenos
as vantaxes de ser socio
Que mellor xeito de falar de belle que presentar os seus produtos estrela? Son os elixidos polos nosos clientes, os que máis lles gustan e os que recomendan. Probablemente, coñécelos, e mesmo pode ser que teñas máis dun na casa. De ser así, lembra que a marca belle non deixa de medrar para sorprenderte e adaptarse ás túas necesidades. Velaquí algúns dos nosos moitos produtos top, próbaos!
Dende o 2013, estamos a eliminar os parabenos dos nosos produtos cosméticos.
43
beleza
OS BENEFICIOS BELLE: CUESTIÓN DE CONFIANZA
O
noso departamento de calidade participa activamente no desenvolvemento dos produtos belle para garantir o cumprimento da lexislación vixente e mais da nosa propia Política de Seguridade e Saúde para produtos cosméticos e de hixiene. Con esta acoutamos ingredientes mesmo alén do que establece a propia lexislación. Os seus principios resúmense en:
1
SEN PARABENOS. Somos a primeira marca de distribución que adquiriu o compromiso de formular os seus produtos de coidado persoal sen parabenos. Busca ben nos envases.
PARA O COIDADO DO CABELO
Os produtos belle foron formulados para cubriren as necesidades de cada tipo de cabelo.
Gama fortificante belle: xampú, acondicionador crema e máscara •C ontén arxinina e extracto de ginseng, ambos os dous con propiedades fortificantes e elastizantes.
2
CLINICAMENTE TESTADOS. Todos os produtos cosméticos da nosa marca sométense a estritos controis. Están clinicamente testados e, ademais, temos unha ampla gama de produtos hipoalerxénicos, formulados para minimizar o risco de alerxia. Coidamos así das peles máis sensible. Fíxate nos nosos envases.
3
EFICACIA TESTADA. A nosa gama de produtos téstase e próbase para garantir que as propiedades que destacamos nos nosos envases son exactas. Así asegurámonos de cumprir o que dicimos.
44
•A umenta a resistencia do pelo fronte ás agresións de acotío.
Aceite capilar ouro máxico belle • Para cabelos secos, apagados e sen vida. • A súa fórmula contén os aceites máis prezados. • Con aceite de argán de propiedades hidratantes e con vitamina E. • Con aceite de xoxoba, que achega un brillo sublime. • Contén aceite de cyperus, que deixa o cabelo suave e sedoso. • Non esmaga nin engraxa o cabelo. Aplícase o spray a uns centímetros de distancia, da metade cara ás puntas. Co cabelo húmido ou seco.
PARA O COIDADO FACIAL E CORPORAL Compostos por aceites enriquecidos, os produtos belle son unha boa opción para protexer a pel.
LIÑA ASIAN SENSATIONS BELLE Coidado integral día spf 15 Crema de textura rica pero non graxa, formulada con extracto de kombutchka e proteínas de seda de propiedades suavizantes, redensificantes e rexeneradoras que, xunto co resto de activos nutritivos, antioxidantes e fotoprotectores, contrarrestan os efectos do avellentamento cutáneo. Tratamento integral de día que reduce engurras, mellora a elasticidade e a firmeza da pel. Con factor de protección 15 que prevén a diario os efectos nocivos do sol. Pel firme e aveludada nun intre.
Contorno de ollos roll-on Tratamento integral antifatiga para o contorno de ollos: reduce engurras, liñas de expresión, bolsas e olleiras. Formulado con extracto de té verde e proteínas de seda, con propiedades suavizantes e antioxidantes que, xunto ao resto de activos da fórmula (pantenol —vitamina B5—), contrarrestan o avellentamento no contorno ocular, deixando a túa mirada descansada.
Aceite desmaquillante belle Galardoado como produto innovador nos premios internacionais Salute to Excellence Awards, entregados pola Private Label Manufacturers Association (PLMA). Indicado para a limpeza cotiá de todo tipo de peles, especialmente as máis secas e delicadas. A súa inédita fórmula en aceite transfórmase nunha suave emulsión tras o contacto coa auga, favorecendo así a súa acción limpadora e hidratante. Polo seu contido en emulsionantes de alta tolerancia cutánea, limpa a pel en profundidade eliminando as impurezas e restos de maquillaxe. Formulado con aceite de bambú e de té verde, protexe a pel e contribúe á diminución dos signos de fatiga.
Como aplicalo: usar acotío en dúas ocasións: mañá e noite. Realizar unha suave masaxe co roll-on na parte inferior do ollo e na zona das patas de galo, non na pálpebra móbil. No caso de bolsas, deslizar de fóra cara a dentro para drenar a retención. Se existen olleiras, deslizar de dentro cara a fóra para destensar a zona e suavizar as liñas de expresión.
Como aplicalo: poñelo na palma da man e espallar sobre a pel do rostro e o pescozo. Humedecer e efectuar unha suave masaxe. Aclarar con auga.
Mousse limpadora belle • Deseñada para a limpeza de peles sensibles. • Diminúe as roibéns, hidrata, calma e suaviza o rostro. • Contén extracto de malva. A súa textura é moi agradable e suave. • Aplicar unha pequena cantidade de escuma na palma das mans e masaxear suavemente rostro, pescozo e escote. Evitar que entre en contacto cos ollos. Aclarar con auga.
Corporal Aceite seco multifunción belle •A ceite seco para corpo, rostro e cabelo. • Hidrata, rexenera, nutre, ilumina e suaviza. •C ombina cinco aceites de orixe natural: argán, rosa mosqueta, noz de albaricoque, noz de macadamia e karité. • Textura ultra lixeira, non graxa. • Loción hidratante acondicionadora belle. • Aplícase e aclárase na ducha. • Proporciona unha hidratación durante as 24 horas. • Nutre e hidrata a pel dun xeito rápido e sinxelo. •C ontén aceite de améndoas doce, rico en ácidos graxos esenciais, que axuda a lucir unha pel, hidratada e acondicionada.
as vantaxes de ser socio
45
beleza
OS MELLORES PRODUTOS PARA A MAQUILLAXE belle tamén ten unha gama de produtos de maquillaxe perfectos para embelecer o rostro.
Delineador rotulador belle&MAKE-UP • En cor negra, de aplicación máis sinxela e imaxe máis moderna. • Para vestir e definir a ollada cun negro intenso. Dende unha fina liña a rentes das pestanas ata un trazo groso ao máis puro estilo cat-eye. • Resistente á auga e oftalmoloxicamente testado.
Máscara Extreme Curves belle&MAKE-UP
Por aclamación popular, reeditamos a nosa máscara Extreme Curves da pasada Edición limitada Glam Rock. A súa fórmula especial de textura flexible e o seu cepillo anatómico e curvado conseguen un rizo máximo para as túas pestanas curvándoas e elevándoas ata o infinito nun intenso negro carbón. As túas pestanas rizadas e flexibles para unha ollada agrandada e sedutora.
Pos bronceadores belle&MAKE-UP
De alta pigmentación, están deseñados para o seu uso en rostro, pescozo e escote. Unha mestura de pigmentos especialmente seleccionados en tons dourados e castaños dá lugar a dous tons con gran capacidade de adaptación á cor natural da pel. Aseguran unha cor bronceada non artificial e un acabado dourado perfecto. Creados cunha novidosa fórmula resistente á auga para acadar un efecto de máxima duración. Dispoñibles en 2 acabados (mate e satinado).
Laca de uñas sérum 5 en 1 belle&MAKE-UP • F ormulada con aloe vera, aceite de xoxoba e extracto de uva, e enriquecida con vitaminas C, A e E e provitamina B5. •P rotexe ao mesmo tempo que mima as túas uñas, manténdoas fortes e bonitas. •A plicándoa como base, axuda a reducir o risco de manchas e achega un suave brillo. Como top coat, protexe a túa manicura fronte a rozamentos e golpes.
46
Campaña solidaria con UNICEF
Axudemos aos refuxiados sirios
Refuxiados: precisan a túa axuda Colabora!
Fai a túa doazón en caixa Tódolos fondos recadados irán destinados a UNICEF para a Crise de Siria
© UNICEF/NYHQ2015-2064/Georgiev
A
sistimos á peor crise humanitaria da nosa xeración. Millóns de familias buscan refuxio en Europa fuxindo dos conflitos que arrasan os seus países. Máis de catro millóns proceden de Siria e o 38,5 % deles son nenos entre 0 e 11 anos. En EROSKI queremos axudar nesta terrible situación. Por iso, como aliado clave de UNICEF en emerxencias e crises humanitarias, iniciamos unha campaña co fin de recadar fondos para proxectos desenvolvidos por esta organización ante a crise siria: subministracións de emerxencia, auga potable, servizos de saúde, educación e protección. Axúdasnos? Nas caixas de todos os nosos supermercados, hipermercados e gasolineiras podes realizar unha doazón voluntaria para cubrires as necesidades básicas da poboación infantil afectada. Tamén se pode contribuír a través da plataforma online de doazóns habilitada por EROSKI e UNICEF para tal fin.
a prol de
AF A3 ayuda a nepal.indd 1
29/04/15 20:19
Se queres axudar aos refuxiados sirios, descarga este código e fai a túa doazón
As doazóns pódense realizar nas caixas dos nosos supermercados, hipermercados e gasolineiras
EROSKI CONSUMER
Compras por Internet
Un aniversario redondo
EROSKI online medra un 15 %
E
D
stamos de celebración. O mes pasado, a Fundación EROSKI alcanzou unha cifra redonda co seu principal produto informativo. Sacou á rúa o número 200 da revista impresa EROSKI CONSUMER, o medio de comunicación de referencia no eido do consumo. Malia aos seus máis de 40 anos de existencia, a veterana publicación segue na brecha da actualidade e mantén ao día ao consumidor ofrecéndolle de xeito gratuíto información útil e práctica en materia de alimentación, saúde, seguridade alimentaria, medio natural, economía doméstica, tecnoloxía, bebé e mascotas. Cada mes é fiel e non falta á súa cita cos seus lectores nos supermercados e hipermercados de EROSKI. Parabéns, compañeiros!
50
urante os primeiros seis meses do ano, as vendas que rexistramos en EROSKI a través do noso supermercado online medraron un 15 %. En só un semestre, a nosa tenda en Internet chegou aos dous millóns de visitas. Dada esta positiva evolución na canle de compras online e o éxito do servizo de recollida da compra sen saír do coche “Click & Drive”, decidimos estender este sistema a tres novos puntos en Biscaia. Así, ao hipermercado de Leioa, que foi o primeiro en ofrecelo en marzo do 2014 e en só un ano duplicou as vendas online, únense o hipermercado de Abadiño e mais os supermercados de Bolueta e BEC en Barakaldo.
Queixo DO Idiazabal
Froitas
Terceira homenaxe nun ano
Uvas Eroski NATUR, con DO
E
stamos comprometidos con promover o traballo que realizan os nosos produtores locais. Por iso, o ano pasado aumentamos as compras do queixo con DO Idiazabal un 14 %, superando os 129.000 quilos, e nos seis primeiros meses do 2015, un 15 %. Ademais, no 2014 as vendas incrementáronse máis dun 12 % e comezamos a comercializar baixo a marca propia gourmet EROSKI SeleQtia o queixo que elaboran de xeito artesanal pastores de ovella latxa de Euskadi e Navarra. En total, as compras de EROSKI de queixos adheridos a esta DO representan máis do 10% da produción total deste produto de calidade garantida. Este xesto foi dobremente recoñecido no que vai de 2015: en abril, durante o Día do Pastor de Ordizia (Guipúscoa), fíxoo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Idiazabal; e en
E maio, a AECOC, a principal asociación española do sector de Gran Consumo. Pero disque “non hai dúas sen tres” e a finais do verán, no Artzai Eguna-Día do Pastor que se celebra na localidade navarra de Uharte-Arakil, a DO Idiazabal distinguiu este esforzo. Ao acto de entrega do premio por “ser o principal distribuidor do queixo Idiazabal” acudiu Gotzon Elizburu, director de Alianzas Estratéxicas de EROSKI.
Vehículos ecolóxicos
Nova frota de furgonetas eléctricas
F
omos a primeira empresa de distribución en utilizar vehículos eléctricos na frota de transporte a domicilio. No 2010 incorporamos sete furgonetas ecolóxicas para o reparto dos pedidos e das compras online en Euskadi e Barcelona. Ademais, a través do proxecto Txitrans, oito bicicletas con asistencia eléctrica comezaron a dar servizo nas tres capitais vascas e en Pamplona para este tipo de entregas. Cinco años despois, acabamos de
n plena vendima e tempada da uva, alcanzamos un acordo coa Denominación de Orixe (DO) Uva de Mesa Embolsada Vinalopó para ofrecermos esta variedade de uva baixo a marca propia Eroski NATUR. É boa de identificar nas nosas tendas, xa que os seus acios se atopan envasados nunha bolsa de papel e levan, ademais, unha vitola propia da DO. A única uva de mesa con denominación de orixe, a diferenza doutras variedades, medra en terras alacantinas baixo unha bolsa de papel que protexe os grans do acio das inclemencias meteorolóxicas. Este peculiar sistema de cultivo, que promove un proceso de maduración máis lento, confírelle a esta froita unhas características físicas e gastronómicas singulares: desenvolve unha pel moito máis fina e uniforme na cor e mais un equilibrio perfecto de azucre.
renovar a frota destes vehículos 100 % ecolóxicos, que non precisan de ningún combustible e, por iso, non producen emisións de CO2 nin contaminación acústica. En EROSKI estamos convencidos de que fomentarmos o uso do vehículo eléctrico non trae máis ca vantaxes. Por iso, tamén contamos nos párkings das nosas principais tendas con puntos de recarga, onde a enerxía subministrada é 100 % renovable.
as vantaxes de ser socio
51
a prol de © UNICEF/NYHQ2015-2064/Georgiev
Refuxiados: Refuxiados: precisan precisan a a túa túa axuda axuda Colabora! Colabora!
Fai Faiaatúa túadoazón doazónen encaixa caixa Tódolos Tódolosfondos fondosrecadados recadadosirán irándestinados destinadosa aUNICEF UNICEFpara paraa aCrise CrisededeSiria Siria
Se queres axudar aos refuxiados sirios, descarga este código e fai a túa doazón
o vindeiro mes... novembro’15
O semáforo nutricional Que é? O semáforo achéganos información nutricional sinxela e facilmente comprensible sobre as receitas que podes atopar nesta revista. A preocupación por che ofrecer unha alimentación sa e equilibrada levounos a incluír esta información orientativa, que te pode axudar a construír unha dieta máis saudable.
Unha ración contén: É tempo de… cítricos
calorías
GRAXA
17%
26%
331
18g
GRAXA SATURADA AZUCRES
7g
4,4g
34%
5%
sal
1g
13%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto Sobre que informa o semáforo nutricional? RACIÓN. Enténdese por ración a porción de alimento que inxerimos habitualmente cada vez que o comemos.
Bos días coas galletas Good morning Eroski
ACHEGA DE NUTRIENTES. Infórmase sobre a cantidade de calorías e nutrientes que achega cada ración de alimento inxerido. CANTIDADE DIARIA ORIENTATIVA (CDO). A comunidade científica recomenda unha cantidade diaria de calorías e de nutrientes (a CDO) que cómpre inxerirmos para mantermos unha dieta sa. Como se calculan estas porcentaxes? Están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2.000 kcal (agás nos produtos para nenos, calculados para as súas necesidades). Ademais, as necesidades individuais poden variar en función do sexo, da idade, da actividade física ou doutros factores.
Coñeces o noso pan de molde?
QUE SIGNIFICAN AS CORES? A achega nutricional dunha receita depende dos ingredientes elixidos, da cantidade de cada un deles que empreguemos ao preparala, do xeito
no que se cociñan (non é o mesmo fritir, asar, cocer...) e do tamaño da ración que inxerimos. As cores do semáforo nutricional que verás en cada receita facilitan a comprensión da información nutricional dunha ración. Dunha soa ollada poderás saber a importancia que unha ración ten en relación coa Inxestión de Referencia. Así, para as calorías e os nutrientes de cada receita...
...unha ración supón unha achega importante das necesidades diarias ...unha ración supón unha achega algo menor, aínda que segue a ser significativa ...unha ración da receita supón unha menor achega sobre a Inxestión de Referencia. O valor concreto para cada nutriente nunha ración de cada receita vén expresado en valor absoluto e en porcentaxe sobre a Inxestión de Referencia.