1 minute read
Axenda
UN VERÁN DE FESTA NAS RÍAS BAIXAS No verán arrinca unha auténtica ladaíña de eventos. As Festas da Vieira (Cambados), a da Lagosta (A Guarda), a do Viño do Rosal e a do Carneiro ao Espeto (Moraña), fan destes produtos os protagonistas na mesa en xuño. A estas únense as tradicionais de San Benitiño de Lérez (Pontevedra) e a do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas (Vigo).
Agosto é un festival gastronómico continuo, celébranse festas coma a da Tortilla de Laro (Silleda), a do Viño do Condado do Tea (Salvaterra de Miño), a do Mexillón e do Berberecho (Vilanova de Arousa), a da Ameixa do Carril (Vilagarcía de Arousa), a do Xamón da Cañiza, a da Empanada da Bandeira (Silleda), a da Anguía e a Mostra da Caña do País (Valga), nas que se degustan estes produtos autóctonos nesta tempada. A estas citas únense as Festas do Monte da Guarda, a Danza de San Roque do Hío (Cangas), a Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes e o Descenso Internacional do Río Miño (Tui).
Advertisement
Os carteis corresponden á última edición.
Setembro vén cargado tamén de importantes celebracións. Non debedes perder a histórica Feira Franca de Pontevedra, as fermosas Danzas Ancestrais de Darbo (Cangas), a tamén colorista Danza das Espadas, nas Festas de San Miguel de Marín, e a popular Romaría da Virxe da Franqueira, na Cañiza. O último tramo do ano ten como eventos claves a Festa de San Martiño de Moaña, en novembro, onde se degusta viño da casa nos furanchos, e o impresionante Belén Artesanal en Movemento de Valga no Nadal, con máis de 4.000 tallas.