3 minute read

OCIO

Leopoldo Nóvoa, 1919-2019. Exposición

Con motivo de cumprirse recentemente o centenario do nacemento do artista Leopoldo Nóvoa, o Museo dedícalle unha ampla exposición na que se reúnen máis de cincuenta obras que recollen os diferentes momentos da súa traxectoria creativa. A mostra, comisariada por Rosario Sarmiento, poderase visitar no Sexto Edificio desde o 23 de xaneiro, ás 20 h en que se inaugura, ao 26 de abril de 2020. Leopoldo Nóvoa (Salcedo, Pontevedra, 1919 – París, 2012) é un dos grandes referentes da arte abstracta tanto dentro coma fóra de Galicia na segunda metade do século XX. Artista rigoroso, home reflexivo e profundo, viviu unha longa e fecunda existencia en lugares e circunstancias moi dispares, que o converteron nun personaxe cosmopolita e de vasta cultura. Un caudal persoal que transmitiu e plasmou en toda a súa prolífica produción creativa. Cen anos despois do seu nacemento, esta exposición concíbese como unha homenaxe e un percorrido a través das etapas que marcaron a súa traxectoria. Os seus primeiros anos en Uruguai e Arxentina, onde se irá xestando o valor que a forma e a materia terán na súa obra posterior, logo en París onde se desenvolverá a súa madurez creativa, que alternará posteriormente con longas tempadas estivais na súa casa-taller da Armenteira (Pontevedra), lugar no que descubrirá o valor plástico, simbólico e emocional das cinzas. Espazo, materia e luz son os elementos dos que sempre se valeu Nóvoa para articular a súa obra, facendo fincapé nas relacións que se establecen entre eles, desposuíndo a obra do superfluo. Nas súas obras anteriores a 1979, data do dramático incendio do seu taller de París, é patente a súa vocación tridimensional coas estruturas e relevos que inclúe debaixo das teas. Nas obras posteriores, os límites entre a pintura e a escultura están cada vez máis diluídos, e as superficie das obras adquire volume a través dos relevos e da inclusión de pequenos anacos de corda —mecates—, materia e colaxes, que terán total protagonismo. Suprimindo os xogos de cores, empregando o ascetismo do branco ou incluíndo as cinzas, Nóvoa consigue unha obra de código reducido pero conceptualmente sólida e profunda.

Advertisement

VISITAS GUIADAS Á EXPOSICIÓN: Xoves e sábados ás 18h. Non é necesaria inscrición previa. Os grupos (a partir de 10 persoas) que queiran concertar a visita guiada deberán solicitala a través da seguinte dirección de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo. gal ou no teléfono 986 804 100 extensión 42412 - 42413. A recepción de chamadas e correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30. Tanto a entrada á exposición como a participación na visita guiada é gratuíta.

En 1952, instalado xa en Buenos Aires, Leopoldo Nóvoa realizou a súa primeira exposición da man de Luis Seoane, que influíu durante unha breve etapa na súa pintura coa introdución do colorismo que pronto abandonaría.

Tella picada sobre gran negro’ é o último cadro que pintou Leopoldo Nóvoa, en 2010.

El infinito en un junco Irene Vallejo Editorial Siruela Premio El Ojo Crítico de Narrativa 2019 Premio Las Librerías Recomiendan en la categoría de No Ficción 2020 Un percorrido pola vida do libro e de quen o salvaguardou durante case trinta séculos, cunha prosa brillante e chea de sensibilidade.

La herencia Vigdis Hjorth Editorial Nordica Premio El Ojo Crítico de Narrativa 2019 A repartición da herdanza familiar converterase nun tema de desencontro. A aparente disputa entre os irmáns polas propiedades encerra algo moito máis profundo: as pantasmas do pasado regresan e o que parecía esquecido revive na familia.

Servir era o pan do demo Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX Xavier Castro Editorial Galaxia Un traballo de investigación histórica escrito nunha linguaxe achegada ao gran público. O autor manexa diversas fontes (literarias, etnográficas…) para construír un ameno relato que recrea a vida cotiá na Galicia dos séculos XIX e XX.

Bauhaus Magdalena Droste Editorial Taschen A Escola de Arte e Deseño Bauhaus de Alemaña sentou as bases da modernidade. Este libro reúne 550 ilustracións que inclúen planos arquitectónicos, estudos, mais de 250 novas fotografías, bosquexos, maquetas...

Fábula das aves Manuel Forcadela Editorial Laiovento A vida,“esa mestura / da forza da vontade / e do poder do azar”, constitúe a materia central do poemario Fábula das aves, cuxo magnífico voo discursivo se resolve ás veces en formato de sátira.

A la velocidad de la luz Colin Stuart | Ximo Abadía Editorial GeoPlaneta Unha introdución os secretos máis fascinantes da física con textos didácticos e ilustracións moi atractivas.

This article is from: