Operación mundo: Lingua Galega e Literatura 3º ESO (demo)

Page 4

1 Na procura dos soños

Acadar os soños ou os obxectivos que nos marcamos non resulta doado, require constancia e moito esforzo para non renderse ante os primeiros atrancos. Nalgúns ámbitos hai que enfrontarse ademais a prexuízos por causa da cor da pel ou do sexo. Así sucede en ocasións na práctica deportiva. Mais o deporte é tamén unha ferramenta de transformación que axuda a superar dificultades e limitacións e que se converte en fonte de empoderamento e de realización persoal.

E ti que opinas? DEPORTE E SUPERACIÓN

Que vantaxes ten a práctica habitual dalgún deporte?

Cal é o teu deporte favorito? Por que?

4

Que valores transmite a práctica deportiva?

Coñeces deportistas que triunfasen malia a súa orixe?

Existe plena igualdade no mundo do deporte?

Coñeces deportistas que triunfasen malia algunha discapacidade física ou intelectual?

Consideras que as mulleres teñen igualdade de oportunidades no deporte?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.