de libros con Ruth
Cristina V. Miranda, en A Reixa Tenda – Matrioska, na rúa do Hórreo. Foto: Iván Barreiro
Cristina V. Miranda:
“Interesábame falar do dó”
R
eunímonos en A Reixa Tenda-Matrioska, en Santiago e, en primeiro lugar, Cristina V. Miranda (Ferrol, 1982) quere deixar claro que ‘La Entusiasta’ non é ela, aínda que se inspira en numerosas historias. Experiencias que merecen ser contadas para facer xustiza a mulleres que un día quixeron ser as protagonistas das cancións dalgúns dos grupos mais míticos da escena indie española. ‘La Entusiasta’ moitas veces vese apoderada polo seu álter ego, a autómata. Dúas rapazas mergulladas nunha espiral de resacas culpables, dobre moral cara as mulleres, autodestrución e música indie no Madrid da primeira década do século XXI. A novela é unha viaxe etílica pola dor da perda, a través de festivais míticos e noites en bares de Ma-
| 20 | Pincha |
30
lasaña. Unha viaxe iniciática que comeza na parada de bus da Bañeza, que tan ben coñecerán aqueles que un día marcharon a esa cidade luminosa que nunca para. O libro é un retrato do dó. Que busca a protagonista a través dos festivais e a noite de Malasaña? Busca a redención. A min interesábame falar do dó cando perdes a unha persoa que é o teu eixo nunha idade tan complicada coma os 18 anos, que é cando comezas a saír ao mundo. Ás veces a busca do pracer lévanos por camiños escuros. En canto aos compañeiros da protagonista, quería contextualizar nun lugar que coñezo ben: a escena do indie español de principios do século XXI.