Revista Pincha 30

Page 35

ESTREAMOS A NOSA AXENDA GASTROCULTURAL DA CORUÑA

D

esde hai unhas semanas a axenda de revistapincha.gal inclúe actividades relacionadas coa gastronomía e a cultura que teñen lugar na Coruña. Así, entre as propostas das que vos podedes informar na nosa páxina web están as Festas de María Pita ou o Galicia Fórum Gastronómico. As festas máis importantes da cidade herculina suman 16 concertos de grandes figura como James Blunt, Edurne, Texas, Carolina Durante ou Luis Fonsi. No programa, que se desenvolverá durante todo o mes de agosto, destacan tamén as actuacións de rock, pop ou música clásica das ‘Noites de María Pita’ e a ‘Semana Clásica’, así como o Noroeste Estrella Galicia, as festas nos barrios, exposicións como ‘Viñetas desde o Atlántico’, propostas inno-

vadoras como o Festival Independente de Rock Coruñés e citas clásicas co folclore, as habaneras, a música tradicional ou as actividades deportivas e familiares.

Na nosa nova axenda coruñesa tamén falamos da nova edición do Galicia Forum Gastronómico, que acollerá o recinto de Expocoruña do 25 ao 27 de setembro. Entre os profesionais que participarán con talleres e showcookings destacan os chefs Lucía Freitas (A Tafona), o televisivo Jordi Cruz (Abac) e Pepe Solla (Casa Solla), ou o mellor sumiller do mundo, Josep Roca (Celler de Can Roca).

O LIBRO DE LILA DE LILITH A defunción dos sexos A nosa recomendación deste número de Pincha é ‘A defunción dos sexos’, de Daniela Ferrández (Xerais, 2022), un texto de divulgación histórica que afonda na necesidade de facer visibles as traxectorias vitais das identidades sexuais disidentes na Galiza dos últimos 150 anos.

Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.