somos compostela
Mercado Galego da Creatividade, unha tenda con sentimento O colectivo Creativas Galegas xestiona este espazo que reúne deseños únicos, edicións limitadas e produto exclusivo de artesanía Creativas Galegas non é ningún lío de mulleres. Se ben hai unha meirande parte que son creadoras, fai referencia a un conxunto de persoas, de marcas creativas galegas que conflúen neste proxecto. Así o explican á sombra dun camelio de máis douscentos anos, en plena rúa compostelá da Caldeirería, Isabel Pernas, Sandra de Rego e Bea Barril, que se toman un respiro para sentarse a falar dos comezos deste local cheo de encanto no que nos atopamos, o Mercado Galego da Creatividade. Situado no número 36, foi antigamente un dos comercios máis emblemáticos de Santiago, ‘Magdalena’, convertido dende finais do 2020 en punto de encontro das creacións artesanais de marcas da nosa terra. Este espazo foi soñado e recreado nas mentes de tres persoas que nin sequera se coñecían.
| 8 | Pincha |
30
Moito máis que un comercio “Estou aquí nun lío destes de mulleres”, dicía un home falando por teléfono dentro da tenda alá polos seus inicios. A frase quedou gravada no extenso anecdotario que en pouco tempo leva xa escrito o Mercado Galego da Creatividade, moito máis que un comercio. Estamos ante un espazo para compartir, desfrutar e mercar algo único que leva nas súas formas, na súa textura ou na súa cor, incluso no seu envoltorio ou nas palabras de quen te atende, a paixón e agarimo da persoa que lle deu significado. Entre os seus postos exquisitamente artellados (que para iso hai no grupo quen se dedica ao interiorismo e decoración) os nosos sentidos poden perderse e deixarse levar por todo tipo de arti-