9 minute read
Javier Pereira,libraría Re-Read A Coruña:
Javier Pereira (A Coruña, 1983) é xornalista e mesmo con incursións na hostalaría (“nesta profesión hai que ser todoterreo”). Dentro da súa traxectoria, abriu no 2019 na Rúa de San Andrés 52 a sucursal coruñesa da cadea de librarías de segunda man Re-Read. Javier, amante dos libros e da vida cultural en xeral -por algo tamén é compañeiro de Pincha relatándonos a vida musical herculina no noso Pincha Coruña- cóntanos nesta entrevista que tipo de autores e títulos triunfan neste recuncho para os afeccionados aos libros.
Que foi o que che moveu e crear un Re-Read na Coruña?
Advertisement
Pareceume interesante o investimento e tiña a confianza de que unha libraría dese estilo na Coruña podería funcionar.
Que cres que atrae á xente de Re-Read con respecto a outros modelos de libraría de segunda man?
Polo que comentan os clientes, primeiro parécelles moi ben que as cousas estean ordenadas. Non é una libraría de segunda man tradicional.
Os prezos son accesibles e hai movemento. Aparecen novidades de títulos todos os días porque podemos facer compras e algunhas delas grandes, polo que aparecen novidades de golpe. Isto atrae á clientela.
Onde comprades os libros?
Pois realmente son de particulares, aínda que ás veces chámannos de asociacións de veciños que tiñan biblioteca. Logo hai unha parte que son de mudanzas de xente que marcha a pisos máis pequenos, e tamén defuncións, divorcios... Ademais hai máis conciencia ecolóxica, con non acumular tantas cousas. Xente que pensa que, se non vas volver ler o libro, mellor que teña unha segunda vida. Outra parte dos libros veñen porque os fillos marcharon da casa ou creceron. Venden os libros da súa infancia e adolescencia que xa non van utilizar. En xeral, a xente segue tendo moito reparo en tirar libros.
Que cres que segue atraendo á xente do libro en papel?
O que pasa por unha banda é que á xente o e-book non lle acaba de convencer. A compra de libro electrónico é pouca. Quen o fixo pensa que o que paga polo que recibe é escaso. Hai descoñecemento dos dispositivos que funcionan con tinta electrónica. Por exemplo, a tablet funciona con retroiluminación e iso é malo para á vista. Ademais, a xente é consciente de que é mais cómoda a lectura en papel. Facilítalles a inmersión na historia ou no caso do ensaio ou historia, a reter a información, ademais de que poden traballar sobre o texto. É máis cómodo e útil o papel.
E dentro da libraría, que tipo de de xénero ou título triunfan máis?
Está bastante repartido. Por exemplo, triunfan o ensaio ou filosofía, aínda que a xente pense que non son tan populares, a autoaxuda ou narrativa. Dentro de narrativa: romántica, policíaca, ciencia ficción, fantasía… Clásicos como ‘Madame Bobary’ ou ‘Ana Karenina’, Jane Austen, as irmás Bronte, ‘Odisea’ de Homero... especialmente na xente nova.
Tamén é moi buscado o libro en inglés e títulos en particular como ‘Cien años de soledad’, ‘La historia interminable’, ‘El principito’ o la Biblia, que son libros que non están en todas as casas, ao contrario do que se poida pensar.
Tamén inflúe a actualidade. Por exemplo, cando morreu Almudena Grandes ou no atentado contra Salman Rushdie. Logo hai xente que vén ver se soa a frauta coas novidades, como por exemplo, ‘Mi persona vitamina’ de Marián Rojas.
Que é o que máis che gusta de ter unha libraría?
O que máis me motiva e me gusta é descubrir títulos novos ou autoras como, por exemplo, Elizabeth Gaskell. Son autores que, se non tivera a libraría, non podería descubrir. Nós facemos dous ou tres recollidas grandes de libros -uns 200- á semana, e para min é como o Día de Reis (risos). Tamén me gusta coñecer xente que xa son amizades.
E como ves en xeral a vida cultural na Coruña?
En cuestión musical estamos bastante cubertos. Quizais faga falla unha sala un pouco máis grande como pode ser a Capitol en Santiago e xestores con interese directo na escena musical.
Bótase de menos tamén un espazo para a xente que se dedica ás artes escénicas e para a produción teatral galega. Hai moi boas iniciativas de microteatro como La Tuerka. Creo que o edificio da Fundación Luis Seoane está desaproveitado.
Houbo tamén unha perda coa pandemia de locais culturais autoxestionados de asociacións sen ánimo de lucro.
Aviso:
Presentámosvos Le Tavernier, un local perfecto para unha copa tranquila, na avenida da Mariña, na Coruña, e mais en Madrid, cunha historia detrás que homenaxea aos mariñeiros do mundo e ás cantinas veciñas aos portos.
Cando es hostaleiro, vives en Madrid e tes unha morriña moi forte, que fas? Montar un pequeno porto nunha céntrica azotea da rúa máis famosa da capital.
Antón Sáez, empresario e propietario de Le Tavernier, entre outros locais de hostalería, conta coa súa propia homenaxe ao mundo mariñeiro en Madrid. Un oasis perfecto para tomar a primeira copa, gozar das vistas e deleitarse, especialmente, coa súa proposta líquida na carta.
O galego tivo claro fai xa sete anos que na Coruña había oco para un local no que a cociña e o chef non foran os protagonistas, senón o barman e a mestura de destilados de tódalas partes do mundo. Cando Antón saía de festa cos seus amigos, vía incómodo ter que falar ao oído do seu acompañante polo elevado ton da música.
Ademais, identificou nun voo que faltaban tabernas nas que desfrutar dos produtos máis premium, procedentes doutros países e para tódolos gustos. Dende whiskys canadenses, americanos ou xaponeses a tamén rons, tequilas, cafés especiais, cervexas de todo o mundo, coñacs, brandys e todo tipo de licores. Para crear a atmosfera completa deulle vida a un mariñeiro do século XIX, O Capitán Breixo, que despois de viaxar por todo o planeta e visitar as cantinas de cada porto, decídese a levar un pouco de cada un á Coruña e xubilarse alí.
Non se trata dun espazo cheo de áncoras nin nós mariñeiros. Lonxe dos estereotipos, Sáez soubo aportar pequenos toques de personalidade. Detalles mariñeiros que dan sensación de estar con materiais de preto do mar, nobres, naturais, ferros forxados… ademais de moita vexetación, incluso plantas que saen directamente do chan.
E entón, a embarcación do capitán Breixo arribou á cidade sen porto no 2021. Grazas á súa asociación co Hotel Innside by Meliá Madrid Gran Vía, Le Tavernier, o taberneiro en francés, atracou na oitava planta do hotel, dando acubillo a todo tipo de público.
O empresario asegura non segmentar por idades nin tipos de públicos obxectivos, se non máis ben por inquietudes e inspiracións. Nas súas propias palabras, “cando buscas cubrir inquedanzas e creas un concepto que cubre aspiración, entón aí é cando te abres a un público máis amplo”. falecido o pasado 31 de decembro aos 92 anos, foi un dos principais compositores galegos do último século e deixou un enorme catálogo musical no que abordou todos os xéneros. O programa inclúe algunhas das pezas máis estimadas polo propio autor que foi durante 23 anos o director da Banda Municipal de Música da Coruña.
Pais que se atopan con fillos, parellas na primeira cita, compañeiros de traballo para tomar un cóctel tranquilo antes de volver a casa. Todos atopan o olor a mar aínda lonxe da costa atlántica, nun recuncho que serve de porto para todos os amantes do bo beber.
Ollo! A diferencia do seu local irmán na cidade herculina, Le Tavernier Madrid conta con carta para xantar. Unha proposta gastronómica desenfadada, dirixida a compartir con amigos e comer coas mans. Todo isto coas vistas á Gran Vía como colofón.
Pero, cal sería a mellor combinación recomendada polo seu propietario? “Eu téñoo claro, sempre aposto polos cócteles fortes e, como me gusta o picante, encántame o Spicy Mezcal Margarita, con mezcal, lima, Cointreau, agave e ‘jalapeños’, terminando con ‘ají’. Para picar o mellor é compartir con amigos algúns dos nosos clásicos como as croquetas de queixo de tetilla, un bikini de xamón ibérico con queixo curado e trufa de verán ou un ‘carpaccio’ de vaca galega con parmesano e alfábega. Algo imprescindible tamén é o bocadillo de luras, que facemos cunhas luras fritas e crocantes, con pan de cristal e alioli de allo negro. Para min, sen dúbida, é un bocadillo diferente”, e ao mesmo tempo moi madrileño.
Este novo ano preséntase con novidades. Teremos que esperar para saber se ese Capitán Breixo atraca ou non nun novo porto para seguir expandindo a súa paixón polas cantinas do mundo. Polo momento, mentres a morriña dunha servidora chega ata as nubes, xa teño onde ir gozar dun bo Albariño e sentirme sempre como na casa.
DAVID PUERTO “PIZPIRETO”
AUDITORIO SEDE AFUNDACIÓN A CORUÑA
3 DE MARZO ÁS 18.00 E 20.30 H |
PREZO: DESDE 15 €
Show de comedia alegre orquestrado por David Porto, un cómico que fai das súas reflexións e vivencias un espectáculo de comedia, buscando o lado positivo da vida, se é posible, ou polo menos o lado gracioso. Facendo uso do monólogo clásico (Stand-up), improvisación (crowd work) e comedia musical.
Biocultura A Coru A
Expocoru A
Federico «Hedon» Mondelli (Frozen Crown) e liderado polas cantantes Grace Darkling e Rehn Stillnight ofrecerán este concerto no que tamén actuará Xhamain, grupo de Symphonic Gothic Metal céltico en galego. O seu debut ‘Na Alma’ segue colleitando grandes críticas grazas á súa particular mestura de estilos e instrumentos coroada pola voz de Mariah Fosado.
Apuntamentos Para Un Magnicidio
FÓRUM METROPOLITANO
10 DE MARZO ÁS 20.30 H |
PREZO: 3 €
Unha Inimiga Do Pobo
TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
3 E 4 DE MARZO ÁS 20.30 H |
PREZO: 6,50 - 14 €
Espectáculo de Talía Teatro dirixido por Tito Asorey. Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesma deseñou, e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable.
DO 3 AO 5 DE MARZO | BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos e ecoturismo máis grande do estado, reunirá na Coruña a máis de 150 expositores dedicados aos sectores de alimentación bio (con máis de 10.000 referencias), ecoturismo, cosmética ecolóxica, moda sostible, casa sa, benestar, eco-estilo de vida, artesanías e ONG’s. Paralelamente á exposición celebraranse preto de 120 actividades para todos os públicos. Así, entre outras propostas, atopamos showcookings ecogastronómicos; un festival ecolóxico da infancia mamaterra con diferentes obradoiros; un showroom de ecoestética; unha masterclass con Nicolás Olea; o festival de ioga do noroeste; unha xornada de bioconstrución...
Podes consultar datos, horarios, salas e toda a información na páxina web biocultura.org/acoruna/programacion-actividades
CHRISTIANE. UN BIOMUSICAL CIENTÍFICO
TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
8 DE MARZO ÁS 20.30 H | PREZO: 12 €
Belén Pasqualini cóntanos a vida de Christiane Dosne Pasqualini, unha figura fundamental a nivel internacional na investigación da leucemia. Muller, científica, nai, esposa, este espectáculo é unha gran escusa para coñecer a unha muller única.
Asociación Cultural Ditirambo Teatro Coruña presenta este espectáculo dirixido por Lola Roel. En plena campaña electroral, o alcalde Fulgencio Pacheco promete construír mil vivendas sociais nun dos barrios máis deprimidos da cidade. Antes de rematar o primeiro edificio, derrúbase causando a morte de tres obreiros africanos sen papeis. Co fin de ocultar tal fatal accidente, o alcalde decide levantar unha pista de skateboard no lugar onde permanecen sepultados ante a resistencia do xefe de obra négase a que sexan esquecidos e reclama xustiza.
Homenaxe A Rogelio Groba
TEATRO COLÓN
4 DE MARZO ÁS 20:00 H |
PREZO: DE BALDE
O Concello da Coruña renderalle homenaxe á figura de Rogelio Groba cun concerto extraordinario a cargo da Orquestra de Cámara Galega. Groba,
NOCTURNA, AO VIVO
SALA MARDI GRAS
5 DE MARZO ÁS 20.30 H |
PREZO: 15-18 €
Nocturna, a banda italiana de metal sinfónico, o grupo creado polo guitarrista e compositor
IMPRO-TEATRO
GARUFA CLUB
8 E 22 DE MARZO ÁS 21.30 H |
PREZO: 10 €
Tito Rober, Marita Martínez, Oswaldo Digón e Patricia Castrillón protagonizan estas sesións de teatro-impro nas noites coruñesas organizadas polo Garufa Club.
Cris Lida
Sala Mardi Gras
11 E 12 DE MARZO ÁS 18.00 H |
PREZO: 6 €
Espectáculo número 25 de Caramuxo Teatro, co que a compañía cumpre 20 anos de traxectoria. Con esta comedia dirixida a públicos desde 5 anos, queren poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado, cada vez máis dixitalizado. Facer unha homenaxe a este concepto de comercio que crea convivencia e comunidade.
Crisálida é un espectáculo de máscara con catro actores (Anahí Taraburelli, Juan Rodríguez, Laura Sarasola Pontón e Josito Porto ) e máis de 12 personaxes, dirixido pola prestixiosa directora Olga Margallo.
OHotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, acollerá o II Encontro do Viño Galego Revera Vinum os días 27 e 28 de marzo. O evento, que organiza Escenoset e promove a Asociación Hostelería Compostela, conta co patrocinio da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.
Javier Míguez, directivo da asociación de hostalaría, explica que esta segunda edición manterá a esencia da celebrada fai un ano, buscando poñer en valor o potencial do viño galego, reunindo nun mesmo evento todas as DO e IXP da nosa terra.
“É unha magnífica oportunidade para o sector porque nun mesmo espazo imos poder catar máis de 500 viños de Galicia. É unha ocasión única”, asegura.
O obxectivo será repetir ou incluso superar as cifras do 2022, cando visitaron o Revera Vinum preto de 5000 persoas, aínda que o ano pasado o Encontro durou tres días e, desta vez, redúcese a dous. Serán máis de 500 referencias dunhas 200 adegas, entre a área expositiva e o Túnel do Viño (aberto de 11.00 a 20.30 horas), que dará a oportunidade aos visitantes de que se coñezan todas as variedades de uva implantadas en Galicia.
En canto ás actividades previstas, haberá catas históricas, obradoiros, degustacións, mesas de debate e relatorios con sumilleres, enólogos e xornalistas especializados. Tamén se fará entrega da Distinción Revera Vinum, para recoñecer o esforzo dos profesionais para pór en valor os nosos viños. Entre os relatores atopamos a Luis Paadin, Iria Otero, Juan Chamorro, David Rial, Pablo Vidal, Jose Luis Bouzón, Andrea Obenza, David Pascual ou Cecilia Fernández, entre outros.