DRU-4. MONUMENTO E NICHO. CARSTEN JUEL-CHRISTIANSEN

Page 1



Monumento e Nicho

Carsten Juel-Christiansen



El presente volumen DRU 4 es el cuarto de la colección Documentos de Reflexión Urbanística que publica el Departamento de Proyectos arquitectónicos y Urbanismo. Su objetivo es el de facilitar elementos para la reflexión y divulgación de trabajos académicos y profesionales en el ámbito del urbanismo y se vincula al Máster de Urbanismo “Planes y Proyectos del Territorio a la Ciudad” La colección nace con el apoyo económico de la Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo de la Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestructuras de la Xunta de Galicia, de la que somos deudores y a la que mostramos nuestro agradecimiento. El Máster se plantea dentro del Departamento con un triple objetivo. Por una parte, propiciar una formación profesional más vinculada con la práctica urbanística a partir de una aproximación a la realidad dónde se inserta. Por otra, posibilitar una aproximación más académica a temas y estudios susceptibles posteriormente de ser abordados como tesis doctorales, para lo cual se plantea una primera reflexión acerca del método y fuentes de aproximación a las mismas. Se trata, por lo tanto, de posibilitar a los alumnos interesados en los temas territoriales, urbanísticos y proyectuales de naturaleza urbana y desarrollo posterior de tesis de esas características. Por último, pero no menos importante por ello, propiciar una interrelación, un lenguaje común más fluido entre profesores de las áreas de proyectos arquitectónicos y urbanística, en un departamento común, caso infrecuente en las escuelas de arquitectura españolas, y más aún en los albores de un nuevo Plan de Estudios que plantea como prioritaria la inserción de profesores de áreas diversas entorno al hecho proyectual. Los documentos de reflexión urbanística DRU pretenden servir como instrumento divulgativo, bien del trabajo elaborado en los diferentes talleres del Máster, reflejados en el DRU 1, bien del soporte teórico preparado para las diferentes clases como los DRU 2, “Teoría y método del planeamiento general urbano, o el presente” y DRU 3 “Intervención sobre el medio rural en Galicia”. En este caso, el DRU 4 se centra en la traducción al gallego del libro de Carsten Juel-Christiansen “Monument & Niche”, a los efectos de su divulgación entre profesores, estudiantes y ciudadanos en general interesados por los temas urbanos.

José Glez-Cebrián Tello Director Departamento de Proyectos Arquitectónicos y Urbanismo. Director del Máster:“Planes y Proyectos: del Territorio a la Ciudad”.


La publicación de este libro ha sido posible gracias al soporte económico de la Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Edita: Departamento de Proyectos Arquitectónicos y Urbanismo. ETSAC.

Serie: Documentos de reflexión urbanística. DRU

Dirección: José Glez-Cebrián Tello

Edición y coordinación. Nº 4 Xosé Manuel Vázquez Mosquera Rosa I. Teira Paz Xoán M. Mosquera Muíños

Colaboradores:

© Presente edición

M. Carmen Calatayud Romero

Xosé Manuel Vázquez Mosquera

José Ignacio Vila Vázquez

Rosa I. Teira Paz Xoán M. Mosquera Muíños

© Textos y contenidos gráficos Carsten Juel-Christiansen y autores. Las opiniones y contenidos de los trabajos aquí publicados son responsabilidad exclusiva de sus respectivos autores. Todos los derechos reservados. No se permite ninguna reproducción de este libro, sea parcial o total, del interior o la cubierta, por cualquier medio analógico o digital, sin la previa autorización por escrito de sus respectivos autores. Esta publicación carece de todo fin

Diseño y maquetación

comercial, aún así, se han realizado

José Felipe Trillo González

todos los esfuerzos de gestión posibles

Depósito Legal: OU201-2009

para la obtención de los permisos de

ISBN: 978-84-9749-371-0

reproducción del material publicado en

1ª Edición 500 ejemplares.

este volumen.

Impresos en Galicia. Noviembre 2009


Monument & Niche Título da edición bilingüe (Inglés-Danés) orixinal. Rhodos, Copenhagen 1985.



Prólogo

O meu traballo na »Arquitectura da nova cidade« foi o resultado dunha investigación académica na Danish Royal Academy of Fine Arts School of Architecture durante os anos 1980-82. O traballo baseouse na falta de factores arquitectónicos que determinen a crecente abstracción do plan que controla e regula como evoluciona a cidade actual. Aínda que esta ausencia non imposibilita crear edificios ou mesmo áreas enteiras dunha gran calidade no ámbito local, é difícil descubrir algún significado na totalidade de partes que conforman a aparencia da cidade. Por tanto, a nova cidade forma parte dese carácter fragmentario da vida moderna, que igualmente se ve reflectido na súa forma. A impresión de fragmentación –de totalidade perdida– é provocada pola progresiva separación das funcións e espazos da cidade, mais tamén se debe a que os conceptos que nos formamos acerca de totalidade urbana derivan principalmente da cidade histórica. Aínda vemos a cidade a través destes conceptos, malia que en moitas situacións nos atoparamos distanciados do seu fondo social. Doutro lado, as novas áreas urbanas foron influenciadas polo enorme desenvolvemento dos sistemas económicos, tecnolóxicos e organizativos da sociedade, e este nivel de desenvolvemento constitúe unha base indispensable para a comprensión da nova cidade ou a imaxinación da cidade do futuro. Este libro pretende ser fiel a unha descrición, análise e valoración desde o punto de vista da arquitectura, dos últimos fenómenos urbanos asociados ás forzas motoras do desenvolvemento social. O libro presenta unha nova interpretación dos factores sociais e a análise dos sistemas visuais que determinan os significados arquitectónicos da nova cidade. É posible, precisamente revelando estes aspectos, centrar a atención nas potencialidades para cambiar ou expandir o contido de significado na arquitectura da nova cidade. Xa que logo, este libro debería axudarnos a expresar novas nocións de totalidade na paisaxe urbana –ao tempo que e en diálogo con– as forzas que controlan o desenrolo como un todo. Durante o proceso deste traballo contei con moitos e inestimables apoios. En particular quero agradecerlles aos catedráticos arquitectos Sven-Ingvar Andersson, Tobias Faber, Anne Marie Rubin e Ole Thomassen o seu respaldo profesional do proxecto. Tamén quero darlles as grazas ao Danish Building Industry Development Board, ao Danmarks Nationalbanks Anniversary Foundation 1968, ao seu director, E. Danielsen og Hustrus Fond, ao cónsul Gerog Cork og Hustru Emma Jorck’s Fond, ao Kreditforeningen Danmarks Fond for Særlige Formål, KAB’s Almennyttiege Legat, Landsdommer V. Gieses Legat, á New Carlsberg Foundation, ao Danish Research Council for the Humanities e á Danish State Art Foundation, que contribuíron economicamente na publicación deste libro. Por último, estoulle profundamente agradecido á Dra. Else Marie Bukdahl, historiadora da arte, e ao arquitecto Jørgen Sestorft, que estudaron as miñas formulacións; os seus comentarios contribuíron en moitos casos a unha máis precisa formulación dos contidos.

Carsten Juel-Christiansen



Contido

Prólogo

9

Introdución

13

Os elementos da nova cidade

15

Reprodución dos elementos

17

Interpretación do material gráfico

28

Series de conceptos

56

Análise da arquitectura da nova cidade

57

Herdanza e transformación

58

A forma de totalidade

59

Bordo e transición

59

Caracterización funcional

59

Significado

60

Establecemento de novas categorías

62

Tempo-monumento

66

Localidade-dual

66

Bastión

68

Nicho público

68

Teatro

70

Maquetas

73

Notas

78



13

Non deberiamos albergar ilusións sobre o panorama contemporáneo, mais con todo declararnos a favor del (Walter Benjamin)

Introducción

Na economía global, as flutuacións do mercado de valores exercen a súa influencia diaria no continuo fluxo de accións constitutivas dunha época. Como flutuacións económicas, transmítense a cada recanto do mundo. A un tempo máis lento, a arquitectura dos centros financeiros reflicte eses cambios no panorama mundial que forman parte de calquera desenvolvemento social e cultural. Visto desde a ponte de Brooklyn, o centro de Nova York maniféstase como un proceso edificatorio continuo que exhibe –co constante incremento da súa concentración– e transforma os alicerces da vida comunitaria. Hoxe, o World Trade Center domina o perfil de Manhattan onde anteriormente o Woolworth marcase o seu cénit. Durante os 60 anos transcorridos desde a súa erección produciuse un marcado cambio de énfase do suxeito á estrutura na sociedade e na consciencia humana. O Woolworth de 1913 é articulado e simétrico; as súas partes central e laterais resáltanse e o seu remate minuciosamente construído sitúase como unha cabeza nun corpo. O edificio confórmase como un corpo humano, expresando a noción do individual como o centro do mundo. No World Trade Center esta noción desapareceu: non hai tensións internas que manteñan as dúas torres xuntas, nin diferenzas internas que indiquen algunha base referencial (1). Esa duplicación anónima parece suxerir que cada centro, cada forma de unidade dentro da multiplicidade non ten cabida xa na interpretación da realidade. O

mundo concíbese como unha rede de estruturas anónimas ou cadeas de eventos que non están subordinados a un principio unificador. O edificio Woolworth representou o final dunha época. No momento en que se levantou a egocéntrica, xerarquicamente construída orde mundial colapsaba. Realmente, a composición desta guerra (1914-1918) non era a mesma das guerras anteriores, a composición non era aquela na cal había un home no medio de moitos máis homes, senón que era unha composición sen principio nin fin, na que un extremo era tan importante como outro (2). Así é como Gertrude Stein describía a desintegración da imaxe xerarquizada do mundo que comezou co inicio do século e está arestora completada. Na nova cidade as forzas sociais liberadas no proceso de desintegración están agora presentes. En áreas centrais, seguindo procesos de renovación urbana, e especialmente nas periferias, aparecen na súa forma actual. Como torres de alta tensión, centros comerciais, estradas e sistemas edificatorios, indican unha organización social dominada por unhas cantas burocracias públicas ou privadas que traballan parcialmente en cooperación, e parcialmente en competencia. Nelas, as súas instalacións individuais non expresan grandes investimentos nin significacións obvias. Poden describirse como instalacións modestas que posúen unha nova fraxilidade industrial. Non son unicamente os edificios os que soportan o peso, senón que xunto cos subxacentes sistemas de


14

produción, distribución e intercambio –de pagamentos, taxas, renda, transporte, iluminación e acondicionamento etc.– constitúen partes dunha nova orde, unha rede que rodea a persoa. O esgotamento do centro histórico da cidade pola renovación urbana e a erradicación da paisaxe histórica nos arredores da cidade debido ao crecemento urbano, indican unha tendencia no desevolvemento da nova cidade, como resultado do cal, cidade e campo, pasado e futuro, se funden para formar unha nova paisaxe entrópica. O artista Robert Smithson, no seu artigo «Entropía e os Novos monumentos» de 1966 (3), emprega o concepto físico de entropía na súa análise da arquitectura moderna. Aquí el engloba tanto «a arquitectura de Park Avenue» como o infinito número de proxectos residenciais uniformes dos suburbios, como contribucións a unha arquitectura da entropía. Neste baleiro ou «imperceptible» lapso de arquitectura atopa unha nova, clara percepción dunha realidade física libre das xenéricas proclamas de «pureza e idealismo», valores que segundo afirma perderon o seu significado na cultura moderna, e dirixe a súa atención cara aos «factores» do mundo externo –cara a esa superficie plana que non oculta profundidade ningunha, cara ao banal, o baleiro, o frío, a nada tras a nada, noutras palabras, cara a esa condición infinitesimal coñecida como entropía. Na arquitectura estandarizada e a produción dos anos sesenta, Smithson ve a materialización das consecuencias teóricas do principio de entropía; nun futuro último o universo ha transformarse igualmente nunha inmóbil e totalizante uniformidade. O aumento da entropía no ambiente visual, o movemento e tempo conxelados, así como a impresionante inercia cara a que tamén o World Trade Center sinala, conflúen ao tempo, non obstante, unha característica sensación de xúbilo –un elemento liberador– que se manifesta propiamente como un incontrolable efecto secundario do baleirado de todo contido na egocéntrica imaxe mundial. Smithson emprega o “blackout” –unha interrupción total das subministracións de enerxía que afectaron a algún dos estados máis densamente habitados dos EUA en 1965– para ilustrar esa sorprendente sensación de liberdade: Lonxe de provocar un estado de pánico, o apagamento desembocou nun estado de euforia. Unha alegría case cósmica estendeuse por todas as cidades ás escuras. Por que a xente se sentiu así non pode explicarse.

Smithson descubriu calidades estéticas inesperadas nos edificios contemporáneos e nas instalacións. Neste baleiro en expansión insinúase unha suspensión do tempo. Con todo, o arquitecto Aldo Rossi atopa tempo presente na cidade baixo a forma dunha espiral ou do «batir das ondas». O pasado está a ser continuamente absorbido no presente, sempre a formar un patrón para o futuro. Desta perspectiva, as liñas divisorias que separan os estratos históricos na estrutura da cidade bórranse. A cidade da antigüidade e a contemporánea concíbense como un artefacto interconectado onde os elementos da cidade se forman como imprevisibles, aínda que sempre predeterminados, materializacións de tipos (4). Ora ben, nas áreas periféricas da cidade, estruturas e elementos (i. e., plans e instalacións) créanse nunha contemporaneidade que borra a lembranza de calquera pasado. Esta falta de «orixe» descrita por Smithson (5) –esta ausencia de pegadas de grandes acontecementos históricos– sitúa as novas cidades nunha categoría especial ao considerar a cidade como arquitectura. As análises de Rossi toman como punto de partida a cidade histórica. Na nova cidade os seus conceptos centrais locus e monumento (6), que significan respectivamente ‘lugar’ e ‘signo’ de eventos históricos, existen apenas de modo esquemático. Aquí trátase simplemente de insospeitados acontecementos históricos, episodios menores asociados con alteracións ou accidentes imprevistos –os depósitos dunha remota Idade de Xeo, un posto de avanzada na cidade asediada, unha folga ou un atraco a un banco etc. Para poder entender a nova cidade debemos comezar por considerar esta praxe actual. Esta é unha etapa inicial. Ora que a aproximación rossiana a unha descrición total da arquitectura da cidade capacítanos para ver tamén a periferia da cidade como un auténtico nivel. A infraestrutura das áreas periféricas e as súas grandes instalacións serán –empregando outro dos conceptos rossianos– permanencias (7) ou persistencias; i.e., converteranse en trazas non anulables. E do mesmo modo que as cidades feudal ou mercantil, a nova cidade deixará a súa pegada na cidade do futuro como limitación e como valor. A nova cidade é a cidade en proceso de transformación. Alén dos viais das autoestradas e dos sistemas edificatorios, emerxe unha nova arquitectura urbana. A principios de século isto manifestábase meramente como


unha utopía ou premonición; a mediados de século, durante o proceso de materialización, adquiriu o carácter de necesidade –unha cuestión económica e técnica. Tan só posteriormente se transformaría nunha entidade con significado. Mentres non comprendamos a complexidade da realidade contemporánea e logremos unha linguaxe capaz de comunicar este entendemento, isto non poderá ter lugar. En 1963 Christian Nordberg Schulz describía Times Square en Nova York como un caos visual. Con Times Square como referencia, Nordberg Schulz mantén que o carácter unificado que coñecemos de cidades e instalacións arquitectónicas do pasado está a se converter nunha memoria agonizante (8). Apenas dez anos máis tarde Robert Venturi descobre un carácter unificador na mesma praza. O que Nordberg Schulz considera un caos tridimensional, Venturi interprétao como unha nova orde bidimensional: non Barroco, senón Bizantino (9) –unha decoración a grande escala consistente en símbolos persuasivos sobre brillantes superficies. Venturi percibe que a proliferación dos media tivera efecto na formalización e comprensión do mundo físico. Este crecemento desemboca na creación de sistemas públicos de comprensión ademais dos xa habituais da arquitectura: i.e., forma, masa, superficie e espazo. Mais en vez de volver ás antigas categorías, Venturi escudriña no ambiente visual existente. Trata de deducir unha nova comprensión que lle permita expresar o significado do contexto actual a través das novas actuacións arquitectónicas. O punto de partida de Venturi –a súa aceptación do mundo que o rodea– é unha reminiscencia dos arquitectos modernos dos anos trinta, aínda que rexeita a súa actitude heroica (10). El non cre posible distanciarse e controlar, por tanto, a realidade contemporánea, senón que se considera inmerso dentro dela. Céntrase entón localmente en producir pequenos xiros de contexto (11) –aqueles cambios mínimos no ambiente visual onde novas aperturas de novo carácter unitario se evidencien. A conclusión de «Complexidade e Contradición na Arquitectura» pode considerarse entón como unha introdución a este libro: É quizais da paisaxe cotiá, vulgar e menosprezada, de onde nós poderemos perfilar esa orde complexa e contraditoria, que é válida e vital para a nosa arquitectura como un conxunto urbanístico (12).

Os elementos da nova cidade

Que instalacións son elementos representativos na cidade moderna? Que instalacións deben ser analizadas se queremos entender a situación no ambiente visual das futuras cidades? Para poder responder estas preguntas é preciso localizar e describir os elementos da cidade como unha función do desenvolvemento social, e esta é a tarefa das ciencias sociais que investigan o papel da urbanización e o desenvolvemento como conxunto. Os marxistas ven «a cidade» como o marco das crises orixinadas na acumulación de capital e a loita de clases, onde as estruturas económica, ideolóxica, social e física forman unha complicada entidade. As cidades non son unidades independentes, senón partes dun sistema urbano totalizante cuxas relacións están sempre determinadas pola sociedade como un todo. Deste punto de vista, o significado da cidade como localidade individual chega á súa fin, e as análises resultantes revelan un grao concreto de desintegración nas urbanizacións occidentais contemporáneas. Nas súas análises dos arredores urbanos de Le Havre no norte de Francia, Manuel Castells (13) demostra que a urbanización contemporánea non é simplemente a versión actualizada do industrialismo inicial. A cidade industrial do pasado constituía un ambiente industrial exclusivo que formaba un marco para a produción local, a acumulación de propiedades e a vivenda. Pola contra, as aglomeracións urbanas contemporáneas compóñense de varias unidades de produción, cada unha das cales forma parte dunha cadea de mutuas dependencias técnicas e económicas, e actúa aquí como un movemento de peón nun incalculable xogo de dimensións mundiais. Estas unidades representan funcións parciais que, malia que fisicamente separadas, están ligadas por unha rede invisible. Xunto coas novas instalacións urbanas colectivas, como os corredores de transporte e as áreas residenciais extensivas, están imbricadas nunha evolución que non segue unha progresión lineal, mais que non obstante é irreversible. Castells non está interesado na estrutura, elementos e espazos da cidade como factores arquitectónicos, mais

15


16

proporciona un marco que describe a situación social en que estes factores actúan. Dános unha base para entender o carácter xeral da nova cidade e distinguir as forzas sociais capaces de transformalo. Non ve a nova cidade unicamente como un marco de novos conflitos, senón tamén como un espazo habitable con novas liberdades (14). Mesmo se esta liberdade é considerada como un esquema debería ser posible detectala na arquitectura da nova cidade. Nocións de liberdade formuladas de forma colectiva deben tecerse nunha precisa comprensión do contexto social para poder avanzar. O soño de realizar outra cidade debería referirse igualmente á cidade existente –á nova linguaxe que se expresa nos tipos edificatorios e instalacións producidas polo contexto social transformado. Unha arquitectura alternativa para unha realidade alternativa en que os conflitos actuais se supoñen xa resoltos é a que representa tipicamente a utopía clásica. O filósofo Ole Thyssen sinala que a utopía clásica está encapsulada na historia porque nin entende nin inclúe as consecuencias daquelas forzas sociais que están a facer efectivos eses cambios (15). Así, a cidade alternativa xamais se converterá en parte dunha sociedade alternativa, senón como moito nun enclave na sociedade existente. A clausura da utopía clásica é suplantada polo que Thyssen chama ‘a utopía integrada’. Na utopía integrada, a utópica globalidade de contidos desaparece como factor independente, aínda que se mantén como dimensión na tarefa teórica e práctica de levala a cabo nunha situación histórica determinada. Arquitectonicamente falando, isto correspóndese coa noción de que unha nova totalidade urbana non pode tomar como punto de partida as formas integradas do pasado; debe desenvolverse mediante unha análise das formas desintegradas que nos rodean –aquelas que aínda non comprendemos totalmente. Esta idea debe contrastarse coa de Castells, que asigna ao método de produción –mellor dito, aos cambiantes métodos de produción– o papel do arquitecto urbano. O sistema urbano descríbese nos seus escritos como unha representación espacial da estrutura social e defínese como unha unidade composta por catro elementos: produción, consumo, intercambio e xestión (16). Máis que simples elementos, el considera estes factores como categorías referidas a procesos sociais e dimensións espaciais. A diferenciación e combinación destes elementos

urbanos expresa as regularidades do contexto social en que entran. Así, seguindo a Castells, non é unha coincidencia que avanzadas empresas tecnolóxicas como IBM escollan lugares en paisaxes idílicas das áreas periurbanas máis prósperas ao norte de Copenhague, mentres que depósitos centrais e plantas liofilizadoras se sitúen nas planicies cara ao sur e ao leste. Isto é unha expresión de estratificación social tanto en tecnoloxía como en tipos de traballo (17). Así, a estrutura espacial do sistema urbano vén determinada polas demandas xeradas na organización da sociedade polos métodos de produción dominantes. Na área de Copenhague, durante os anos oitenta, son os aspectos económicos, políticos e ideolóxicos monopolistas os que desenvolven, transforman e penetran todas as partes do sistema urbano. Analizando a área urbana coas categorías antes indicadas, que conectan os elementos da cidade coa economía, é posible, dentro de cada categoría, seleccionar eses elementos, i.e., distritos urbanos e instalacións que ocupan unha posición estratéxica na dinámica social. Desta forma, illando e comparando estes elementos poderemos formarnos unha imaxe da nova cidade. Para a análise da nova cidade dentro da categoría produción seleccionáronse as áreas onde se sitúan as máis novidosas instalacións das sucursais industriais e mercantís do monopolio, así como aquelas asociadas coas concentracións máis grandes da capital danesa (18), p. ex. sucursais locais de multinacionais na zona norte e as estruturas modulares multifuncionais de Avedøre Holme. Para a análise dentro da categoría consumo escolléronse as urbanizacións residenciais extensivas produto dunha construción seriada, xunto cos veciños parques recreativos –Brøndby Strandpark e Vestskoven– e mais novas instalacións deportivas e hospitais. Para a análise dentro da categoría intercambio escolléronse as instalacións máis tecnicamente avanzadas dentro dos campos de transporte e mercado, p. ex. a terminal portuaria de contedores, o aeroporto e os novos centros comerciais. Estes indican claramente as consecuencias físicas da invasión de sectores menos desenvolvidos polos grandes negocios. Para a análise dentro da categoría xestión elixíronse os novos e anónimos edificios da administración pública.


Reprodución dos elementos

As partes seleccionadas da cidade e as súas instalacións foron tomadas do lugar, mais aquí todas as reproducións son heteroxéneas porque as condicións de observación varían de lugar a lugar; i.e., banco e zona industrial teñen dimensións diferentes, e o parque está aberto ao público mentres que o aeroporto tan só o está de forma parcial, etc. Así que para poder estudar e comparar tan distintas instalacións é necesario facer fotografías aéreas. A unha altitude de 300 m é posible apreciar ao mesmo tempo o carácter de cada instalación individualmente e o seu lugar no sistema superior do que forma parte. O tipo de reprodución relaciónase co fenómeno observado. A tecnoloxía e a posibilidade de movemento forman parte da vida moderna –e axudan a xerar as dalgún modo escuras interrelacións na nova cidade–, abrindo ao mesmo tempo a posibilidade dunha nova visión global e a ocasión para unha nova interpretación da realidade. O material procede de 92 localizacións distintas e está formado por 192 imaxes divididas xeograficamente en 8 cadros, cada un deles con 24 imaxes. Cadro 1 do sector noroeste, centrado sobre os novos parques industriais e de oficinas en Ballerup. Cadro 2 de Roskildevej –o acceso oeste– coas súas moi concentradas instalacións de depósitos industriais e mercado e as novas urbanizacións residenciais veciñas. Cadro 3 do sector sur sobre á Køge Bay e Kalvebod, coas súas novas áreas costeiras recuperadas para ocio e produción. Cadro 4 das zonas do aeroporto e novas zonas portuarias, depósitos de combustible, plantas de enerxía e terminal de contedores. Cadro 5 da área periférica xunto ao Store Vejleå, centrada na paisaxe de ocio e transporte en Albertslund. Cadro 6 do sector de cidade coas súas sedes comerciais, os seus complexos administrativos públicos e privados e centros de comunicación etc. Cadro 7 do sector norte, coas súas avanzadas firmas tecnolóxicas e os novos trazados extensivos do colexio de enxeñeiros. Cadro 8 formado por imaxes de grandes instalacións públicas ou semipúblicas relacionadas coa subministración de enerxía, a incineración de residuos, a produción de TV, os servizos sanitarios, as burocracias deportivas e as feiras comerciais.

17


18

A

B

C

D

E

F CADRO 1


19

A

B

C

D

E

F CADRO 2


20

A

B

C

D

E

F CADRO 3


21

A

B

C

D

E

F CADRO 4


22

A

B

C

D

E

F CADRO 5


23

A

B

C

D

E

F CADRO 6


24

A

B

C

D

E

F CADRO 7


25

A

B

C

D

E

F CADRO 8


CADRO 1

26

Ballerup Sports Ground

A1-A4

Industrikvarter, Brondby

Factoría Toms A/S

B1-B4

Vallensbæk, Nordmark

C4

Zona de negocios, Lautrupparken

C1-D3

Colgate-Palmolive A/S

D1

Hedeparken

D4-E1

Herstedøster Industricenter

C2-C3

D2

Escola Técnica Metalúrxica

E2

Vallensbæk, enlace, A1,E4

Atlas A/S

E3

Tranegilde

E4

Grantofteparken

E4

Ishøj centro da cidade

F1

Haveforening, Harrestrup A

F1-F2

Ishøj-Planen

Aeródromo de Skovlunde

F3-F4

Gadekæret

CADRO 2

D3-E3

F2 F3-F4

CADRO 6

Paul Bergsøe&Søn A/S

A1-A2

Estación terminal

NKT Metaller

A3-A4

Industriens Hus

B1

Domus Vista

B1

Indre By

B2

Glostrup Center

B2

Kongens Nytorv

B3

Albertslund Sur

B3

Ministerio de Relacións Exteriores

B4

Tåstrup Station

B4

Banco Nacional de Dinamarca

C1

Galgebakken

C1

Universidade de Copenhague, Amager

C2 C3

Hyldespjældet

C2-C4

Radiohuset

FDB

D1-D3

Danasvej

Høje Tåstrup Storcenter City 2

D4-E2

Fábricas de Cervexa Carlsberg

A1-A4

C4 D1-D2

Ikea A/S

E3

Central de Correos e Dep. de Mercadorías

Pioneer Electronics Denmark A/S

E4

Fábrica de Pasta de Soia A/S

Gadehavegård

F1

Kødbyen

Tastrupgård

F2

Grønttorvet

E3

Birkegård

F3

General Motors Danmark A/S

E4

Ishøj

F4

Novo Industri A/S, Nørrebro F.L.Smidth og co. A/S

CADRO 3

I/S Datacentralen

Køge Bugt parque costeiro

A1-C2

Avedøre Holme

C3-D4

CADRO 7

Parque de Valby

E1-F1

Novo Industri A/S Bagsværd

Xardíns de Frederiksberg

F2-F4

Policía e Pazo de Xustiza de Lyngby

CADRO 4

D3 D4 E1-E2

F1 F2-F3 F4

A1-A3 A4

Lyngby Storcenter

B1-B4

Escola Técnica de Dinamarca

C1-C3

Aeroporto de Kobenhavns

A1-C1

Electrolux A/S

Porto petroleiro de Prøvestenen

C2-D1

IBM

D1-D3

C4

Amagerværket (central de enerxía)

D2-D3

Teknikerbyen

D4-E1

B&W Estaleiros A/S

D4

Igrexa de Hørsholm

E2-E3

Holmen

E1

Hørsholm centrum

Københavns Havn, porto interior

E2

A/S Kaalunds fabriker

Københavns Havn, porto libre

E3

Lácteos Nordsjællands, Hørsholm

F3

Københavns Havn, porto norte

E4

Enlace E4, Ring III

F4

Amalienborg

F1

Svanemølleværket (central enerxía) Cervexas Tuborgs A/S

F2 F3-F4

CADRO 8 Planta de eliminación de refugallos I/S Contorno de Herlev

CADRO 5 Milestedet Albertslund Sur Herstedøster Industricenter Hersted Høje Vestskoven Cidade Xardín de Brøndby

TV-Byen A1-A2 A3 A4-B1 B2 B3-B4 C1

E4 F1-F2

A1 A2-A3 A4

Hospital do Condado, Herlev

B1-B4

Mapa de conxunto do Gran Copenhague, escala c.

Hvidovre Hospital

C1-C4

1:175000 con indicación das áreas rexistradas.

Rigshospitalet

D1-D2

Sección do mapa do Instituto Xeodésico 1 cm

TV-Byen

D3-D4

«1513».

Idrætens Hus (Casa do Deporte)

E1-E4

Reproducido con permiso do Instituto (A.502/84).

Bela Centeret

F1-F4

Copyright.


27


28

Interpretaci贸n do material gr谩fico


As pranchas ilustran versións variables de elementos típicos da nova cidade: áreas de produción e habitación, paisaxes de ocio, centros comerciais e infraestruturas de tráfico. As fotografías aéreas rexistran estes elementos como instalacións individuais ó tempo que como partes dun contexto maior que tamén inclúe as formacións e os artefactos de épocas precedentes –costas, aldeas, castelos feudais, industrias pioneiras etc.– que son agora transformados e encapsulados nun novo sistema urbano. A complexa natureza deste sistema urbano é unha característica fundamental que podemos considerar como elemento visible dos cambios que teñen lugar na sociedade. Das novas forzas, a suplantaren ás antigas. Nas súas investigacións da «historia das cousas» o historiador da arte George Kubler descubriu que unha configuración visual específica impregna todas as formas nunha época dada –tanto artefactos e obras de arte, como réplicas e obxectos únicos, como ferramentas e expresións (19). Ve esta «secuencia», como el a denomina, como un retrato da identidade colectiva que unifica individualidades nunha época particular. Como consecuencia, ao seleccionarmos o material gráfico non diferenciamos entre instalacións técnicas, edificios anónimos e obras de arquitectura. Colectivamente constitúen un obxecto –«a nova cidade»– que é creada polo novo contexto social que a propia cidade está a formar. A través da observación do conxunto destes fenómenos, e rexistrando tamén os lugares en obra como arquitectura, –as formas emerxentes que aínda non teñen un significado claro–, é posible conseguir unha linguaxe e un conxunto de valores que boten algunha luz nestes tempos en lugar de expresar apenas nostalxia polo pasado. Unha vez analizadas as fotos aéreas, para cada imaxe individual as interpretacións obedecen a unha fórmula estándar en dous niveis: 1. Totalidade: os sistemas visuais que abranguen a totalidade física. 2. Detalle: aquelas partes que forman elementos característicos no sistema Na repetición sistemática das lecturas, tanto o observador como o observado son conectados e transformados. A comprensión da cidade en estudo incorpórase

en nocións de cidades futuras, do mesmo xeito que a lembranza de cidades pasadas pode ser evocada polas cidades actuais. Simultaneamente, a expoñer a natureza estrutural do fenómeno, amplíase o ángulo visual do observador. Datos de natureza repetitiva son extraídos do conxunto das lecturas. As descricións de sistemas e detalles atopados en varias imaxes formúlanse como conceptos xerais, e estes conceptos empréganse na análise da totalidade arquitectónica da cidade. A sección seguinte reproduce os contidos e fases do proceso de lectura de forma resumida, para así poder apreciar ao mesmo tempo o proceso de lectura e os conceptos. Cada páxina contén imaxes con características descritivas semellantes. Asígnaselle un código a cada imaxe, que indica o seu lugar no conxunto do material rexistrado. Así, o código 1.A1 indica que a imaxe se atopa na columna 1 do cadro 1, na fila A, e refírese, xa que logo, á rexión xeográfica e ao contexto visual superior do cal a imaxe foi tomada. Lectura e imaxe superpóñense. A lámina transparente que cobre cada páxina está enmascarada de modo que as características da imaxe individual que se refiren a aquelas da imaxe retida se resalten. As descricións correspondentes –aquelas a partir das cales os conceptos foron tomados– están en cursiva (N do E.). A máscara ten unha dupla función. Na imaxe individual amósanse os elementos determinantes do fenómeno. No movemento entre o fragmento e a imaxe subxacente revélase o contexto que determina o contido de significado. Cada máscara como un todo revela diferentes variantes do mesmo elemento –ou máis ben, dos compoñentes da mesma «figura de expresión», i.e., do mesmo patrón de elementos de forma que aínda non posúen significados claramente lexibles. Os fragmentos illados de realidade distanciados pola máscara do seu contexto concreto son transferidos a un contexto non existente –a unha cidade imaxinada. A tensión entre a cidade existente e a cidade imaxinada produce a noción dunha cidade transformada para ser visualmente fixada na mente. Dos límites existentes da cidade xorden nocións de novos límites potenciais –de novas transicións (20).

Nota do Editor.: Na edición orixinal estas imaxes que seguen, preséntanse na páxina

Para a presente edición non foi posible reproduci-lo procedemento, polo que a imaxe

da dereita sobre fondo negro, cubertas cunha lámina de acetato transparente sobre

recortada ou enmascarada aparece reproducida na páxina da dereita, mentres que a

os comentarios e branca cubrindo as fotografías. No branco recórtanse as imaxes

imaxe conxunta reprodúcese na páxina da esquerda. Para mellora-la súa claridade,

resaltando os elementos a comentar. Esta solución constitúe o procedemento

os textos que as acompañan repártense entre a imaxe de conxunto e a imaxe

gráfico mais salientable do método de investigación.

enmascarada segundo sexa a que describan.

29


30

(5 .C4 .) Vallensbæk Nordmark Na transformación dunha área de campo a cidade a xeometría da paisaxe transfórmase. Grupos de crecementos urbanos descontrolados substitúen ás edificacións regularmente distribuídas das zonas agríc olas.

(2 .E3 .) Ikea, Høje Tåstrup Áreas continuas con estruturas estandarizadas individuais crean un novo e homoxéneo asentamento para labores de produción, almacenamento e vendas. O campo ocúpase e os edificios agrícolas cambian a súa función.

(1 .A2 .) Ballerup Sports Ground O campo de deportes sitúase nunha área aberta con suave pendente que descende cara ao regato de Harrestrup. A paisaxe en bancadas, que lembra a xeometría dos edificios próximos, indica que o parque se concibe como unha área urbana.

C O N V E R S I Ó N DA Á R E A - P E R M A N E N C I A DA PA I S A X E


31

No novo patrón, campos e arboredos xorden como restos dunha paisaxe previamente humanizada.

Restos das suaves ondulacións do terreo reaparecen en pendentes e ramplas.

O deseño do estadio –como unha illa artificial– resalta que a drenaxe e a contención de terras constitúen elementos fundamentais de transformación do terreo.

C O N V E R S I Ó N DA Á R E A - P E R M A N E N C I A DA PA I S A X E


32

(2 .B4 .) Tåstrup Station A estrada que se ensancha na rúa principal invade os xardíns e deixa expostas as casas. Edificios novos e cada vez maiores aparecen dun modo diferente; non forman un novo patrón urbano, senón que ocupan os ocos restantes do patrón existente, que pouco a pouco vai desaparecendo.

(2 .B2 .) Glostrup Center O centro está completamente rodeado por carrís de tráfico que conectan o edificio con ramplas en espiral. O edificio non se parece a unha casa acabada, senón máis ben unha serie de superficies planas amoreadas unhas enriba das outras. Cos seus grandes e herméticos bordos, a instalación reduce os edificios veciños a un residuo.

T R A N S F O R M AC I Ó N - D E S I N T E G R AC I Ó N


33

Densos barrios residenciais, igrexa e cemiterio, constitúen elementos dun mesmo sistema, interrompido polas novas estradas e edificios de oficinas.

Frechas pintadas nos carrís, pasos de peóns, ramplas e aparcamentos sobre a cuberta xorden como elementos nunha estrutura urbana transformada.

T R A N S F O R M AC I Ó N - D E S I N T E G R AC I Ó N


34

(5 .E4 ) Tranegilde, Ishøj Os cortaventos radiais crean unha continuidade entre a vila de Tranegilde e os campos circundantes. A área entre a autoestrada da Køge Bay e a vía do tren está sendo desenvolvida como unha nova área residencial, e fóra da liña da costa o novo parque da praia da Køge Bay formalízase como unha enorme lingua de area.

(5 .B2 .) Hersted Høje, Vestskoven Hersted Høje está formado por materiais procedentes de escavacións e demolicións de toda a área de Copenhague. O montículo achega unha característica particular á paisaxe e forma parte da zona verde de Vestskoven. Significa así a transformación da anterior zona agrícola e de hortas.

(1 .D1 .) Topsikring, Lautrupparken en Ballerup Marcada liña divisoria entre a zona agrícola e o novo parque de oficinas.

S O L A PA M E N TO E S T R UT U R A L - C O N G R U E N C I A P U N T U A L


35

A área está formada por dous sistemas entrelazados. Autoestrada, casas prefabricadas e praia-parque forman unha nova estrutura urbana que se solapa cos edificios existentes e as áreas cultivadas. Deséñase un cinto verde ao longo da autoestrada para conectar os cortaventos da vila e ligar así os dous sistemas.

Edificios existentes, granxas e invernadoiros permanecen como elementos na nova estrutura da paisaxe.

Un arboredo existente aparece inmerso dentro dun novo cinto verde ao longo da estrada de circunvalación.

S O L A PA M E N TO E S T R UT U R A L - C O N G R U E N C I A P U N T U A L


36

(5 .F4 .) Gadekæret, Ishøj Diferentes sistemas prefabricados ocupan as zonas de edificación uniforme, que están separadas entre si pola rede de estradas. As localidades da área créanse simultaneamente ás operacións edificatorias e están determinadas en boa medida por condicionantes do sistema edificatorio individual.

(2 .B1 .) Domus Vista, Frederiksberg O complexo edificado parece obedecer a un simple diagrama sol/sombra.

L O C A L I DA D E X E R A DA P O L O S I ST E M A - L O C A L I DA D E C R E A DA H I STÓ R I C A M E N T E


37

A área arredor da urbanización de Gadekær caracterízase por un elemento paisaxístico existente. Á volta do lago que había xorde unha localidade creada por condicionantes históricos alleos ao sistema.

Os espazos abertos e prazas constitúen ocos nun sistema xeométrico abstracto que elimina todo rastro de historia local anterior.

L O C A L I DA D E X E R A DA P O L O S I ST E M A - L O C A L I DA D E C R E A DA H I STÓ R I C A M E N T E


38

(5 .D3 .) Store Vejleå, Albertslund Os espazos abertos próximos ao Store Vejleå forman parte do sistema de espazos abertos interconectados da rexión occidental que enlazan coa costa.

(2 .E1 .) City 2, Høje Tåstrup Os edificios do Centro sitúanse no medio dun enorme aparcadoiro. Non teñen fronte no sentido tradicional, senón unha periferia aberta que proporciona accesos desde todos lados; o centro desta instalación sinálase cunha praza cuberta.

COORDINADO - XERÁRQUICO


39

As elevacións de Albertslund conforman un punto xerárquico que lles confire entidade aos numerosos e uniformes complexos edificatorios da zona.

A organización espacial oscila entre a subdivisión xeométrica coordinada da superficie e o xerárquico aumento de intensidade cara ao centro da instalación. O logotipo do centro, visible desde unha gran distancia, resalta a unidade do complexo.

COORDINADO - XERÁRQUICO


40

(5 .A4 .) Herstedøster Industrial Centre Áreas industriais e residenciais deséñanse e materialízanse como monoestruturas illadas. Cada patrón edificatorio está formado por unha serie de elementos uniformes.

(2 .D3 .) FDB, Albertslund O complexo FDB subdivídese espacial e funcionalmente en zonas administrativas, de almacenaxe e carga.

(2 .A3 .) N.K.T. Vibeholm, Glostrup A factoría de cable forma unha unidade urbana subdividida organizada arredor dunha rúa principal con prazas e rúas que se cruzan.

SERIADO - SUBDIVIDIDO


41

Parcelas rectangulares, estruturas industriais, casas estándar, son elementos homoxéneos en ambos os dous sistemas.

O xardín, a zona de carga e o silo co logotipo forman elementos diferenciados no trazado intrínseco do sistema, ao tempo que crean unha relación coa área urbana circundante.

O visible carácter modular dos edificios de produción, así como o dos edificios deseñados especificamente para a subministración de enerxía e administración, crea unha unidade e variación na disposición global que garda relación coa cidade feudal.

SERIADO - SUBDIVIDIDO


42

(5 .A1 .) Roskildevejen cara a Vestvolden A área urbana está a estenderse a ambos os dous lados de Vestvolden. A área urbana exterior á muralla é uniforme en carácter en virtude dunha imaxe común subxacente –un «arquetipo» de casa– que se formaliza tanto en casas como en bloques de vivendas. Dentro da muralla, as vivendas novas e as áreas industriais posúen un tipo diferente de uniformidade: é debido a unha estrutura común subxacente –un conxunto de regras de combinación de elementos idénticos para formar edificios diferentes.

(8 .C3 ., 8 .B3 .) Hvidovre Hospital e Copenhaguen County Hospital en Herlev No hospital de Hvidovre a sección de tratamento está afundida e é remontada por unha serie de pavillóns idénticos situados á mesma distancia uns dos outros. No hospital do condado de Copenhague en Herlev, a planta de tratamento «un corpo tendido», o pavillón «fálico» e a «man aberta» do auditorio dispóñense xuntos para formar un elemento composto –unha imaxe– que suxire o corpo humano.

(5 .F1 .) Ishøj, Køge Bay

ESTRUTURA - IMAXE


43

A figura unificadora do frontispicio triangular repítese nun sistema –o elemento combinable, no outro.

Formas de expresión diametralmente opostas –estrutura oposta a imaxe– en dúas versións contemporáneas do mesmo e importante labor público translocen un cisma na concepción actual de totalidade.

A ríxida subdivisión da área forma a base dunha xustaposición aleatoria de distintas imaxes arquitectónicas.

ESTRUTURA - IMAXE


44

(5 .A3 .) Albertslund sur A mestura de casas recentemente construídas e áreas industriais nos arredores da cidade, con tramos abertos, aínda cultivados, enturba a clara delimitación da cidade e crea no seu lugar un patrón irregular con bordos debilmente definidos.

(1 .B4 .) Toms Factories, Ballerup O trazado da factoría formúlase como un sistema arquitectónico composto en equilibrio asimétrico.

(5 .D2 .) Herstedøster Industrial Centre

SISTEMA - BORDE


45

Nesta totalidade difusa o eixe inclinado que forma a urbanización de casas-patio que miran cara á plataforma do Store Vejlea xorde como un límite local e resalta o carácter sistemático da urbanización.

Unha extensa plataforma en bancadas limita e unifica o complexo, ao tempo que materializa o bordo entre o sistema superior e o barrio veciño.

O desnivel na parcela da área industrial é absorbido mediante unha beiravía de terra que limita con Vestskoven.

SISTEMA - BORDE


46

(2 .C3 .) Hyldespjældet, Albertslund As laterais e diagonais do lugar forman os eixes principais determinantes da organización espacial do novo barrio residencial.

(1 .C1 .) Topsikring, Ballerup

(2 .C1 .) Galgebakken, Albertslund

( 1 .B1 .) Toms Factories, Ballerup

SISTEMAS DE CONEXIÓN E L E M E N TO S D E C O N E X I Ó N AC T UAC I Ó N S D E C O N E X I Ó N M AT E R I A L D E C O N E X I Ó N


47

A forma dos edificios non garda relación directa co ámbito, mais o sistema xeométrico determinado polo plan crea unha continuidade coa aldea de Herstedvester mediante a repetición e transformación do seu tortuoso sistema de vías.

Os elementos paisaxísticos do parque reproducen o carácter formal das plantacións agrícolas e os pozos, a crearen unha continuidade entre o parque de oficinas e os terreos circundantes.

O baixo nivel de tecnicidade na elaboración dos espazos abertos e aparcadoiros da zona residencial facilita a transición entre o barrio e as áreas veciñas.

O céspede recortado esténdese como un material homoxéneo ou un tapiz polas niveladas superficies do terreo. SISTEMAS DE CONEXIÓN E L E M E N TO S D E C O N E X I Ó N AC T UAC I Ó N S D E C O N E X I Ó N M AT E R I A L D E C O N E X I Ó N


48

(4 .C4 .) Prøvestenen, porto de Copenhague Grandes empresas de enerxía e transporte marítimo demandan áreas continuas e extensivas que non poden situarse dentro da área portuaria existente. A dársena interior habilítase para oficinas, residencia e parques, e as funcións portuarias transfírense a novos peiraos ou son reconvertidas fóra do centro. Nas áreas restantes, entre os depósitos de combustible, as plantas de subministración enerxética e os peiraos dispóñense servizos recreativos como peiraos de veleiros, pistas de karts e xardíns parcelados.

(5 .B3 .) Vestskoven A paisaxe de Vestskoven consistía inicialmente nunha serie de áreas empregadas para diversos fins.

P R A X E S S E PA R A DA S - P R A X E S I N T E G R A DA S


49

A intacta superficie da auga combina e integra praxes sociais a varias escalas.

Hortas e campos alternan con plantaci贸ns e campos abertos. As 谩reas de produci贸n int茅granse na paisaxe de recreo.

P R A X E S S E PA R A DA S - P R A X E S I N T E G R A DA S


50

(3 .D1 .) Avedøre Holme, Hvidovre A recuperación da área industrial representa unha das máis amplas transformacións do carácter do distrito. Visto no seu contexto, revela claramente a dinámica de crecemento e reestruturación da cidade. Dentro da área industrial desaparecen os grandes contrastes. Os edificios fabrís multifuncionais non parecen unidades illadas, senón máis ben partes dunha uniformidade infinita.

(4 .B4 .) Copenhagen Airport, Kastrup O esquema organizativo do aeroporto formalízase como un cruzamento de tráfico que conecta os grandes sistemas de estradas e transporte aéreo. Esta conexión redúcese a unha área concreta no bordo do aeroporto, onde os edificios forman a transición entre o espazo urbano e as pistas non accesibles da terminal.

(4 .D3 .) Amagerværket e I/S Amagerforbrænding Tanto a central enerxética como a planta incineradora construíronse nunha área recentemente recuperada exterior ao porto de Copenhague.

C A R ÁC T E R E N T RÓ P I C O - C A R ÁC T E R P RO C E S UA L


51

A desoladora expansión, a uniformidade do sistema e a ausencia de procesos de traballo visibles desencadean un abstracto estado de inercia ou entropía.

Terminais, «fingers», hangares e superficies exactamente dimensionadas son elementos diferenciados no sistema aeroportuario; xuntos manifestan unha totalidade complexa de procesos funcionais a grande escala.

Chemineas, edificios de caldeiras, fitas transportadoras e depósitos de combustible, forman en conxunto, un «signo de proceso» que, visible a gran distancia, revela o metabolismo de produción de enerxía.

C A R ÁC T E R E N T RÓ P I C O - C A R ÁC T E R P RO C E S UA L


52

(1 .C2 .) Toms Factories, Ballerup A instalación dos edificios da fábrica e dos xardíns subordínase a un eixe principal dominante, e todas as liñas do complexo parecen saír do mesmo punto focal.

(1 .C3 .) Lautrupparken, Ballerup A área industrial contén as oficinas principais dos máis fortes intereses financeiros daneses e multinacionais. Os locais de oficinas, deseñados como edificios independentes, cada un deles coa súa propia expresión arquitectónica, sitúanse nunha especie de parque sen divisións visibles entre as distintas propiedades.

CLÁSICO - ROMÁNTICO


53

A clara frontalidade fai que a instalación destaque dos seus arredores, relacionándoa así coa tradición clásica.

Localidades separadas son tratadas como partes individuais da natureza, relacionándoa así coa tradición romántica.

CLÁSICO - ROMÁNTICO


54

(1 .B3 .) Toms Factories, Ballerup

(5 .F2 .) Køge Bay Beach Park, Ishøj

( 5 .E 1 .) Vallensbæk Cross

I N E Q U Í VO C O - A M B I G U O A N O N I M ATO - S U B X E C T I V I DA D E I D E A - M AT E R I A L


55

No xardín da factoría Toms as árbores dispóñense en fileiras paralelas, a reflectiren o sistema construtivo modular do edificio. As rectas fileiras de árbores rematan bruscamente e supleméntanse con fileiras de arbustos menores desprazados paralelamente. Ruptura e desprazamento paralelo expresan unha contradición intencionada, ou ambigüidade no doutro modo carácter ambiguo da instalación, e manteñen así o sistema arquitectónico aberto.

A illa de area artificial creouse mediante unha técnica de enchedura industrial totalmente impersoal, mais no seu torpe e case infantil movemento, reflectido nas idas e voltas e anchos variables dos istmos, a instalación lembra de forma vaga imaxes de praias pasadas. A instalación caracterízase ao mesmo tempo polo anonimato aberto da tecnoloxía e pola arraigada memoria subxectiva.

A influencia da tecnoloxía nos novos arredores é hoxe en día tan extensa que as harmónicas transicións elaboradas polos artesáns desapareceron. O contido de significado parece estar ligado a unha referencia simultánea a opostos conceptuais básicos. No nó de Vallensbæk , a idealidade matemática da autoestrada esténdese por unha paisaxe cuxos carácter e vexetación amosan plans anteriores. A instalación como totalidade suxire dúas formas de baleiro e inicio –dunha orixinalidade idealística e materialística; ou de idea e material puros. I N E Q U Í VO C O - A M B I G U O A N O N I M ATO - S U B X E C T I V I DA D E I D E A - M AT E R I A L


56

Series de conceptos

1. 2. 3. 4.

Conversión da área - Permanencia da paisaxe Transformación - Desintegración Superposición estrutural - Congruencia puntual Localidade xerada a través do sistema - Localidade xerada históricamente

5. Totalidades: Coordinado - Xerárquico Seriado - Subdividido Estrutura - Imaxe 6. Sistema - Bordo 7. Transicións: Sistemas de conexión Elementos de conexión Actuacións de conexión Material de conexión 8. Praxes separadas - Praxes integradas 9. Carácter entrópico - Carácter procesual 10. Aspectos: Clásico - Romántico Inequívoco - Ambiguo Tendente ao anonimato - Tendente ao subxectivo Cara á idea – Cara ao material


Análise da arquitectura da nova cidade

Analizado o material gráfico e determinados os sistemas, elementos e interrelacións características das seccións analizadas de cidade, os trazos repetitivos expresáronse como series de conceptos incluídos en dez puntos, que xuntos amosan os contrastes e oposicións na estrutura arquitectónica da nova cidade. A cidade considerouse como un sistema de signos ao igual que a linguaxe –un texto producido colectivamente sen un autor específico detrás. Durante o proceso desta análise illáronse as diferenzas fundamentais no material dado que provocasen significados arquitectónicos –tanto visual como conceptualmente. Noutras palabras, os contrastes e oposicións deben considerarse como os «sonoros» e «xordos» sons das estruturas arquitectónicas –a súa «luz» e «sombra». As diferenzas aparecen en varios niveis e en varios contextos. Por exemplo, o sobredimensionado logotipo do centro comercial ou o outeiro artificial na indefinida área residencial entran no mesmo patrón visual –o das figuras xerárquicas. Desta maneira, as diferenzas non gardan relación coas tipoloxías de edificios ou das plantas, senón que transcenden esa clasificación para abrangueren a palpitante totalidade da nova cidade: forman signos e «figuras de expresión» no sistema visual da cidade. Os contrastes e a complexidade na arquitectura da cidade tradúcense en forma lingüística como conceptos. Algúns deles refírense á xerárquica e subdividida totalidade da cidade histórica, outros teñen que ver só coa forma da cidade como sistema de diferenzas básicas. Así, as repetitivas tipoloxías da cidade histórica reflíctense na homoxeneidade dos patróns edificatorios, e o único punto focal de simetría feudal emerxe como unha forma alterada de infinitude nos bruscos e severos eixes do aeroporto. As series de conceptos organízanse de modo que nos puntos 1-4 o novo crecemento urbano é considerado en relación cun fondo natural e historicamente determinado. Os puntos 5-7 teñen a ver coas características formais que separan e conectan os sistemas que compoñen a

57

cidade. Os puntos 8 e 9 consideran a función como un factor influente na concepción do todo e o fragmento no sistema urbano. O punto 10 ten a ver cos aspectos ou diferenzas de significado a que se refire a combinación de diferenzas de expresión no sistema visual da cidade. Así, os dez puntos engloban cinco temas que constitúen puntos de partida fundamentais ou parámetros para o estudo arquitectónico da cidade, independentemente de tempo ou lugar: I. II. III. IV. V.

Herdanza e transformación (desenvolvemento) Forma global (o todo e as partes) Bordo e transición (interrelacións entre as partes) Caracterización funcional (procesos) Significado

Os catro primeiros temas abordan aspectos físicos e funcionais na estrutura e desenvolvemento da cidade. O quinto tema está relacionado cos significados –ou a carga de significado da arquitectura– que forman parte integrante do desenvolvemento das formas físicas e os patróns funcionais da cidade. A diferenciación destes temas básicos contidos nas series de conceptos ilustran a recuperación da cidade histórica (que obviaramos nun primeiro momento) como algo esencial para a comprensión da nova cidade. A cidade estudada –a área de Copenhague– enténdese como un sistema físico formado por elementos interrelacionados desenvolvidos no tempo. Dun enfoque social e histórico a área podería verse como constituída por moitas cidades –Vallensbæk, Tåstrup, Hørsolm etc.–, mais dun punto de vista funcional e físico pode verse como unha única cidade ou formando un sistema urbano interconectado. É característico da nova cidade que as súas escalas varíen desde a esquina da rúa, ou desde o nó da autoestrada até a do límite do condado, ou mesmo máis alá. Así, este fenómeno urbano, visto na distancia, aparece como elementos urbanos nun moi enredado sistema urbano; a medida que nos achegamos amósase como sistemas


58

independentes compostos consistentes en elementos máis detallados cunha demarcación máis indeterminada. Os restos dun pantano, un soar ou un hospital poden constituír sistemas físicos complexos a unha escala ao tempo que xorden como elementos noutra escala solapada. Os moi diferentes elementos ou sistemas que compoñen a cidade de hoxe non están –nin o estarán nunca– intimamente combinados para formaren unha totalidade clásica de partes principais e subordinadas. En lugar diso forman outro tipo de «conxunto» baseado en secuencias coordinadas ligadas dun xeito moi diferente. A cidade xa non pode ser vista –como o facían os arquitectos do Renacemento– como unha gran casa. Hoxe aproxímase máis a unha casa reducida –unha casa simplificada ou un simple sistema coordinado de extensión infinita. As invisibles divisións administrativas, os moi distintos graos de movemento, os códigos internacionais, os signos multinacionais, estes e outros factores rompen a distinción entre pequenas e grandes escalas, entre preto e lonxe, entre comprensibilidade e incomprensibilidade. O «omnipresente» sistema urbano é visto cunha distracción crecente. Sen nos inmutar, desviámonos á dereita na autoestrada cando, do punto de vista xeográfico, queremos xirar á esquerda. Unha radio de automóbil e un walkman móvense respectivamente 6 km e 300 m a través do bosque de sinais de tráfico mentres os boletíns horarios arrastran o individuo dentro da rede global de información. A nova forma arquitectónica da cidade preséntase caótica e ambigua. Está formada por unha crecente profusión de signos e solucións estándares que a pesar da súa ampla variedade apuntan cara ao mesmo aparato de produción impersoal. A autoridade anónima reflectida polo ambiente constitúe un inevitable factor novo que cambia a nosa concepción do lugar do individual no mundo e, por tanto, do papel do arquitecto como deseñador. O arquitecto como heroe humanista que crea a cidade e os seus edificios de acordo cunha visión global xa non existe. Nin sequera en sentido arquitectónico pode considerarse a nova cidade como a versión contemporánea dunha cidade histórica. A autoestrada non é meramente unha nova rúa, o sistema de vigas e piares non é apenas unha nova casa, e así co resto. A arquitectura da nova cidade pode caracterizarse mellor coa axuda de opostos visuais

e semánticos, representados nos dez puntos das series de conceptos. Na cidade –vista aquí como un sistema de signos creados de xeito colectivo– estes opostos están intimamente conectados con cambios nos compoñentes que constitúen a estrutura social da cidade, i.e., produción, consumo, intercambio e xestión. Estes cambios provocan unha diminución e transformación decisiva nos fenómenos comprendidos nos cinco temas arquitectónicos básicos; i.e., o lugar desaparece (I), a totalidade concéntrica desintégrase (II), os bordos encapsúlanse (III), a pegada persoal esvaécese, a cultura aparece como unha nova natureza (IV) e os significados históricos son un camiño esgotado (V). A continuación estes temas descríbense un a un. Cada parte é introducida por aqueles puntos nas series de conceptos referidos ao tema en cuestión, e na análise da transformación arquitectónica do tema os conceptos son reatopados como elementos.

Herdanza e transformación (I) 1. Conversión da área - Permanencia da paisaxe 2. Transformación - Desintegración 3. Solapamento estrutural - Coherencia puntual 4. Localidade creada sistematicamente - Localidade creada historicamente

Non existen expansións baleiras. Cada área implicada na evolución urbana –que se transforma de campo en cidade– queda marcada pola súa propia historia como paisaxe natural ou humanizada. En cada transformación da estrutura urbana, en cada alteración da paisaxe rural, transfírense características da localidade. A localidade –o lugar– contén desde o principio rastros da súa conformación histórica que na forma de condicións do terreo, estrutura da propiedade, viais e edificios, son absorbidos no proceso de transformación. Neste patrón global de rastros ou precondicións creadas natural e socialmente é onde se nos revelan as dinámicas da economía. Esta última disolve e transforma en tempo desigual cada contexto e cada detalle no espazo –desde centros urbanos a paisaxes de produción industrial. O rápido índice de crecemento da nova cidade –o seu curto período de xestación nos ilimitados sistemas seria-


dos que se solapan e absorben os restos da cidade histórica– produce un novo carácter de presente «totalizante». As totalidades contidas na natureza ou creadas polo desenvolvemento histórico son borradas como resultado da natureza impersoal característica das técnicas empregadas, desde a planificación até a execución. O lugar desaparece como localidade arraigada na natureza e na historia.

A forma de totalidade (II) 5. Totalidades: Coordinada - Xerárquica

Seriada - Subdividida

Estrutura - Imaxe

Nin o principio dominante da cidade histórica –o de subdivisión xerárquica– nin o seu equivalente moderno –o da estrutura coordinada– determinan o carácter global da nova cidade. A complexidade da sociedade contemporánea, os seus numerosos centros de mando e conflitos internos producen en cambio unha paisaxe urbana en que os novos edificios e urbanizacións son creados de acordo coa súa propia orde e coa súa propia expresión. A nova cidade constitúe un patrón entrelazado de ideoloxías de formas arquitectónicas e estas reflíctense tamén nos nomes das urbanizacións: Hedeparken (Parque do Páramo), Tinggården (Patio), Teknikkerbyen (Cidade Tecnolóxica) e City 2 etc. Os nomes lémbrannos que mesmo desde o século XVIII termos tales como a natureza, o espírito humano e a conciencia colectiva representaron denotacións cambiantes por razóns de control –un afastado punto de partida ao cal os elementos de cidade se refiren. Detrás da orde social e da orde urbana xacía unha verdade plena de significado que a arquitectura e o plan da cidade interpretaban. Hoxe, nun quilómetro cadrado calquera do distrito Køge Bay, os bloques con que o plan aumenta Ishøj, a recreación de aldea Gadekærs e a estación espacial do centro comercial A-Z compiten pola atención. Cada un representa parte dunha ilusión que non pretende ser total. A visión global e os obxectivos xerais esvaécense. O gran «relato» foi substituído por unha rede de moitas pequenas «historias» (21) e o patrón físico da cidade asume a forma dunha infiltrada rede de signos que se moven en todas as direccións sen se referiren a nada en particular.

Bordo e transición (III)

59

6. Sistema. Bordo 7. Transicións: Sistemas de conexión

Elementos de conexión

Material de conexión

Actuacións de conexión

A nova cidade é cruzada por límites. Barreiras acústicas, zonas de amortecemento, redes de instalacións de cables, gardabarreiras e obstáculos diversos separan as monoestruturas. A nivel funcional establécense grandes diferenzas. As áreas de produción e consumo sepáranse e están conectadas só puntualmente mediante un sistema circulatorio que non é accesible a todos. As liñas de transporte proporcionan unha percepción limitada do contido funcional da cidade, e a comunidade espacial de funcións urbanas é substituída por unha situación semellante á das «caixas negras» e circuítos electrónicos. Asemade, a paisaxe televisiva substituíu o papel da paisaxe urbana como representación visual predominante do contexto social. A nivel formal, as diferenzas diminúen. A área industrial repite a estrutura da urbanización de vivendas illadas. A fábrica estándar é unha casa aumentada; o hangar, unha nave grande. Oficinas e apartamentos constrúense cos mesmos elementos uniformes. Céspede segado e láminas de asfalto forman unha superficie homoxénea que atravesa as subdivisións da cidade. A pesar das cada vez máis agudas diferenzas entre os sistemas funcionais da cidade, os seus bordos e o límite entre campo e cidade disólvense, quedando encapsulados como límites entre seccións de cultura.

Caracterización funcional

(IV)

8. Praxes separadas - Praxes integradas 9. Carácter entrópico - Carácter de proceso

Os rastros visuais dos procesos sociais cambian de carácter. Peirao e mercado son substituídos pola terminal de mercadorías e o almacén de distribución, e os procesos de produción e intercambio retíranse da zona pública. A pequena escala son invisibles, mais aparecen a unha


60

escala maior no proceso de urbanización, na extensión das comunicacións e redes de subministración, e no procesado de materias primas etc. O incesante aumento do número de piscinas e campos de deporte nos parques industriais e de oficinas indica que o corpo está a converterse en algo superfluo no proceso de produción. De acordo coa cada vez maior impenetrabilidade da tecnoloxía, e dos mecanismos directores e de eliminación do corpo humano da transformación inmediata da natureza, os rastros persoais desaparecen da cidade e da paisaxe de produción. Por outra banda, a maquinaria social en que as persoas están inmersas produce unha enorme pegada ao seu arredor. Os procesos da nova cidade evocan nocións de baleiro e de inercia. A acción da produción na grande escala derruba as diferenzas na natureza e na cidade herdada, ao transformalas nun número infinito de compoñentes uniformes. A cidade manifesta unha tendencia cara á entropía –cara a un baixo contido de significado. Abstractos ambientes urbanos, desoladas extensións de produción, graveiras abandonadas revelan unha outridade que antes se atopaba só fóra da cultura. A cultura reaparece como unha segunda natureza coa súa propia infinitude, coas súas leis ocultas e oportunidades de acontecementos.

Significado (V) 10. Aspectos: Clásico - Romántico

Inequívoco - Ambiguo

Tendente ao anonimato - Tendente ao subxectivo.

Cara á idea - Cara ao material

Os arredores fabricados industrialmente son conceptuais en carácter, i.e., non se refiren á natureza ou á realidade histórica, senón que expresan ideas. Os materiais evocan un non recoñecemento da natureza: formigón pretensado, aceiro e madeira laminados non comunican ningunha relación con cristas, montañas ou bosques. Os patróns de construción carecen de marca persoal. O tempo non está en relación coas instalacións. O crecente anonimato xera unha nova subxectividade. Os sistemas inequívocos e as formas ideais da nova cidade son factores que indican fóra da natureza, fóra da

persoa e libres do tempo histórico. Ora que os significados que apuntan, os valores que ignoran, volven dun modo cambiado. A partir do baleirado de contido aparece outro novo. O baleiro énchese co tempo atmosférico, cunha concepción diferente do ser humano e cunha nova forma de entender a conexión entre a intervención da cultura na natureza e a natureza mesma. Os cambios na arquitectura da nova cidade significan a desintegración do tempo, a disolución do lugar e a erradicación do suxeito. Mais a partir desta perda de totalidade e identidade históricas gañamos unha comprensión do mundo que nos rodea. O baleirado de significados históricos admite outras perspectivas e posibilita ver o mundo de novo –por un instante sen linguaxe ningunha. O anónimo ámbito presente contén valores estéticos ocultos. Estes abren camiño a novas experiencias e coñecementos –un camiño que a paisaxe urbana histórica até agora obviara: Nas extensións entrópicas de Avedøre Holme as dinámicas desaparecen. A eternidade desmistifícase e o fondo baleiro cambia o significado da cultura. No parque próximo á praia, as illas de area artificial semellan enormes animais caídos fóra de lugar. Na area, nas pegadas dos bulldózers e no perfil indefinido das illas fúndense construción e deconstrución. A natureza primixenia é transferida á maquinaria tecnolóxica. O anonimato na natureza solapa o anonimato na cultura; o tempo primordial atopa o tempo futuro. No aeroporto unha rede global doutro modo invisible deixa as súas inconfundibles marcas. Na allea precisión xeométrica, e a esta grande escala, as proporcións nos arredores altéranse. O individuo ingresa no mundo da infancia como un anano ingresa nun mundo de xigantes. A interrupción da plantación modular nas factorías Toms xera unha abertura –un oco. O oco é o lugar do individuo. O cambio na plantación e o desprazamento paralelo constitúen unha transformación local no sistema. O individual vese a si mesmo simultaneamente desde dentro e fóra tanto estruturalmente determinado e como campo aberto de potencial, como codificado e que combinación nunca antes vista.


a Avedøre Holme.

61

b Køge Bugt Praia Parque. c Aeroporto de Copenhague. d Toms Factories, Ballerup.

a

b

c

d


62

Establecemento de novas categorías

No contexto social novas forzas están a substituír as antigas. A produción monopolizada penetra en sectores económicos antes formados por sinaturas individuais en competencia; a tecnoloxía avanzada suplanta a artesanía mecanizada. Na cidade existente os estratos temporais entrelázanse. As secuencias de tempo interconectadas da artesanía nos fragmentados segundos da «telemática», a épica local histórica na rede global de tempo. A cidade que ha de ser disolve e transforma a cidade que se está a esvaecer, do mesmo modo que a identidade histórica é borrada e recreada polo contexto social transformado. Factores na cidade que ha de ser sinalan alén da natureza, a historia e o individuo. Porén, os últimos maniféstanse en parte na lembranza do contexto histórico –mediada por rastros de totalidades anteriores– e en parte nun nivel diferente e de forma distinta, como nova natureza, unha nova concepción do tempo e unha nova identidade na arquitectura da nova cidade. Como xa vimos antes, a cidade histórica está presente na nova cidade como un «código xenético». Son as características da cidade histórica –o seu período de xestación, os seus bordos, transicións e procesos– as que, dun xeito diferente, caracterizan a totalidade da nova cidade. Os conceptos opostos que se deduciron do material gráfico sinxelamente como diferenzas no novo sistema arquitectónico da cidade poden considerarse a un tempo como polos opostos no seu proceso de transformación: unha transformación desde a localidade creada historicamente ao sistema anónimo, do intercambio visible, procesual da cidade, a un estado de entropía. Os conceptos opostos –xerárquico versus coordinado, integrado versus separado, anónimo versus subxectivo etc.– constitúen diferenzas de expresión que se refiren a diferenzas de contido. Así, cada par de conceptos pode dividirse en dous para formar diferentes aspectos de significado:


conversión da área

permanencia da paisaxe

transformación

desintegración

solapamento estrutural

congruencia puntual

localidade creada sistematicamente

localidade creada historicamente

coordinado

xerárquico

seriado

subdividido

estrutura

imaxe

bordo

transición

praxes separadas

praxes integradas

carácter entrópico

carácter de proceso

clásico

romántico

inequívoco

ambiguo

tendente ao anonimato

tendente ao subxectivo

cara á idea

cara ao material

Estes dous aspectos poden sintetizarse e reformularse como dúas estruturas ou ordes de significado activo na arquitectura da cidade: unha cara a adiante no tempo e máis alá do individuo, e outra que apunta cara a atrás no tempo e ao interior da persoa; unha chea de contido, que caracteriza a cidade e identidade históricas, e outra baleirada del, a indicar a tendencia de desenvolvemento. Tempo

como oposto a

Historia

Sistema

como oposto a

Localidade

Ruptura

como oposta a

Transición

Separado

como oposto a

Integrado

Externo

como oposto a

Interno

As dúas estruturas, i.e., o baleiro oposto ao contido histórico, poden lerse verticalmente, e os significados opostos paralelos, horizontalmente. É na intersección destes significados opostos onde xorden novos significados –estruturas opostas da arquitectura urbana que se unifican por novos «puntos de converxencia». Onde historia coincide con tempo baleiro xorde o «Tempo-Monumento». Na intersección de localidade e sistema subxace a «Localidade-Dual». Entre transición e ruptura está o bordo accesible ou «Bastión». No punto de integración das independentes monoestruturas da cidade atopámonos co «Nicho Público». Onde a cidade se fai visible como evolución do

común, realidade externa arredor da realidade interna do individuo damos co «Teatro». Tempo-Monumento, Localidade-Dual, Bastión, Nicho Público e Teatro son «puntos de converxencia». Constitúen novas categorías de espazo público, e as súas características esenciais son a ambigüidade e a «determinación dual». A determinación dual consiste nunha presenza simultánea, ou nunha conexión aberta entre pasado e futuro –«dentro» e «fóra»– ou entre cidade histórica e nova cidade. Nesta apertura é onde a forma arquitectónica pode instalarse como unha parte integrada desta nova, e dalgún modo escura estrutura da cidade. No estado de tensión entre valores perdidos e liberdades aínda non alcanzadas poden expresarse arquitectonicamente novos conceptos de valor nun diálogo coas forzas que controlan o desenvolvemento como totalidade. As categorías definidas dualmente poden considerarse como o resultado dunha dialéctica entre a «chea» cidade histórica e a «baleira» nova cidade. O concepto do cheo xera o seu oposto o baleiro, e desde esta confrontación retorna a si mesmo, aínda que agora cun contido máis enriquecido –un novo contido. A disolución da totalidade concéntrica, a desaparición do lugar, a encapsulación dos bordos, o borrado da pegada persoal e o baleirado de contido indican o movemento do cheo ao baleiro. O novo contido –as categorías determinadas de maneira dual– retén a oposición entre a totalidade familiar que se está a esvaecer e a aínda allea totalidade que está a xurdir, e significa por iso un novo nivel de desenvolvemento arquitectónico na cidade. Esta evolución atravesa os temas fundamentais da cidade como se describe nas epígrafes anteriores. Forma de totalidade: a idea de centralidade concéntrica desaparece. «O patrón físico da cidade asume a forma dunha rede de signos infiltrada que se move en todas as direccións» –a nova cidade non ten un centro físico nin un centro simbólico. Este novo carácter global atopa expresión nos «puntos de converxencia» referidos á orixe mesma da cidade. A cidade como representación dunha unidade metafísica é substituída pola cidade como estrutura autónoma. Os puntos de converxencia revelan a estrutura da cidade. Herdanza e transformación: O «curto período de xestación nos ilimitados sistemas seriados» xera un presente «totalizante» –o tempo-monumento ilumina grandes

63


64

distancias no tempo, ao se estender simultaneamente cara ao pasado e ao futuro. «O lugar desaparece como localidade arraigada na natureza e na historia». A localidade-dual é aproveitada por dous sistemas: lugar e non lugar, presenza e ausencia. Bordo e transición: «Os bordos da cidade e o límite entre cidade e campo disólvense e quedan reducidos a bordos entre sectores culturais» –o bastión é tanto liña divisoria como vínculo de conexión, o bordo accesible que conecta interior e exterior, aquí e alí. Caracterización funcional: «As trazas persoais desaparecen da cidade e da paisaxe de produción. Por outra banda, a maquinaria social en que as persoas están inmersas produce unha enorme pegada ao seu arredor». O nicho público conecta a pequena escala da persoa coa grande escala da maquinaria social. Significado: os elementos da nova cidade apuntan «fóra da natureza, fóra da persoa e libres do tempo histórico» –o teatro revélalle á persoa a cidade e a paisaxe humanizada baixo unha perspectiva histórica. Tempo-monumento e localidade-dual son signos variables para a xénese do lugar no tempo. Esta característica común denomínase «Monumento». Deste modo, Monumento é unha das dúas principais categorías na arqui-

tectura da cidade, unha categoría que conecta o tempo e lugar locais cun «tempo‑lugar» global. De xeito similar, bastión, nicho público e teatro son signos diferentes para a inclusión da persoa no mundo exterior. Esta característica común denomínase «Nicho». Así, Nicho é a outra categoría fundamental da arquitectura da cidade. Nicho é unha categoría que conecta o «dentro» da persoa co «fóra» do mundo exterior. Monumento e Nicho –ou as subcategorías tempomonumento, localidade-dual, bastión, nicho público e teatro– xorden en varios episodios da cidade investigada. Atópanse como programa ou embrión, mais a súa importancia como catalizadores no desenvolvemento da arquitectura da nova cidade non se evidenciara, e por iso rara vez alcanzaron unha forma comparable. A seguinte epígrafe proporciona imaxes de lugares na área de Copenhague onde as categorías arriba indicadas aparecen baixo a súa forma actual. Están cotexadas con exemplos elaborados para expresaren os opostos contidos nestas categorías. Os exemplos seleccionados escolléronse entre varios campos da arte e a historia da arquitectura; deben considerarse como unha incipiente e aínda non existente revelación da cidade actual.


Monumentos e nichos, preforma:

65

a Graveira próxima a Hedehusene. b Área de colectores en Nordhavnen. c Dique en Avedøre Holme. d Praia Parque en Kastrup próxima ao aeroporto de Copenhague. e Outeiro artificial en Albertslund. a

b

c

d

e


66

Tempo-monumento

Localidade-dual

O tempo-monumento ilumina grandes distancias temporais ao se estender á vez cara ao pasado e ao futuro. Na canteira de calcarias de Faxe o material extraído data do período Cretácico e está composto por restos do fondo mariño da época dos dinosauros –dun afastado pasado prehumano en que os contornos terrestres aínda xacían indiferenciados no fondo mariño. Estes son sacados á luz polos «dinosauros industriais» da actual tecnoloxía de escavación. A casual e case preconsciente forma que a escavación produce na paisaxe artificial preséntase como un burato que succiona nos significados do contorno e inverte a perspectiva. A superficie da paisaxe «natural» revélase a si mesma como cultura e miles de anos de historia cultural son somerxidos nun proceso cósmico de xestación. O tempo-monumento ofrece un baleiro radical na trama urbana de significados visuais. Desde este baleiro –onde un infinito antes e un infinito despois están unidos– a realidade actual que nos rodea pode verse con intensidade renovada. A proposta de Robert Smithson para a recuperación dunha paisaxe mineira en Utah é un exemplo de tempomonumento.

A localidade-dual é cruzada por dous sistemas ou aspectos: lugar e non lugar, presenza e ausencia. Na rexión sudoccidental de Copenhague, novas áreas fóra da liña xeolóxica da costa foron aproveitadas para a produción e o ocio. Os diferentes tipos de área e funcións sitúanse á volta dun lago. A localidade creada historicamente –a liña costeira– forma o bordo nunha paisaxe anónima producida industrialmente. De se considerar a área no seu conxunto –como un grande edificio a escala de cidade– constitúe unha localidade determinada dualmente, un espazo suspendido entre o «lugar» da cidade histórica e o «non lugar» da nova cidade. O proxecto de Bernard Tschumi para o parque da Villette en París amosa como os correspondentes opostos poden unirse nunha nova totalidade arquitectónica. O eixe central do parque –a canle– e as vías radiais que o limitan conflúen na Place Stalingrad, que no século XVIII foi unha das portas da cidade. A forma xerárquica subxacente do local xustaponse aos novos patróns globais do parque –o sistema coordenado dos pavillóns e as grandes figuras xeométricas das plantacións– e a interferencia de formas e patróns xera unha rede de conexións equívocas. O parque é un lugar en París –e o lugar é un parque nun sistema urbano infinito. A proposta de Peter Eisenman para a renovación da Friedrichstrasse en Berlín é igualmente unha localidadedual. O patrón da edificación é creado desde o solapamento da trama xeométrica de rúas existente coa proxección teórica do cartógrafo Mercator. O lugar histórico –Berlín– é expresado como unha posición nun sistema que comprende cada lugar e non-lugar.


a Minas de cobre Binham, Utah, retableringsforlag, Robert Smithson.

67

b Canteira de Faxe.

a

b

a Friedrichstrasse, Berlín, konkurrenceprojekt, Peter Eisenman. b Parc de la Vilette, París, konkurrenceprojekt, Bernard Tschumi. c Avedøre Holme.

a

b

c


68

Bastión

Nicho público

O bastión –o bordo accesible que conecta interior e exterior, aquí e alí. A liña divisoria entre terra e auga é o arquetipo do bordo accesible. Así Kevin Lynch describe a fronte do lago de Chicago como un enorme «bordo» accesible desde o cal o conxunto da metrópole se fai visible (22). O dique en Avedøre Holme forma unha extensa ligadura entre as «paisaxes planas» da cidade e a paisaxe horizontal do mar. No dique –o bastión– o espectador é o centro que conecta interior e exterior da nova cidade. Bulevares, canles e murallas son os bordos accesibles da cidade histórica. O muro na residencia episcopal de Albi en Francia é un bastión: separa e conecta o patio pechado –o xardín formal- coa ilimitada natureza exterior. A persoa no muro está á vez no xardín, fóra da natureza; e dentro da natureza, fóra do xardín. O centro industrial de Herstedøster e Vestskoven (o Bosque Occidental) está separado por un valado, un foso e unha muralla. O límite é inaccesible. A área entre os dous grandes e contrastados elementos urbanos non foi tratada de maneira que revele as súas potencialidades como bastión. Na factoría Toms, deseñada por Arné Jacobsen, un terraplén parecido confórmase como bordo accesible –un bastión que une as trazas industriais e o grupo de vivendas adxacente para formar unha unidade local.

O nicho público conecta a reducida escala do individuo coa grande escala da maquinaria social. O aeroporto de Copenhague está rodeado parcialmente por áreas edificadas. En Kastrup, ao norte da zona de hangares, onde a grande escala tecnolóxica do transporte aéreo é máis visible, hai un embarcadoiro. A demanda de terreo e a afección sónica do aeroporto xerou unha cala –un nicho– utilizada por botes pequenos. Neste nicho, o limitado universo do individuo conéctase co gran mundo exterior. Un ao lado do outro están o pequeno e o grande, o imprevisto e o previsto. Augas abertas e pistas de aterraxe delimitadas, ocio persoal e rendemento preciso da tecnoloxía. O nicho público é a conexión puntiforme local entre os sistemas de trama pequena creados pola actividade individual e os sistemas funcionais de trama ampla da nova cidade. A escala urbana, os nichos públicos son «vestíbulos» –como a praza baixo o edificio Citicorp en Nova York. O «lugar do mercado» da nova cidade é en forma de nicho. Representa a penetración local do espazo público dos límites que confinan as áreas inaccesibles. A praza diante do palacio de Versalles é un nicho público histórico.


a Muro, pazo arzobispal, Albi.

69

b Centro industrial de Herstedøster. c Toms Fabrikker, Ballerup, A. Jacobsen. d Dique, Avedøre Holme.

a

b

c

d

c

d

a Nicho público, maqueta. b Citicorp Plaza, Nova York, H. Stubbins. c Versalles, praza frontal. d Aeroporto de Copenhague, Kastrup.

a

b


70

Teatro O teatro desvélalle á persoa a cidade e a paisaxe humanizada baixo unha perspectiva histórica. Aldo Rossi describe a cidade como o teatro dos acontecementos humanos (23). Na cidade histórica o tempo pasado é en realidade presente. Cada praza, cada casa e cada pedra representa información almacenada na memoria colectiva. Un labirinto de tempo e acontecementos rodea a persoa. Na nova cidade o crecente anonimato da sociedade contemporánea deixa as súas trazas na forma dun continuo incremento da concentración e irregular interferencia de manipulacións culturais a grande escala que transfiren a totalidade da esfera urbana cara a unha despersonalización final. Hersted Høje é unha meseta elevada no medio da nova cidade. Sobre ela o observador examina a cidade ao tempo que se lle permite introducirse nela. Rodeado polos novos espazos da sociedade contemporánea –e coas afastadas torres da cidade histórica formando parte do conxunto– o presente no que aparentemente nada

sucede preséntasenos como un elemento en continua transformación –como historia que aínda non se converteu en memoria. A meseta é o teatro –a calidade verdadeira no montículo. Ora ben, a forma desta meseta non se corresponde aínda co seu significado como elemento arquitectónico contextual na nova cidade. Contra o ano 1700 Valby Hill era un montículo semellante fóra da cidade. O seu cume proporcionaba unha vista de Copenhague rodeada polas áreas de produción da agricultura feudal. Aquí o poder central dispuxo un pazo e un xardín. Ao longo do século XVIII esta instalación foi estendida e reorganizada, a súa forma marcada polos grandes trastornos sociais e culturais da época. Hoxe, despois de que o parque quede encapsulado polo crecemento urbano, a forma distintiva da instalación aínda ten un significado monumental para as partes circundantes da cidade. O «Observatorio» de Robert Morris está conformado como un teatro –unha plataforma nun mundo transformado.


a Frederiksberg castelo e xardĂ­n.

71

b Observatorium, maqueta, Robert Morris. c Hersted Høje.

a

b

c



Maquetas


74

Puntos de co nver xen cia : Nicho Públic o, gr a nde e peq u e n a e s c a l a –unha marca. Bastió n , l i ñ a d i v i s o r i a e v í n c u l o d e c o n ex i ó n –espazo in term e dio . Lo c a lida de- dua l, luga r e non- luga r – u n s o l a p amento . Teatro, fó ra e dent r o – unha m es et a . Tem po-mo n u me n t o, pasad o d ist ante e fu tur o dis t a nt e – un ba leir o, un b u r a t o .


75


76

. .. M ais t al ord e no n ten c ont ido m ít ic o, nin é a s a t is fa c c i ó n d u n h a f u n c i o nalidade técnica; consis t e m á i s b e n n o e s t a b l e c e m e n t o d u n s i s t e m a d e r eferenc ia que compren d a va r i a s p a r t e s , c a d a u n h a d a s c a l e s é c a p a z d e cumprir varias d ete rm ina c ións ( Ma r i o Pe r n i o l a )



78

Notas

1.

«Para que o sinal sexa puro debe intensificarse en si mesmo: é a intensificación do sinal a que verdadeiramente pon fin ao que designa». Jean Baudrillard a respecto do World Trade Center en ídem (1976) L’échange symbolique et la mort. París, Gallimard, p. 108.

2. Stein, Gertrude (1946) Picasso. Nova York/Londres, Fillos de

Charles Scribner/B.T. Batsford Ltd., p.11. 3. Holt, Nancy (ed.) (1966) The Writings of Robert Smtihson. Nova

York, New York University Press, pp. 9‑18. Publicado por vez primeira en Artforum, xuño de 1966. 4. Extraído da introdución de Peter Eisenman para Rossi, Aldo

(1982) The Architecture of the City. Londres/Cambridge (Mass.), The MIT Press, p. 5. Aldo Rossi define o concepto de tipo como «un principio lóxico que é anterior á forma e a constitúe», op. cit., p. 40. 5. «Ese panorama cero parecía conter ruínas á inversa, é dicir, to-

das as novas construcións que posiblemente puideron ser construídas. É o oposto ás “ruinas románticas”, porque os edificios non caen na ruína despois de seren construídos, senón que se alzan en ruínas antes de seren construídos. Esta antirromántica mise-en-scene suxire a desacreditada idea de tempo... mais os suburbios existen sen un pasado racional e sen os grandes eventos da historia». De A Tour of the Monuments of Passaic, New Jersey, de Robert Smithson, op. cit., pp. 54-5. 6. Para Rossi a conexión entre o lugar do acontecemento e o seu

sinal é de suma importancia. Deste modo, para el a singularidade da cidade como artefacto «comeza no acontecemento e no sinal que marcou o acontecemento» e pregunta «Quen pode distinguir por máis tempo entre o evento e o sinal que o marca?». Op. cit., p. 106.


79

Define locus como o «lugar onde se suceden acontecementos

17. «Empresas tecnicamente avanzadas crean novas áreas industri-

pasados e recentes», op. cit., p.107; e monumento como o «sinal

ais localizándose elas mesmas en zonas de grande status, i. e.,

físico do pasado», op. cit., p. 59.

de acordo coa estratificación do prestixio social expresado en

7. Aldo Rossi, op. cit., pp. 57-61.

termos espaciais».

8. Nordberg-Schulz, Christian (1966) Intentions in Architecture.

Castells, Manuel (1969) «Théorie et idéologie en sociologie ur-

Oslo/Londres, Universitetsforlaget/George Allen&Unwin Ltd., p.

baine» en Sociologie et sociétès vol. 1, n.º 2. Novembro 1969,

13.

Les Presses de l’Université de Montréal

9. Venturi, Robert; Brown, Denise Scott e Steven Izenour (1972)

18. A selección das trazas presentadas baseouse en Guldager, Jens

Learning from Las Vegas. Londres/Cambridge (Mass.), The MIT

(1978) Monopolkapital i Danmark i begyndelsen af 1970erne. Co-

Press, p. 158.

penhague, Politisk Revy.

10. «Aceptar a realidade actual –tan só deste xeito poderemos ter a oportunidade de controlala», en Asplund, Gunnar; Paulsson, Gregor et.al. (1931) Acceptera. Estocolmo, Tidens Förlag, p. 198. 11. Venturi, Robert (1966) Complexity and Contradiction in Architecture. Nova York, MOMA, p. 102. 12. Robert Venturi, op. cit., p. 103. 13. Castells, Manuel e Francis Godard (1974) Monopolville –l’Entreprise, l ’Etat, l ’Urbain. París/A Haia, Mouton. 14. «Así, a través da agrisada néboa dunha cidade monopolista en

19. Kubler, George (1962) The Shape of Time. New Haven/Londres, Yale Universitiy Press, p. 9. 20. A imaxe dunha cidade transformada debe ser creada a partir do material da cidade actual. Nun contexto escultórico Stig Brogger e Hein Heinsen escolleron un punto de partida parecido no seu libro (1978) Scale Art. Copenhague/Nova York, Borgens Forlag/ Printed Matter. 21. A disolución da paisaxe urbana global formalízase coa evolución da «condición de coñecemento nas sociedades moi evoluciona-

incesante expansión o distante brillo de cidade liberada ábrese

das».

camiño no horizonte».

«A gran narración perde a súa credibilidade, calquera que sexa o

Manuel Castells e Francis Godard, op. cit.

modo de unificación que lle fose asignado: a especulación nar-

Non cren Castells e Godard nunha liberación final da que este

rativa, a narrativa de emancipación».

libro participa, senón na conciencia de liberdade de «duplo fío»

Lyotard, Jean-Francois (1979) La condition postmoderne. París,

que xorde xunto á desintegración do marco herdado. 15. Thyssen, Ole (1976) Utopisk Dialektik. Copenhague, Gyldendal, p. 366. 16. Castells, Manuel (1972) La question urbaine. París, François Maspero, pp. 166-7.

Minuit, cap.1, p.11/cap.10, p. 63. 22. Lynch, Kevin (1960) The Image of the City. Cambridge (Mass.), The MIT Press, p. 66. 23. Aldo Rossi, op. cit., p. 7.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.