Biblioxornal 13

Page 1

Número 13

1º Trimestre 2009

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

30 de xaneiro: Día da Paz

O neno da Biblioteca Non é o título dunha película, nin da última novela de John Boyne. O noso protagonista foi fotografado polo xornalista Gervasio Sánchez cando xogaba entre os cascallos da biblioteca de Sarajevo. O edificio que acubillaba dous millóns de libros fora destruído uns días antes polas bombas que diluviaban sobre a cidade asediada. As correntes levantaban as cinzas, mudas probas do voraz incendio que tamén ennegrecera libros e retorcera estantes. Edo Vosivcic con cinco anos fixo daquelas ruínas o seu particular parque infantil. O neno da biblioteca e o neno do pixama a raias teñen moito en común, os dous son vítimas inocentes da barbarie humana. Igual que eles son millóns no mundo os nenos atrapados polas gadoupas dos centos de conflitos que alimenta a tolemia bélica dos adultos. Non é preciso desenterrar vellas historias para exemplificar o que afirmamos. Onte en Gaza, agora mesmo mentres les estas liñas en calquera lugar do que non queremos ou non podemos lembrar o nome. Dicía o poeta Antonio Machado que é propio de cabezas medianas arremeter contra todo aquilo que non lles cabe na cabeza. Nas nosas cabezas (medianas, pequenas ou grandes) non caben as inxustizas, os odios, as guerras, a razón da forza... Porque apostamos pola forza da razón, porque queremos crer que o home non é un lobo para o home, porque confiamos no poder da palabra... queremos berrar, dende o máis fondo do noso corazón adolescente, hoxe e todos os días da nosa vida: NON MÁIS VIOLENCIA! PAZ! (mais non queremos a paz dos cemiterios, queremos a paz viva que nace da xustiza e do respecto aos demais). Sabemos que o noso xesto é simbólico, que non somos quen de influír nos grandes centros de decisión pero queremos sementar un futuro mellor porque como dixo o poeta e novelista Abdulah Sidran “as palabras son grans. O que escribamos agora dará froito dentro de cincuenta anos” Tamén, como non podía ser doutra maneira, a biblioteca do instituto únese aos desexos de paz universal. Oxalá en todo o mundo as letras substitúan ás escopetas e os libros aos canóns! Que as mulleres e os homes, as nenas e os nenos poidan gozar das bibliotecas, dos libros e da lectura, que poidan xogar nas bibliotecas, cos libros e coa lectura mais non entre cascallos como Edo Vosivcic, o neno da biblioteca!


P á x i n a

2

N ú m e r o

1 3 –

1 º

t ri m e s tr e

2 0 0 9

CHEGAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS En breve comezaremos a distribuír entre o alumnado de 2º da ESO mochilas con materiais da biblioteca para o seu uso nos fogares. Trátase dunha iniciativa para dar a coñecer a biblioteca fóra do estrito ámbito académico xa que os materiais ofertados poden ser gozados por toda a familia (irmáns, proxenitores, avós... amais da/o alumna/o). Cada semana ou quincena sortearase unha mochila por grupo que deberá ser devolta ao rematar o prazo para que outro alumno/a poida beneficiarse dela. Pedimos a máxima colaboración para o bo funcionamento desta iniciativa que esperamos resulte do voso agrado.

CHOVE SOBRE MOLLADO Para un mellor uso da biblioteca lembra: •

Cada cousa no seu lugar: cando collas un libro nos andeis,

Cumpre os prazos: os préstamos teñen unha duración de 15 días, pasa-

fíxate onde está para, cando remates, reintegralo ao seu sitio ou, se tes dúbida, entrégallo a persoa encargada da biblioteca, non o coloques ao chou pois dificultarías a súa busca no futuro. do ese tempo debes renovar o préstamo ou devolvelo.

Sé solidario:

hai libros que teñen lista de espera. Remata pronto con eles e devólveos para facilitar que outros usuarios poidan lelos.

Respecta o traballo dos teus compañeiros:

evita as aglomeracións e todo tipo de actividades que dificulten a concentración e traballo dos usuarios. Mantén o máximo silencio na Biblioteca.

CREPUSCULOMANÍA NO INSTITUTO Atendendo as vosas suxestións nas próximas xornadas as novelas de Stephenie Meyer chegarán ao “San Paio”. Coidado cos vampiros!

Tamén incrementamos a colección de cómics: Marsupilami, Cedric, Lucky Luke e Don Quijote de la Mancha (Si, Cervantes en banda deseñada!) E non esquezades a Tintín que o pasado día 10 cumpriu 80 anos!


N ú m e r o

1 3 –

1 º

T ri m e s tr e

2 0 0 9

P á x i n a

3

LETRAS GALEGAS 2009 O ensaísta e tradutor Ramón Piñeiro (1915-1990) será o homenaxeado no Día das Letras Galegas. Piñeiro influenciou todas as xeracións galeguistas de posguerra. En opinión da RAG a dedicación, total e desinteresada, da súa vida na defensa de Galiza e da súa cultura debe ser unha referencia moral indiscutíbel e necesaria cara ás novas xeracións. Promotor da normalización da lingua galega nos anos difíciles da posguerra fixo do galego "un patrimonio común" por encima das opcións de partido. Libros como Olladas no Futuro, Galicia, A Linguaxe e as linguas, e Lembrando a Castelao recollen os eixes fundamentais do seu pensamento, que salienta a necesidade da reafirmación cultural de Galiza como camiño fundamental para a súa realización como pobo. Na biblioteca atoparedes a súa obra Filosofía da saudade.

110 anos despois do seu nacemento Rafael Dieste, quen cos seus contos e pezas de teatro tentou modernizar a literatura galega afastándoa do ruralismo, segue presente no noso instituto coas seguintes obras: A fiestra Valdeira , Dos arquivos do Trasno e Obra Galega

Completa. Completa

FESTEXANDO O SÉCULO E MEDIO DE Alfredo Brañas (1859-1900)), catedrático de universidade, avogado, gran orador, áxil periodista, escritor fecundo e promotor rexionalista galego, desenvolveu unha intensa labor oratoria, literaria, periodística, rexionalista, social e católica en favor de Galicia. Xunto con Murguía é un dos ideólogos do rexionalismo galego. Curros Enríquez dixo de Alfredo Brañas: "reúne excepcionalísimas e admirables condicións, gallardo, continente, vasta ilustración, palabra abundante e persuasiva, maxín poderoso, fe e entusiasmo pola causa que defende, incansable vontade, todo, en fin, canto pode facer dun home un ser providencial, un elixido de Deus para iniciar unha época e empurrar á sociedade polo camiño da civilización". Castelao chamáballe "grande patriota e home extraordinario". BICENTENARIO DO NACEMENTO E 160 ANIVERSARIO DA MORTE DUN XENIO DA LITERATURA MUNDIAL

Edgar Allan Poe considerado o inventor do relato de detectives foi un mestre do xénero de terror. Os seus relatos curtos son excepcionais, algunhas das súas narracións foron levadas ao cine. Na biblioteca (amais de escolmas nas que atoparedes algúns dos seus textos) están ao voso dispor: O escaravello de ouro e outros contos, Cuentos policíacos, O corvo, El gato negro y otros cuentos e Narraciones extraordinarias.


P á x i n a

4

N ú m e r o

1 3 –

1 º

t ri m e s tr e

2 0 0 9

Concursos

Ilustra as túas lecturas BASES 1. OBXECTIVO: Crear unha ilustración a partir da lectura dun texto literario (escena teatral, poema, conto, capítulo dunha novela...) 2. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual. 3. O deseño será orixinal e inédito. 4. Cada concursante poderá presentar un máximo de tres ilustracións. 5. As ilustracións deberán realizarse en cartolina de formato A4: 21 x 29 cm. Tamén poderán presentarse en formato electrónico gardados nun CD ou disquete e nun arquivo JPG. 6. O procedemento será libre: ceras, lapis, tinta, acuarela, colaxe (recortes de revistas ou prensa, textos, papeis de cor...) fotografía, infografía (ordenador)... Pódense mesturar os diferentes procedementos e técnicas para xerar a imaxe final en branco e negro ou en cor. 7. O Departamento de Debuxo e Educación Plástica e Visual ofrece asesoramento aos concursantes para o mellor remate das obras. 8. Será obrigatorio facilitar os datos (autor, título da obra, editorial, páxina ou páxinas...) do texto literario (escena teatral, poema, conto, capítulo dunha novela...) no que se inspira a ilustración. 9. Valoraranse estes aspectos: relación co texto, orixinalidade e calidade na resolución gráfica e na presentación. 10. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado identificarase o participante: apelidos, nome, curso e grupo. 11. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do mércores, 14 de xaneiro ao mércores 22 de abril de 2009, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro do prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca. 12. XURADO: O xurado cualificador estará integrado por catro membros representantes do equipo directivo, do Departamento de Educación Plástica e Visual e do equipo de Biblioteca. 13. PREMIOS: haberá un primeiro premio valorado en 70 Euros e un accésit valorado en 30 Euros, que poderían quedar desertos. 14. O/os traballo/os premiado/os quedarán depositados no Instituto e poderán ser utilizados por este sen ánimo de lucro. 15. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.

Cóntanos o teu amor BASES 1. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual. 2. Os/As participantes deberán presentar os seus traballos (narracións, poemas, teatro, cartas...) escritos a ordenador ou con letra lexible, en calquera das linguas estudadas no centro. 3. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado, co propio pseudónimo no exterior, incluiranse os datos do participante: apelidos, nome, curso e grupo. 4. A súa extensión non poderá exceder un DIN A4 (folio) polas dúas caras. 5. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do luns, 19 de xaneiro ao mércores 18 de febreiro de 2009, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro de prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca. 6. XURADO: O xurado cualificador estará integrado por membros representantes do equipo directivo, dos Departamentos de Linguas e do equipo de Biblioteca. 7. PREMIOS: haberá suculentos premios para os mellores traballos. 8.Os traballos premiados quedarán depositados no Instituto e publicaranse en formato impreso e dixital. 9. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.

Anímate e participa! (Na biblioteca tedes múltiples libros para inspirarvos)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.