Número 32
Verán 2013
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Vacacións para tod@s, Lecturas para tod@s Chega o verán e con el as vacacións escolares, un bo tempo para deixar de lado as obrigas académicas e os libros de texto. Agora é tempo de descanso, de sol e praia, de reencontro con antigos colegas e de facer novas amizades, tempo tamén para lecturas sosegadas, pendentes e desexadas, solitarias ou compartidas. Se cadra xa tes escollidas esas lecturas que serán as túas compañeiras de viaxe neste verán mais se non fora así queremos compartir contigo estas suxestións. Ler e descansar non son verbos incompatibles. En todo caso, con lecturas ou sen elas
Bo verán! para tod@s
Novela e cine a un tempo DOGAR, Sharon, Encerrados en la casa de atrás, Everest, 2013 A historia de Ana Frank e os seus compañeiros do Anexo dende o punto de vista do adolescente que se namorou de Ana. Emotiva e dura narración que podes complementar coa visión de filmes como: El diario de Ana Frank (Jon Jones, 2009, miniserie televisiva en cinco capítulos, 132 minutos) ou Recordando a Ana Frank (Jon Blair, 2005, documental, 122 minutos) SPARKS, Nicholas, El cuaderno de Noah, Roca Editorial, 2012 Noah Calhoun non esquece a unha moza que coñeceu catorce anos antes. De xeito inesperado atópaa e... a historia dun amor que vence todo tipo de obstáculos. E porque lectura e cine non son incompatibles tamén podes ver: El diario de Noah (Nick Cassavetes, 2004, 124 minutos)
Para @s adict@s ao Códice TOBARUELA, Pere, O códice do Santo Lugar, Xerais, 2013 Di o seu autor que esta novela non ten nada que ver co códice Calixtino, en calquera caso si ten relación con Santiago: o estudante Xelmírez está implicado no roubo do códice do Santo Lugar, o bispo de Iria envía a Xelmírez a Toledo para aclarar este roubo que pode cambiar a evolución histórica da Península... VÁZQUEZ TAÍN, José Antonio, Santiago. La leyenda del santo oculto, Teófilo Edicións, 2013 O maxistrado encargado do caso do roubo do códice Calixtino inicia a súa carreira no mundo das letras cunha novela resultado dunha extensa investigación histórica, partindo do sigo IX co descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago. O libro mestura realidade e ficción conectando o descubrimento do sepulcro, o roubo do Códice Calixtino e unha loita ficticia entre ciencia e relixión coa Catedral de Santiago de fondo.