Biblioxornal 33

Page 1

Número 33 FILMES

EPIC: O MUNDO SECRETO (Epic, 2013, director: Chris Wedge). Historia sobre a interminable batalla entre as forzas do ben, encargadas de manter a vida, e as forzas do mal, que pretenden destruíla. Mary Katherine é unha adolescente que intenta renovar a relación co seu pai, o profesor Bomba, un científico obsesionado por descubrir unha diminuta sociedade secreta que habita no bosque. Esta idea á súa filla parécelle disparatada ata que, inesperadamente, é transportada a ese universo secreto, onde se está librando unha batalla entre os Homes Folla e os Boggans.

UÉ atwtÄ4

MANDELA, DO MITO AO HOME (Mandela: Long Walk to Freedom, 2013, director: Justin Chadwick).- Dramatización cinematográfica da biografía do líder sudafricano Nelson Mandela, estreada en USA a finais de novembro e que teremos en España cara mediados do próximo xaneiro.

naliza o o ano e fi lioteca a at m re o Cand curso, a bib imestre do tradicional guía de tr o ir e m ri p senta a xa mén para escolar pre lmes para vós e ta scanso e fi e lecturas e que os tempos de d allos son a x as g r agasalla bio de a que vos e intercam as datas d empos e datas para as icias e d T le s chegadas. as maiore iato 2014. desexamos ampliables ao inmed Aninovo! , felicidades Boas Lecturas e Feliz s, Boas Festa

IGLESIAS, Bieito, Contos da terra da tarde, Galaxia, 2011, 316 pp.- En palabras do propio autor os 18 “relatos deste libro debullan un rosario de asuntos trizados pola cachamorra da actualidade: eutanasia, emigración, racismo, soidade urbana, esbarruamento da ruralía, turismo sexual, pederastia, violencias varias, exclusión dos vellos… desde a ollada de personaxes excéntricas”

PACIFIC RIM (2013, director: Guillermo del Toro).- Os Kaiju, monstruosas criaturas, provocan unha guerra que acabará con millóns de vidas e que consumirá os recursos da humanidade. Para combatelos deseñan uns enormes robots chamados Jaegers. A piques da derrota, as forzas que defenden á humanidade non teñen outra elección que recorrer a dous insólitos heroes: un ex piloto acabado e un aprendiz que aínda non se puxo a proba, xuntos son a última esperanza da humanidade fronte a apocalipse.

JORGE JUAN, Economía de urgencia, Ariel, 2013, 160 pp.- Libro escrito a partir das preguntas feitas por alumn os de bacha rela to contestadas polo colectivo de economistas denominado “Jorge Juan”: De que falamos cando falamos de rescate? Quen paga a subida do IVE? Cobraremos as pensións de xubilación? É a dación en pago unha estafa? Eliminando as autonomías saimos da crise? É España máis corrupta que os países do seu entorno? Que determina o salario dun traballor? A austeridade é unha necesidade ou unha imposición?...

QUINCE ANOS E UN DÍA (2013, directora: Gracia Querejeta).- Jon, un adolescente rebelde e conflitivo, vive co seu avó un militar que estivo na guerra de Bosnia. Cando Jon é expulsado do colexio, a súa nai pensa que quizá Max poida endereitalo. Pero a Jon gústalle vivir perigosamente. Avó e neto terán que enfrontarse ás súas limitacións e aos seus medos. O XOGO DE ENDER (Ender's Game, 2013, director: Gavin Hood).- Setenta anos despois dunha guerra entre seres humanos e extraterrestres, un neno é enviado a unha escola militar espacial coa finalidade de preparalo para unha futura invasión. Adaptación da novela de ciencia-ficción, do mesmo título, de Orson Scott Card.

Decembro 2013

YxÄ|é TÇ|ÇÉäÉ4

PONIATOWSKA, Elena, A filla do filósofo, Galaxia, 2009, 142 pp.Escolma da obra narrativa desta mexicana (nomeada pola AELG Escritora Galega Universal en 2009 e último premio Cervantes) traducida por escritores e escritoras galegos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.