Biblioxornal 34

Page 1

Número 34

1º TRIMESTRE 2014

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Filmando a Guerra e a Paz DOCE ANOS DE ESCRAVITUDE (Twelve Years a Slave, Steve McQueen, 2013) Baseada nun feito real ocorrido en 1850. A historia de Solomon Northup, un culto músico negro -e home libre- que vivía coa súa familia en Nova York. Tras compartir unha copa con dous descoñecidos, Solomon descobre que foi drogado e secuestrado para ser vendido como escravo no Sur nunha plantación de Louisiana. Renunciando a abandonar a esperanza, Solomon contempla como todos ao seu redor sucumben á violencia, ao abuso emocional e á desesperanza. Entón decide correr riscos incribles, intentar recuperar a súa liberdade e reunirse coa súa familia.

ONDE ESTÁ A FRONTE? (Which Way to the Front?, Jerry Lewis, 1970). Sátira antibélica sobre os avatares dun home que decide formar, pola súa conta e risco, un disparatado exército para aniquilar aos nazis.

A EXECUCION DO SOLDADO SLOVIK (The Execution of Private Slovik, Lamont Johnson, 1974) Eddie Slovik foi o único soldado americano executado polo exército en 1945 tras ser acusado de deserción.

FILLOS DO III REICH (Unsere Mütter, unsere Väter, Philipp Kadelbach, 2013 ). Miniserie de TV ambientada no Berlín de 1941. Cinco entusiastas amigos alemáns, ansiosos de converterse en heroes, reúnense unha noite de verán para despedirse antes de marcharse aos seus respectivos destinos. Todos pensan atoparse despois da guerra. Pero a guerra, que cambiará Europa, tamén os cambiará a eles para sempre.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.