Biblioxornal 36

Page 1

I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 36

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

Verán 2014

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Lecturas estivais Chegan os calorosos días do verán; chega o tempo das vacacións, do descanso, do encontro coas vellas amizades, dos baños de sol e auga, das lecturas so a pracenteira sombra dunha árbore á beira do mar ou no medio dunha ancestral carballeira... Talvez xa teñas en mente as túas lecturas para esta singradura estival; se tes dúbidas, se aínda non te decidiches para ti é esta pequena guía de suxestións.

Venturosas Lecturas!, Felices vacacións! BOUZAS, Pemón, A voz do vento, Xerais, 2014, 400 pp. Recreación novelesca da vida na vila de Cangas no século XVII. A destrución da vila polos piratas, as bruxas e os supostos lascivos aquelarres, as delacións entre vecinos, as actuacións do tribunal inquisitorial... COETZEE, J. M., Mocidade, Rinoceronte 2013, 194 pp. Anos 50. Un mozo quere fuxir a Europa desde Suráfrica; pensa que estudando matemáticas, lendo poesía e aforrando diñeiro, estará preparado para vivir a vida con intensidade e convertela en arte. Mais, cando chega a Londres non atopa por ningures poesía nin romanticismo. Ao contrario, sucumbe a unha vida monótona como programador informático. As aventuras azarosas e sen amor non supoñen un alivio. Novela que retrata a loita dun home novo para atopar o seu camiño no mundo. CRESPO, Juan Ignacio, Las dos próximas recesiones: cómo, dónde y por qué se producirán, Deusto Edics., 2012, 296 pp. Un resumo do que xa levamos de crise e a parte que está por pasar, marcando como final o ano 2017. Coñecer o percorrido da crise será de gran valor para a xestión da nosa economía particular. Nunha linguaxe sinxela, Juan Ignacio Crespo móstranos como evolucionará a economía do mundo na próxima década: desde o receso brasileiro ata unha posible zona de libre comercio coincidente cos límites do antigo Imperio Romano, pasando pola batalla entre China e India polo dominio de Asia. Do mesmo autor tamén resulta interesante a súa última publicación (Como acabar de una vez por todas con los mercados, Deusto Edics., 2014, 304 pp.) onde se comenta o funcionamento e se desmitifican os mercados tanto dende un punto de vista serio e formal coma lúdico e crítico (delincuencia financeira, falsa rumoroloxía,...) Dúas boas lecturas para @s interesad@s pola economía.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.