Número 37 FILMES
BEETHOVEN: A BUSCA DO TESOURO (director: Ron Oliver, Beethoven's Treasure Tail, 2014).- Para non parar de rir. Outra comedia protagonizada polo can Beethoven! Tras un desastre na rodaxe dunha película, o can e o seu adestrador diríxense á súa casa, pero quedan tirados nun pequeno pobo costeiro. Cando Beethoven se fai amigo dun rapaz do lugar e o axuda a encontrar o mapa dun tesouro pirata perdido, embárcanse nunha aventura na que vai participar o pobo enteiro.
! 5 1 0 2 z i Fel
A ESMORGA
(director: Ignacio Vilar, 2014).Baseada na novela homónima de Blanco Amor, esta é a crónica cinematográfica dunha xornada na vida de Cibrán, Milhomes e O Bocas, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido na vila de Auria, nome imaxinario de Ourense, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran cara a súa perdición.
O HOBBIT: A BATALLA DOS CINCO EXÉRCITOS (director: Peter Jackson, 2014).- Terceira entrega da triloxía de O señor dos aneis. Un Smaug enfurecido voa cara á Cidade do Lago para rematar con calquera resto de vida. Obsesionado sobre todo co reino recuperado, Thorin sacrifica a amizade e a honra para mantelo mentres que Bilbo intenta freneticamente facerlle ver a razón pola que o hobbit toma unha decisión desesperada e perigosa. Pero hai aínda maiores perigos por diante. Sen a axuda aparente do mago Gandalf, Sauron enviou lexións de Orcos cara á Montaña Solitaria nun ataque furtivo. Bilbo encontrarase así na batalla épica dos Cinco Exércitos onde se xoga o futuro da Terra Media.
MORTADELO E FILEMÓN CONTRA JIMMY O CACHONDO (director: Javier Fesser, 2014).- O caos da broma e da risa ataca as máis consolidadas institucións mundiais: banca, gobernos, industrias, colexios, forzas de seguridade... só os dous superaxentes da TIA serán quen de poñer algo de orde e seriedade nunha humanidade a piques de sucumbir de risa.
OUTRO PAI EN APUROS
(director: Alex Zamm, Jingle All the Way 2, 2014).- O oso Harrison, xoguete de moda neste nadal está esgotado. Nesta comedia Larry, pai de Noel, unha nena de oito anos, non se deterá ante nada para facer feliz a súa filla e conseguir o xoguete dos seus soños.
Decembro 2014
do ano, de poucosa is na fi as ad rn xo on Nestas descanso, deixémuda, a o id ec er m e claridade solarchos dos libros. Por se for de ax l guía iluminar cos falar presenta a súa xa tradicionasexarvos biblioteca esco tempo que aproveita para dee Paz e de Nadal ao nhas datas cheas de Ledicia . Boas que gocedes du pletórico dos maiores éxitospersoal e dun Aninovo s Vacacións e Bo 2015, no Lecturas, Boa no académico! AMEIXEIRAS, Diego, Conduce rápido, Xerais, Vigo, 2014, 152 pp.—
Bo
Nad a
l!
Extraordinario retrato de vidas precarias que deambulan pola Compostela actual. Tras roubar (na Quintana) a cámara fotográfica a unha parella de turistas, Erika caeu nas escaleiras de Praterías. Samuel, o seu irmán, procura nas rúas compostelás unha oportunidade que os saque daquela vida. Un paquete conectará as vidas dos dous irmáns con Ventura, un mozo que forma parte dunha banda dedicada ao branqueo e préstamo de cartos.
DOCOBO, José Ángel, Ramón María Aller Ulloa. Astrónomo e matemático, Ouvirnos, 2014, 133 pp.- Biografía dun astrónomo galego pioneiro. Construíu o primeiro observatorio astronómico de Galicia e fundou o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago. Descubridor de catro estrelas dobres e autor dunha Introducción a la Astronomía, libro de referencia na universidade española durante décadas. Foi tamén un dos precursores do uso do galego na ciencia.
IKAZ, Javier e DIAZ, Jorge, Yo fui a EGB, (I e II),
Plaza & Janes editores, 2013-14, 256 e 288 pp.- Cando iniciamos unha nova reforma do sistema educativo non estará de máis facer un percorrido nostálxico polos usos, costumes, marcas, programas, cancións, comida, etc., dunha época que marcou a vida de varias xeracións de españois.