Número 38
1º TRIMESTRE 2015
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Cine e Literatura da Guerra e a Paz A CONSPIRACIÓN DO SILENCIO (Im Labyrinth des Schweigens, Giulio Ricciarelli, 2014). Importantes institucións alemás e algúns membros do goberno están implicados nunha conspiración coa finalidade de encubrir os crimes dos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. Un fiscal ten documentos que poden facer que se abra un xuízo contra os membros das SS que serviron en Auschwitz, mais os horrores do pasado e a hostilidade cara ao seu traballo, complican a súa tarefa e é case imposible avanzar na investigación porque todos parecen estar involucrados dunha forma ou outra.
CORAZÓNS DE ACEIRO (Fury, David Ayer, 2014) En abril de 1945, ao mando do veterano sarxento Wardaddy, unha brigada de cinco soldados americanos a bordo dun tanque -o Fury– vai loitar contra un exército nazi desesperado, pois os alemáns saben que a súa derrota é inminente. A brutalidade da guerra e a vida duns soldados dentro dun tanque nos últimos compases da II Guerra Mundial. HELI (Amat Escalante, 2013) Nun apartado pobo de México, a poboación só ten dous medios de vida: un emprego mal pagado nunha fábrica de automóbiles ou traballar para o cártel da droga da rexión. Ronsel, unha nena de doce anos, namórase perdidamente dun mozo que lle propón escapar para poder casarse... INVENCIBLE (Unbroken, Angelina Jolie, 2014) A historia real de Louis Zamperini, que tras participar nos Xogos Olímpicos de 1936, alistouse nas Forzas Aéreas dos Estados Unidos para loitar na Segunda Guerra Mundial. Cando o bombardeiro que pilotaba se estrela no Pacífico, o piloto viuse obrigado a sobrevivir nunha situación límite, sen auga nin comida, durante 47 días, ata que os xaponeses o detiveron e o fixeron prisioneiro de guerra. LEVIATÁN (Leviafan, Andrei Zvyagintsev, 2014) Kolia vive nun pequeño pobo á beira do mar de Barents, ao norte de Rusia. Ten un taller de mecánica ao carón da súa casa, onde vive coa súa nova esposa e o seu fillo, froito dunha relación anterior. O alcalde do pobo está decidido a apropiarse da casa e do taller de Kolia custe o que custe. Primeiro intenta comprar o terreo, mais Kolia non está disposto a vendelo.