Número 39
8 MARZO 2015
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Especial Día Internacional da Muller 2015
Con f de filme e feminino ALMA SALVAXE (Wild, Jean-Marc Vallée, 2014). Filme inspirado na historia real de Cheryl Strayed. Despois dunha serie de tráxicas experiencias persoais, Cheryl Strayed decide percorrer en solitario, e sen experiencia, máis de 1600 quilómetros polo Sendeiro das Cimas do Pacífico, que atravesa o deserto de Mojave, nun intento de atoparse a si mesma. Un efectivo relato sentimental e optimista no que cobra importancia a aceptación dos erros como aprendizaxe da vida. DOUS DÍAS, UNHA NOITE (Deux jours, une nuit, Jean-Pierre e Luc Dardenne, 2014). Sandra dispón só dunha fin de semana para ir ver aos seus colegas e convencelos de que renuncien á súa paga extraordinaria e así ela poderá conservar o seu traballo. O seu marido acompáñaa para apoiala. Un guión austero e preciso para tratar temas delicadísimos cunha gran elegancia .
EVA VAN END (De Ontmaagding Van Eva Van End, Michiel Ten Horn, 2012). Entretida comedia ao estilo de películas como Pequena Miss Sunshine ou Juno. Unha familia burguesa aparentemente feliz pero carente de comunicación e empatía recibe de imprevisto a un estudante de intercambio amable, atento, perfecto, que fará que cada un dos membros da familia se reformule o seu lugar e ilusións na vida e comecen a ser conscientes das súas propias inseguridades, medos e dúbidas.