Número 40
Verán 2015
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Verán: estación lectora Chega o merecido descanso do verán. Lectura e descanso, descanso e cine son compatibles. Por iso se aínda non sabes que ler ou que ver aquí tes esta posible guía de suxestións.
Bo proveito lector! e sempre , con lecturas ou sen elas, boas vacacións!
ANDREWS, Jesse, Un final para Rachel, Nube de Tinta, 2015, 288 páx. Greg é un mozo túzaro e solitario afeccionado ao cine. Como narrador desprestixia as súas propias vivencias pero é orixinal ao afrontar unha historia sobre o cancro, introducindo o humor como elemento principal. A relación entre Rachel, a moza enferma de leucemia, o protagonista e o seu compañeiro Earl, pasará por diferentes etapas nesta novela adaptada ao cine e premiada no Festival de Sundance. BLUE JEANS, Algo tan sencillo como tuitear te quiero, Planeta, 2015, 544 pp. O primeiro ano na universidade marca a vida de moita xente. Novos retos, novas ilusións e numerosos cambios que nos sorprenden e máis se estamos nunha residencia de estudantes. Abres os ollos de par en par e xorde o amor, chegan as decepcións, descobres a paixón, perséguenche as tentacións, coñeces a fondo os teus medos… CARRÉ, Héctor, Hai que matalos a todos, Xerais, 2015, 312 páx. Historia de intriga na que uns xornalistas galegos gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio. Os rapaces pretenden vender as imaxes, mais o CNI quere ocultar os feitos. Unha historia que transcorre a través de tres continentes, falando ás claras sobre o poder e o xornalismo, sobre a identidade e o anonimato, sobre a violencia e sobre o amor. FAJARDO, Montse, Matriarcas. Mulleres en pé de vida, Todogrove, 2013, 200 pp. Dez mulleres moi distintas entre elas, dende a irmá dun republicano asasinado a unha emigrante, unha parteira centenaria ou unha mestra, pero cun nexo común: o seu empeño en sacar adiante as súas familias e os seus respectivos traballos; dez mulleres que serven como motor dunha narración que devolve a primeiro plano os dramas da guerra civil, o franquismo, a emigración e a fame, pero tamén outros máis actuais como o alzheimer e a loita contra a droga.