Biblioxornal 41

Page 1

Número 41

Decembro 2015

UN NADAL DE CINE

A ADOPCIÓN.

(Directora: Daniela Féjerman, 2015). Unha parella viaxa a un país de Europa Oriental para adoptar a un neno, mais pronto se atopan inmersos nun ambiente hostil onde reina a corrupción e se trafica co futuro dos nenos e a esperanza dos pais. Así, o que empezou sendo un soño acaba convertido nun pesadelo.

EU, EL E RAQUEL.(director:

Alfonso Gomez-Rejón, Me & Earl & the Dying Girl, 2015).- Greg pasa o último ano do instituto da forma máis anónima posible mentres en segredo fai estrañas películas co seu único amigo Earl. Esta situación cambiará cando sexa obrigado pola súa nai a ser amigo dunha compañeira de clase con leucemia.

FRANKENSTEIN 04155.

(director: Aitor Rei, 2015, documental).- O 24 de xullo de 2013, o tren Alvia 04155 descarrilaba á entrada de Santiago de Compostela e deixaba 81 mortos e máis de 140 feridos. De xeito oficial o maquinista é o único responsable. Pero unha traxedia nunca ten unha soa causa... Que hai detrás do accidente ferroviario máis grave dos últimos tempos en España?

SUFRAXISTAS.

(director: Sarah Gavron, Suffragette, 2015).– A historia das sufraxistas inglesas nos comezos da Primeira Guerra Mundial. Mulleres traballadoras que, vendo como as súas protestas pacíficas non servían para nada, estaban dispostas a perdelo todo na súa procura incansable da igualdade: os seus traballos, as súas casas, os seus fillos e as súas vidas.

Bo

! l a d Na

ALEKSIEVICH, Svetlana, La guerra no tiene rostro de mujer, Debate, 2015, 368 pp.

O último libro da nobel de literatura 2015 traducido ao castelán; a voz das francotiradoras, das condutoras de tanques, das enfermeiras dos hospitais de campaña; historias de homes e mulleres que viven as consecuencias nada heroicas da guerra: lixo, fame, frío, violencia sexual, angustia... e, ao fondo, sempre a morte.

GURRIARÁN, José Antonio, As mulleres do monte, Galaxia, 2015, 440 pp.

TERESA.

(director: Jorge Dorado, 2015). Unha nova visión da figura de Santa Teresa a través da mirada dunha moza actual que le O Libro da vida. Revisión dos primeiros anos da monxa Teresa de Jesús no convento da Encarnación, coñecer o seu afán por atopar unha nova forma de afrontar a fe, malia a firme oposición da Inquisición, que a persegue, queima as súas lecturas e sométea a xuízo.

A VIAXE DE ARLO.

(director: Peter Sohn, The Good Dinosaur, 2015).- Unha viaxe ao mundo dos dinosauros onde un Apatosaurus chamado Arlo faise amigo dun humano, aínda que resulte asombroso. Mentres viaxa por unha paisaxe abatida e misteriosa, Arlo aprende a enfrontarse aos seus temores e descobre do que é capaz.

O tempo corre inexorable e xa estamos ae enas rematar outro ano. Tamén chegan unhaas e,pequ final, ao long a dunh ois desp merecidas vacacións de adas maratoniana primeira avaliación. Chegando,xornde enconencontros familiares e, se é do noso agra s aparcados tro con eses libros e lecturas que temo ois as devoporque primeiro son as obrigacións e despoteca escolar cións. E falando de lecturas, a biblide Nadal ao presenta a súa xa tradicional guía o mellor para tempo que aproveita para desexarvos s Lecturas, este Nadal e para o vindeiro 2016. Boa Boas Vacacións e Bo Aninovo!

Feliz An inovo!

A piques de cumprirse o oitenta aniversario do inicio da Guerra Civil, esta investigación presenta o importante papel das mulleres no maquis, fornecendo refuxio e apoio aos fuxidos. Moitas desas mulleres levaban practicamente o peso do Servizo de Información da República. Foi o caso de Paquina Nieto, por cuxa froitería pasaban moitas das mensaxes secretas dos fuxidos; de Matilde Franco, de Cacabelos, moi hábil para obter información sobre as operacións antiguerrilla dos seus "amigos" do cuartel da Garda Civil. Mais só as mulleres que foron torturadas, ou estaban ameazadas de morte, foron autorizadas a unirse aos do monte como guerrilleiras.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Biblioxornal 41 by José María Lores Pérez - Issuu