Biblioxornal 42

Page 1

Número 42

1º TRIMESTRE 2016

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

80 ANOS DO INICIO DA GUERRA CIVIL AILLADOS (Antonio Caeiro, 2001, documental) A historia do campo de concentración da Illa de San Simón durante os anos da Guerra Civil contada polos seus protagonistas. Horas e horas de gravación en vídeo deron lugar a este documental no que se recolle a emoción e a traxedia daqueles anos. Un traballo de investigación plantexado cunha metodoloxía de historia oral. Tamén existe o libro. LOS GIRASOLES CIEGOS (José Luis Cuerda, 2008) Ourense, 1940. Cando Elena pecha a porta da casa, bota a chave aos seus segredos. O seu marido, Ricardo, ameazado por unha desapiadada persecución ideolóxica, leva anos escondido no piso onde convive cos seus fillos: Elenita e Lorenzo. Salvador, un diácono desorientado tras a súa loita na fronte bélica, volve ao seminario de Ourense. As dúbidas na vocación do mozo levan ao reitor a atrasar o seu acceso ao sacerdocio durante un ano. Mentres, Salvador dará clases no colexio onde estuda Lorenzo, o fillo de Elena, a quen Salvador cre viúva. O diácono obsesiónase con ela e acósaa. A familia vive una situación crítica. Adaptación da novela homónima de Alberto Méndez. A MARIÑEIRA (X. Antón Dobao, 2007) Película ambientada en Quilmas, pobo da costa galega, entre 1936 e 1948; baseada nun conto de Darío Xohán Cabana, retrata a vida das superviventes da Guerra Civil, daquelas nais e cónxuxes que tiveron que saír adiante despois da fuxida ou da norte dos seus homes . LA MULA (Michael Radford, 2013) Ano 1939. Só quedan 3 meses para que acabe a Guerra Civil española. O cabo Juan Castro, un mozo de Jaén que combate no bando nacional, atopa unha mula perdida no medio do campo de batalla e decide escondela para levala a casa ao final da guerra. Coa súa mula e coas catrocentas pesetas que leva no peto intentará conquistar á moza máis guapa que endexamais viu . SOLDADOS DE SALAMINA (David Trueba, 2003) Unha novelista rastrexa unha historia real sucedida nos últimos días da Guerra Civil: o escritor e falanxista Rafael Sánchez Mazas foi fusilado xunto a outros cincuenta prisioneiros, pero logrou fuxir e esconderse nun bosque. Ao parecer, un soldado deixouno escapar. A escritora recompón as pezas deste crebacabezas cheo de contradicións e personaxes enigmáticos. Adaptación da novela homónima de Javier Cercas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.