Número 43
8 MARZO 2016
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Especial Día Internacional da Muller 2016
Cine en feminino A BANDA DAS RAPAZAS (Girlhood ou Bande de filles, Céline Sciamma, 2014). Para Marieme a vida é unha sucesión de prohibicións. Séntese angustiada pola súa familia, pola escola e pola implacable lei dos mozos do barrio. Mais a súa vida cambia cando coñece a un grupo de mozas de espírito libre. Entón cambia o seu nome, o seu modo de vestir e abandona a escola para ser aceptada no grupo. Convertida en Vic, abraza o código da rúa onde se mesturan violencia, amizade e liberdade. Con esta película Sciamma pecha a triloxía (que comezou con "Os lirios da agua" e "Tomboy") sobre conflitos propios da adolescencia feminina. CAROL (Todd Haynes, 2015) Nova York, mediados do século XX. Therese Belivet, unha dependenta de vinte anos dunha tenda de Manhattan que soña cunha vida mellor, coñece un día a Carol Aird, unha muller elegante e sofisticada que se atopa atrapada nun matrimonio infeliz. Entre elas xorde unha atracción inmediata, cada vez máis intensa e profunda, que cambiará as súas vidas para sempre.
JOY (David O. Russell, 2015) Película biográfica que narra a historia de Joy Mangano, unha humilde traballadora de Long Island, nai solteira de dous fillos que acaba converténdose nunha popular inventora de produtos do fogar e tamén nun dos rostros máis coñecidos da teletenda americana.