Número 44
Verán 2016
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Verán: sol, praia e lectura Chegan as vacacións e con elas o tempo libre para facer o que máis nos agrada. Seguro que entre as nosas afeccións e gustos están as lecturas e o cine. Velaquí algunhas propostas por se aínda non fixeches a túa escolla.
Boas lecturas, bo cine e, sobre todo, boas vacacións! ABADÍA, Leopoldo, Como funciona la economía para dummies, CEAC, 2012, 328 pp. O complexo funcionamento da economía global explicado en linguaxe caseira e con exemplos das persoas do montón. Leopoldo Abadía, co seu coñecido sentido común e humor, explícanos que é e como funciona a economía, a escala nacional e a escala mundial. A inflación, o papel dos bancos, o impacto das decisións do FMI no noso peto, a crise actual e as súas causas, o desemprego, posibles saídas á crise ou consellos para aforrar. Como sempre, non faltarán o seu fiel can Helmut; os seus entrañables almorzos co seu amigo empresario, angustiado polo día a día do seu negocio, e o seu micro-ecosistema, San Quirico, un pequeno pobo onde reproduce a pequena escala todo o que ocorre no mundo. ARAGUAS, Vicente, Manuel María: un home de mil pezas, Embora, 2016, 64 pp. Araguas achégase dun xeito nada haxiográfico á figura de Manuel María, disposto a falar del tal como o coñeceu, a escoitar a música da súa voz no disco que gravara en Edigsa comezando así o proceso da serie Xistral e, xa que logo, A Nova Canción Galega. BANDERA, María del Carmen de la, Mi vida en el paraíso, Bambú, Barcelona, 2013, 139 pp. Diko, un mozo camerunés, xa está en España despois de múltiples problemas, e agora que? Cre que todo vai ser máis sinxelo no país das oportunidades. Pero pronto saberá que agora ten que enfrontarse a outras dificultades que nada parecidas ás do seu pasado como neno soldado: o racismo e os prexuízos. A axuda que recibe na casa de acollida e o amor, serán dúas pezas fundamentais na súa nova vida. BIERCE, Ambrose, 99 fábulas fantásticas, Libros del Zorro Rojo, Barcelona, 2016, 107 pp. O sarcasmo é o denominador común destes noventa e nove relatos onde todo tipo de personaxes, humanos e animais, enfróntanse a situacións entre a realidade e o surrealismo. Unha narrativa brillante e enxeñosa que descobre aos lectores do século XXI historias múltiples, perfectamente ambientadas. DÍAZ NÚÑEZ, Celia, A boca do monte, Galaxia, Vigo, 2016, 168 pp. Os nosos devanceiros foron esmagados polo imperio romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. Pero sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade. Unha novela que narra a historia da Galicia romana pero tamén a da Roma imperial que conquistou a na nosa terra.