Número 45
Decembro 2016
UN NADAL DE CINE
DESPOIS DA TORMENTA. (Director:
Hirokazu Koreeda, 2016) Malia empezar unha prometedora carreira de escritor, Ryota vai de desilusión en desilusión. Divorciouse de Kyoko e gasta todos os cartos apostando nas carreiras, polo que finalmente non pode pagar a pensión alimentaria do seu fillo Shingo. Agora Ryota intenta gañarse nuevamente a confianza dos seus e formar parte da vida do seu fillo. A situación non parece fácil, pero un día un tifón obriga a toda a familia a pasar unha noite xuntos…
Un ano máis remata. Chega o tempo s despois dunhas pequenas e merecidas vacación ento de mom É dun longo e intenso trimestre. facer de encontros familiares e, se nos apetece, xa E . aquelas lecturas que temos pendentes lar esco que falamos de lecturas, a biblioteca al ao Nad de guía tual presenta a súa habi que retempo que aproveita para desexarvos que o e ano este íbel matedes de xeito inesquec zos. deve s voso os s vindeiro faga realidade todo ! novo Ani Bo e Boas Lecturas, Boas Vacacións
MARÍA (E OS DEMAIS). (Directora: Nely Reguera, 2016) Dende que morreu a súa nai, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, sempre foi o piar da familia e séntese orgullosa diso. Por iso, cando o seu pai anuncia que casa con Cachita, a súa simpática enfermeira, María sente que o seu mundo se esborralla. Chegou o momento de atreverse a vivir a súa propia vida. Con 35 anos e sen noivo á vista, deberá atreverse a cambiar o seu destino. PATERSON. (Director: Jim Jarmusch, 2016). Historia dun condutor de autobús e poeta afeccionado ás pequenas cousas chamado Paterson e que vive en Paterson. Poucas películas souberon poñer en imaxes o proceso creativo dun poeta dun xeito tan simple e fermoso, coma se cada plano fose unha palabra escrita na auga-di Sergi Sánchez-.
! d Na
ROGUE ONE: UNHA HISTORIA DE STAR WARS. (Director: Gareth Edwards,
2016). Filme ambientado entre os episodios III e IV de Star Wars. O Imperio Galáctico terminou de construír a arma máis poderosa de todas, a Estrela da morte, pero un grupo de rebeldes decide realizar unha misión de alto risco: roubar os planos antes de que entre en operación; mentres se enfrontan tamén ao poderoso Lord Sith, discípulo do desapiadado Emperador Palpatine.
O TESOURO. (Director: Corneliu Porumboiu, 2015) Costi é un pai de familia que vive en Bucarest. Gústalle ler as aventuras de Robin Hood ao seu fillo de 6 anos pola noite, para que se durma. Un día, o seu veciño coméntalle que está seguro de que hai un tesouro enterrado no xardín dos seus avós. Se Costi lle axuda alugando un detector de metais e acompañándolle, compartirá o tesouro con el. Inicialmente escéptico, e malia todos os obstáculos, Costi déixase levar pola aventura... VAIANA. (2016). A historia desenvólvese hai dous milenios nunhas illas do sur do Pacífico. A protagonista é Vaiana Waialiki, unha moza que desexa explorar o mundo navegando polo océano. Ela é a única filla dun importante capitán que pertence a unha familia con varias xeracións de mariños...
F
B
A
n v !
ANDREU I CORBATON, Jordi, Pull-Back. Para entender los mercados financieros, Octaedro, 2010, 128 pp.O detective Balaguer nunca pensou que aquela chamada telefónica de Isabel Casanova pedíndolle axuda para atopar ao seu fillo daríalle moito traballo. A partir daquel momento penetra no mundo misterioso das finanzas e vese metido nunha historia moi curiosa onde todos ocultan algo. Unha doada explicación do funcionamento dos mercados bolsistas.
GUTIÉRREZ ALLER, Victorino, Acta das vítiCompostela, Laiovento, mas,
2016, 230 pp.- Novela sobre os abusos amparados polo franquismo, recreación dunha época negra, dunha sociedade chea de medo e sometida. Sutís presións, verdades a medias, tensións ambientais conforman o día a día duns personaxes colaboracionistas, resignados ou rebeldes. Aínda así non falta certa dose de tenrura, lembranza, agarimo humor... ou dignidade incluso nun contexto hostil e opresivo. A visión dunha Galicia gris, especialmente para as vítimas sen recoñecemento. Todo comeza en Lalín no outono do 1946.