Número 48
Verán 2017
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Tempo de descanso, antucas e lecturas Chegado é o noso tempo de descanso. E con el a liberdade para facer o que máis nos agrada. Seguro que entre as cousas que nos agradan non faltan as lecturas e o cine. Velaquí algunhas propostas por se aínda non fixeches a túa escolla.
Boas lecturas, boas películas e, sobre todo, boas vacacións!
ALEIXANDRE, Marilar, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, Galaxia, 2017, 68 pp. O conto tradicional reinterpretado. O protagonista non é Alí Babá, é Morxiana, muller que se rebela contra as relacións de xénero e dominación, ela é quen de salvar a súa familia e a súa vila loitando contra os usureiros, os ditadores e todos os que fan fortuna erguéndose sobre os cadáveres dos máis febles e esquecidos da historia. CASTRO, Raquel, Bestiario doméstico, Galaxia, 2017, 120 pp. Contos encadeados sobre animais domésticos. Talvez te sintas identificado con algún dos animais... ou dos contos... xa dicía o filósofo Aristóteles que o ser humano era un animal social e, ao vivir en sociedade, acabamos domesticados (aínda que uns máis que outros) CHÁVEZ, Brenda, Tu consumo puede cambiar el mundo, Península, 2017, 681 pp. A través de entrevistas e da análise de modelos produtivos alternativos e duns hábitos de compra conscientes, este ensaio xornalístico redescubre o consumo como unha fórmula de acción para crear fluxos de redistribución da riqueza máis xustos, éticos, ecolóxicos e responsables. Os millóns de consumidores podemos, se queremos, axudar hoxe a construír un planeta mellor para todos e xerar un maior benestar individual e global, aliviando o cambio climático e a brecha social, e promovendo unha economía humanizada que persiga o ben común global. EIRÉ, Afonso, A morte do meu pai, Hércules, 2017, 160 pp. Un relato que se fai universal ao vernos reflectidos nos episodios, nas reflexións, nas arelas e nas angustias, medo e dor, pero tamén esperanza, calma e resignación… E retranca. E anacos de historia persoal que transcenden e se converten en leccións de vida que nos explican o pasado: a proclamación da República, a Guerra Civil como soldado e as relacións humanas. Vida e morte mesturadas, collidas da man nun hospital. FEIJOO, Pedro, Os fillos do lume, Xerais, 2017, 200 pp. 504 pp. Os protagonistas dos Fillos do mar convertidos en Fillos do lume, enleados nunha intriga situada en Vigo. A partir dun atentado contra o alcalde comeza unha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan.