Número 49
Outono 2017
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
24-0: Día das Bibliotecas
T
E
C
A
I ESPEC
AL
Os libros entran e forman as bibliotecas mais hoxe queremos fixarnos nas bibliotecas que entran e teñen un papel máis o menos importante dentro dos libros ARMIÑÁN, Jaime, Os amantes encadernados, Espasa-Calpe, 1999, 324 pp.Nos anos oitenta a bibliotecaria. Maria Rosa Arana non é quen de rexeitar, debido á alta remuneración que lle ofrecen, o encargo de organizar unha biblioteca de miles de exemplares, que pertencera a don Ramón Gimeno-Coes. Aquela biblioteca é un caos ordenado e, a traves dela, Rosa empezará a sentir fascinación pola figura de Don Ramón, e vaise dando conta que este, coa axuda das pistas premeditadamente escondidas entre as follas dos libros, lle narra unha historia postuma: a do amor do propietario da biblioteca coa nai da bibliotecaria. BONNET, Jacques, Bibliotecas cheas de fantasmas, Anagrama, 2010, 144 pp.Pensaches morrer esmagado polos libros da túa biblioteca? Pon a acumulación de libros en perigo a existencia da nosa familia? Clasificamos os volumes por temas, por idioma, por autor, por data de publicación, por formato ou seguindo un criterio só coñecido por nós? Pódese poñer na mesma estantería a dous autores irreconciliables na súa vida real? As bibliotecas son seres vivos a imaxe e semellanza da nosa complexidade interior, acaban por formar un labirinto do que podemos perfectamente non saír xamais. E as páxinas que enchen as nosas bibliotecas están habitadas por pantasmas moi vivas que, endexamais nos abandonan. BORGES, Jorge L., "A biblioteca de Babel" (conto incluído en Ficciones, Debolsillo, 2016, 224 pp.).- Borges analiza as posibilidades, os axiomas e a historia desta biblioteca, composta de galerías hexagonales que posúen, cada unha, un pozo de ventilación no seu centro, catro paredes recubertas de vinte anaqueis distribuídos a razón de cinco por cada unha delas. Cada galería conecta, por medio dun angosto zaguán, con outra idéntica; cada anaquel alberga trinta e dous libros compostos por catrocentas dez páxinas que á súa vez conteñen corenta rengllóns e cada renglón oitenta letras. Os libros son uniformes, e o alfabeto consta de vinte e cinco caracteres incluíndo os signos de puntuación.. CALDERÓN,Emilio, A biblioteca, Zut, 2013, 346 pp.Narración da historia de Pepe Dalmau, un mozo que chega a Madrid procedente de Nova York para enterrar ao seu pai, morto en estrañas circunstancias e que retoma unha vella relación con súa veciña Natalia, filla dun coñecido libreiro de vello. De súpeto, Natalia desaparece e Dalmau terá que levar a cabo para atopala unha serie de accións que acabarán por envolvelo nunha espiral de intrigas e aventuras ao redor dun libro roubado, que terá que localizar, e que se atopa na Biblioteca Nacional. O protagonista acaba descubrindo que o libro que ten que subtraer contén a propia historia que está a vivir.