Biblioxornal 50 nadal

Page 1

Decembro 2017

I.E.S. “San Paio” — Tui

Nº 50!

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

DAL

Un ano máis remata. Chega o tempo dunhas pequenas e merecidas vacacións despois A NA R T X E dun longo e intenso trimestre. Tod@s estamos de celebración, Nós tamén, este Biblioxornal fai o número 50. Comezamos a nosa xeira en outubro de 2006 e aquí continuamos pensando xa nos próximos 50 números. É momento de festexalo e por iso ás nosas xa tradicionais recomendacións de libros e cine para estas datas engadimos novas propostas de ocio cultural: concertos, exposicións e roteiros para gozar agora e sempre. E, para finalizar, desexarvos un inesquecíbel final de ano e que o vindeiro faga realidade todos os vosos devezos. Boas Festas e Bo Aninovo! CASARES, Carlos, A ledicia de ler, Galaxia, 2017, 824 pp. Para “fomentar a lectura do libro galego e fundar unha crítica literaria sostida e regular” Casares, entre 1975 e 1992, escribía artigos no xornal La Voz de Galicia, máis de catrocentos deles aparecen nesta recompilación, unha boa maneira de rematar este ano Casares.

COMSKY, Noam, ¿Quién domina el mundo?, Ediciones B, 2016, 400 pp. Unha documentada e meticulosa explicación dos conflitos e perigos do noso tempo. Un perspicaz Comsky demostra que Estados Unidos e os seus aliados, coas súas políticas militaristas e imperialistas están a promover unha posíbel catástrofe que esnaquizaría os bens comúns do planeta. SALISACHS, Mercedes, Reflejos de luna. Fragmentos de una correspondencia extraviada entre un hombre y una mujer, Planeta, 2005, 400 pp. Claudia, educada con rigorosidade pola súa distinguida familia, namórase en 1943 de Fernando, pero diversas circunstancias farán que o seu noivado non prospere. Anos máis tarde, Fernando de diplomático en París e Claudia dirixindo o negocio que herdou, atópanse en varias cidades, mais sempre xorde algún inconveniente para separalos. E agora, ambos xa na vellez, nas súas cartas cruzadas mostran con toda sinceridade a verdade das súas almas, o gozo e o sufrimento que lles levou a acertar ou a errar nas súas decisións, e un estado de ánimo co que se enfrontan ao seu presente e ao do mundo. SPERANI, Bruno, A obra, Hugin e Munin, 2017, 176 pp. Por primeira vez traducida ao galego esta historia ambientada en Milán a finais do século XIX cando se abrían novas avenidas, barrios e modernas infraestruturas, aborda a vida dos marxinados e desfavorecidos, aos que contrapón cos poderosos especuladores, mesquiños e hipócritas. Ao tempo, insírese na trama o xermolo das ideas socialistas entre a clase traballadora e as incipientes protestas sociais. Algúns episodios, coma os dos desafiuzamentos ou os das artimañas dos patróns, resultan dunha actualidade absoluta e demostran que a autora foi unha muller comprometida e atenta ao seu contorno.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.