Biblioxornal 51

Page 1

Número 51

1º TRIMESTRE 2018

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

CINE E LETRAS DE GUERRA e PAZ AMAR PERIGOSAMENTE (Beyond Borders, Martin Campbell, 2003) O cómodo mundo de Sarah Jordan, unha americana residente en Londres, muda cando Nick Callahan, médico cooperante dunha ONG, cóase nun baile para recadar fondos e fai unha apaixonada alegación a favor dos nenos famentos de África. Atraída por Nick e a súa causa, Sarah abandona as comodidades da súa vida, decidida a comprobar os feitos por si mesma, non tarda en darse conta do duras que son as condicións en que vive Nick. Fascinada polo perigo ao que se enfronta todos os días, Sarah comprométese cada vez máis con Nick, adicándose a recadar fondos. O CADERNO DE SARA (Norberto López Amado, 2018) Laura busca desde hai anos á súa irmá Sara, desaparecida no medio da selva do Congo. Nin a ONG para a que traballaba nin a embaixada tiñan noticias do seu paradoiro... ata que aparece unha foto dun poboado mineiro do leste do Congo coa imaxe borrosa de Sara. Sen dubidalo, Laura viaxa ata Kinshasa disposta a penetrar no territorio dos Señores da Guerra, deixando atrás as diferenzas que a separaron da súa irmá, e sen sospeitar que nesa aventura descubrirá os máis sucios, violentos e ocultos intereses dos grandes poderes occidentais. ANTES DA CHOIVA (Before the Rain (Pred Dozdot), Milcho Manchevski, 1994) Película con tres historias que entrelazan amor e guerra e ilustra os efectos devastadores da guerra naqueles que, sen querelo, vense obrigados a participar nela. Dous dos relatos están ambientados en Macedonia, que se atopa ao bordo da guerra civil, e o outro sitúase en Londres. No primeiro episodio o monxe Cirilo dá acubillo a Zamira, unha moza albanesa acusada de asasinato. Ambos deixan o mosteiro e comezan un romance. A segunda historia segue a Anne, directora nunha axencia de noticias, que se debate entre dous amores: o seu marido Nick e o seu amante Aleksandar, un reporteiro gráfico de guerra que finalmente decide volver ao seu país. O terceiro e último episodio une as dúas historias anteriores: Hana, unha muller albanesa, pídelle a Aleksandar que atope á súa filla Zamira. CHOIVA NEGRA (Kuroi ame (Black Rain), Shohei Imamura, 1989) Narración dun dos episodios máis tráxicos da historia da Humanidade: a caída da bomba atómica sobre Hiroshima. Yasuko, unha rapaza sobrevivente do masacre, vive cos seus tíos e a súa avoa. A través de paseos polas ruínas do pobo, e entre


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.