Biblioxornal 53

Page 1

Número 53

Verán 2018

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Cultura para descansar! Chegadas as vacacións chega o tempo dun ocio compatíbel coa cultura. Cantas actividades quedaron engulidas polas présas do curso que case xa rematou! chega agora un merecido vagar para camiñar polos sendeiros da cultura en liberdade, sen imposicións nin controis alleos ás nosas apetencias dentro das que seguro están algúns libros e filmes. Se aínda non fixeches a túa escolla, aquí tes algunhas propostas.

Felices lecturas, feliz cine e, sobre todo, felices vacacións!

AGÍS VILLAVERDE, Marcelino, O padre Sarmiento, viaxeiro, Galaxia, Vigo, 2018, 120 pp.- Ensaio con especial referencia ás tres viaxes que o monxe ilustrado fixo á Galicia ao longo do século XVIII. Ao tempo, o libro achéganos a paisaxe ilustrada da época e contextualiza a obra e a vida de Sarmiento dentro dunha das épocas máis interesantes da historia da cultura occidental. AGRAFOXO, Xerardo, O país sen fronteiras. Trinta días a través do Senegal, Galaxia, Vigo, 2018, 324 pp.- A historia dunha viaxe realizada en novembro de 2016 polo Senegal. Cuns cartas comprometedoras na mochila o novelista visita Dakar e Saint-Louis (onde residira o creador de O principiño), a cidade santa de Touba e a sabana africana para coñecer o País Bassari, onde viven as tribos máis antigas de África Occidental, percorrer a conflitiva rexión de Casamanza e cruzar o río Gambia, antes de mergullarse nas augas de onde parten os caiucos cara a Europa. Cun caderno nas mans e usando estrafalarios medios de transporte, o autor percorre terras africanas cheas de vitalidade, paisaxes abraiantes e problemas sen resolver. BIVALD, Katarina: D é j ate de chorradas y buscate una vida, Ed. Planeta, 2016, 448 pp.- Ao alcanzar os dezaoito anos Anette Grankvist prometeuse a si mesma tres cousas: conducir unha moto, comprar unha casa e ser autosuficiente. Pasados dezanove anos as prioridades son outras; cando a súa filla empeza a universidade, Anette descobre que nunca é demasiado tarde para saír da monotonía e buscar a felicidade, por iso retomará a súa lista de proxectos pendentes. CASTILLO, Javier: El día que se perdió el amor, Ed. Suma, 2018, 432 pp.- Unha moza con mazaduras preséntase espida nas instalacións do FBI cunhas notas na man. O inspector Bowring tentará descubrir que oculta a rapaza e a súa conexión co caso dunha muller que aparece decapitada horas máis tarde e cuxo nome coincide co que estaba escrito nunha das notas. A medida que avance na investigación darase conta de que este caso abre antigas feridas difíciles de cicatrizar. Esta novela é continuación de El día que se perdió la cordura do mesmo autor (Ed. Suma, 2017, 456 pp.) onde aparece un home que camiña espido coa cabeza decapitada dunha moza. O doutor Jenkins, director dun psiquiátrico e Stella Hyden, axente do FBI, abordan nunha investigación que poñerá en xogo as súas vidas, a súa concepción da cordura e que os levará ata uns sucesos fortuítos ocorridos no pobo de Salt Lake dezasete anos atrás.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.