BACHARELATO
Número 54
BARD, Patrick, Cerráronseme os ollos , Faktoría k de libros, 2018, 160 pp. A impactante historia de Maëlle, unha francesa que quere cambiar o mundo e retorna a Siria. Aos seus dezaseis anos dá un xiro de 180 grados. Cada día pasa máis tempo pendente das redes sociais, deixa o deporte, muda a súa forma de vestir... convértese en Ayat para achegarse ao Daesh.
CABALEIRO, Ana, As ramonas, Galaxia, Vigo, 2018, 176 pp. Mona Otero é unha muller loitadora que busca triunfar no mundo da arte. Mais perde o carné de conducir e depende doutros para desprazarse. A historia emana do interior dos sucesivos vehículos que a levan. A protagonista xúntase con outras ramonas que, unidas, retratan unha sociedade rural en cambio, cun pé na tradición e outro no mundo globalizado.
Bo
! l a Nad
CID CABIDO, Tres pintores, Xerais, Vigo, 2018, 104 pp. Contada en primeira persoa, cunha prosa divertida, capitaneada pola ironía, a mordacidade e o coloquialismo, relata as peripecias de dous amigos que unha noite deciden emprender, sen demora e apenas sen cartos, unha viaxe a París nun vello Renault.
FUENTES, Moncha, O mar que nos leva, Xerais, Vigo, 2018, 160 pp. A protagonista, Mariña Brei percorre o seu pasado e o da súa familia, desde Mens a Pontevedra, conducíndonos pola memoria persoal, política e social das loitas obreiras do Vigo de 1972, dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela e da emigración ao Bos Aires dos anos trinta.
PEDREIRA, Emma, Besta do seu sangue , Xerais, Vigo, 2018, 120 pp. Novela poética sobre o mito do lobishome en Galicia, unha composición poliédrica en torno á personaxe de Manuel Blanco Romasanta. Todo desde a perspectiva da súa posible intersexualidade.
R. FIGUEIREDO, Anna, Os bicos feridos, Galaxia, Vigo, 2018, 396 pp. Olivia ten que marchar de Compostela e instalarse en Londres onde atopa traballo de au pair. Sempre lle dixeron que lle iría ben se se esforzaba, se estudaba unha carreira de ciencias mais a realidade é outra: limpa unha casa e un laboratorio en lugar de traballar nel. Todo comeza a cambiar cando se lle achega un rapaz co que se sinte ben e que a axuda cando parece perdida no medio da gran cidade londiniense.
Feliz
2019!
Decembro 2018
O tempo foxe e xa estamos outra vez avacre-amatar o ano. Chegan unhas pequenas liacións despois dunha intensa primeira ava én, ción. Chegan xornadas de encontros; tammáis se queremos, de encontro coa cultura igas aló dos contidos curriculares e das obr preescolares. Por iso, a biblioteca escolar l ao senta a súa xa habitual guía de Nadaos un tempo que aproveita para transmitirv para saúdo acompañado dos mellores desexos eiro estas festas de Nadal e para todo o vind 2019. Boas Vacacións e Bo Aninovo! CASTRO PAREDES, Fernando, A derradeira bala, Galaxia, Vigo, 2018, 84 pp. Esta novela pon de relevo o absurdo da guerra. Luciano intentou desertar da guerra e é condenado a morte. Á mañá seguinte, será fusilado coa última bala que garda o pelotón. Mais o seu amor pola música e as súas ansias de liberdade farán que a cousa se complique un chisco polo camiño. Botando man da traxicomedia, o autor tece esta obra cuns diálogos áxiles marcados pola retranca e a ironía.
CATALÁN, Santiago, Arquitecturas debuxadas. Compostela, Xerais, Vigo, 2018, 224 pp. Un fermoso e didáctico percorrido visual pola historia, as rúas e as arquitecturas máis notables da cidade compostelá debuxadas polo arquitecto Santiago Catalán. Por estas páxinas desfilan todos os grandes arquitectos e mestres de obras: desde Bernardo e Mateo ata Egas, Gil de Hontañón, Lechuga e tantos outros que deixaron a súa pegada na Compostela monumental.