Biblioxornal 55

Page 1

Número 55

1º TRIMESTRE 2019

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

GUERRA e PAZ de CELULOIDE e PAPEL ESLAVA GALÁN, Juan, La primera guerra mundial contada para escépticos, Planeta, 2014, 384 pp. Obra amena escrita con rigor histórico e capacidade de síntese. Eslava presta atención máis que aos grandes acontecementos da guerra, que tamén están, ao día a día das persoas que a padeceron, xente que vivía na retagarda, nas trincheiras. Non falta unha parte dedicada a España. GARCÍA SANZ, Fernando, España en la gran guerra: espías, diplomáticos y traficantes, Galaxia Gutemberg, 2014, 448 pp. Historia do ocorrido en España durante os anos da Gran Guerra. Comunicacións interceptadas polos dous bandos, produción e redes de transporte controladas, costas e augas territoriais convertidas en escenario da loita submarina, medios de comunicación vendidos a un e outro bando, o territorio invadido por centenares de axentes dedicados á espionaxe e á contraespionaxe son algunhas das consecuencias da pseudoneutralidade hispana. O papel do Rei, os gobernantes e as elites económicas e sociais; quen se enriqueceu coa guerra mentres a maioría dos españois sufrían fame e restricións de todo tipo; os intereses en España dos países en guerra; a loita xorda dos servizos secretos que fixeron de Barcelona e Madrid os maiores centros da espionaxe mundial...

GELLHORN, Martha, El rostro de la guerra: crónicas en primera línea 1937-1985, Debate, 2018, 416 pp. A autora, terceira esposa de Hemingway, foi correspondente de guerra durante máis de cincuenta anos. Viviu os conflitos bélicos máis importantes da segunda metade do século XX. Este libro recolle os sentimentos, as impresións e as súas vivencias da Guerra Civil española, das guerras de Finlandia, de China, a Segunda Guerra Mundial, a guerra de Xava, as guerras e conflitos en Oriente Próximo, Centroamérica e Vietnam.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.