Biblioxornal nº 56

Page 1

Número 56

8 MARZO 2019

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Especial Día Internacional da Muller 2019

Mulleres de cine ALITA: ANXO DE COMBATE (Robert Rodriguez, USA, 2019, 121´) Mentres Alita toma as rendas da súa nova vida e aprende a adaptarse ás perigosas rúas de Iron City, Ido tratará de protexela do seu propio pasado e o seu novo amigo Hugo ofrecerase a axudala a desenterrar as súas lembrazas. Alita descobre que posúe habilidades únicas. Recreación do clásico anime de 1993 Alita, Anxo de Combate. TRES ANUNCIOS NAS AFORAS (Martin McDonagh, Reino Unido, 2017, 112´) Película moi premiada. Mildred Hayes, unha muller de 50 anos cuxa filla adolescente foi violada e asasinada, decide iniciar pola súa conta unha guerra contra os policías do seu pobo, Ebbing, ao considerar que non investigan o suficiente para resolver o caso e que se faga xustiza. O seu primeiro paso será contratar uns valos publicitarios denunciando a situación e sinalando ao xefe de policía, William Willoughby, como responsable principal da pasividade dos corpos de seguridade. A CÁMARA DE CLAIRE (Hong Sang-soo, Corea do Sur, 2017, 69´) Durante unha viaxe de negocios ao Festival de Cannes a moza Manhee, asistente de vendas dunha distribuidora, é despedida pola súa xefa acusada de ser deshonesta, pero no fondo hai unha cuestión de celos. Por sorte, coñecerá allí a unha profesora chamada Claire, que fai fotos coa súa cámara Polaroid. Cada unha delas ten unha peculiar visión da vida, e xuntas chegan a entender os seus mundos respectivos. CUSTODIA COMPARTIDA (Xavier Legrand, Francia, 2017, 93´) Myriam e Antoine Besson divorciáronse, e ela solicita a custodia exclusiva do seu fillo Julien para protexelo dun pai ao que acusa de violento. Antoine defende o seu caso como un pai desprezado, e a xuíz do caso sentencia a favor da custodia compartida. Refén do crecente conflito entre os seus pais, o mozo Julien vese empuxado ao límite.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.