Biblioxornal 57

Page 1

Número 57

Verán 2019

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Un verán de libro e película! O cambio climático non vai ser quen de modificar os nosos plans. Despois duns meses de intensas tarefas escolares, son chegados os tempos dun merecido descanso, un descanso que pode vir acompañado de actividades de ocio cultural: concertos, lecturas, viaxes... Aproveitemos a desconexión da nosa rutina curricular para atender ese libro que leva meses agardando a que entremos nas súas páxinas, esa película pendente de ver ou esa viaxe que aprazamos porque as urxencias escolares ocupaban todo o noso tempo. Leamos, viaxemos e gocemos deste período de vacacións para coller novos folgos de cara ao próximo curso. Dende a túa biblioteca queremos ofrecerche algunhas posibles lecturas e filmes, elixe en liberdade o que máis acaído atopes aos teus gustos e, en todo caso, con lecturas ou sen elas, con cine o sen cine, que teñas un bo verán, un verán de libro e de película! ALLENDE, Isabel, Largo pétalo de mar, Plaza & Janés, 2019, 384 pp. En agosto de 1939 Pablo Neruda organizou a migración do Winnipeg, o barco lendario que partiu desde a costa francesa rumbo a Chile con dous mil refuxiados españois que fuxían das brutais represalias do bando franquista. A partir deste acontecemento histórico, Isabel Allende relata a apaixonante odisea dunha pianista embarazada e un médico, obrigados a abandonar Barcelona cando cae a cidade en mans do inimigo e a buscar unha segunda oportunidade no exilio, nun país remoto onde empezar de cero. Para poder embarcar no Winnipeg Roser e Víctor finxen ser un matrimonio. En Chile, baixo a aparencia dunha familia convencional, atoparán unhas novas raíces e un prometedor porvir, pero a ameaza dunha nova ditadura dinamitará os seus proxectos. ANEIROS, Rosa, Orestes perde o sentido!, Xerais, Vigo, 2019, 112 pp. Cando unha mañá Orestes sae da casa atopa todo moi estraño. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño. A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúas dunha cidade onde vai ter que lidar coas normas de circulación viaria se quere chegar vivo á meta. BARCELÓ, Elia, O efecto Frankenstein, Rodeira, 336 pp. Unha novela que reflexiona sobre a igualdade entre sexos e clases. Nora viaxa ata finais do século XVIII. Alí terá que disfrazarse de home e tamén de señorita; adaptarse á vestimenta e aos costumes da época para lle axudar ao seu amigo Max a solucionar o problema coa criatura que o seu irresponsable amigo Víctor creou e abandonou no seu laboratorio. BERRONDO-AGRELL, Marie, Alicia en el País de los Pastelitos. Enigmas sobre teorías de álgebra, geometría y lógica, Gedisa, Barna, 2019, 189 pp. Enigmas matemáticos breves, sinxelos e escritos con sentido do humor. Ofrécense pistas, debuxos e rudimentos de teoría cun resumo de canto debes saber para atopar as solucións. Un exemplo: quero celebrar unha festa cos meus amigos e, coa miña paga semanal, comprarei uns doces. Se compro un, quedaranme 0,85 €. Con todo, se quero comprar catro, faltaranme 2,15 €. Canto custa un doce?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Biblioxornal 57 by José María Lores Pérez - Issuu