Biblioxornal nº 58

Page 1

LÓPEZ SOUTO, África, Mulleres que (nos) dan que pensar,

Número 58

Decembro 2019

Galaxia, Vigo, 2019, 392 pp. Cómpre sacar á luz mulleres que foron agochadas, esquecidas. Pararnos a pensar con elas e sobre elas. Aprender das máis coñecidas, pero tamén das máis próximas. Neste libro fálase da oceanógrafa Ángeles Alvariño, da primeira almiranta, Sabela Barreto; da primeira farmacéutica galega, Manela Barreiro ou das primeiras universitarias... A listaxe é longa e aínda será máis. Ampliala é unha forma de facer sororidade, de dar pasos sen ter que ser sempre pioneiras.

MARTÍN, Paco, O home que mercou un libro, Galaxia, Vigo, 2019, 104 pp. Un libro sobre os libros, sobre o esforzo que hai detrás de todos e cada un dos libros. Un libro para ler os que devecen por ler como respirar, para os “lecturaferidos”.

MORAN, Caitlin, Como se fai unha rapaza, Rinoceronte Editora, 354 pp. Nesta narración realista e chea de humor preséntase unha peculiar indagación sobre a feminidade. Johanna Morrigan convértese en Dolly Wilde, e comeza a dedicarse á crítica musical nunha revista londiniense. Entre concerto e concerto, a protagonista relata sen rubor os seus esforzos por converterse en adulta a base de fumar, beber e deixar de masturbarse con todo tipo de obxectos para pasar ao sexo con todo tipo de homes.

MORRIS, Heather, O tatuador de Auschwitz, Xerais, Vigo, 2019, 296 pp. Relato de superación, amor e supervivencia no medio do terror do Holocausto. Esta é historia real dos xudeos Lale e Gita. Lale era un tatuador ao que os nazis obrigaban a gravar a numeración nos brazos dos prisioneiros. Así coñeceu a Gita, da que namorou intensamente, grazas a iso puideron recobrar o sentido da vida e sobrevivir ao horror. Cando remata a guerra, Lale e Gita volven atoparse e inician unha nova vida en Australia. Unicamente tras a morte de Gita, Lale decide dar a coñecer a súa incrible historia.

PEIRANO, Marta, O inimigo coñece o sistema, Factoría K de Libros, 2019, 344 pp. “A tecnoloxía que mantén Internet en funcionamento ou a que levamos nos nosos dispositivos móbiles non é neutral. O propósito último é manternos cos ollos pegados á pantalla durante o maior tempo posible”. A rede non é libre, nin democrática. Ese conxunto de servidores en sitios remotos, antenas, routers e cables de fibra óptica está controlado por moi poucas empresas. Internet é secreta; os seus algoritmos son opacos. Os centros de poder que almacenan e procesan a información están ocultos, camuflados por criptografía... O inimigo coñece o sistema, pero nós non.

Bo Nadal!

LIAO, Jimmy, No soy perfecta, Barbara Fiori Editora, 2012, 128 pp. Aos seus pais Perfecta Nueno, cando era nena, parecíalles perfecta. Pero a medida que crecía, a cousa foi cambiando... As esixencias dos pais e da escola foron en aumento. E ela xa está tan cansa que quere berrar: "Non son unha nena perfecta!" No mundo son poucas as persoas que pensen ser tan imperfectas coma ela. Cantos, nenos ou maiores, abandonamos a procura da perfección, podemos escoitar as súas mensaxes: Quen é realmente perfecto? Ser perfecto faite feliz? As persoas demasiado perfectas non resultan molestas? Unha invitación para ser nós mesmos. VV. AA., Anónimo era yo, Montena, 2019, 128 pp. Margarita Hickey, Juana Inés de la Cruz, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro ou Alfonsina Storni víronse obrigadas a vivir a media voz, agora as súas voces soan máis alto que nunca baixo o lapis inflamable de Bebi. Elas, que escribían escondendo os seus nomes; elas, que vivían calando; todas elas, aínda así, gritaron ao mundo a súa poesía. Nas súas voces atopamos unha e outra vez, como unha canción demasiado coñecida, o medo, a culpa, a represión.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.