I.E.S. “San Paio” — Tui
Número 59
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
1º TRIMESTRE 2020
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
LETRAS e PELÍCULAS de GUERRA e PAZ
CHAVES NOGALES, Manuel, A sangre y fuego. Héroes, bestias y mártires de España, Libros del Asteroide, 2017 (10ª ed.), 344 pp. Escrita polo autor en 1937 desde o exilio francés, esta obra constitúe unha mostra certeira do que significa a axilidade dun xornalista ao servizo da realidade e o uso da literatura como medio de denuncia. Son reais as anécdotas e reais os lugares onde ocorren, e é a magnífica prosa de Chaves un medio máis para transmitir esa realidade unhas veces irónica e outras desoladora. Nestes relatos sobre a Guerra Civil española o autor evita a demagoxia e o maniqueísmo para centrarse no perfil humano dos protagonistas, non hai nin verdugos nin vítimas; tan só crueldade, absurdo, desorientación e obcecación duns e doutros. ESLAVA GALÁN, Juan, La mula, Planeta, Barna, 2013, 272 pp. Esta novela aproveita a Guerra Civil como marco de situacións e experiencias. A guerra e os dous bandos enfrontados compoñen un deliberado contraste coa veciñanza e camaradería dos soldados dos dous bandos. O protagonista é o cabo Juan Castro Pérez que, guiado polo seu instinto de supervivencia e pola súa alma servil, pásase ao exército sublevado. Nos últimos meses da guerra atopa unha mula, que quere conservar sen declarar para quedar con ela cando acabe a contenda. Aí están todos os seus afáns. E a novela dá conta do que lle ocorre desde xuño de 1938 ata o final da guerra cando regresa a súa terra sen o seu único botín, a mula, descuberta e anotada no último inventario. E sen a súa prometida, que o abandonou por un brigada con mellor porvir. Unha obra de claro fondo antibelicista e cunha atrevida desmitificación da Guerra Civil que inspirou a película homónima.
GARCÍA TEIJEIRO, Antonio, A teima de Xan, Galaxia, Vigo, 2005, 128 pp. Obra pioneira no tratamento da temática da Guerra Civil dentro la literatura infantil e xuvenil. A morte do seu tío Peixoto leva a Xan a lembrar un tempo pasado no que as persoas non podían pensar en liberdade. Dese tempo gris, feito da cor da mesquindade e do medo, Xan garda as páxinas dun diario de adolescencia que lle fan lembrar o sopro de humanidade que a aparición do seu tío Peixoto veu introducir na súa vida.