Biblioxornal 61

Page 1

Número 61

Verán 2020

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Non poñas en corentena a lectura! O coronavirus non vai ser quen de modificar os nosos plans. Despois dun trimestre de confinamento e de tarefas escolares, son chegados os tempos dun merecido descanso, un descanso que pode vir acompañado de actividades de ocio cultural, como a lectura, permitidas pola chamada nova normalidade . Aproveitemos, pois, para acercarnos a ese libro que leva meses agardando a que entremos nas súas páxinas ou para ver esa película da que tan ben nos falaron. Pero, sobre todo, coidémonos neste período de vacacións para coller novos folgos de cara ao próximo curso. Dende a túa biblioteca queremos ofrecerche algunhas posibles lecturas e filmes, elixe en liberdade o que máis acaído atopes aos teus gustos e, en todo caso, con lecturas ou sen elas, con cine ou sen cine, que teñas un verán cheo de saúde e descanso!

ALDAOLADO, Ninguén morreu de ler poesía, Xerais, 2020, 112 pp. Lucía Aldao e María Lado forman un dúo poético desde 2005. Os seus espectáculos parten da poesía, do humor e da música para comunicarse directamente có público a través dunha posta en escena transgresora e transformadora. O seu primeiro espectáculo, de enorme éxito, titulouse Onde estea un cubata que se quite un soneto, ao que seguiron outros como Moita poesía, pouca diversión, Con dez poemas por barba, ou Cría fama e bótate a correr. Unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un souvenir, un «estiven en Aldaolado e acordeime de ti» ALONSO, Ana, Mares de plástico, Anaya, 2020, 152 pp. Nas vacacións, Elena vai a un campo de traballo para limpar de plásticos as praias nas illas Canarias. Faino, sobre todo, porque sabe que tamén irá un compañeiro de clase que lle gusta. Pero unha vez na illa, Elena sente que non encaixa. Ata que a aparición de Damián, fillo dun pescador da zona, cámbiao todo para ela. CAROU FIGUEIRA, Natalia, O mal querer, Baía, 2020, 244 pp. Novela que presenta a sociedade actual onde se xuntan a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos e, sobre todo, o desamor ou desafecto. O protagonista é Cibrán Ulloa, un rapaz de dezaseis anos -fillo único dunha respectada familia da alta sociedade ao que nada semella faltarlle-- sobre o que Iria Fraga debe facer un informe pericial psicolóxico no centro de menores no que ingresou despois de que cometese un delito. Cibrán vive nunha brillante burbulla dourada, pero no seu interior arde un lume moi negro. CARSON, Anne, Tipos de agua. El camino de Santiago, Vaso Roto, 2018, 112 pp. Diario dunha viaxe, ensaio poético e crónica espiritual que recolle a experiencia como peregrina (desde Saint Jean Pied de Port ata Fisterra) da última galardoada có Princesa de Asturias das Letras. Esta é unha peregrinación non só espacial, senón tamén temporal. O home acompañante é unha presenza silenciosa e drástica: impulsa a contrastar a experiencia do camiñante ao longo dos séculos. Carson camiña detrás del e discute, porque a forma do saber é dialéctica. Son amigos, ás veces tamén parecen amantes. Aínda así, a verdadeira historia de amor, vai dicir a poeta, é entre o camiñante e o camiño.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.