Biblioxornal nº 66

Page 1

Número 66

1º TRIMESTRE 2022

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Lecturas para FALAR da GUERRA e da PAZ ALONSO MONTERO, Xesús, Os escritores galegos ante a Guerra Civil española: 1936-1939 : textos e actitudes, Galaxia, Vigo, 206, 527 pp.

Alonso Montero rescata textos pouco coñecidos, algúns inéditos, que revelan o complexo e problemático mapa moral e político daqueles anos cando o ferro da morte, do medo e do silencio marcou a vida e os proxectos dos escritores do momento. Textos non frecuentados para achegármonos á personalidade política e ao labor literario de escritores como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro de las Casas…

BUI, Thi, Todo lo que pudimos, Kraken, Madrid, 2017, 330 pp. Unha mirada íntima á viaxe que realiza unha familia, desde o seu fogar destruído pola guerra en Vietnam ata a súa nova vida en Estados Unidos. Bui documenta o relato da arriscada fuxida da súa familia despois da caída de Vietnam do Sur nos anos 70 e as dificultades ás que se enfrontaron para construír as súas novas vidas, á vez que explora a angustia da inmigración e as consecuencias que deixa ese desprazamento nun neno e a súa familia. No corazón da historia de Bui escóndese unha loita universal: mentres se adapta á súa vida como nai novata, descobre os sacrificios interminables, os xestos desapercibidos e as profundidades do amor tácito: o que significa ter fillos. Aínda que lle parece imposible cargar cos roles de ser nai e filla simultaneamente, Bui segue adiante. Cunha prosa cativadora e poética e un debuxo impresionante, Bui examina a fortaleza da familia, a importancia da identidade e o significado do fogar. Todo lo que pudimos é unha viaxe en busca da comprensión que dota de inspiración a todos aqueles que loitan por un futuro mellor mentres desexan un pasado máis sinxelo.

CLIMENT CODINA, Núria, Marcus Marc e a ruta do coltán, Adapta Editorial, 2019, 87 pp. A explotación indiscriminada dos recursos e dos habitantes dos países do chamado terceiro mundo é fonte de conflitos que poden acabar en situacións de violencia máis ou menos extrema. Marcus Marc é un piloto de avión que viaxa por todo o mundo. En cada viaxe coñece a alguén que lle explica unha gran historia. Esta vez, unha avaría nun motor do avión lévao a realizar unha aterraxe de emerxencia no corazón do Congo, onde coñecerá a Kibwe, un mozo da rexión. Kibwe explícalle como se obtén o mineral necesario para fabricar os procesadores que fan funcionar moitos dos aparellos que usamos na nosa vida diaria. E faino explicándolle a súa propia vida.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Biblioxornal nº 66 by José María Lores Pérez - Issuu