Biblioxornal nº 65

Page 1

Número 65

Decembro 2021

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

O Nadal ten a palabra

Tempo de Nadal, tempo de bos propósitos e boas palabras, tempo de lecer e de ler, tempo de amigos invisíbeis e agasallos recíprocos. Por iso, un ano máis, ofrecémosvos esta pequena dose de lecturas para todo tipo de gustos e idades, para o teu gozo privado ou para compartir. En calquera caso e, por riba de todo, con lecturas ou sen elas, deixa que os óptimos devezos e as mellores palabras do Nadal enchan todos os corazóns e cheguen a todos os lugares, e ti tamén goza destes días de descanso a carón dos teus. Boas Festas e que o 2022 veña cheo de saúde e ledicia! ALONSO, Mª et alii, Longas sombras na pedra, Urco Editora, 2019, 297 pp. Unha nova visión arredor do nacemento de Compostela como urbe, sempre cun pouso de misterio e enigma. Nove relatos situados nun momento da historia da cidade, coa intención de abranguer desde o período en que esta nin sequera existe até a época contemporánea. Entremedias, destacan episodios tan sobranceiros como o achado do sepulcro do Apóstolo, a Inquisición ou a presenza da masonaría na cidade. ARIAS, Xela, Cancións, Xerais, Vigo, 2021, 120 pp. Xela Arias escribiu letras de cancións para o grupo de rock vigués Desertores. “Teño que recoñecer que me sinto moitísimo máis influída polo mundo do rock'n'roll que polo dos poetas galegos”, dixo a poeta. Hoxe podemos coñecer esas letras compostas na última metade dos oitenta do pasado século e escoitar un CD da banda Desertores gravado en xullo de 2021 que reúne todos os temas escritos pola poeta. BARREIRA FREIJE, Andrea, Desmontando o corpo, construíndo a ciencia. As xemelgas Fernández de La Vega, Baía Edicións, 2021, 48 pp. Descobre como funciona o teu corpo da man das xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de Santiago e que contribuíron a debuxar o mapa do noso corpo e non ocultaron que eran mulleres BAUMAN, Yoram Bauman e KLEIN, Grady, Introdución á economía en banda deseñada. Volume I: Microeconomía, Laiovento, Compostela, 2021, 236 pp. Unha ollada reveladora e amena ás razóns polas que as nosas decisións cotiás son importantes e a como se combinan unhas coas outras. En palabras do Nobel de Economía Eric Maskin: “Humor e economía non son cousas que adoiten ir xuntas, mais este libro contén abondo das dúas e ten o mérito de explicar conceptos económicos importantes dun xeito sinxelo, preciso e ameno – todo un acerto.” COLOMBANI, Laetitia, A trenza, Rinoceronte, 2021, 200 pp. As diversas historias de tres mulleres: Smita é unha intocable, que traballa recollendo excrementos como o fixeron todas as mulleres da súa familia anteriormente. Ela asumiu a vida que lle tocou vivir, pero non está disposta a que a súa filla Lalita teña que pasar polo mesmo. En Italia Giulia fai perrucas e postizos na empresa familiar. É a única que elixiu continuar os pasos do seu pai, pero cando este sofre un accidente Giulia descobre que o negocio está a piques de quebrar e afronta a adversidade con valentía e determinación.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.