Número 0
A SOMBRA DA LEI (Dani de la Torre, 2018) España nos anos 20 do pasado século está a pasar un momento caótico, asuntos turbios e negocios ilegais están á orde do día. Neste ambiente o axente Aníbal Uriarte (Luís Tosar) é destinado a Barcelona para investigar e deter aos culpables do asalto a un tren militar, unha misión na que atopará moitas dificultades. O policía terá que convivir con empresarios sen escrúpulos, mafiosos, pistoleiros, compañeiros corruptos e penetrará nos baixos fondos da sociedade barcelonesa. Filme en gran parte rodado en Galicia (Pontevedra, Lugo, Monforte, A Coruña e Compostela)
Boa s fe
stas
!
TROTE (Xacio Baño, 2018) A acción transcorre durante a fin de semana en que se celebra, nunha aldea da Galicia interior, unha “rapa das bestas”, a loita ancestral entre o home e o cabalo, entre a razón e o instinto. A aldea comeza a prepararse para a festa. Luís, o irmán maior de Carme, volve á casa familiar por uns días coa súa parella María. Alí vive Carme xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma; Carme traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso: trotar, fuxir.
UNICORN WARS
(Alberto
Vázquez,
2018) Filme de animación. Durante a ancestral guerra que enfronta a osiños e unicornios, o soldado osiño Celestín ansía o sangue do último unicornio que quede en pé para conseguir ser fermoso e inmortal. Pola contra o seu irmán Boubule é un pacifista que só quere agradar e ser querido. Xuntos emprenderán unha misión que desencadeará unha guerra total, provocando a chegada do máis terrible dos demos: o home.
VINGADORES:
INFINITY
WAR
(Anthony Russo, Joe Russo, 2018) O todopoderoso Thanos espertou coa promesa de arrasar con todo ao seu paso, portando o Guantelete do Infinito, que lle confire un poder incalculable. Os únicos capaces de pararlle os pés son os Vingadores e o resto de superheroes da galaxia, que deberán estar dispostos a sacrificalo todo por un ben maior. Serán capaces de frear o avance do titán do caos?
Decembro 2018
Que teñades unhas vacacións e un 2019 de cine! CON AMOR, SIMON (Greg Berlanti, 2018)
Feliz Aninovo!
Simon Spiers é un mozo de 16 anos que ten unha vida normal, uns pais xeniais, unha irmá pequena coa que se leva ben e un grupo de amigos nos que pode confiar. Pero Simon ten un segredo, é gai. Cando un día un dos seus e-mails cae en mans equivocadas, Simon verá como as cousas se complican extraordinariamente, e deberá enfrontarse a unha situación que poñerá en perigo a vida que levaba ata ese momento.
ANA E A APOCALIPSE (John McPhail, 2017) É a véspera de Nadal na apracible localidade de Little Haven cando se desata a apocalipse zombi. Ana e os seus amigos veranse obrigados a loitar, aniquilar e cantar para seguir con vida e reunirse cos seus seres queridos no instituto local. Con todo, os que conseguen chegar descobren que os humanos poden resultar máis terroríficos que os zombis… Coa civilización desmoronándose ao seu redor, só poderán confiar os uns nos outros.
ANIMAIS FANTÁSTICOS: OS CRIMES DE GRINDELWALD (David Iates. 2018) Grindelwald escapa e reune seguidores, que non sospeitan as súas verdadeiras intencións: alzar aos magos purasangre para reinar sobre todas as criaturas non máxicas. Nun esforzo por frustrar os plans de Grindelwald, Albus Dumbledore recruta ao seu antigo estudante Newt Scamander, que accede a axudarlle.