Cinexornal 1

Page 1

Número 1

STAR WARS: O ASCENSO DE SKYWALKER (J. J.

Decembro 2019

Abrams, 2019) Novena e última entrega da saga Star Wars, e peche da nova triloxía iniciada con "O espertar da Forza". Rey, Finn, Poe e o resto dos heroes terán que encarar novos retos á vez que se enfrontan a unha nova ameaza.

JOKER (Todd

Phillips, 2019) Arthur Fleck vive en Gotham coa súa nai, e a súa única motivación na vida é facer rir á xente. Actúa facendo de pallaso en pequenos traballos, pero ten problemas mentais que fan que a xente o vexa como un bicho raro. O seu gran soño é actuar como cómico diante do público, pero unha serie de tráxicos acontecementos faralle ir incrementando a súa ira contra unha sociedade que o ignora.

JUMANJI: SEGUINTE NIVEL (Jake Kasdan, 2019) Nesta ocasión, os xogadores volven ao xogo, pero os seus personaxes intercambiáronse entre si, o que ofrece un curioso cadro de persoal: os mesmos heroes con distinta aparencia. Pero, onde está o resto da xente? Os participantes só teñen unha opción: xogar unha vez máis a esta perigosa partida para descubrir que é realmente o que está a suceder.

MUJERCITAS

(Greta Gerwig, 2019) Amy, Jo, Beth e Meg son catro irmás adolescentes que se embarcan nunhas vacacións coa súa nai, pero sen o seu pai, un evanxelista itinerante. A medida que atravesan o estado de Massachusetts, sumido en plena Guerra Civil, descobren o amor e a importancia dos lazos familiares.

Felices películas! HISTORIA DUN MATRIMONIO (Noah Baumbach, 2019) Un director de teatro e a súa muller, actriz, loitan por superar un divorcio que os leva ao límite tanto no persoal como no creativo.

A TRINCHEIRA INFINITA (Jon Garaño, Aitor Arregi, José Mari Goenaga, 2019 Hixinio e Rosa levan poucos meses casados cando comeza a Guerra Civil, e a vida del pasa a estar ameazada. Con axuda da súa muller, decidirá utilizar un burato cavado na propia casa como agocho provisional. O medo ás posibles represalias, así como o amor que senten o un polo outro, lévaos a un peche que durará máis de 30 anos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Cinexornal 1 by José María Lores Pérez - Issuu