Cinexornal

Page 1

Número 2

8 MARZO 2020

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Especial Día Internacional da Muller 2020

Cine en feminino AVES DE PRESA, (Cathy Yan, Estados Unidos, 2020) Despois de separarse de Joker, Harley Quinn e outras tres heroínas (Canario Negro, Cazadora e Renée Montoya) unen as súas forzas para salvar a unha nena (Cassandra Cain) do malvado rei do crime Máscara Negra. A BICICLETA VERDE, (Haifaa Al-Mansour. Arabia Saudí, 2012) Wadjda ten dez anos e vive nunha sociedade tan tradicional que certas cousas como ir en bicicleta estanlle totalmente prohibidas. A pesar de todo, é unha nena divertida e emprendedora que bordea sempre o límite entre o autorizado e o prohibido. Wadjda desexa ter unha bicicleta para poder competir co seu amigo Abdullah nunha carreira, pero a súa nai non llo permite porque as bicicletas son un perigo para a dignidade dunha moza. CHOLITAS, (Pablo Iraburu, Jaime Murciego, Bolivia, 2019) Mostra a vida de cinco mulleres indíxenas que coas súas vestimentas tradicionais como a pollera, unha saia plisada, lograron ascender os 6.962 metros do Aconcagua, a montaña máis alta de América sendo a maior fazaña do grupo. OS DÍAS QUE VIRÁN, (Carlos Marques-Marcet, España, 2019) Vir e Lluís hai só un ano que saen xuntos, cando descobren que están preñados. Durante 9 meses, seguiremos a aventura desta parella barcelonesa, o xiro enorme que dará a súa vida, os seus medos, alegrías, as súas expectativas e as realidades que, durante o seu embarazo, crecen diante deles, tentando aprender a ser tres cando nin sequera tiveran tempo de aprender a ser dous... Utilizando o embarazo real da parella de actores protagonistas, a película explora a dificultade de compartir co outro a experiencia profundamente transformadora deste proceso.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Cinexornal by José María Lores Pérez - Issuu