Número 6
B
O
L
E
30 XANEIRO 2021
I.E.S. “San Paio” — Tui
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
AQUEL NON ERA EU
T
E
C
A
(Esteban Crespo, España,
2012, 25´) Esta curtametraxe conta a historia da cooperante española Paula e de Kaney, un neno soldado nun país africano que convive con outros baixo as ordes do xeneral do Exército Rebelde. Paula é secuestrada xunto co seu compañeiro nun posto fronteirizo e vive unha dramática situación de violencia e terror, pero tamén de esperanza e posibilidade de redención. "Ser un soldado, e especialmente un neno soldado, non é difícil: ou te afás ou te matan. O máis duro é conseguir vivir coas túas lembranzas e volver ser ti mesmo despois de facer o que fixeches."
BO NADAL (Christian Carion, Francia, 2005, 115´ )
Baseada nun feito real da I Guerra Mundial , a histórica tregua de Nadal na Noiteboa de 1914, cando os soldados comezaron a decorar as súas trincheiras e cantar panxoliñas como “Noite de paz”, terminando con xestos de camaradería entre ambos os bandos, compartindo celebracións relixiosas e mesmo algún que outro partido de fútbol. Tregua que se estendeu durante varios días nalgunhas zonas, xa que os soldados estaban cansados dunha guerra sen sentido, pero pronto os seus superiores comezaron coas represalias, como reflicte a película.
CARTAS DESDE IWO JIMA
(Clint Eastwood, Es-
tados Unidos, 2006, 141´) A historia dos soldados xaponeses que defenderon a súa patria contra as forzas americanas durante a Segunda Guerra Mundial. O xeneral Tadamichi Kuribayashi e os seus homes, elaboraron unha estratexia defensiva, baseada na construción dunha fortaleza subterránea composta por un labirinto de túneles escavados a través da roca negra volcánica de Iwo Jima. Esta táctica transformou o que se prevía como unha derrota rápida e sanguenta, nunha batalla que se prolongaría durante case 40 días.