Número 7
8 MARZO 2021
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Especial Día Internacional da Muller 2021
Cine en feminino ADAM, (Maryam Touzani. Marrocos, 2019, 98´) Na medina de Casablanca, Abla, viúva e nai dunha nena de oito anos, rexenta unha modesta tenda de repostería tradicional marroquí. A súa rutina diaria vese interrompida un día pola chegada de Samia, unha moza embarazada que chama á súa porta buscando traballo e un teito onde durmir. Warda, a filla de Abla, acepta á recentemente chegada desde o primeiro momento, pero a súa nai non quere acoller a unha estraña na súa casa. Abla nin se imaxina o que este encontro fortuíto do destino pode cambiar as súas vidas.
AKELARRE, (Pablo Agüero. España, 2020, 90´) País Vasco, comezos do século XVII. Os homes da rexión están no mar. Ana participa nunha festa no bosque con outras mozas da aldea. O xuíz Rostegui, encomendado polo Rey para purificar a rexión, fainas arrestar como culpables de bruxería. Decide facer o necesario para que confesen o que saben sobre o akelarre, cerimonia máxica durante a cal supostamente o Diaño inicia ás súas servidoras e se ten trato carnal con elas.
A AMABILIDADE DOS ESTRAÑOS, (Lone Scherfig. Dinamarca, 2019, 112´) Clara chega a New York cos seus dous fillos no asento traseiro do seu coche. A viaxe, que disfraza como unha aventura aos ollos dos nenos, pronto se revela como unha fuxida dun marido policía e pai maltratador. Os tres teñen pouco máis que o coche para subsistir no inverno de New York. Alice ensínalles que mesmo, ás veces, nas grandes cidades, tamén hai misericordia.