Número 10
B
NADAL 2021
I.E.S. “San Paio” — Tui
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
EL AMOR EN SU LUGAR
B
L
I
O
T
E
C
A
(Rodrigo Cortés, España,
2021, 103´)
Filme baseado en feitos reais. En xaneiro de 1942, 400.000 xudeus de toda Polonia levan máis dun ano confinados polos nazis nun estreito gueto en metade da cidade. Fóra do muro, a vida segue adiante. Dentro, os seus habitantes loitan por sobrevivir e un grupo de actores xudeus interpreta unha comedia musical no teatro Muller. Entre bambolinas, os actores enfróntanse ao dilema de levar a cabo unha fuga despois da función.
BLACK BOX (Yann Gozlan, Francia. 2020, 129´)
Que pasou a bordo do voo Dubai-París antes de que se estrelase nos Alpes? Mathieu Vasseu, un técnico da BEA, é o investigador xefe deste desastre aéreo. Erro do piloto? Fallo técnico? Acto terrorista? A coidadosa análise das caixas negras empuxará a Mathieu a realizar a súa propia investigación en segredo. Aínda non sabe ata onde o levará a súa busca da verdade.
¡CANTA 2! (Garth Jennings, USA, 2021, 110´)
Buster Moon e os seus amigos queren debutar nun novo espectáculo no Crystal Tower Theatre na glamorosa Redshore City. Pero sen conexións, el e os seus cantantes deben coarse nas oficinas de Crystal Entertainment, dirixidas polo desapiadado magnate dos lobos Jimmy Crystal ), onde a cuadrilla lanza a ridícula idea de elixir á estrela do rock Clay Calloway no seu programa. Buster debe embarcarse nunha procura para atopar ao agora illado Clay e persuadilo de que regrese ao escenario e se una a eles na estrea dun novo espectáculo.
COMO CARGARSE LAS NAVIDADES zano, Sudáfrica, 2020, serie TV)
(Johnny Barbu-
A rebelde Tumi Sello leva anos sen pasar o Nadal en familia. Este ano tócalle, e non vai ser o regreso triunfal da filla pródiga que todos esperaban. Despois de amolarlle a voda á súa irmá, Tumi pásase varios días desesperada tentando arranxar todo o que estragou.