Número 9
I.E.S. “San Paio” — Tui
VERÁN 2021
Series NETFLIX CREEDME (Susannah Grant, USA, 2019) Baseada en feitos reais, mostra a auténtica cara dunha violación e que sucede despois dela. As terribles secuelas que padecen as vítimas e como as soportan cada unha.
EL DESORDEN QUE DEJAS (Carlos Montero, España, 2020) Recentemente chegada ao instituto, Raquel é a nova profesora de Literatura cun pasado tráxico. E un presente moi inquietante. Obsesiónase coa sospeitosa morte que ocorreu alí tres semanas antes... e empeza a temer pola súa vida.
SOMBRA Y HUESO (Eric Heisserer, USA, 2021) Alina Starkov non espera moito da vida, quedou orfa despois da guerra e o único que ten non mundo é ao seu amigo Mal. Por mor dun ataque que recibe Mal ao entrar na Sombra, unha escuridade antinatural repleta de monstros que illou o país, Alina revela un poder latente que nin ela mesma sabía que tiña. Tras ese episodio, Alina é conducida á forza ata a corte real para ser adestrada como un membro dos Grisha, un grupo de magos de elite comandado por un individuo misterioso que se fai chamar O Escuro.
VIVIR SEN PERMISO (Aitor Gabilondo, España, 2018) Serie baseada nun relato do escritor Manuel Rivas, abordando o cru pasado e presente do narcotráfico en Galicia. Cando un empresario e capo da droga galego que oculta a súa doenza de alzhéimer decide retirarse, o seu segundo ao mando confabula para arrebatarlle o imperio ao herdeiro.
Serie TVE Á CARTA NÉBOA (Xosé Morais, Víctor Sierra, Alberto Guntín. España, 2020) É a primeira noite de entroido na illa de Néboa cando aparece o cadáver dunha adolescente, nun lugar rodeado de lendas: nesa mesma cova xa apareceran corpos asasinados da mesma forma, en 1919 e en 1989. A crenza popular é que o asasino é o “Urco”, un home con cabeza de lobo que sae do mar rodeado de cadeas para levar aos vivos. Quen está a cometer asasinatos desde hai máis de 100 anos? Para Mónica e Carmela, dúas investigadoras da Garda Civil, comezou a conta atrás.