Co l de lingua

Page 1

Equipo de Biblioteca IES “San Paio”


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

Limiar.Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, a UNESCO reafirma o seu compromiso total coa diversidade lingüística e o plurilingüismo. As linguas reflicten o que somos e estruturan os nosos pensamentos e identidades. Non pode haber un diálogo xenuíno, nin unha cooperación internacional eficaz, sen o respecto da diversidade lingüística, que abre paso á comprensión verdadeira de cada cultura. O acceso á diversidade das linguas pode estimular a curiosidade e a comprensión mutua dos pobos. Por esta razón, a aprendizaxe das linguas é á vez unha promesa de paz, de innovación e de creatividade. O Día Internacional da Lingua Materna, dedicado este ano á educación plurilingüe, é tamén unha oportunidade para mobilizarse en favor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, e especialmente do obxectivo 4, relativo a unha educación inclusiva e equitativa de calidade e a oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida para todos. A educación e a información na lingua materna son esenciais para mellorar a aprendizaxe e fomentar a confianza e a autoestima, que son algúns dos principais motores do desenvolvemento. Os seres humanos somos seres de linguaxe. As culturas, as ideas, os sentimentos e mesmo as aspiracións a un mundo mellor preséntanse sempre ante nós nunha lingua precisa, con determinadas palabras. Ditas linguas levan valores e visións do mundo que enriquecen á humanidade. O feito de valorizarlas permite ampliar a variedade de futuros posibles e fortalecer a enerxía necesaria para logralos. Con motivo deste Día, fago un chamamento para que o potencial da educación plurilingüe se recoñeza no mundo enteiro, nos sistemas educativos e administrativos, nas expresións culturais e nos medios de comunicación, no ciberespazo e nos intercambios comerciais. Canto máis saibamos valorizar as linguas, máis ferramentas teremos para construír un futuro digno para todos. Irina Bokova

http://www.unesco.org/new/es/international-mother-language-day/ Equipo de Biblioteca

2

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

Acabamos de celebrar o centenario das Irmandades da Fala, un dos seus obxectivos básicos foi a defensa e promoción da nosa lingua materna, o galego. A continuación presentamos unha serie de textos, moitos pertencen a membros das Irmandades ou naceron como resposta ou crítica ao traballo a prol da lingua desenvolvido por elas. Pasado un século a súa actualidade permanece. Para a confección desta escolma a nosa guía foi a seguinte obra: ÍNSUA, Emilio Xosé, A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931), Baía Edicións, A Coruña, 2016, 751 pp. (o número de páxina fai referencia a esta edición) Julio Camba Andreu.Una de las sorpresas más dolorosas que he recibido este año en Galicia me la ha ocasionado el idioma ¿qué es de aquel gallego tan mimoso, tan cortés y tan dulce que, de vuelta de Madrid, se saboreaba como un fruto de la tierra? Imposible reconocerlo en el gallego de hoy. Al cabo de los siglos, el habla patriarcal se ha puesto a estudiar filosofía. Ha leído a Kant y a Fichte, a Spengler y a Ortega y Gasset, y, de la noche a la mañana, se nos ha convertido en un idioma intelectual. ¡Qué palabras tan sabias las suyas! ¡Qué giros tan elegantes!... Lo malo es que estos giros y estas palabras no tienen nada de gallego, porque si en gallego se puede decir todo lo que se quiere, ello es tan sólo a condición de decirlo en portugués. Por mi parte, yo encuentro perfectamente lógico el que los escritores gallegos recurran al portugués siempre que necesiten crear una palabra; pero no me digan a mí que esto es hacer idioma gallego. Esto es hacer idioma portugués, y el idioma portugués ya está hecho. Venirse a estas horas con la pretensión de inventarlo me parece, por lo menos, inútil... Gallegos, amigos míos: yo creo que se impone la formacioón de una nueva “Hirmandade da Fala” para defender el tesoro de nuestra lengua contra los cursis y contra los pedantes... (“Crónica de Camba. El nuevo idioma gallego” in El Sol, 20/09/1926) páx. 569 Uxío Carré Aldao.Difundamos nuestra lengua: leamos a nuestros poetas y escritores y veréis como el gallego adquiere toda la importancia que merece lengua tan rica y armoniosa que hablan tres millones de almas, no contando nuestros afines Portugal, el Brasil y sus colonias. No os avergonzéis de emplearla en todas las ocasiones de vuestra vida... No dejemos que nuestra lengua quede reducida a un idioma vulgar y sin expresión, propio solo para apoupal-os bois... empleadlo para todo y no lo releguéis solamente para aquello que os avergonzaríais de decir en otra lengua. Cultivadla y ennoblecedla... Haced que nuestra fala sea el alma de un pueblo. (“Idioma y literatura en Galicia” in Galicia, La Habana, 26/09/1908) páx. 65 Equipo de Biblioteca

3

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

Manuel García Barros (“Ken Keirades”).DECÁLOGO DOS GALEGUISTAS 1. Falar galego, usando a nosa fala nas conversacións en que interveñan e ata intervindo con ese obxecto. 2. Escribir as cartas en galego (fóra de casos) por consideración á nosa fala, e para que os destinatarios as contesten da mesma forma ou sintan a vergoña de non saber facelo. 3. Propagar as revistas galegas e os periódicos que sosteñan o ideal galeguista (só coñezo un). 4. Coidar que nos postos de libros non falten nunca as obras galegas que se publiquen facéndolles toda a publicidade posible. 5. Procurar que nos adornos das rúas con motivo de calquera solemnidade, non falten nunca os emblemas de Galicia. 6. Influír, sempre que a ocasión se presente, para que as rúas e os establecementos de calquera clase se rotulen en galego. 7. Facer de xeito que nas veladas que se organicen non falten número en galego, xa que non poidan selo todos. 8. Preocuparse porque alguén acometa a empresa... de fabricar broches para a solapa co emblema galego e poñer á venda papel timbrado co mesmo emblema. (“O galeguismo nas vilas” in El Pueblo Gallego, 21/03/1929) páx. 658 Manuel Lugrís Freire.ORACIÓN DOS AMIGOS DA FALA Na fala gallega vive a ialma da nosa terra; a redención de Galicia nos seus acentos latexa. Pobo que o seu verbo esquece é traidor á natureza; como irmáns todos falemos a doce fala gallega. Amigos da fala somos i o amor de Galicia sexa, xa que de todos é nai, quen nos xunte e nos protexa. (páx. 89) Manuel Murguía.Cuando yo era niño, todos a mi alrededor hablaban gallego. Cincuenta años bastaron para que las clases elevadas, que antes no entendían cometer falta usando el lenguaje que todos entendían, hayan cambiado. (in discurso de inauguración da Academia Galega) páx. 14

Equipo de Biblioteca

4

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

Evaristo Martelo Paumán.Como ninguén galego fala agora se non os labradores, xornaleiros, e toda xente ruda, e non señora, e en castelán solo os cabaleiros e a xente sabedora (in Os afillados do demo, 1885)

páx. 14

Vicente Martínez Risco.El gallego debe conservarse como una parte de nuestro rico, de nuestro bellísimo folklore... pero el que quiera ser leído, que escriba en castellano. (in La Centuria, nº 5) páx. 19 O ideal sería que o ensino se dera en lingua galega. A apelación á nosa fala é indispensábel, polo menos nas escolas rurais, sempre que o mestre queira facerse comprender verdadeiramente polos rapaces. O menos que se pode pedir é que o galego non sexa sistematicamente estrañado e botado fóra das escolas. (“Plan pedagóxico para a galeguización das escolas” in Nós, agosto e outubro de 1921) pp. 452 José María Montes Rouco.En regios labios impera En nuestra pasada era, Y más que en labios de reyes Brilla tu habla lisonjera En nuestras vetustas leyes. Con ella fama alcanzaron Nuestros ínclitos mayores, Con ella su fe juraron Cuando de extraños señores Esta tierra rescataron. Tierra de escasa fortuna! Tierra de inmenso valor! Tierra de preclara cuna! Tierra esclava del dolor! Tierra libre cual ninguna! Gallegos! En nuestra vida No tuvimos nunca mengua, Que es su honra sin medida... Tenemos la frente erguida... Y ¡olvidamos nuestra lengua! (in El Eco de Galicia, 15/10/1882) http://www.blogoteca.com/bngsada/index.php?mes=12&ano=2016 Equipo de Biblioteca

5

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

Antonio Noriega Varela.A lingua de Rosalía rico caudal de harmonía que prendou a Castelar. Moitos non a saben falar e os máis non lle teñen pía. Se hai quen non val un pitillo, nin sementa un grao de millo, nin ha de herdar un rego, e dalle azoutas ao fillo para que non fale en galego! (in Fale meu bisavó)

páx. 15

Alejandro Pérez Lugín.¿Hablar en gallego? Estas sí que son palabras mayores... No digo ya a todas horas, o en la intimidad del hogar; pero ni de tarde en tarde se permite la mayor parte del señorío ciudadano -salvo honrosas excepciones- emplebeyizar sus aristocráticos labios con la lengua dulcísima preferida del rey poeta. (in “¡Falade Galego!”, La Voz de Galicia, 16/01/1916) páx. 54

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espírito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e falar castelán era falar ben... O neno galego que vai á escola fala unha lingua diferente, pero semellante á do mestre: unha lingua que non é dos libros nin das cartas que se reciben na súa casa. O neno esfórzase en falar na lingua do mestre, que considera superior á que falan os seus pais. O neno aprende a dicir moitas cousas sen saber ben o que di e sen comprender ben o significado das verbas que pronuncia. A interferencia das dúas linguas rebaixa o desenrolo espiritual do neno, porque non sabe falar na lingua do mestre e ten vergonza de falar na lingua que mamou. O neno non é dono de ningunha lingua, porque o idioma imposto non logrou matar o seu idioma natural; pero logrou degradalo. O neno perde a expresión espontánea do pensamento e sofre un complexo de inferioridade que non o abandona. (in Sempre en Galiza) pp. 450-51

Equipo de Biblioteca

6

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

Xoán Antonio Saco Arce.Mi aspiración se limita a que Galicia adquiera con el amor a su lengua el amor de sí propia, y el sentimiento y la convicción de su importancia, tan poderosos para estimularla a marchar activamente por el camino del progreso... (in limiar a Versos en dialecto gallego de Pérez Ballesteros) páx. 17 A. Santos Vila.Os idiomas e as ortografías dos idiomas non se impoñen, nin son obra duns días, nin duns poucos homes moi sabidos e de moi boa vontade. Os idiomas fainos o tempo... Veña galego, moito galego, fagamos galego dabondo... procuremos que os rótulos dos establecementos de todas as clases sexan en galego: que os anuncios, os xornais, toda folla impresa, estean en galego; falemos galego na casa, na rúa, no círculo; escribamos aos parentes, aos amigos, ao comercio, en galego. Xa virá un organismo puxante que limpe, fixe e dea esplendor. (in A Nosa Terra, nº 102, 05/10/1919) pp. 284-85 Jaime Solá Mestre.Muy bien que fomentemos nuestra lengua. Es un elemento que añadir a la imponderable belleza regional y acaso sea un poderoso acuciador del espíritu de sana rebeldía que apenas es otra cosa que la defensa del propio decoro. Pero, a la par, procuremos que nuestros diputados sientan el coraje en gallego, aunque lo expresen en castellano, que lo que de fuera ha de venir tiene que pedirse de suerte que todos los comprendan. (“Lo que necesita Galicia. Al margen del problema de la lengua” in Vida Gallega, 25/01/1917) páx. 163 Estudiemos y conservemos nuestra lengua para las intimidades afectivas y para algunas exteriozaciones líricas. Pero sírvanos el castellano como arma de combate en nuestra vida de relación. Aunque el corazón nos arrastrase hacia la lengua privativa, la necesidad nos reintegraría hacia la lengua general. El salto atrás al gallego no tiene, en el correr de los tiempos, lógica explicación. (in La Raza 20/03/2018) páx. 141

Victoriano Taibo García.A nosa fala serve para expresarse e verter nela tódalas ideas e tódolos pensamentos, tódalas verdades e tódolos sentimentos, desde os máis sutís e velaíños ata os máis científicos e profundos. Pensar que só ten condicións para describir esmorgas e fartadelas e albiscar contiños acedos, é como afirmar que Galicia non pode ter, nin ten agora, un espírito que sinta e pense. (“Fala e estética” in A Nosa Terra, 30/08/1917) páx. 18

Equipo de Biblioteca

7

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

Antón Villar Ponte.El gallego muere literiamente. No morirá en el uso vulgar, porque tiene aún poderosa raigambre en el corazón del pueblo... (1914) páx. 55 Por culpa de todos. Por culpa de la misma Academia... redactando su boletín en castellano. Por culpa de los periódicos que cultivan poco el idioma regional y no estimulan nada a nuestros literatos enxebres...Por culpa de nuestra ridícula clase media que se avergüenza de hablar en público el idioma propio (in Diario de la Marina, La Habana, 09/05/1914) páx. 56 A lingua é carne de nuestra carne y sangre de nuestra sangre. Van pasados más de cinco siglos desde que los Reyes Católicos ordenaron que en todos los actos y documentos oficiales y públicos se emplease la lengua castellana. En la última centuria... se crearon multitud de escuelas en las que solo se enseñaba el castellano. Pues a pesar de eso, a pesar de que los sacerdotes en el templo predican en el idioma de Castilla, aun cuando este mismo instrumento de expresión es el único que se usa en las leyes, en los periódicos, en los documentos garantizadores de la propiedad, en los bandos, en las actas de los ayuntamientos, en los cuarteles del Estado, ni el catalán murió ni el gallego se extingue. (“En los umbrales de un problema. El gallego no debe morir”) páx. 57 Amor a todo lo autóctono: amor al paisaje y al ambiente: he aquí los módulos esenciales del patriotismo, que unifica, que intensifica, que perpetúa, el idioma nativo. Y así el nativo idioma es lo único, porque lo demás resulta su corolario obligado. Todas las lenguas son buenas para cantar a la Virgen, pero mejores serán, sin duda, aquellas que se adapten perfectamente, intrínsecamente a los latidos del corazón. Pero en Galicia no cabe más que... la gran agrupación fomentadora del amor a la tierra y al idioma... Todo a base del idioma pp. 58-59 ¿Podemos, pues, dejar de cultivar, limpiar y fijar el idioma gallego no siendo suicidas, no teniendo castrada la inteligencia ni cegado el instinto de conservación? páx. 81 Déjese a las regiones que se manifiesten en su lengua, que se definan con el alma en los labios. Con ello no peligra la integridad nacional. páx. 86 La generalización del gallego, sobre todo entre la clase media, nos llevaría a la renuncia de ese inútil esfuerzo que hacemos al castellanizar ridículamente los conceptos, las palabras y el acento, unificándonos poco a poco en sentido nacionalista y obligándonos a amar de modo entrañable la patria natural. (in Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional, 1915) páx. 87

Equipo de Biblioteca

8

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

... a lingua é sempre, signo constante e característico. A lingua é o sal que libra aos pobos da corrupción. A lingua é o pobo en espírito. E se hoxe existe aínda Galicia, onde está esa Galicia se non na lingua? Na lingua que se non morreu é porque a conserva o pobo traballador das vilas, o pobo labrego das aldeas, é dicir, o cuarto poder, que será o primeiro poder do mundo, axudado polos poetas, polos vates, que son sempre os profetas da cultura. (conferencia “Os nacionalismos ibéricos” 06/01/1917) páx. 119 Se a lingua é o escudo da personalidade dos pobos, máis forte que as armas, que loitas gañaremos sen ela? Si a lingua, soamente, dá a autonomía espiritual, as outras autonomías separadas, valerán algo? Páx. 152 A lingua é máis forte que as armas, na lingua latexa a autonomía espiritual dos pobos, a primeira de todas, e só évos pobo libre aquel pobo que se recobra a si mesmo recobrando a súa lingua... En galego falou Pardo de Cela, en galego temos que falar nos. Páx. 154 Santo idioma, idioma inmortal, que conquistou unha hexemonía lírica na península, nos tempos en que o falaba o Rei Sabio! Santo idioma, idioma inmortal, polo que a nobre Lusitania nos tende os seus brazos irmáns dicíndonos que para el inda poder haber unha nova hexemonía novecentista! Que tanto galaico-portugués como castelán se falará logo en América... Que o galaico-portugués, o castelán e o inglés son tres idiomas chamados a loitar por superárense no Novo Mundo. E virá un forte pangaleguismo traendo a luz para a caduca Iberia. Quen arrenegue do galego, forzosamente é un escravo ou ten madeira de escravitude. Ningún señor, en senso futurista ou en senso tradicionalista, pode deixar de amar o noso idioma. (“Esencias do idearium galeguista” in A Nosa Terra, 10/07/1918) pp. 158-59 Para hablar en el campo, para inspirar confianza en el campo, para que se nos entienda bien en el campo tenemos que hablar, sentir e pensar en gallego, ya que la inmensa mayoría de los habitantes de Galicia no dominan otro idioma ni se expresan más que en el suyo propio. Y si la hegemonía centralista castellana en cinco siglos de absoluta dominación no supo, no pudo, o no quiso castellanizar a nuestro pueblo ¿por qué hemos de castellanizarlo nosotros si sabemos que galleguizándolo, haciendo consciente su galleguismo, culturizando su enxebrismo conseguiremos darle a Galicia, de otro modo colonia sin alma, con una conciencia nacional colectiva un sentido universalista trascendente? Dejarla castellanizar ahora, sería un delito; castellanizarla nosotros, un crimen. ¿Es que caben los conceptos más modernos en el castellano?¿Es que el castellano no tiene que traducirlos de otros idiomas?¿Es que el gallego vulgar de las Mariñas no es más rico en terminología marítima universal que el castellano vulgar de la Mancha y de Madrid mismo? Todo resulta relativo en el mundo. (“Respetuosa respuesta a don Miguel de Unamuno. El galleguismo de la Irmandades”, in El Noroeste, 1920) páx. 334-35 A nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal. Se o galego quere ser máis que habitante dun territorio, se arela ser un factor de universalidade e de cosmopolitismo, só co emprego da propia lingua, obra da natureza, poderá selo. Arrenegando da lingua terá de avergoñarse sempre de si mesmo... Creando valores na lingua propia, axiña seremos universais, póndonos en xeito de formarmos unha gran nación de réxime dual coa Lusitania. (“Discursos á nazón galega” in A Nosa Terra, nº 75 e 76, decembro 1918) pp. 367-68 Equipo de Biblioteca

9

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

El supremo don de un pueblo, el testimonio más augusto de su originalidad es poseer un idioma propio. Y los gallegos que renieguen del idioma gallego, ipso facto habrán de sentirse dentro de si mismos avergonzados de su propia naturaleza, en lucha divorcial con el propio etnos... Podrá parecerles de buen tono a algunos paisanos inconscientes eso de desdeñar o ver con indiferencia el idioma propio que le da a nuestra raza su característica más gloriosa en un glorioso ego ipsísimus. Pero a los ojos de cuantos piensen rectamente, su actitud aparecerá tan absurda como digna de lástima... Quien diga, siendo nacido y educado en Galicia, que desconoce o desdeña el gallego, se declara por el mismo hecho ignorante supino... (“Los gallegos desdeñadores del gallego” in El Pueblo Gallego, 27/11/1926) pp. 571-72 Ramón Villar Ponte.... levar a cabo, sen perda de tempo, unha laboura tenaz de recuperación integral do propio verbo. Facíase inaprazable pór remate ao agoniar lento, pero continuo, daquela lingua, a nosa, que tendo condicións para ser o instrumento axeitado da revalorización e recreación dun pobo, paseniño murchaba, adulterábase, era suplantada, mentres que a personalidade da que era verbo natural de expresión arrastraba unha vida amorfa, esmorecía... (A xeración do 16. Discurso lido o 16/06/51 na súa recepción na RAG) páx. 66 Xoán Vicente Viqueira.Galegos, amade a vosa lingua porque ela é un rico tesouro oculto! Amádea, faládea, cultivádea; desenterrade o tesouro que garda o xigante alarbe da tiranía... Galegos, amade, cultivade o rico tesouro da nosa lingua! Só falándoa seredes libres xa que o home sen raza é unha abstracción. (“A nosa lingua” in A Nosa Terra, 20/04/1918) páx. 141

A Nosa Terra.Pódese seguir tolerando o crime de que a quen non sabe castelán déselle o ensino en castelán? Pódese seguir tolerando que a derradeira vontade daqueles que non acertan a expresarse en castelán sofran a mutilación do pensamento que a dita? Pódese seguir tolerando que un xuíz que non coñece o galego tómelles declaración aos galegos?

Equipo de Biblioteca

10

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

Pódese seguir tolerando que se lles explique en castelán unha relixión a quen non sabe aquel idioma? (“As cousas como son. O idioma, bandeira. O noso rexionalismo, o único verdadeiro” 10/01/2018) pp. 140-41 Facede que desapareza nun pobo o idioma propio, o idioma autóctono, e o pobo aquel, perdendo os seus trazos característicos, quedará confundido con calquera outro. Non tornará endexamais a ser inconfundible, a ser seu. (10/09/1918) páx. 142 Quen non queira a lingua galega, non pode sentir amor pola súa Terra. Porque a lingua é o selo espiritual da nosa raza. Desprezando á lingua, desprézase a raza. A lingua, que é a nosa propia alma, ao longo dos séculos, fica como a única testemuña viva e fecunda da nosa personalidade nacional. Suprimide a lingua, e Galicia non existe se non no senso de provincia territorial semellante ás máis da Iberia. Suprimide a lingua e a nosa afinidade con Portugal esmorecerá. A lingua é o escudo único da nosa autonomía espiritual. O único elemento adrede para facer unha cultura propia. A lingua, arma suprema da nosa diferenciación e da nosa universalidade, triunfou de todos os combates do centralismo. E aínda que dende os Reis Católicos se ten feito o posible para esnaquizala, vive e domina nas cinco sextas partes do noso pobo. Quen vaia contra esa forza, terá de ser suicida do seu mesmo ser. (05/01/1919) páx. 280 Cando unha lingua que foi considerada dialecto ao longo dos anos quere converterse en idioma nacional dun pobo... é preciso dignificala empregándoa en temas universais e refinados. Pero hai moitos que... chamándose fillos da súa terra, seguen dándolle ao galego as características de dialecto; seguen escribindo cousas de labregos en linguaxe de labregos, aínda que se teñen por literatos e homes do seu tempo; seguen falando dos curandeiros, dos meigallos, facendo chistes doados e groseiros a conta dos pobres compatriotas que non queren falar o galego e din moitas parvadas en xeito castelán. (15/03/1919) páx. 18 O problema máis interesante e transcendente de Galicia, o de ser ou non ser, é o da lingua... O triste é que haxa aínda moitos galegos, obreiros e señoritos, que non poidan decatarse de tan sinxela verdade. (25/03/1919) páx. 279 Lingua meiga, lingua doce, lingua musical, lingua do noso traballo, lingua na que se teñen augurado todas as nosas liberdades, lingua universalizadora do noso lirismo, lingua na que falaron de amor a nobreza e a fidalguía medieval, lingua de reis e poetas na que pediu o Rei Sabio que lle cantaran ao morrer os seus amigos trobadores... malia do artista galego que non te reverencie con fervente agarimo!... A alma de cada pobo está na lingua de seu! (25/04/1919) páx. 282

Equipo de Biblioteca

11

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

Non lle abonda a Galicia que os seus fillos saiban ler e escribir. Galicia precisa que os seus fillos lean e escriban na súa fala para que a sintan; que estuden na súa xeografía para que a coñezan e coñecéndoa, queíranna, que lles digan das glorias dos seus homes para honralos; que beban nas fontes da súa tradición, da súa cultura e da súa arte para que as continúen sen influencias alleas e que saiban pola súa historia dos aldraxes e das persecucións de que foi vítima. (15/08/1923) páx. 455

Varios.... queremos que la reconstrucción del idioma gallego se realice en plazo breve; que su enseñanza se autorice en las escuelas... que a los profesores se les faciliten libros de texto en gallego, que en el foro el letrado que defienda, el fiscal que acuse y el juez que sentencie, en gallego se expresen en aquellos casos en que las partes interesadas del pleito... están poco familiarizadas con el castellano... que el sacerdote en el púlpito y el orador en la tribuna se dirijan a sus oyentes en el idioma que mejor comprenden. (in editorial da Revista Gallega nº 98) pp. 20-1 El expresarse o escribir en idiomas o dialectos las canciones, bailes, costumbres y trajes regionales no son objeto de prohibición alguna; pero en los actos oficiales de carácter nacional o internacional no podrá usarse por las personas investidas de autoridad otro idioma que el castellano, que es el oficial del Estado español, sin que esta prohibición alcance a la vida interna da las Corporaciones de carácter local o regional, obligadas, no obstante, a llevar en castellano los libros oficiales de Registros, actas, aun en los casos de que los avisos y comunicaciones no dirigidas a Autoridades se hayan redactado en lengua regional. (preámbulo decreto ditadura Primo de Rivera, 1923) pp. 498-99 O menos que un pobo pode pedir, é o ser administrado, xulgado e educado na súa lingua propia. Nós pedimos, polo menos que o galego teña en Galiza os mesmos dereitos que ten a lingua castelá. O idioma dos galegos é o galego; fala galego en Galicia o 90 por cento da xente, o 80 por cento non sabe falar castelán; hainos que nin tan sequera o entenden. Non é xusto que todas estas xentes sexan obrigadas a aprenderen o castelán e a se serviren do castelán na súa relación cos poderes públicos; é unha vergoña que estas xentes saiban falar a súa lingua e non saiban escribila. É unha inxustiza que a lingua de Rosalía de Castro e de Curros Enríquez, do Rei Alfonso o Sabio e dos Trobadores, se teña por unha lingua inferior, porque é nosa... Nós queremos que o galego sexa conservado e estudado, que se fale e se escriba en galego, aínda que se saiban e falen outras linguas, cantas máis poida un saber mellor; non queremos botar fóra o castelán, mais queremos que o galego teña en Galicia os mesmos dereitos que ten o castelán, que sexa ensinado nas escolas, e que se poidan escribir en galego os documento públicos. E namentres, o noso idioma habitual e oficial é o galego... (Manifesto da Irmandade Nacionalista Galega, 3º punto) páx. 428

Equipo de Biblioteca

12

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

A lingua galega nos Estatutos de autonomía.-

Anteproxecto do Seminario de Estudos Galegos (publicado o 6 de maio de 1931) Art. 2º As linguas oficiais no Estado galego son, indistintamente, a galega e a castelá. Non poderán desempeñar en Galicia cargos públicos os que non coñezan a lingua galega.

Emenda ao anteproxecto de 1932, presentada polo Círculo Mercantil de Vigo: ... entendemos que el idioma gallego debería cultivarse, a fin de que no se perdiese por completo, en academias y centros análogos, a fin de convertirlo en una verdadera lengua literaria y culta, pero fuera de este entendemos que no tiene aplicación más que en conversaciones familiares. ... consideramos que su enseñanza obligatoria ocasionaría una gran pérdida de tiempo, precioso para dedicarlo a más útiles disciplinas Estatuto de 1936 Art. 4.º Serán idiomas oficiais en Galicia, o castelán e o galego; pero nas relacións oficiais da Rexión con autoridades doutras Rexións e coas do Estado, usarase sempre o castelán. Todo escrito que se presente a Tribunais e Autoridades redactado en galego, será reproducido en castelán cando o pida a parte interesada; e farase o mesmo en canto a resolucións e notificacións de todas clases. As copias de documentos redactados en lingua rexional, que os fedatarios expidan en castelán, ben por instancia de parte ou ben porque produzan efectos fóra de Galicia, deberán conter tamén o texto galego. Os funcionarios que se designen para actuar na Rexión deberán acreditar coñecemento da lingua galega. Art. 15 (...) Nas Escolas primarias da Rexión e nas do Estado, será obrigatorio o ensino das linguas galega e castelá, e nos Institutos e nas Escolas Normais crearanse as materias de Lingua, Literatura, Xeografía e Historia de Galicia. Nos establecementos de ensinanzas especiais do Estado e na Universidade compostelá, a Rexión poderá soster ou subvencionar cátedras e institucións de cultura galega. Equipo de Biblioteca

13

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

Estatuto de 1981 Artigo 5.º 1. A lingua propia de Galicia é o galego. 2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar. 3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios pra facilita-lo seu coñecemento. 4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua. https://gl.wikipedia.org/wiki/Estatuto_de_autonom%C3%ADa_de_Galicia_de_1936 http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/publicacions/estatutos_de_galicia_1936_1981.pdf

Epílogo.Oda a la lengua materna Porque somos todos criaturas nacidas de esa matriz sonora y con ella aprendimos la magia del entorno los nombres de las cosas los deslumbramientos. Porque los primeros pesares los placeres primeros fueron dichos con sus formas creadoras guiando ocultas la comprensión tras la fuerza del sentimiento. Si, acaso, la distancia llenara de ruidos el ambiente y todos los caminos estuvieran cerrados impidiendo el regreso la música de esa lengua cantaría para acunar nuestro desvelo. Margarita Schultz http://narrativabreve.com/2016/04/poema-de-margarita-schultz-oda-a-la-lengua-materna.html Equipo de Biblioteca

14

IES “San Paio” - TUI


Co L de Lingua

Día da Lingua Materna 2017

CRÉDITOS DAS ILUSTRACIÓNS: http://www.farodevigo.es/opinion/2012/02/28/julio-camba/627884.html https://gl.wikipedia.org/wiki/Ux%C3%ADo_Carr%C3%A9_Aldao https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Garc%C3%ADa_Barros http://memoriadesada.com/imaxe/manuel-lugris-freire/ https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Manuel_Murgu%C3%ADa_por_Ovidio_Murgu %C3%ADa_de_Castro.jpg https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Landras_e_bayas.jpg http://diadasletrasgalegas.galiciadigital.com/homenaxeado/vicente-martinez-risco_1981 http://www.mondonedo.net/content/view/82/93/lang,es/ http://www.usc.es/es/info_xeral/casadatroia/fotos.html?action=detail&image=4 https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:P1120431_Cerceda_monumento_Castelao.JPG https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Juan_Antonio_Saco_y_Arce.jpg http://ainsuadoinsua.blogspot.com.es/2015/07/a-academia-galega-nas-decadas-de.html http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=VicTaibo&alias=Victoriano+Taibo http://literaturagalega.as-pg.gal/a-etapa-contemporanea-s-xx/a-figura-de-anton-villar-ponte.html http://consellodacultura.gal/album/irmandades-da-fala/detalle.php?id=7006&persoa=4154 https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Xoh%C3%A1n_Vicente_Viqueira.jpg https://historiadegalicia.gal/2016/11/cumprensen-cen-anos-de-nosa-terra-o-primeiro-gran-xornalgalego/ http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/sermos-galiza-agasalla-lectores-lectoras-co-facsimildo-primeiro-numero-nosa-terra/20161116131100052833.html https://gl.wikipedia.org/wiki/Estatuto_de_autonom%C3%ADa_de_Galicia_de_1936 http://www.catedraabierta.udp.cl/conferencia-margarita-schultz-y-maria-teresa-ruiz/

Día Internacional da Lingua Materna 2017

Equipo de Biblioteca

15

IES “San Paio” - TUI


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.