EN DEFENSA DA NOSA LINGUA MATERNA
IES “San Paio” TUI
Biblioteca
2
Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO O Día Internacional da Lingua Materna é unha excelente ocasión para subliñar a importancia que teñen as linguas para a identidade dos grupos e das persoas, como base da vida social, económica e cultural. O plurilingüismo constitúe unha forza e unha oportunidade para a humanidade. Encarna a nosa diversidade cultural e fomenta o intercambio de puntos de vista, a renovación das ideas e a ampliación da nosa imaxinación. O diálogo verdadeiro pasa polo respecto das linguas, e por este motivo a UNESCO traballa para promover a utilización das linguas como motor do entendemento mutuo. Alentamos o ensino na lingua materna, que permite loitar mellor contra o analfabetismo e contribúe a unha educación de calidade. A protección das linguas garante tamén a salvagarda e a transmisión dos saberes singulares ou autóctonos. Pode ser a vía para dotar a todas as persoas dos medios para facerse oír e para facerse respectar, e é unha forza de inclusión social. Este ano, a UNESCO decidiu examinar os lazos entre a lingua e o libro. Os libros son unha forza de paz e desenvolvemento que hai que poñer ao alcance de todos. Son tamén ferramentas esenciais de expresión que participan no enriquecemento das linguas, ao tempo que preservan a pegada da evolución das linguas no transcurso do tempo. Na época das novas tecnoloxías, os libros seguen sendo instrumentos preciosos, manexables, resistentes, prácticos para o intercambio de coñecementos, a comprensión mutua e a apertura ao mundo. Son piares das sociedades do saber e están á vangarda da promoción da liberdade de expresión e da educación para todos. A vitalidade das linguas depende tanto da palabra compartida polos falantes coma da produción abundante de material pedagóxico e textos imprimidos. Nalgúns países, a falta de libros e manuais escolares escritos nas linguas locais constitúe un obstáculo para o desenvolvemento e a inclusión social. É tamén de feito unha privación elemental do dereito á liberdade de expresión. As ferramentas dixitais permiten en ocasións suplir esta carencia, pero non abondan, e debemos facer todo o posible para garantir unha difusión máis equitativa dos materiais e os libros que todas as persoas, sobre todo os nenos, poderán ler na lingua que elixan, incluída a súa lingua materna. Facilitar estes recursos é unha forma de acelerar o cumprimento dos obxectivos da Educación para Todos ata 2015. Tamén é importante a tradución ao servizo desta grande empresa, xa que tende pontes cara a novos públicos. Nesta 14ª celebración do Día Internacional da Lingua Materna, fago un chamamento a todos os asociados da UNESCO, os autores e os docentes de todo o mundo, nas universidades, as cátedras e as escolas asociadas, para que colaboren en prol do recoñecemento da importancia da diversidade lingüística e cultural e da educación na lingua materna.1 Irina Bokova 1
http://unesdoc.unesco.org/images/0021/002195/219570s.pdf
IES “San Paio” TUI
Biblioteca
IGLESIA ALVARIÑO, Aquilino (Abadín 1909-Compostela 1961) Anque en gallego che fale escóitame meu irmán, ahí vai o meu corasón sobor da palma da man. Corasón, cor corasón. O mismo dá. Tan se vol.2
2
IGLESIA ALVARIÑO, Aquilino, Poesía galega completa, Xerais, Vigo, 1986, páx. 314
3
Biblioteca
IES “San Paio” TUI
4
LAGO GONZÁLEZ, Manuel (Tui 1865 - Santiago de Compostela
1925)
A fala galega (fragmento) A Xavier Vales Failde
No leito dos nosos vales, no cume dos nosos montes, á veira dos nosos ríos, nos campos de frores, óiese unha música tenra, cantiga de rousiñoles, que enche de bágoas os ollos i alcende no peito amores... a música alegre da fala galega, da fala máis linda que falan os homes.
Oína cando era neno tan gasalleira e tan doce que coidéi que eran os ánxeles que do meu berce no borde...3
“O arcebispo Lago foi un lóstrego que iluminou o ceo de Galicia, abrindo futuro. Home de igrexa, foino tamén da nosa terra, lingua e cultura” (Torres Queiruga)4. Velaquí o seu :
Discurso en louvanza do galego
3 4
Lembranza de Lago González, Galaxia, Vigo, 1973, páx. 25. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/letrasgalegas/2012/05/12/dia-das-letras-galegas-1973-manuel-lagogonzalez/0003_201205SC12P6994.htm
IES “San Paio” TUI
Biblioteca
5
IES “San Paio” TUI
Biblioteca
6
IES “San Paio” TUI
Biblioteca
7
Biblioteca
IES “San Paio” TUI
8
5
MANUEL MARÍA (Outeiro de Rei, 1929- A Coruña, 2004) A fala6 O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo.
O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa.
O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor.
O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén!
O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós.
O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade.
O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo.
Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer!
5 6
Elogio de la lengua gallega, Boletín RAG, ano I, núm. 6-7, http://www.realacademiagalega.org/boletins#paxinas.do?id=2185&d-447263-p=1 MANUEL MARÍA, Obra poética completa I (1950-1979), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, pp. 680-1
IES “San Paio” TUI
Biblioteca
9
MONTERO SANTALHA, Xosé Martinho (Cerdido, 1947) Como vivo coitado por esta nossa língua! Como vivo coitada, madre, por meu amigo, ca m´enviou mandado que se vai no ferido: e por el vivo coitada! [...] Ca m´enviou mandado que se vai no ferido, eu a Santa Cecilia de coraçón o digo: e por el vivo coitada!
Como vivo coitado por esta nossa lingua, que nos manda mensagens que morre cada día! E vivo tam coitado! Como vivo coitado por este nosso idioma, que nos manda mensagens que morre cada hora! E vivo tam coitado! Que nos manda mensagens que morre cada día! A língua em que eu quero rogar Santa Cecília. E vivo tam coitado! Que nos manda mensagens que morre cada hora! O idioma em que quero rezar as miñas coitas. E vivo tam coitado! Hoje a Santa Cecília a miña alma suplica que por outros mil anos a velha língua viva. E vivo tam coitado! Hoje a Santa Cecília o coraçón implora que por outros mil anos perviva o velho idioma. E vivo tam coitado!7
7
VILLARES MOUTEIRA, Félix, Un alpendre de sombra e de luar. A escola literaria da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Biblos clube de lectores, Cesuras, 2007, pp.640-1
IES “San Paio” TUI
Biblioteca
NORIEGA VARELA, Antonio (Mondoñedo 1869 – Viveiro 1947) Nosa fala8 ¿I a que vén ora o brañego? Ai, amantiños, ben cego é o que non ve pola criba: vén a gabar o gallego, vén pra que o gallego viva.
O gallego é un suspiriño, ¡é a cousa máis meiga que hai!, é o linguaxe amorosiño en que oín decir: ¡filliño!... de labios de miña mai.
Nosa fala é un paxariño que adoita fague-lo niño no seio do hirsuto monte: ben na póla dun espiño, ben á beira dunha fonte.
É faliña que alourniña, que o noso corazón move pra que atallemos axiña os salouquiños do probe coa gracia da limosniña.
Froliña é que non extraña os ermos, e ben se engaña quen se desviva por ela si entre os toxos na montaña non se espiñou pra collela.
I é un tan ansioso falar, que logra sobrepuxar a saudosa tristura da estreliña da fartura e das noites de lunar... ................................... ...................................
É rigueiriño que corre mentras a sombra socorre dalgún mesto piñeiral: fáltalle o agarimo... e morre antes de chegar ó val. É a que requebra á aurora, prendada da incerta lus, i en gallego, cando chora, lle canta Nosa Señora, pra que adormeza, a Jesús.
8
Ibídem pp. 165-7
A devoción i a delor ¡sean sempre ó seu favor!: eu moito a venero, e creio que solamente no ceio pode haber fala mellor.
10
Biblioteca
IES “San Paio” TUI
PARAPAR LAGO, Marcos Mariño (Ortigueira 1942) Á tódolos que falan en galego Estes versos que coma flores rego doulles acougo nesta frente miña. Sentimento outo que de lonxe viña e que gardo en mín sin ningún renego. Isto é o que eu levo con paz no talego transparente e fráxil coma ablaíña. Cántiga ideal pra fala raíña, a feliz colleita, a anada que eu sego. Fala cordial. Alto peso neto. De palabras faigo un trais outro rego i estes versos meus nos haberes meto. Ni idioma nai, hoxe ata aquí chego. I este dedico, pequeno libreto, a todos cantos falades galego.9
TIMIRAOS CASTRO, Ricardo (Viveiro 1946) Homaxe á fala Pai de paus, agarimo de desprecios, suor de labrego, nome de mai.
Néboa de esperas, sal da tristura. Auga da anguria, pan da amistade.
Sol de emigrante, cantiga de neno, door de ribeiro, bico do mar.
Se Deus cando fixo o ceo, Galicia colleu de espello, non sería de extranar que pra enseña-lo amor falara no idioma galego.10
Soño de tolos, bágoa de vella, lúa e estrela, mau pra arar.
9 Ibídem pp. 614 10 Ibídem pp. 617
11
IES “San Paio” TUI
Biblioteca
12
VILLAR, Helena e RÁBADE, Xesús (Becerreá 1940 e
Cospeito 1949)
Era la buena voz, la voz querida. A. Machado
Foi na voz de meus pais arrolo e soño; paxariño remol dun dondo niño... Foi a luz do mencer do meu camiño: fiou o berlo do meu ser sen dono. Foi tecendo o universo que corono, nomeándome as cousas que acariño, alumando o mañá que hoxe adiviño arroupado no colo do seu trono. Fíxose eternidade pola terra onde as bocas callaron en formento de amor-dor infinito que se enterra. Fíxose corazón. Frauta de vento que acocha o mundo en si. Gorxa que berra porque abrolla en pulmós con propio acento 11.
Índice Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO...........................................................................................2 IGLESIA ALVARIÑO, Aquilino..........................................................................................................3 LAGO GONZÁLEZ, Manuel .............................................................................................................4 A fala galega....................................................................................................................................4 Discurso en louvanza do galego......................................................................................................4 MANUEL MARÍA ..............................................................................................................................8 MONTERO SANTALHA, Xosé Martinho..........................................................................................9 NORIEGA VARELA, Antonio...........................................................................................................10 PARAPAR LAGO, Marcos Mariño ...................................................................................................11 TIMIRAOS CASTRO, Ricardo .........................................................................................................11 VILLAR, Helena e RÁBADE, Xesús................................................................................................12 11 VILLAR, Helena e RÁBADE, Xesús, O sangue na paisaxe, Edicións do Cerne, Santiago, 1980, páx. 22