Escolma lecturas aurienses monfortinas

Page 1

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”


ESCOLMA DE LECTURAS AURIENSES

Blanco Amor, Eduardo.(...) Conque ó chegar perto da Praza Maor, oíronse as tres da mañá, no reló da Catredal. A xiada estraba as rúas e mais os tellados, que todo somellaba de vidro polo moito luar, i os charcos a chuvia estaban outravolta adurecidos polo carambelo. Cando pasamos pola Lameda aínda se vía o relustro do lume do pazo, que me desacougou moito velo, pois xa se me tivera esquecido; ou, ó menos, non pensara nil. Co aquelo voltoume un grande acoramento e viñéronme ganas de me apartar dos compañeiros e facer non sei qué. Pro o Bocas non daba tempo pra cavilar. Cando se lle puña unha cousa na… Ía diante de nós, camiñando con gran resolución, sen decire verba, e nós seguiámolo, pola miña parte de mala gaña, pro seguiámolo coma si en logar de ir diante de nós fose detrás empurrándonos. (...) De primeriras fumos cara á Estación. Non sei si xa dixen que tiñamos mentes de pillar o tren mixto,que pasa,como vosté me enseña, ás cinco á mañá e irmonos a Monforte,até que acougara un pouco o asunto, que o tempo todo o vai arranxando. E sinon se arranxaba, tamén se falou de seguirmos para parte de Asturias onde polo visto, atopábase bo traballo nas minas de carbón, que o Bocas tiña aló uns amigos. in A Esmorga

Bóveda, Alexandre.Pechei os ollos; quixen durmir... Soñei esperto pensando en ti. Iamos ledos a camiñar: era camiño o noso amor; meta, un fogar.

Luz, a da Lúa; dos paxariños, música leda; nos teus, meus ollos; polo camiño, toda fragancia da Natureza; as almas xuntas, beizos que en bicos cariños rezan... Fin do idilio que os corpos xuntos xa van chegando fin da vereda. Poema inédito in Cartafol poético para Alexandre Bóveda


Casares, Carlos.(...) eu non quería. O Rata asubiou e entre todos botáronse ao Zalo. Espírono e atárono a un amieiro. O Zalo choraba e a min déronme ganas de chorar. Eso non se lle fai a ninguén e menos a traición. O Rata chuspiulle alí, naquel sitio, e chamoulle caguetas. “Non se chora”, dixo. Despois colleou un vimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como mira el, e collín o vimbio. “Veña”. Díxenlle que non. “Mira, Rafael, que che tocou en sortes”. Díxenlle que non. “Mira, Rafael, que te imos atar a ti”. “Non”. “Mira, Rafael, que non me enchas”. “Mira, Rafael...” Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai. Agarrei o vimbio e funme cara ó Zalo. Eu non quería, ben o sabe Deus. E deille no pescozo. Os outros berraron: “¡Máis!” Trinquei os dentes e sentín que me baixaban as bágoas polos ollos e que non vía. E deille nas pernas, nos ombros, na cara, no peito. Sangraba e berraba. E os outros dicían: “¡Máis!” E eu non vía. E daba. E sentía o sol dentro da cabeza e os chiídos do Zalo, que se me espetaban nos ouvidos. E daba “¡Máis!” Doíame o brazo de tanto subir e baixar. “¡Máis! Cando mirei para o Zalo gañei medo. Sangraba por todas partes e comíano as moscas. Estaba como morto. Non falaba. O Rata e os outros fuxiron. Eu tamén fuxín (...) de “O xogo da guerra” in Vento ferido

Curros Enríquez, Manuel Na chegada a Ourense da primeira locomotora Catedral, demagogo de pedra, dun pobo fanático erguida no medio, repinica esas chocas campanas en sinal de alegría e contento. ¡Asocia esas voces ó son dos pandeiros, ás santas surrisas de terras e ceos! E ti, río dos grandes destinos, que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos, requeimadas as fauces da sede ven o monstro a beber no teu seo. Bon samaritano, dalle auga ó sedento; que a máquena é o Cristo dos tempos modernos. in Aires da miña terra


Dios, Manuel de A ponte Pente do vento. Xugo da saudade que choran os teus ollos entre os montes. Ponte de pedra, catedral das pontes, espadela do pranto da cidade. Ancorada no sono. Mocidade brincadeira dos ríos e de fonte. Pomba devanadoira de horizontes que voa dende o tempo na eternidade. Cantas veces de neno eu perseguía na ribeira do río a algarabía dos vencellos no ar engaiolados. Fuxiron os paxaros pola noite, e non hai, ponte vella, quen escoite os seus chíos no tempo sulagados. in Sete poetas ourensáns

Fernández Naval, Francisco X.Burgas Agora sei. Non hai horizonte nin retorno, tan só o vapor das perdas. in Miño

Lamas Carbajal, Valentín.Pelegrino d' outras terras, ¿pr' onde vas pelegrinando por tan estreitos camiños coberto de polvo e canso, os vestidos n-as silveiras pouquiño á pouco esgazando, e mal ferindo n-os coyos os pés que levas descalzos?

S' é que vas pr' a Compostela a ver o Apóstole Santo pra cumprir un voto feito d' aIgun beneficio en pago, non camiñes tan de presa, Pelegrino, acurta o paso, que pra facer a romaxe tempo terás se tés ánemos...

de “A cruz d´os farrapos” in Saudades Gallegas

Decraracion da doutrina labrega P.- ¿Sodes labrego? R.- Sí, pola miña disgracia. P.-Ese nome de labrego, ¿de quén o recibiche? R.- Do sacho que me fai callos nas maus, da terra que rego co sudor da miña testa, das mouras fames que paso, do aire que brúa nas miñas faltriqueiras, da monteira que levo na chola, da coroza de palla que me libra da chuvia, das cirigolas de estopa que me cobren de medio corpo abaixo, e doutras cativeces entre as que vivo aguniando.


P.- ¿Qué quere decir labrego? R.- Home acabadiño de traballos, caste de besta de carga na que tanguen a rabear os que gobernan, ser a quen fan pagar cédula como as persoas pra tratalo como aos cás, que leva faltriqueira no traxe por fantesía, boca na cara por bulra, que anda de arrastro como as cobras, que fura na terra como as toupeiras, que traballa moito e come pouco, que á somellanza dos burros de arrieiro que levan o viño e beben a auga, precuran o trigo pra comer o millo, que anda langraneando por unha peseta sin poder nunca xuntala, e que ven ser considerado polo s seus somenllantes como un ninguén que a todo chamar chámanlle Xan Paisano... Terceira parte: na que se decrara o que se ha de obrar P.- ¿Cál é o sétimo? R.- Non furtar. P.- ¿Quén peca contra este mandamento? R.- Os que non contentándose co que Deus lles dou procuran apañar o alleo; os que andan coas maus no poze do presuposto; os da curia que fan letras como garabanzos porque cobran por pregos os seus dereitos; os xastres que nos piden unha vara de pano pra facer unha monteira; os que se gobernan desgobernando; os médicos que con unturas de ouro inutilízannos os fillos pra o servicio do rei; os tendeiros que pesan coa romana do demo, e miden cunha vara polo xeito da xusticia; os empregados que non teñen tempo pra despachar os nosos asuntos porque todo lles e pouco pra fumar cigarros e falar mal do Goberno; os que nos expremen o zume finxindo que nos protexen; os que nonos fan ningún servicio, non andando diñeiro por diante; os usureiros que encabalan os réditos; e outros moitos que fora largo contar, porque o mundo está cheo de gatos que andan sempre á caza dos probes ratiños de aldea. in Frei Marcos da Portela, O catecismo do labrego

Martínez Risco, Vicente.Don Celidonio é gordo e artrítico... na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo. O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no verán súa en regueiros aceitosos i en pingotas bastas, como as que deitan os chourizos cando están no fumeiro. Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escacharan a testa, que tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesada habían atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, mesturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento. in O porco de pé


Otero Pedrayo, Ramón.(...) ¿E que diremos da cultura? A galega foi a primeira lingua moderna de España que chegou a un autofrolecer literario e nela Afonso X «o único Rei Sabio que no trono de España tivo asento» como dixo Curros Enríquez, dixo o mellor de seu espírito. En galego temos que pensar e sentir se queremos ser considerados no mundo e non ser tidos por humildes imitadores que copian por non crer na propia forza. Temos unha arte, unha expresión musical, unha maneira nosa de pensamento e de emoción. Deixala morrer sería o suicidio que non se perdoa pois é pecado contra o espírito. Hai moito que facer neste sentido pois foron descoidadas as xeracións anteriores, máis que gloria incomparábel para unha nova xeración redentora, este deber e esta gloria de enriquecer coa nosa a cultura do mundo! “Para unha política galega” in El Pueblo Gallego, 1-IX-1933

(...) ¡que fermoso desenrolar o panexírico do “garzón de Austria” e as gabanzas do día de Lepanto diante do retablo do lado da Epístola da igrexa de Santo Domingo de Tui! Desde logo, na festa do Rosario. Tamén, como tiña de ser, o argumento do altar xoga arredor da Virxe do Rosario. Arredor da imaxe ordénase a mística constelación dos misterios. ¡Cousas belidas desa arte popular que ten moito de sinxelamento erudito! Como case todos os templos dos Mendicantes, o de Santo Mingos tudense ergue leviáns oxivas, acende ousos de fiestras como espadas de raiolas do abrente. O retablo barroco, labrado, historiado, himno e sermón de graves e expresivos temas, sabe adaptarse á lei dos espazos góticos, como unha lenda ilustrativa de apura tese escolástica (...) Na calma da paisaxe, na igrexa deserta, a interpretación barroca da “más grande ocasión que vieron los siglos” érguese á categoría de mito exemplar. “Llorad naves del mar que es destruida...” in La Noche, 3-XI-1947

(...) Vicetto, falando de Tui, non esquece a cultura e xentileza dos tudenses. Entón, as murallas facían máis belida a rubida do coto da cidade. Tui ten a beleza dunha “piña” de arquitecturas escolmadas. Un ramo sobre do maino e podente río. (...) Vicetto, hai un século, non dubida e escribía de Tui: dúas veces reedificada, non alcanzará a terceira restauración. Xulgábaa unha fermosa mortiña. “Lembrando con Vicetto” in La Noche, 28-VIII-1948

Valcárcel, Marcos.Na casa de Ervedelo, o avó Benxamín presidía a longa mesa do comedor onde collía unha ducia de persoas. Os homes sentabámonos antes mentres as mulleres traían as fontes do cocido. O meu irmán Fiz e máis eu a cada lado do meu avó: el xa se encargaba de enchernos os vasos de viño e os pratos. Falábase de moitos temas, desde o estado das vides ata as conquistas amorosas de Julio Iglesias. Ás veces o avó contaba as súas aventuras de mocidade en Cuba. Outras veces dicía: Agora, calade todos que vai falar “O Profesor”, pois así me chamou desde neno. E entón xurdía o relato: as infidelidades de Zeus, as viaxes de Ulises, as aventuras de Hércules, o terror da Medusa. http://asuvasnasolaina.blogspot.com.es/search?updated-max=2010-09-21T02:45:00%2B02:00


Valente, José Ángel.Biografía

Muerte y resurrección

Ahora cuando escribo sin certeza mi bionotabibliográfica a petición de alguien que desea excluirme de favor y por nada en consabida antología de la sempiternamente joven senescente poesía española de posguerra (de qué guerra me habla esta mañana, delicado Giocondo, entre tenues olvidos, de la guerra de quién con quién y cuándo) cuando escribo mi bioesquelonotabibliográfica compruebo minucioso la fecha de mi muerte y escasa es, digo con gentil tristeza, la ya marchita gloria del difunto.

No estabas tú, estaban tus despojos. Luego y después de tanto morir no estaba el cuerpo de la muerte. Morir no tiene cuerpo. Estaba traslúcido el lugar donde tu cuerpo estuvo. La piedra había sido removida. No estabas tú, tu cuerpo, estaba sobrevivida al fin la transparencia.

Vázquez, Dora.O teu nome ¡OURENSE!...O teu nome pónse nos beizos... ven da auga. Nace na fonte de cálido alento que abre con burgas o solar da túa carne. ¡Ourense!... O teu nome tráeme fragancias de añosas acacias e asentos de recio granito, luminarias de nocturnos crepúsculos, dourados ocasos e brancas auroras, ¡memorias de tempos!... (in Canto á cidade de Ourense)


ESCOLMA DE LECTURAS MONFORTINAS Diéguez, Lois Cumpreanos ... Cumprimos anos felizmente templados nas augas do Cabe que son máis claras e fértiles e de mellor vea para modelar a espada e avigorar o peito debilitado no tempo e na batalla. Cumprimos anos encanecidos de sabedoria e de paciéncia, que son as armas máis valiosas para confirmar o hidromel na copa e o caravel no eixo da casa familiar. ...

Val de Lemos

Chaira de erva ou bacelo mar verde que foi ou lagoa de azulados nenúfares dormidos. Asi pintabas o teu Val cando o ar da amañecida soñaba en nós o tempo longo eternidade da alegria soños infantes tan azuis tardes de cereixa subidos na última galla que abria o ceo e o niño anoxado e a caída Cambio de morada A Manuel e Saleta que agora viven na Coruña. gravando o seu eco nos anos. Tempos de cereixa e vagalume Viver o mar agora, polas encostas lemavas a luz das nubes brancas que vén do infinito que soben o circo das montañas medindo cons de cercania e descansan cumes tras as novas xanelas. nas casas que te viron. A vida trouxo páxinas felices Cando a vida en horizontes anunciados. ainda non se marcaba con lindeiros Naceu, quizá, outra palabra e era a voz sangue do ar se a palabra pode ter outra calor. e a enerxia corpo e son Paisaxes de azul e grises, e aiga viaxeira. niño de sempre salgado de mar, Percorremos as restrevas o paseo longo para apurá-lo calcinadas polo sol cada tarde as mámoas enigmas no murmúrio grande das ondas, polo Couso na amizade que se espella nas vidreiras e as ribeiras do Cabe e do Lor do peirao percurado. pias mansios cavorcos anegados E nós vimos de máis aló do frio alumeados polo sol da tua mirada. presenciar tanta alegria, Criamos a cunca do Val algunha vez, nós sós ainda que no corazón nos reencontros e fuxidas se nos abra unha brasa e tiveron as cousas nome e sintamos lonxíncua a calor cando ti as acariñache daquelas palabras. e lles deche movimento. A fin é sempre a alegria, non o esquecemos, Asi naceu o Val en min e sempre a paisaxe se harmoniza nos ollos ben abertos e no sangue co anseio dunha nova morada. chaira de erva ou bacelo Asi que, amando-a tamén, e visitando-a mar verde que foi facemo-la nosa como eles ou lagoa de azulados nenúfares e gozamo-la. dormidos. in Sete poemas e un maio

in Ónfalos


Fernández Texeiro, Manuel María1.Agora vivo en Monforte para o que gusten, coidando o amor, a comprensión, a fe nos homes, na Terra e máis na fala. Carezo de títulos importantes. Non teño vocación para arquivar diplomas que son febles papeis –fume de nada– que sempre rematan no faiado irremisibelmente roídos polos ratos. Toda a miña ilusión é ir tirando. E se falo de min é para dicir que aínda estou vivo, sano e salvo.

Pequena canción de amor En Monforte, amiga miña, arrigou o noso querer. ¡Foi roseira pequeniña denantes de recender! En Monforte, miña amiga, agromou o noso amor. ¡E foi semente e espiga de desmedido grandor!

in Remol

En Monforte, miña amada, froleceu o amor noso. ¡E comezou sendo nada e fíxose poderoso! En Monforte, amada miña. ¡Tivo que ser en Monforte! ¡O noso amor, queridiña, que cada día é máis forte!

Cancionciña do reiseñor e a noitarega no campo da Compañía Ai, amiga e compañeira: Noitarega e reiseñor ¡quén tivera a nosa sorte a cantar na Compañía: de escoitar, pola ribeira, ¡o teu corazón, amor, ao reiseñor, en Monforte! con desacougo batía...! Ai, compañeira e amiga: ¡qué señardade labrega ten en Monforte a cantiga, tan triste, da noitarega!

Batía o teu corazón, o meu corazón tremaba: ¡se cantaba o reiseñor, a noitarega laiaba...!

O cardenal Don Rodrigo de Castro Rayos ciñe la luz, estrellas pisa Deixou na ribeira do Cabe cantador xa da lúa e das neves coroado, unha poética lección de xeometría: festexado do orballo e máis da brisa, a pedra dura foi liña. E foi amor. diamante centilante en luz broslado. ¡Foi o Colexio que din da Compañía! Era monfortino Rodrigo o Cardenal pese a nacer e vivir en terra allea: ¡pro era de lei, bó trigo candeal, alta torre de amor, marea plea...!

1

Agora, e sempre, xa de luz cinxido na nosa lembranza vive docemente. Ouh cardenal Rodrigo: ¡o tempo ido no teu soño está, feito presente!

https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/pluginfile.php/33027/mod_resource/content/0/MMM.pdf


Colexio de Nosa Señora a Antiga Colexio de Nosa Señora a Antiga: ¡a liña é luz, beleza pura, claridade con ritmo de cantiga, harmonía, contención: arquitectura!

Aí está o gran retablo. A madeira por Francisco de Moure traballada. ¡Ahí está, enteira e verdadeira, a realidade vivida e a soñada...!

Ouh cardenal Rodrigo: a obra túa é xeometría, espacio, forte mastro, sobriedade –calculada e núa– e blasón inmorrente dos de Castro.

Ollade a gran praza. E contemplade o colexio: é luz petri3icada. Aí está a harmonía, a claridade na liña herrerián aprisionada.

Poemiña do río Cabe

Canción da Ponte Vella

Ouh Cabe, meu río Cabe, marmurador e riseiro, ¡tés a tenrura da ave, pasas cantor e lixeiro!

A Ponte Vella, ¡ai amiga!, é un soño namorado. O Cabe, baixo os seus arcos, vai silandeiro e pasmado.

Mandou a estrela da sorte que espallaras a cidade. ¡Cándo pasas por Monforte vas cheo de vanidade...!

Baixo os seus arcos o Cabe vai pasmado e silandeiro e reflexa nas súas ondas o soño máis verdadeiro.

¡Non lle temes ao castelo, as pontes non te domeñan! ¡Sigues, ufano e sinxelo, sen soltas que te deteñan!

O soño máis verdadeiro de cantería e pureza, ¡coa consistencia da pedra e o inefábel da beleza!

¡Corres lixeiro, xentil e sen deixar de cantar! ¡Nas augas fondas do Sil sigues camiño do mar...!

...e o inefábel da beleza que se sente e non se sabe: ¡na maxia da Ponte Vella sobor das ondas do Cabe!

Ouh Cabe, meu río Cabe, transparente e xogoral: ¡o teu marmurio suave é a cantiga do Val...


Canción da rúa do Cardenal

Convento de Santa Clara

Cardenal, rúa ou raíña, de beleza sorprendente: ¡a ollada túa aloumiña ao Monte de San Vicente!

Mosteiro recollido das Clarisas no que a luz é lenta e moi suave: ¡o tempo remansado perde as prisas e escoita, quedo, marmurar ao Cabe!

A túa estrela sempre acerta coas roitas da fantasía: ¡Cardenal, ancha e aberta, que acabas na Compañía...!

Para unha banda tés a Ponte Vella, o Campo de San Antón ao outro lado. ¡O tempo vai arando, dura rella, o tempo vai facendo o seu furado!

Ouh Cardenal, flor das rúas con galerías sen par ¡qué teñen lembranzas túas e non as queren contar...!

¡E ti sempre calado e recollido! ¡Ti sempre pechado e silandeiro! ¡A ti non che importa o tempo ido, tampouco te preocupas do vindeiro!

Acéndeste, ruborosa, e brillas como un rubí, ¡Cardenal, moza xeitosa, se oes dicir ben de ti!

As túas campanas rezando soedás, chamando aos menceres e a serán, ¡saudando o nacemento das mañás, chorando polas tardes que se van!

Cardenal, rúa perfecta e corazón da cidade: ¡materia de vida feita con soños de eternidade!

Inés de Castro Inés de Castro, doce e namorada, está lonxe Monforte de Alcobaça. ¡Ouh Inés de Castro, a malfadada: o amor de verdade nunca pasa! ¡Ouh sinxela Inés, garza real! ¡Ouh apaixonada Inés, a dolorida! ¡O verdadeiro amor sempre é leal! ¡O verdadeiro amor é toda a vida! O amor é anceio, luz, arela. O amor, por ti, acada eternidade. Don Pedro non acouga, sempre vela, que o amor, ouh Inés, é a verdade. A vida non ten senso sen amor. A vida non vale nada sen tenrura. ¡O amor vence á morte e máis á dor e o amor é sempre o que perdura!

Don Pedro Fernández de Castro VII Conde de Lemos ¡Pedro Fernández de Castro, meu señor! ¡Ouh nobre e humilde misia Catalina: que depositache en Monforte o teu amor de muller, de galega e... monfortina! Don Pedro de Castro, flor de fidalguía, que aló na Nápoles, leda e mariñeira, abriuse en ti, como unha luz, a poesía da túa cidade, ausente e feiticeira. Argensolas, Lope, Góngora, Cervantes... A vida sen fantasía é triste, escura: ¡cómprennos as verbas máis amantes para que xurda a beleza nidia e pura! Cando perdiche soños e privanza e apareceu a desgracia, a mala sorte: ¡Galiza foi para ti unha esperanza e amache, como nunca, ao teu Monforte!


Monte de San Vicente do Pino ¡Triloxía da pedra cara á altura: O Pazo é o pasado que se vai a vella Torre, o Pazo e o Mosteiro! senlleiro, triste, indiferente, San Vicente do Pino anda á procura que esbroa calado, sen un ¡ai! de subir e subir e ser luceiro. e morre sen remedio, lentamente. A Torre é un mastro que vixía, unha reliquia viva do pasado, un inútil garda da campía e un vello soldado licenciado.

O Mosteiro, en loita coa idade, é a lenda da coroa queimadora, vella historia de conde e de abades e lema dos bieitos: “Ora e labora”.

Don Luis de Góngora

Canción sinxela para rematar Saleta e servidor seguimos en Monforte como sempre: coa nosa humilde casa e o corazón aberta para Galiza e os amigos. Seguimos intentando comprender e perdoar aos inimigos. Arrincamos, se é posíbel, a herba do odio cando a vemos. Todo hai que dicilo: por hoxe somos moi felices. Pero hai millós de irmaos ciscados polo mundo –non importa a raza, a crenza ou a color– que son moi infelices, que son desgraciadísimos, que sofren o indicíbel. Nós estamos con eles. Por eles loitamos na medida das nosas poucas forzas. Por eles, por Galiza ten verdadeiro sentido a nosa vida.

Aquel gran cordobés de grave porte, poeta de tan extrema perfección: veu a Galicia, demorou en Monforte e fíxolle a Monforte unha canción. Góngora escribiu finos louvores do gran Conde de Lemos para acadar sinecuras, prebendas e favores... ¡Logo volveu contra nós o seu cantar! Volveu contra Galiza a súa carraxe. O seu profundo ollar resplandecente non quixo penetrar nesta paisaxe, nesta terra de nós, na nosa xente. Pro o seu cabal soneto monfortino é luceiro tallado que fulgura; astro senlleiro, nidio, diamantino; alta torre de luz: ¡beleza pura!

in Proba documental


Olládeo ben: aí o temos con porte de gran señor: ¡o nobre Pazo de Tor, fachenda do Val de Lemos! Espello de fidalguía onde florece a nobreza: ¡eiquí a pedra é beleza e as hedras, melancolía!

Pazo de Tor Aínda ben vivos están os feitos do romanceiro: ¡ouh don Pedro cabaleiro que novelou Valle-Inclán! O Pazo de Tor hoxe é un reino maravilloso: ¡o soño puro e fermoso que Mari-Paz tivo en pé!

Góngora, Luis de AL CONDE DE LEMOS, YÉNDOLE A VISITAR A MONFORTE Llegué a este Monte fuerte, coronado de torres convecinas a los cielos, cuna siempre real de tus abuelos, del Reino escudo, y silla de su estado. El templo vi a Minerva dedicado, de cuyos geométricos modelos, si todo lo moderno tiene celos, tuviera invidia todo lo pasado. Sacra erección de príncipe glorioso, que ya de mejor púrpura vestido rayos ciñe de luz, estrellas pisa. ¡Oh, cuánto deste monte imperioso descubro! Un mundo veo. Poco ha sido, que seis orbes se ven en tu divisa.

¡Oh montañas de Galicia cuya (por decir verdad) esperusa es suciedad, cuya maleza es malicia!, tal, que ninguno cudicia besas estrellas, pudiendo, antes os quedáis haciendo desiguales horizontes; al fin, gallegos y montes, nadie os dirá que os ofendo.

Pálido sol en cielo encapotado, mozas rollizas de anchos culiseos, tetas de vacas, piernas de correos, suelo menos barrido que regado; campo todo de tojos matizado, berzas gigantes, nabos filisteos, gallos del Cairo, búcaros pigmeos, traje tosco y estilo mal limado; cuestas que llegan a la ardiente esfera, pan de Guinea, techos sahumados, candelas de resina con tericia; papas de mijo en concas de madera, cuevas profundas, ásperos collados, es lo que llaman reino de Galicia.


Pereiro, Lois Luz e sombras de amor resucitado Tristemente convivo coa túa ausencia sobrevivo á distancia que nos nega mentres bordeo a fronteira entre dous mundos sen decidir cal deles pode darme a calma que me esixo para amarte sen sufrir pola túa indiferencia a miña retirada preventiva dunha batalla que xa sei perdida resolto a non entrar xamais en ti pero non á tortura de evitarte.

(Pouco antes de morrer, Raymond Carver escribiu o inicio dun poema: “¿E conseguiches o que querías desta vida? Conseguino, si. ¿E que querías? Considerarme amado, sentirme amado na terra” Eu tamén podería dicir o mesmo...) in Poesía última de amor e enfermidade

Veiga Taboada, Manuel (...) Monforte ten dous poetas que ofrecer e ambos son fotoxénicos, os dous coidan o seu aspecto, por suposto desde estilos distintos, un con chaqueta de fío groso e chaleco, incluso reloxo de faltriqueira e leontina, o outro con abrigo de coiro negro, fular e camiseta, tinguida de cor por el mesmo. Os dous saben desde moi novos que queren ser escritores máis que calquera outra cousa e, desde o principio, xogan a interpretar ese papel. A obra de ambos pode ser discutida nalgúns aspectos, podería ser limitada nalgún sentido determinado, pode cuestionarse incluso a súa dedicación concreta a escribir, pero non se pode dubidar de que se esforzan en ocupar até o final o lugar que a sociedade lles reserva aos poetas... in Todo ser humano é un río

Unha escolma do Equipo de Biblioteca e do Club de Lectura “Pedra do Acordo” para a viaxe didáctica pola Atenas galega e polo Monforte do conde de Lemos e de Manuel María IES “San Paio” (novembro 2016)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.