Xeografías poéticas de Louise Glück

Page 1


Desde o equipo de biblioteca do IES “San Paio” de Tui e coa colaboración do club de lectura “Pedra do Acordo” queremos con esta escolma de urxencia dar a coñecer á premio Nobel de Literatura 2020, a poeta norteamericana Louise Glück, a decimosexta muller en conseguir este recoñecemento. Damos así un primeiro paso para visitar as xeografías poéticas desta autora que bebe nas fontes da mitoloxía grega, da literatura clásica, dos poetas estadounidenses (sobre todo Emily Dickinson, Robert Lowell, Mark Strand ou William Carlos Williams) e do mundo psicoanalítico.

Créditos imaxes portada: https://www.reporteindigo.com/piensa/nobel-de-literatura-a-la-poesiade-louise-gluck-carrera-escritos-academia/ https://pxhere.com/es/photo/1053657


de Ararat1 Amante das flores Na nosa familia, todos aman as flores. Por iso as tumbas parécennos tan estrañas: sen flores, só herméticas leiras de herba con placas de granito no centro: as inscricións suaves, a leve fondura das letras chea de roña algunhas veces… Para limpalas, hai que usar o pano. Mais na miña irmá, a cousa é distinta: unha obsesión. Os domingos senta no soportal da miña nai para ler catálogos. Cada outono, sementa bulbos xunto aos chanzos de ladrillo. Cada primavera, espera as flores. Ninguén discute polos gastos. Suponse que é a miña nai quen paga; despois de todo, é o seu xardín e cada flor é para o meu pai. Ambas ven a casa como a súa auténtica tumba. Non todo prospera en Long Island. O verán é, ás veces, moi caloroso, e ás veces, un ballón bota por terra as flores. Así morreron as papoulas, nun día tan só, eran tan fráxiles… https://www.pre-textos.com/escaparate/product_info.php? products_id=1052

Confesión Mentiría se digo que non teño medo. Témolle á enfermidade, á humillación. Como todo o mundo teño os meus soños. Pero aprendín a escondelos, a coidarme a min mesma da plenitude: calquera felicidade atrae ás Furias do Destino. Son irmás, salvaxes. Non posúen ningún tipo de emoción, só envexa. http://leepoesia.pe/louise-gluck-poemas/ 1

GLÜCK, Louise, Ararat, Editorial Pre-textos, 2008, 132 pp.


Fantasía Voulles contar algo: a xente morre a diario. E iso é só o principio. Cada día as funerarias están a dar a luz novas viúvas, novos orfos. Sentados coas mans xuntas, tratan de tomar decisións sobre a súa nova vida. Logo están no cemiterio, algúns por primeira vez. Teñen medo de chorar, algunhas veces de non chorar. Alguén se aproxima, explícalles o que deben facer agora, que podería ser dar un breve discurso ou arroxar terra á tumba aínda aberta. E tras isto, cada un retorna á casa que está de súpeto chea de visitantes. Impoñente, a viúva senta na butaca, polo que a xente váiselle achegando en fila, uns toman a súa man, outros danlle unha aperta. Ela ten palabras para todos, agradécelles, agradécelles a súa presenza. Aínda que no fondo quere que se larguen. Quere estar de volta no cemiterio, de volta no leito do doente, no hospital. Ela sabe que é imposible. Pero o seu desexo de retroceder, é a súa única esperanza. E só un pouquiño, non ata chegar ao matrimonio ou ao primeiro bico. https://www.infobae.com/cultura/2020/10/08/pedi-lo-que-siempre-pido-pedi-otro-poema-asiescribe-louise-gluck-ganadora-del-premio-nobel-2020/


Primeira lembranza Fai moito feríronme. Vivín para vingarme do meu pai, non polo que foi senón polo que era eu: desde o principio dos tempos, na infancia, pensei que a dor significaba que non era amada. Significaba que eu amaba. (in Ararat, Pre-textos, 2008) http://leepoesia.pe/louise-gluck-poemas/

Lago no cráter Entre o ben e o mal houbo unha guerra. Decidimos que o corpo fose o ben. Iso fixo que o mal fose a morte, que a alma se volvese completamente en contra da morte. Como un soldado que desexa servir a un gran señor, a alma desexa pechar filas có corpo. Púxose en contra da escuridade, en contra das formas da morte que recoñecía. De onde vén a voz que di: e se a guerra fose o mal, que di e se foi o corpo o que nos fixo isto, fíxonos ter medo do amor. (in Averno, Pre-textos, 2011) https://www.pre-textos.com/escaparate/product_info.php? manufacturers_id=497&products_id=1329


de Averno2 Un mito de devoción Cando Hades decidiu amar a esta moza construíu para ela un duplicado de terra todo igual, debaixo da pradaría, pero cunha cama adicional. Todo igual, incluíndo a luz do sol porque sería difícil para unha moza nova pasar rapidamente do esplendor da luz á profunda escuridade Gradualmente, pensou el, entregaríalle a noite, primeiro como as sombras de follas que se axitan. Despois a lúa, despois as estrelas. Despois sen lúa, sen estrelas. Deixa que Perséfone se habitúe amodo. Ao final, pensou el, acharaas cómodas. Unha réplica de terra Agás que aquí houbo amor Non queren todos amor? El esperou por moitos anos construír un mundo, mirando a Perséfone na pradaría. Perséfone, ulidora, catadora. Se tes un apetito, pensou el, telos todos. Non todos queren na noite sentir o corpo amado, compás, estrela polar, escoitar a respiración calada que di estou viva, iso significa tamén que estás viva, porque me oes, estás aquí comigo. E cando un xira, o outro xira Iso foi o que sentiu, o amo da escuridade, mirando o mundo que construíra para Perséfone. Pola súa mente xamais pasou que non houbese máis cheiros aquí, certamente, tampouco comida. 2

GLÜCK, Louise, Averno, Editorial Pre-textos, 2011, 172 pp.


Culpa? Terror? O medo ao amor? Estas cousas que non podía imaxinar; ningún amante xamais as imaxina. Soña, pregúntase como chamar a este lugar. Primeiro pensa: O Novo Inferno: O Xardín. Ao final, decide nomealo A Infancia de Perséfone. Unha suave luz elévase sobre a pradaría, detrás da cama. Tomáa entre os seus brazos. Quere dicirlle Ámote, nada pode ferirte. Pero pensa isto é unha mentira, e finalmente dille ti estás morta, nada pode ferirte o cal lle parece un comezo prometedor, máis real. https://www.diambulos.com/un-mito-de-devocion-tres-poemasde-louise-gluck/

Outubro É certo que falta beleza no mundo. É certo tamén que non son a indicada para restituíla. Tampouco hai candor, pero aí podo ser útil. Estou a traballar, aínda que me cale. A insulsa miseria do mundo atenázanos, un canellón con ringleiras de árbores; somos compañeiros aquí, sen falar, cadaquén cós seus pensamentos tras as árbores, as portas de ferro das casas, as persianas pechadas en cuartos dalgún modo baleiros, abandonados, coma se fose o deber do artista crear esperanza, pero a partir de que? de que?


A palabra mesma é falsa, un instrumento que refuta a percepción. No cruzamento, os adornos luminosos das festas. Fun mozo aquí. Montaba no metro co meu libriño como para protexerme deste mesmo mundo: non estás soa dicía o poema no túnel escuro. http://laparadapoetica.blogspot.com/2020/10/louise-gluck-seleccion-de-poemas.html

de El Iris salvaje3 Escila Non eu, parva, non eu senón nós, nós: ondas azuis e celestes como unha crítica ao ceo: por que atesouras a túa voz se ser algo é o que segue a non ser nada? por que alzas os ollos?, para oír algo así como un eco da voz de deus? Sodes todos iguais: solitarios, de pé sobre nós, planificando as vosas vidas absurdas; ides onde se vos manda, como todas as cousas, onde o vento vos plante, uns e outros mirando sempre cara abaixo, vendo algunha imaxe da auga e escoitando que: ondas, e sobre as ondas, paxaros cantando. http://amediavoz.com/gluck.htm#Escila

3

GLÜCK, Louise, El Iris salvaje, Editorial Pre-textos, 2006, 156 pp.


Iris salvaxe Ao final do sufrimento esperábame unha porta. Escóitame ben: o que chamas morte lémbroo. Alá arriba, ruídos, ramas dun piñeiro vacilante. E logo nada. O débil sol tremendo sobre a seca superficie. Terrible sobrevivir como conciencia, sepultada en terra escura. Daquela todo remata: aquilo que temías, ser unha alma e non poder falar, remata abruptamente. A terra ríxida inclínase un pouco, e o que tomei por aves afúndese como frechas en baixos arbustos. Ti que non lembras o paso doutro mundo, dígoche podería volver falar: o que volve do esquecemento volve para atopar unha voz: do centro da miña vida brotou un fresco manancial, sombras azuis e profundas en celeste augamariña. https://www.lavanguardia.com/libros/20201008/483938219900/louise-gluck-poemas-nobel.html

Lamium Así se vive cando tes un corazón xeado. Coma min: entre sombras, arrastrándose sobre a roca fría, baixo as copas inmensas dos sicómoros. O sol apenas me alcanza. Ás veces, ao comezar a primavera, véxoo elevarse de lonxe. Logo crecen as follas sobre el, ata cubrilo todo. Sinto o seu brillo entre as follas, vacilante, como quen golpea un vaso cunha culler de metal.


Non todos necesitan da luz en igual medida. Algúns creamos a nosa propia luz: unha folla prateada como un carreiro que ninguén pode percorrer, un lago de prata pouco profundo baixo a escuridade dos sicómoros. Pero isto xa o sabes. Ti e aqueles que pensan que viven pola verdade, e, en consecuencia, aman todo o que é frío. https://www.eltiempo.com/lecturas-dominicales/una-mirada-a-la-vida-y-obra-de-la-poeta-louiseglueck-ganadora-del-premio-nobel-de-literatura-542691

Matíns Perdóame se digo que te amo: aos poderosos engánaselles sempre, os débiles son sempre manexados polo medo. Non podo amar o que non podo concibir, e ti non revelas virtualmente nada: seica te asemellas ao espiño, sempre a mesma cousa no mesmo lugar, ou ao estraloque inconsistente, que agroma primeiro como espiga rosada na ladeira, xunto ás margaridas, e ao ano seguinte é púrpura entre as roseiras? Xa ves o inútil que é este silencio que promove en nós a crenza en que ti podes ser todas as cousas, o estraloque e o espiño, a vulnerable rosa, a teimuda margarida; nada nos queda senón pensar que non poderías existir. É iso o que queres que pensemos?, o que explica o silencio esta mañá, os grilos cuxas ás non se fregan, os gatos que no patio non pelexan? http://amediavoz.com/gluck.htm#Maitines


de Praderas4 A canción de Penélope Pequena alma, sempre desvestida, fai isto que che ordeno, rube polos estantes das ramas do abeto; agarda na copa, atenta, como un sentinela ou un vixía. Pronto chegará a casa; correspóndeche ser xenerosa. Tampouco ti fuches de todo perfecta; co teu problemático corpo fixeches cousas das que non deberías falar nos poemas. Así que chámao a través do mar aberto, do mar relucente coa túa canción escura, coa túa avariciosa, forzada canción: apaixonada, como María Calas. Quen non te desexaría? A que apetito demoníaco non corresponderías? Pronto regresará de alí por onde transcorra a súa viaxe, bronceado polo tempo fóra de casa, reclamando o seu pito asado. Ah, terás que darlle a benvida, terás que sacudir as ramas da árbore para captar a súa atención, pero con coidado, con coidado, non sexa que desfiguren o seu fermoso rostro demasiadas agullas ao caer. https://campodemaniobras.blogspot.com/2014/02/louise-gluck-la-cancion-de-penelope.html

A decisión de Odiseo O gran home dálle as costas á illa. A súa morte non sucederá xa no paraíso nin volverá oír as laudes do paraíso entre as oliveiras, xunto ás charcas cristalinas baixo os cipreses. Da comezo agora o tempo no que oe outra vez ese latexo que é a narración do mar, ao abrente cando a súa atracción é máis forte. 4

GLÜCK, Louise, Pradereas, Editorial Pre-textos, 2017, 152 pp.


O que nos trouxo ata aquí sacaranos de aquí; a nosa nave arrólase na auga tinguida do porto. Agora o feitizo concluíu. Devólvelle a súa vida, mar que só sabes avanzar. https://www.pre-textos.com/escaparate/product_info.php? manufacturers_id=497&products_id=1714

O desexo Lémbraste de cando pediches un desexo? Eu pido moitos desexos. Cando che mentín sobre o da bolboreta. Sempre me preguntei que pediches. Que crees que pedín eu? Non sei. Que volvería, que ao final dalgunha maneira estariamos xuntos. Pedín o que sempre pido. Pedín outro poema. https://www.infobae.com/cultura/2020/10/08/pedi-lo-que-siempre-pido-pedi-otropoema-asi-escribe-louise-gluck-ganadora-del-premio-nobel-2020/

O dilema de Telémaco Nunca me decido sobre que poñer na tumba dos meus pais. Sei o que el quere: el quere 'amado', o que certamente resulta moi exacto, sobre todo se contamos a todas esas mulleres.


Pero iso deixaría á miña nai na intemperie. Ela dime que en realidade non lle importa o máis mínimo; ela prefire ser descrita polos seus logros. Non tería eu moito tacto se lles lembrase que un non honra aos seus mortos perpetuando as súas vaidades, as súas auto-proxeccións. O meu propio criterio recoméndame exactitude sen leria; son os meus pais e, en consecuencia, visualízoos xuntos, ás veces inclínome por 'marido e muller, ás veces por forzas contrarias'. https://www.elperiodico.com/es/ocio-y-cultura/20201008/louise-gluck-poemas-nobel-literatura8147478

A teimosía de Penélope Un paxaro chega á xanela. É un erro consideralos soamente paxaros, moi a miúdo son mensaxeiros. Por iso, unha vez que se precipitan sobre o peitoril, quedan perfectamente quietos, para burlarse da paciencia, alzando a cabeza para cantar miñaxoia, miñaxoia, un aviso de catro notas, para voar logo do peitoril ao oliveiral como unha nube escura. Pero quen enviaría a unha criatura tan liviá a xulgar a miña vida? Teño ideas profundas e a miña memoria é longa; por que ía envexar esa liberdade cando teño humanidade? Aqueles que teñen o corazón máis diminuto son donos da maior liberdade. https://www.eternacadencia.com.ar/blog/libreria/poesia/item/tres-poemas-de-louise-glueck.html


Porto Deportivo O meu corazón era un muro de pedra que ti de todos os xeitos traspasaches. O meu corazón era un xardín insular a piques de ser pisado por ti. Ti non querías o meu corazón; ti ías de camiño ao meu corpo. Nada diso foi a miña culpa. Éralo todo para min, non só beleza e cartos. Cando faciamos o amor o gato íase a outro cuarto. Entón esquecíchesme. Non en balde as pedras estremecíanse ao redor do xardín pechado: non hai nada alí agora excepto ese salvaxismo que a xente chama natureza, o caos que se fai con todo. Leváchesme a un lugar onde cheguei a ver a maldade no meu carácter e deixáchesme aí. O gato abandonado miaña no dormitorio baleiro. http://latribu.info/libros/seis-poemas-de-louise-gluck/


de Las siete edades5 Nai e fillo Todos somos soñadores, non sabemos quen somos Fíxonos algunha máquina; a máquina do mundo, a familia opresora. E de volta ao mundo, puídos con brusquidade. Soñamos; non lembramos. A máquina da familia: unha pelame escura, o bosque do corpo da nai. A máquina da nai: unha cidade branca dentro dela. E antes diso: terra e auga. Brión entre as rocas, apenas follas e pasto E antes, células nunha escuridade absoluta E antes diso, o mundo sen revelar. Para isto nacemos: para calarnos Células da miña nai e do meu pai, tócavos ser o eixo, o fundamento, a obra mestra Eu improvisei, nunca lembrei. Agora toca deixarse levar. Es o que agora esixe respostas. Por que sufro? Por que hai cousas que non entendo? Células nunha escuridade absoluta. Fíxonos unha máquina. É o teu momento para acercarte, para volver preguntar Para que existo? Para que me fixeron? https://www.infobae.com/cultura/2020/10/08/pedi-lo-que-siempre-pido-pedi-otro-poema-asiescribe-louise-gluck-ganadora-del-premio-nobel-2020/

As sete idades No meu primeiro sono o mundo parecía o salgado, o amargo, o prohibido, o doce No meu segundo sono descendía, era humana, non vía nada de nada besta como son debía tocalo, contelo 5

GLÜCK, Louise, Las siete edades, Editorial Pre-textos, 2001, 192 pp.


escondinme no arboredo, traballei nos campos ata que quedaron ermos un tempo que nunca volveráo trigo seco en gavelas miúdas, caixóns de figos e olivas Ata amei algunha vez, á miña maneira repugnante, humana e como todo o mundo chamei a ese logro liberdade erótica, por absurdo que pareza O trigo cultivado, almacenado; seca a última froita: o tempo que se acumula, sen usar, tamén termina? https://elcultural.com/seleccion-de-poemas-de-louise-gluck


de The Triumph of Achilles6

O triunfo de Aquiles Na historia de Patroclo, non sobrevive ninguén, nin sequera Aquiles, que era case un deus. Patroclo parecíase a el; usaron a mesma armadura. Nestas amizades, sempre hai un que atende ao outro, a xerarquía nótase todo o tempo, aínda que non se poida confiar nas lendas: a súa fonte é o que sobrevive, o abandonado. Que eran as naves gregas incendiadas en comparación con esa perda? Na súa tenda, Aquiles chorouno con todo o seu ser, e os deuses viron que xa era un home morto, vítima da parte que amaba, da parte mortal. https://www.zaidenwerg.com/el-triunfo-de-aquiles-louise-gluck/ 6

GLÜCK, Louise, The Triumph of Achilles, Ecco Press, 1985, 60 pp


de Una vida de pueblo7

Antes da tormenta Haberá choiva mañá, pero esta noite o ceo está despexado, brillan as estrelas. Aínda así, achégase a choiva, quizais suficiente para afogar as sementes. Hai un vento que empuxa ás nubes desde o mar; antes de velas, sentes o vento. Mellor miras os campos agora, observa como se ven antes de que se asolaguen. Luna chea. Onte, unha ovella escapou ao bosque, e non calquera ovella: o carneiro, o futuro enteiro. Se o vemos de novo, veremos os seus ósos. A herba estremécese un pouco; talvez o vento pasa a través dela. E as novas follas das oliveiras tremen do mesmo xeito. Ratos nos campos. Onde cace o raposo, haberá sangre mañá na herba. Pero a tormenta, a tormenta lavaraa. Nunha fiestra, hai un mozo sentado. Mandárono a durmir, na súa opinión, demasiado cedo. Así que senta xunto á fiestra; agora todo está resolto. Onde esteas é onde durmirás, onde espertarás a mañá seguinte. https://www.rtve.es/noticias/20201008/cinco-poemas-louise-gluck/2044035.shtml

7

GLÜCK, Louise, Una vida de pueblo, Editorial Pre-textos, 2020, 180 pp.


A primeira neve Como unha nena, a terra vai durmir, ou polo menos así di o conto. Pero non estou cansa, di, e a nai responde: Poida que ti non esteas cansa mais eu si. Pódelo ver no seu rostro, todo o mundo pode. Así que a neve debe caer, o soño debe vir. Porque a nai está mortalmente farta da súa vida e necesita silencio. http://triunfo-arciniegas.blogspot.com/2020/10/louise-gluck-la-primera-nieve.html

Solpor No mesmo instante en que se pon o sol, un granxeiro queima follas secas. Non é nada, este lume. É cousa pequena, controlada, como unha familia gobernada por un ditador. Aínda así, cando arde, o granxeiro desaparece; é invisible desde o camiño. Comparados co sol, aquí todos os lumes son breves, cousa de afeccionados; acábanse cando se consomen as follas. Entón reaparece o granxeiro, angazando cinzas. Pero a morte é real. Coma se o sol terminase o que veu facer, fixese crecer o campo e entón inspirase a queima da terra. Así que agora pode pórse. https://www.lavanguardia.com/libros/20201008/483938219900/louise-gluck-poemas-nobel.html


Epílogo8 Ao ler o que acabo de escribir, decátome de que me detiven precipitadamente, por iso a miña historia parece lixeiramente distorsionada, rematando, así fixen, non de súpeto senón cunha especie de néboa artificial desa que se espalla polos escenarios para permitir cambios complicados de decorado. ¿Por que me detiven? ¿Algún instinto discerniu unha forma, a artista que hai en min interviu para parar o tráfico, como así foi? Unha forma. Ou fado, como dirían os poetas, intuída alí hai poucas horas… Iso foi o que debín de pensar daquela. E aínda que me desgusta o termo, porque me parece un retrouso, unha fase, a adolescencia da mente, se cadra… Así e todo, era un termo usado por min mesma decote para explicar os meus fracasos. Fado, destino, cuxos designios e advertencias agora me parecen simples simetrías localizadas, adobíos metonímicos no medio dunha confusión inmensa… O que eu vía era o caos. O meu pincel quedou paralizado… Non podía pintar. Escuridade, silencio: iso era o que sentía. ¿Como chamarlle, entón? Unha “crise de visión“ que correspondía, así o cría, á árbore que estaba diante dos meus pais, mais, mentres que eles se vían obrigados a ir cara ao obstáculo, eu recuaba, fuxía… 8

https://euseino.org/tres-poemas-de-louise-gluck%e2%80%8b/


A néboa cobre o escenario (a miña vida). Os personaxes entran e saen, cambia o vestiario, a miña man co pincel vai de lado a lado lonxe do lenzo, de lado a lado, coma un limpaparabrisas. Seguro que ese era o deserto. A noite escura. (En realidade, unha concorrida rúa de Londres, os turistas a ondear os seus mapas coloridos.) Alguén di unha palabra: Eu. Desa corrente saen as grandes formas… Collín alento con forza. E veu onda min a persoa que alentou, non era o personaxe da miña historia, a súa man infantil asindo con firmeza a cera de colorar… ¿Era eu aquela persoa? Unha cativa mais tamén unha exploradora para quen a senda está de repente clara, para quen a vexetación se separa… E, máis alá, xa non afastada da vista, aquela exaltada soidade que Kant se cadra experimentou no seu camiño cara ás pontes… (Compartimos o aniversario.) Fóra, as rúas en festa, tiñan colgadas, a fins de xaneiro, luces de Nadal exhaustas. Unha muller apoiábase no ombro do seu amante cantando a Jacques Brel coa súa aguda voz de soprano… ¡Bravo! A porta pechouse. Agora nada escapa, nada entra… Non me movín. Sentín o deserto a espallarse diante, espallándose (parecía) por todos os lados, desprazándose mentres eu falaba, por iso estaba constantemente cara a cara co baleiro, aquel fillastro do sublime que, cadrou así, foi simultaneamente o meu suxeito e o meu medio.


¿Que diría o meu irmán xemelgo, estarían os meus pensamentos ao seu alcance? Se cadra diría que no meu caso non había ningún obstáculo (por exemplo) polo que eu me tivese que remitir á relixión, o cemiterio onde se contestan as cuestións de fe. Desapareceu a néboa. Os lenzos baleiros están cara á parede. O michiño morreu (así dicía a canción). ¿Voume erguer de entre os mortos? Pregunta o espírito. E o sol di que si. E o deserto contesta a túa voz é area espallada polo vento.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.