Lecturas_marinhas

Page 1

J. Pedro Gómez, Seminario de Santa Catalina (Mondoñedo)

José Yáñez, Rúa de Betanzos

José Yáñez, Vista xeral de Viveiro

Mosteiro de Vilanova de Lourenzá


En Betanzos do CANTO A BETANZOS (Manuel María) (...)

(...)

Lecturas mariñás

2

Biblioteca e Club “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”


da ODA A BETANZOS (X. Carlos Gómez Alfaro)

Lecturas mariñás

3

Biblioteca e Club “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”


O GLOBO GRANDE (Francisco Vales Villamarín)

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/betanzos/2016/08/17/globo-enamorocunqueiro/0003_201608G17P29991.htm

Lecturas mariñás

4

Biblioteca e Club “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”


POEMA DOS CANEIROS (Uxío Novoneyra)

http://anuariobrigantino.betanzos.net/BETANZOS%20NA%20VOZ%20DOS %20POETAS/Betanzos%20na%20voz%20dos%20poetas.pdf

Lecturas mariñás

5

Biblioteca e Club “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”


Ocupa Betanzos unha situación de privilexio. No seu castro, a cidade amosa rúas arcaicas de saudosa beleza. Na paisaxe de esteiro que a cingue, o Mandeo espreguízase entre fermosas ribeiras. Coas súas igrexas, pazos e casarío, cobre o cabezo e a aba do outeiro... conxunto de empinadas e sorprendentes rúas, soportais, prazas, casas brasonadas. Á par das quenllas encostadas, das praciñas cheas de beleza, pásmaos a gracia das galerías e solainas sobre a vella ría. (...) A ponte vella, onde foron os peiraos de antano, mira pasar as escuras augas do río. Polas escaleiras do adro de San Francisco chegan ao recinto no que dormen, cos seus osos e xabarís totémicos, os príncipes de Andrade soñando cazatas e batallas. A igrexa de Santiago ocupa o sitio más empoleirado e visible da cidade. Ten un interior maxestoso, de estilo oxival, con fortes resaibos románicos. A de Santa María do Azougue conta cunha magnífica portada do século XIV. (...) Falan de Antolín Faraldo, o ideólogo da revolución galega do 46, natural da cidade... A Praza do Campo vén ser como antes a da cidade. No seu centro está a fonte... cunha airosa estatua de Diana. Subindo cara á “Porta da Vila” baten coa praciña formada pola igrexa de Santiago e unha liña de casas reconstruídas no XIX. Embaixo, os soportais do Cantón Pequeno, o Cantón Grande, á agora do Consistorio, a rúa da Fonte de Uncta, forman interesantes conxuntos. (Francisco Fernández del Riego, Galicia1)

En Viveiro (...) Esta localidade, de antiga e nobre historia, atópase situada no esteiro do Landrove. Estivo outrora cercada de muros, gornecidos de ameados torreóns. Conserva aínda parte do recinto murado. A erección de igrexas románicas e o asentamento de dominicos e franciscanos, proban a puxanza inicial que a distinguiu. Saíu logo da Idade Media como vila e terra de carácter realengo. Os visitantes divagan polas vellas rúas enlousadas, angostas, pinas e polas pequenas prazas silandeiras. Baten coa histórica porta de Carlos I. Coa plateresca, chamada do Castelo. Coa bela igrexa de Santa María do Campo, de ábsidas románicas e amplitude oxival. Con convento de San Francisco, do século XIII. (...) Dóense de non subir, por falta de tempo, ao monte Mirador que atalaia a ría. (...) o convento de Valdeflores... Pastor Díaz situou nel escenas da súa novela De Villahermosa a la China. De regreso, lévaos ata o pé da estatua do gran poeta romántico, e lémbralles o papel precursor do renacemento en lingua galega da súa composición “Alborada” (Francisco Fernández del Riego, Galicia)

de A ALBORADA (Nicomedes Pastor Díaz) (...) Naide turbe o reposo d'o teu peito: Plácida quietú mansa Sin cesar vele o téu fermoso leito: Durme, que non tés penas, E acaso en min soñando te enaxenas. Repouses os teus ollos, Eses ollos diviños, venenosos; Tamén finos cogollos N'os rosales pomposos Agardan por abrirse recelosos. 1

FERNÁNDEZ DEL RIEGO, F., Galicia, Biblioteca Galega 120, nº 91, La Voz de Galicia, A Coruña, 201, 134 pp.

Lecturas mariñás

6

Biblioteca e Club “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”


Si, miñá prenda amante; Eu cantarei aquí mentras que dormes. ¡Ay qu'o Landro brillante Non é dourado Taxo: nin o Tormes Alinda ó meu retiro! Durme, si. durme, mentras qu'eu suspiro. https://academia.gal/hemeroteca-web/paxinas.do?id=6424

de A BURRA BRANCA DOS CACIQUES SOSTITUTOS (Antón Villar Ponte) Ten razón dabondo o noso xenial Castelao. O falar de loita anticaciquil na Galiza cáseque sempre é falar dunha loita pra trocar unhos caciques por outros. Galiza, neste senso, áchase moi lonxe da sua redenzón. Fúxense unhos caciques e sostitúiennos outros. E a nosa terra sigue sendo campo, de esperimentación verdadeiro coenlliño de India, e tódalas cobizas dos políticos de Madrí. (...)"Galiza non recolle do estado nin un cinco por cento do que ela tributa miserabre tanto por cento que reparten antre eles unhos cantos caciques pra engaiolar os vilegos"

dunha entrevista a Antón Villar Ponte publicada no Diário de Lisboa, 10/07/1933 (...) A Galiza não preocupa os espanhóis. O centralismo feroz iniciado pelos reis católicos castrou as veleidades de independência, arrancando-nos até o idioma. Submeteu-nos à tutela de estranhos. Eles vieram a realizar a «barbara doma» de que fala Zurita, como castigo à nossa rebeldia contra a aristocracia e a teocracia. «Por isso Pardo de Cela, capitaneando as suas mesnadas e de acordo com os portugueses, procurou elevar D. Juana ao trono que usurpara Isabel-a-católica. Pardo de Cela pagou com a vida a sua temeridade e a Galiza, separada então de Portugal, passou a ser a eterna colónia desprezada e violentada por Castela. Assim principiou a apagar-se a vida própria de Galiza» «Exceptuando alguns ruralismos pela nossa parte e galicismos, por parte dos portugueses, a língua é comum, se bem que a fonética e ortografia difiram algumas vezes. Agora, respondendo a sua interrogativa, direi que para conveniência de todos devia organizar-se um congresso linguístico de Portugal, Brasil e Galiza, ao qual concorressem representantes autorizados para resolver a criação dum organismo que vele pela pureza da língua e pela sua unificação. A nossa língua, que tem em todas as partes núcleos vivos, é umha espécie de soberba ponte com um pilar na América e outro na Europa, através da qual transita a cultura ibérica. (...) O nosso idioma unificado poderia adquirir notável desenvolvimento e é bom ter presente que até onde chegue a nossa língua, chegará a nossa pátria.» https://galicia.swred.com/galiciaterradepoetasponte_antonvillarponte.htm

En Vilanova de Lourenzá (...) o Renault chega a Lourenzá cos seus ocupantes. A vila está situada no val do seu nome. Ao val báñao, nun dos extremos, o río Bao. Péchano, polo sur, a serra laurentina, e polo leste a da Cadeira. Os viaxeiros cumpren a obrigada visita ao vello mosteiro, formado por tres corpos... A igrexa de planta de cruz latina, con bóvedas e cúpula.

Lecturas mariñás

7

Biblioteca e Club “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”


A fachada do templo é unha fachada barroca ideada por Fernando de Casas, o autor da do obradoiro compostelán... O fundador (do mosteiro) foi o nobre Osorio Gutiérrez... Era alá polo ano 977... ...Na capela de Santa María de Valdeflores visitan o sartego que a tradición popular nomeou como do “Conde Santo”. Ten este sartego a particularidade de estar labrado nunha mármore de rara cor, entre xaspe branco e cárdeno. Contemplan despois, no amplo templo, o retábulo e máis o Museo Sacro co sonado altar das Reliquias. (Francisco Fernández del Riego, Galicia) Patria de mi padre, luminosa y grande, ¡Qué profundamente te quiero también! Me crié soñando con tu maravilla, No quiero morirme sin verte una vez. Cuando a ti yo llegue, has de conocerme Por el gozo trémulo, por la palidez, Por la emoción honda de risa y de llanto, Por el verso puro que te llevaré. Con el niño mío, que también te ama, ¡oh! Galicia mía, hemos de traer, a la tierra india que amparó a mi padre, algo de tu hechizo y tu placidez. (Juana de Ibarbourou) https://www.geni.com/people/Vicente-Fern%C3%A1ndez-Rodr %C3%Adguez/6000000006523750699

En Mondoñedo ¡Oh cuan bienaventurado es aquel a quien cupo en suerte tener qué comer en la aldea!; porque el tal no andará por tierras extrañas, no mudará posadas todos los días, no conocerá condiciones nuevas, no sacará cédula para que le aposenten, no trabajará para que le pongan en la nómina, no tendrá que servir aposentadores, no buscará posada cabe palacio, no reñirá sobre el partir la casa, no dará prendas para que le fíen ropa... No sabe lo que tiene el que casa de suyo tiene; porque mudar cada año regiones y cada día condiciones es un trabajo intolerable y un tributo insufrible. (Frei Antonio de Guevara, Menosprecio de corte y alabanza de aldea, cap. V) http://www.biblioteca.org.ar/libros/131878.pdf Cidade de Galicia, sonada polos bispos e polo cabalar das San Lucas, e onde naceu o señor Cunqueiro, que puxo en formado estas historias. É rica en pan, en augas e en latín. (Álvaro Cunqueiro, Merlín e familia2, índice onomástico) Brétema es también un lugar solitario. No quiero decir que no haya gente sino que se ve poca gente por la calle; puedes asomarte a la ventana y no ver a nadie durante largo rato. De vez en cuando pasa una niña corriendo, o un cura con sotana andando despaciosamente. A veces las campanas suenan a muerto durante todo el día. Por la noche en toda la ciudad se oyen los cuartos y las horas del reloj de la Catedral, y el toque de las clarisas a la una de la madrugada, y el de los frailes de la Merced a las seis y media. (Marina Mayoral, Recóndita armonía3) http://deseosmayoral.blogspot.com/2012/05/bretema-un-lugar-imaginario.html 2 3

CUNQUEIRO, Álvaro, Merlín e familia, Galaxia, Vigo, 2015 (4ª ed.), 144 pp. MAYORAL, Marina, Recóndita armonía, Alfaguara, Madrid, 1994, 280 pp.

Lecturas mariñás

8

Biblioteca e Club “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”


A cidade parécelles aos viaxeiros unha cidade en certo xeito ruralizada, xa que é constante nela o contacto entre a montaña e o val... Co decorrer dos anos, Mondoñedo, pechado no seu val, foise acornellando na escura casula da súa soidade. As décadas de inmobilidade, de continuo estar cara ao pasado, déronlle unha maxestática e severa actitude, venerable e melancólica á vez... ...da tradición literaria da cidade... vaille nomeando as figuras máis sobranceiras que nela naceron ou residiron: os poetas que, no XIX, compuxeron vilancicos na lingua natal, como Castro Neira e Luís Corral; o poeta popular Leiras Pulpeiro, médico popular tamén; o cantor da montaña, en sintéticas e belidas composicións, Antonio Noriega Varela; os modernos creadores líricos, de formación humanista, Iglesia Alvariño e Díaz Castro. ... Pero a meirande curiosidade... céntrase, de xeito especial, en Álvaro Cunqueiro... E sempre, o vagamundar cunqueiriano polas estreitas rúas, sen obxecto, pero atente a todo. (Francisco Fernández del Riego, Galicia) --¡Bienvenido a Mondoñedo, viajero! Soy Merlín. El mago de las estrellas. El hijo del gran druida. El único capaz de espantar las nubes y curar el mal de ojo... (...) El hombre, que viste de un modo extraño, como si fuera un mago de cuento, parece, efectivamente, sacado de un relato de Cunqueiro... El hombre es de carne y hueso... (...) Es un hombre ya mayor. Vestido con una túnica y cubierto de abalorios, la mayoría en forma de pez, porta un bastón de madera y un gran anillo de oro que le da cierto aire de obispo. Quizá lo fue en algún tiempo, a juzgar por sus ademanes. (...)-Yo fui librero de cámara de don Álvaro Cunqueiro,... que fue quien me descubrió mis poderes mágicos... (...) Anochece en Mondoñedo... La plaza está ahora desierta... El viajero... se sienta junto a Cunqueiro para contemplar con él la catedral ahora iluminada y las montañas de Mondoñedo, que van quedando en penumbra, mientras recuerda las palabras de este hombre que tanto quiso a su pueblo y tanto amó a este pais: “Loado sea Dios por permitirme nacer, crecer, hacerme hombre y ahora envejecer en este hermoso reino que llamamos Galicia”. (Julio Llamazares, Las rosas de piedra4) Todo o mundo sabe que Mondoñedo está nun val que se asemella a “unha man a medio abrir”, así llo pareceu a Manuel María, ou a unha “cunquiña deleitosa, onde todo frolece e todo medra”, segundo o venerable mestre e referente ético, Manuel Leiras Pulpeiro. Álvaro Cunqueiro confirmounos en letra impresa que, efectivamnente, Mondoñedo señorea unha valgada que “ten a medida xusta do ollo humano”. Miss Honor Tracy, a escritora irlandesa que visitou Mondoñedo en agosto de 1955 deixou posto en papel que “Mondoñedo é un dos máis extraños lugares a visitar” e que a Alameda dos Remedios lle fai imaxinar a unha Madame Bovary paseándoa ou como o escenario ideal para un capítulo de Dickens. (...) Velaí a nosa pequena patria, dimensionada arquitectónica e urbanisticamente, cativa industrialmente pero fecundísima culturalmente, coa medida exacta para percorrer a súa paisaxe nun só golpe de vista, para gozar das súas esencias en doses concentradas. (...) Mondoñedo é un libro que se anaina neste berce cheo de historia e de historias, de palabras, músicas e cores, ao remol das fantasías que aquí creamos. (Antonio Reigosa, do pregón lido na inauguración da Feira do Libro de Mondoñedo, 24 de xullo de 2017) http://cadernodeantonioreigosa.eu/2017/07/mondonedo-paraiso-da-fantasia/ 4

LLAMAZARES, Julio, Las rosas de piedra, Alfaguara, Madrid, 2008, 598 pp.

Lecturas mariñás

9

Biblioteca e Club “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”


Íntima, inmóbil, silenciosa Mondoñedo, pálida camelia un pouco triste, leve como o voo da bolboreta, feita de luz, nostalxia, seda e soño. Na túa mudez, unicamente A Paula dá ó vento as pombas máxicas das súas badaladas enloitadas: bágoas ardidas, fondas, necesarias polo noso Mariscal Pardo de Cela. Hai sombras que sempre nos asombran e alboradas que non volven nunca máis. (Manuel María) No niño novo do vento das serras hai unha terra encantada, de palabras vizosas sementada, que han dar froito outras mil primaveras. Ai, quen puidera, meus amigos, namorala! (Toño Núñez)

PASABA MONDOÑEDO Pasaba Mondoñedo polo mundo e Galicia polos soños coma se a auga toda das rías inundase o interior das horas e as mariñas no crepúsculo pardo de cela foses ti anoitecida pasaba mondoñedo fermoso e primitivo de maeloc vestido coma se nun día todo fose ouro e románico acendido e as cuncas e os cunqueiros estrelasen todo o ceo en ti presente pasaba mondoñedo enlousado en sanmartiño de praias interiores como caolín irmandiño reflectido en loitas de sada e cintolo e todo eran campás en música de ameas e mareiras de burela pasaba mondoñedo pasaba polos vales pasaba polos ollos como a necesidade que adormece nas pedras do silencio os tobos mornos ocultaban ourizos de soños orfos ou tolos mondoñedos de risos vivos entrelidos nunha praza de pasaba mondoñedo baixo as árbores e as sombras pasaba mondoñedo baixo a historia e as ondas pasaba mondoñedo porque pasa mondoñedo porque pasa mondoñedo cando pasa unha pomba. (Fran Alonso) http://cadernodeantonioreigosa.eu/lugar-literario/

Lecturas mariñás

10

Biblioteca e Club “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”


no Seminario.-

na Catedral.-

A NÒSA CLÁS (Xosé María Díaz Castro)

A PAULA (E. Lence-Santar)

A nòsa clás é a pirmeira: un Consello de dèz sábios, con fina espada na lèngua i-etèrna risa nos labios.

A Paula de Mondoñedo, Anque estou acó tan lonxe, N-o meu curazón a teño. A campá da Catredal Mesmo a vexo c-os meus ollos Tan galana e tan lanzal.

(...) A nòsa clás é a pirmeira, i-está feita de dèz sábios. Albariño empèza a ròda, e da-lle fin Lorigados.

A campá da Catredal, ¡Cómo chouta de ledicia...! ¡Cómo funga co badal...!

A nòsa clás é a pirmeira, e ninguén lle tòca o sacho. ¡Viva a nòsa clás, rapaces! ¡Decide viva, ou vos mato!

(...) Y-o dal-as doce do día Pol-o val de Mondañedo, ¿Quén non cata para arriba...? ¿Quén non se lembra do ceyo...? Con maxeza soberana Fuxen tuas badeladas Retumbando n-as rilleiras, N-os penedos e montañas. (...)

na Fonte Vella.-

no Campo da Feira.-

(M. Leiras Pulpeiro)

(A. Noriega Varela)

Ben pode Mondoñedo dende agora, aínda que vista farrapos, ter fachenda, e, sen se engurriñar, a quen chegan abrir en par as portas, para que o vexan! Que, se pazos non ten, nin ten alaxes, nin nada de seu vello glorias lembra, abóndalle para honrarse e para que o honren, a casiña onde embrollaron a Veiga, a fontiña onde máis cantan as mozas, e onde as el escoitaba: a Fonte Vella, e o campiño florido onde os seus ósos da Patria agardan a cumprida ofrenda!

¡Inda tiran nas montañas polo esprendor doutros tempos!, inda nos queda o consolo de ver que somos gallegos, fóra das veces que vamos a Romariz ou a Estelo, por Viernes Santo, por Corpus i a Víspera dos Remedios, que son, contando As San Lucas, os días que a Mondañedo baixan dos aspros lugares nenas garridas, a centos, pra dar veliñas ós santos, pra axustar misas cos cregos, i andar de eiquí pra acolá cos noivos de parrafeo!

Lecturas mariñás

11

Biblioteca e Club “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”


na Ponte do Pasatempo.-

no Casino.(Álvaro Cunqueiro)

(M. Leiras Pulpeiro)

Y también subimos al casino, donde hay grandes espejos dorados, divanes de peluche rojo y lámparas de globos opalinos. Y una biblioteca. La primera que tuve a mi alcance. En este salón fueron mis primeros valses, tangos y pasodobles. Y mis primeras pasiones. Cuando me enamoraba pasaba muy malos ratos: no comía, no dormía. Qué sé yo. Y en estas mesas de mármol jugué mis primeras partidas de dominó.

Cheguei á Ponte de Ruzos, e ouvín tocar as campás; e din en pensar nas tristes que oíu de alí a Mariscala.

no Cemiterio.O SILENZO DE MONDOÑEDO (X. Díaz Jácome)

(M. Leiras Pulpeiro) Se cando me fine, as campás do meu lugar non me choran; se, onde os meus, achegadiña non abren logo, a miña cova, e enriba dela non poñen roseiras de rosas roxas, ben roxas, como as que eu coido con amor na miña horta; que non me chamen para o ceo, que non vou, non sendo á forza, sen botarme antes, de noite, pola aldea de riola, ata que comigo pegue quen me requira e me ouza e faga tanguer as campás; e que, onde quero, me poñan, e, despois ao pé meu teña roseiras de rosas roxas.

(Álvaro Cunqueiro) Se de min algún día, despois de morto, se quixera facer un eloxio, podería dicir a miña lápida: Aquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis.

Lecturas mariñás

12

Coma outras veces, meu amigo, chegaches silenzoso, ó teu niño de pedra: Mondoñedo, que sempre foi pra ti regalía suprema, outra ledicia... ¡Mais esta vez chegaches morto!: os ollos pechos, a sorrisa murcha, sin voz a túa boca onde frolía a máis fermosa verba... Agora, meu amigo, voltaches para sempre a Mondoñedo, berce e sartego dos teus longos soños. As bágoas das campás que te anainaron rompían o silenzo por tí feito poema. Ese silenzo antigo que se mete na ialma docemente coma unha néboa mística... Agora, meu amigo, compañeiro, xa está pra sempre en tí o profundo silenzo que louvaches.

http://culturagalega.gal/noticia.php? id=25516#seminario

Biblioteca e Club “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”


na Alameda-Campo dos Remedios CANTAR MONTAÑÉS-Á SEÑORA DOS REMEDIOS (A. Noriega Varela) Santiña milagrosiña, lémbraste? A nosa casiña onde a túa; o Campo florido e ledo, tu reinando en Mondoñedo, eu galanteando á lúa. Á lúa, ¡e rompín con ela!; pro meu sino ―crar estrela que enxamais

de veleidades se extraña―, deume outro amor ―a montaña―, e non quixen rondar máis. I, ¡ai!, cautivo da súa fala, desestimo a quen fai gala de non ver que lle chama ó teu Neniño meu bico de paxariño nun cantar de adormecer

no lugar da decapitación de Pardo de Cela (Álvaro Cunqueiro) En esta misma esquina, fíjate, fue donde decapitaron al Mariscal Pardo de Cela... Su cabeza cayó ahí mismo donde estás tú y fue rodando plaza abajo, perdiéndose por aquella calle mientras repetía “Credo, Credo, Credo”

na casa natal de Álvaro Cunqueiro (Álvaro Cunqueiro) Eu nascín -entre as zocas e os lóstregos na mitade da noitecorenta e sete días despois do primeiro aeroplano. Aínda colgaban do aramio da anteguerra todas as intactas maravillas inauditas. Eu traguía os dous meus ollos no seu sitio e o meu corpo ezquerdo con áxil xogo indeciso nos cóbados. Cando eu nascín tan soio a doce cousas lle faltaba o nome preciso i eu cheguei cun oco nas frontes e na man pra atopar a indefinición das suas craridades navegantes. Todo o meu nascimento foi unha hora nova na que houbo que pechar os dormitorios e abrir as chimeneas pra acenar polas súas perfebas de fume os panos enloitados da cociña. Decatádevos! REQUEIXO, Armando, Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo. Guía literaria, Concello de Mondoñedo, 2017, 185 pp.

Lecturas mariñás

13

Biblioteca e Club “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.