Non é unha bomba, ai!, esta poesía

Page 1

DĂ­a Escolar da Paz 2016


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María)

Índice Nota preliminar.........................................................................................................................2 ¡Non chegan, non, as verbas pechas,.........................................................................................3 ¡Nós non che pregamos que sexas............................................................................................4 ¡Ti ben ollas, ouh Xehová,........................................................................................................4 ¡Ben sabes,................................................................................................................................5 Verbas a un irmao......................................................................................................................5 Sesión de televexo.....................................................................................................................6 Borrador para un poema épico..................................................................................................6 Proclama contra a guerra atómica.............................................................................................7 Oda á perfección deste mundo..................................................................................................8 Oda á guerra..............................................................................................................................9 Aldraxe contra a xistra............................................................................................................10 Informe para axudar a alcender unha cerilla...........................................................................11 Balada contra os egoístas........................................................................................................15 De amicitia..............................................................................................................................16 Proverbio da violencia.............................................................................................................16

Nota preliminar Neste 2016 lembramos os oitenta anos do inicio da Guerra Civil, unha triste época na que as bocas calaron mentres as metralletas bradaban lanzando desacougantes e sanguentas mensaxes. Este 2016 é tamén o ano de Manuel María cuxa poesía non está orfa de referencias ás guerras e á paz. Unindo estas dúas conmemoracións ofertamos, entre outras actividades para celebrar a xornada escolar da Paz, esta escolma de lecturas pacíficas realizada de xeito colaborativo por membros do grupo de biblioteca e do club de lectura “Pedra do Acordo” que rastrexaron na obra do poeta lucense o seu infatigábel compromiso a prol dun mundo sen inxustizas nin conflitos.

30 xaneiro 2016

2

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María)

Mentres se esmaiola o meu espírito, e Ti coñeciche os meus vieiros. Salmo 141, 4

¡Non chegan, non, as verbas pechas, Señor de todas as loitas e a carraxe! ¡Vivimos co sangue nos beizos! ¡A tenrura non chega para encher estes nosos mares, tan humanos! ¡Non chega o Teu anceio quente, nin a Túa agonía, longa de sombras, que fixo escoar a Túa carne branca, florida de misterios acesos e calados! ¡Non nos deixes mareando sos neste mundo tan pequeno e tan vello que estamos esgotados pola nosa impotencia! ¡Non nos deixes, Señor, da Túa man! ¡Danos o Teu ramallo de paz e de conforto! ¡Danos o Teu pan, Señor, che pregamos! ¡Danos o Teu pan, Señor, que temos fame! ¡Ergue en nós a esperanza! ¡Aparta do noso peito para sempre o brillar mouro dos coitelos inimigos! ¡Eses coitelos, descoñecidos e terríbeis, que veñen, Señor, asasinar brutalmente o noso espírito...!

MANUEL MARÍA, Libro de pregos (1962) in Obra poética completa I (1950-1979), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, páx.184 A Túa ameaza, Deus de Xacob,

30 xaneiro 2016

3

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María) adormecéronse os que montaron en cabalos. Salmo 75, 2.

¡Nós non che pregamos que sexas o Deus que nos leves a victoria! ¡Arelamos unha paz longa e unha menciña para poder curar as nosas almas! ¡O noso anceio é que mates as guerras e que vistas de paz a todas as conciencias...! ¡Queremos amar a vida e amar a Primavera! ¡Só arelamos, Señor, un mencer branco para acadar novamente a inocencia...! MANUEL MARÍA, Libro de pregos (1962) in ibíd., páx.186 ¿Deica cando, Señor, durará a Túa carraxe fera? Salmo 78, 35

¡Ti ben ollas, ouh Xehová, as maldiciós que baixan de moitos beizos! ¡As cobras que florecen en cada corazón! ¡A frialdade dos homes! ¡A alma fusilada, morta nun rincullo mouro! ¡Ti sabes que ao home fixéchelo de arxila e máis de cinza! ¡Coñeces o nubeiro de dor que enfaixa ao mundo todo! ¡E o aldraxe angustiado que aniña en cada peito que prega! Di: ¿despois de todo isto acadaremos na morte unha paz longa? MANUEL MARÍA, Libro de pregos (1962) in ibíd., páx.187

30 xaneiro 2016

4

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María)

A túa gorxa é unha cova aberta. Salmo 5, 11

¡Ben sabes, Señor, que perdemos a paz! ¡Quero unha paz limpa, clara como o vento! ¡Quero unha paz de luz para ser sinxelo! Escoita, Señor, este humilde prego: ¡Quero unha paz nova para escoitar simplemente como cantan os melros! MANUEL MARÍA, Libro de pregos (1962) in ibíd., páx.196

Verbas a un irmao Escoita, irmao, as miñas verbas: son sinxelas e impuras como as verbas feridas co coitelo dos beizos, cada día. Vouche dicir tan só que teño a miña mao tendida aberta, núa e viva como o mar. Que teño, irmao, maduro o corazón para gardar nel as verbas túas. Que a vida é moi fermosa aínda que hai homes que teñen os beizos emporcados con verbas de falsía, e o corazón podre polo odio, e as maos pingando sangue, e agachados, no fondo dos seus petos, en vixía, coitelos e pistolas asasinas. ¿Que importa, irmao, que morra o día se a súa morte abre en nós a esperanza do mencer? Non temas. Aínda o paxaro ten canciós e as estrelas se alcenden cada noite. MANUEL MARÍA, Mar Maior (1963) in ibíd., pp.223-4

30 xaneiro 2016

5

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María) Sesión de televexo (Programa de noite) (...) Os

presentadores (...) len noticias, satisfeitos, coas súas boas intencións endomingadas e desexos de paz. (...) Alguén, con moito siso, fala da paz do mundo. Estouran bombas nalgún sitio. Outra vez a paz. Folgas e folgas. Loitas raciais. Aínda máis paz. Un inocente cae asasinado. Povos e razas son asoballados sen razón. (...) Os televidentes están de noraboa. Este servidor coas apetencias culturais satisfeitas, vaise a cama -mañá é outro díapois ten merecido un bo descanso. MANUEL MARÍA, Proba Documental (1968) in ibíd., pp.318-9

Borrador para un poema épico ¡Ouh, os heroes! Sempre os heroes atestando libros e librotes con feitos singulares, grandeiros, enormes, exemplares, incríbeis! (Libros que custan unha fortuna e que mercan grosísimos burgueses: dentes de ouro en abundancia, aneles de platino e máis querida; chalés, casas de campo; e os volumes cheos de po en luxosos estantes de caoba). Dóeme a alma ao enterarme dos feitos que os heroes realizaron; choro ao ler con atención, as súas fazañas gloriosísimas. Os heroes -tantos heroessombras no po, inútil loita; figuras de cera, decoradas con folla de lata e purpurina. MANUEL MARÍA, Proba Documental (1968) in ibíd., pp.320-1

30 xaneiro 2016

6

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María) Proclama contra a guerra atómica Para Valentín Fernández, en Buenos Aires

Homes do átomo, xornaleiros do trust imperialista, criados dos que defenden a segregación racial e escriben con maiúscula -¡qué tráxica ironía!as verbas liberdade e democracia. Homes do átomo, que aló en cabo Kennedy, nas soedades interminábeis da Siberia, detrás das murallas de China ou nas fermosas illas do Pacífico xogades con neutrós e megatós: ¿xa non resoan nos vosos ouvidos as explosiós de Hirosima e Nagasaki...? ¿Non levades chantados no corazón como coitelos os berros de arrepío de tantísimos milleiros de inocentes que vós sacrificastes no nome da liberdade, da democracia, deso que se chama cultura occidental? ¿Non vos cansades de servir a homes que soio teiman no imperialismo e que cobren as súas intenciós con verbas fermosas, puras e inocentes como son: liberdade, fraternidade, dereitos humanos e democracia? ¿Por qué, decídeme, servides a xente que sempre anda a falar de paz presentándose armada deica os dentes? ¿Nunca pensastes que no mundo hai máis probabilidades que as da Técnica e do progreso chamado material? Tamén hai moitísimos homes sinxelos, puros, inocentes, verdadeiros, que só pensan en como han chegar ao remate do mes, no prezo do pan, da luz e das patacas, en canto costa un traxe, unhos zapatos, que fan números e máis números para poder mercar un tocadiscos. ¿Pensastes algunha vez nos millós de seres aos que vós podedes facer case felices cos vosos átomos, dándolles unha vida moito máis levadeira e doada? ¿Nunca sentistes reflexar na vosa alma o cintilar puro das estrelas? Para vós as estrelas soio son algo 30 xaneiro 2016

7

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María) que está a tantos anos luz e a onde hai que chegar antes que ninguén para que a vosa sona de sabios quede ben probada e o prestixio político dos amos quede firmisimamente cimentado. ¿Nunca reparastes na beleza que teñen as verbas: amor, trigo, comprensión, viño, aceite, carballo e laranxeira? ¿Medistes, por casualidade, a luz que garda unha sorrisa, descompuxestes a forza explosiva que se pecha nun laio? ¿Falastes, de verdade, algunha vez, cun semellante de corazón a corazón? Estades arredados do mundo, isolados nos laboratorios como estrañas flores de invernadoiro, como pezas raras de museo. Vou dicir algo que xa sabedes: os átomos están cheos de beleza, protós e electrós son moi fermosos, un mundo marabilloso para soñar. Pero vós consentides e queredes que se volten feroces contra o home. Permitides que destruían aos vosos semellantes, que maten sen piedade aos vosos irmaos. Homes do átomo: decídelle que non aos vosos amos; desprezade o seu ouro; aprendede a amar e entón comprenderedes que a vida é moi fermosa, que nada hai tan fermoso como a vida. MANUEL MARÍA, Remol (1970) in ibíd., pp. 396-8

Oda á perfección deste mundo ¡Qué sorte e que alegría vivir neste mundo tan ben feito, tan xusto e tan feliz! Neste mundo sen guerras, sen bombas atómicas, sen xenreiras, sen odios, sen asoballamentos, sen inxustizas, sen enfermidades, sen envexas, sen explotadores e explotados.

30 xaneiro 2016

Neste mundo de comprensión, de amor, de axuda ao noso irmao. ¡Qué marabilla vivir neste mundo equilibrado, ben mantido, feliz e xeneroso no que cada un, esquecéndose de si mesmo, se dá enteiramente aos semellantes! MANUEL MARÍA, Odes nun tempo de paz e de alegría (1972) in ibíd., páx. 454

8

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María)

Oda á guerra A guerra é a salvación da humanidade, fai avantar a ciencia, desenrola ao pobo, crea industrias importantes e potentes, fai florecer a economía dun xeito case milagroso, asegura a paz, é constructiva, sirve de inspiración aos cantos épicos, fabrica heroes inmortais e lexendarios. Na guerra un pode demostrar o seu valor e o seu valer, gañar ascensos, acadar condecoraciós moi prezadas, brillantes e honrosísimas. En tempo de guerra todo é progreso, ledicia e máis fartura. Mísiles, tanques, fusiles, pistolas, metralletas, escuadras, canós aéreos e antiaéreos, bombas atómicas, de mao e de napalm erguen unha música doce e harmoniosa que a xente escoita compracida e enlevada. Todos van á morte moi felices, os feridos teñen nos beizos a flor dunha sorrisa. Non se derrama sangue, ¡ai, eso non!. Os campos bombardeados e incendiados seméllanse aos xardíns e ás máxicas fogueiras do San Xohan. Os homes esquécense de odiar e aprenden a amarse de verdade. MANUEL MARÍA, Odes nun tempo de paz e de alegría (1972) in ibíd., pp. 467-8

30 xaneiro 2016

9

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María) Aldraxe contra a xistra Tiña que ser precisamente eu: a voz máis feble e cativa que deu o noso pobo, a menos autorizada e harmoniosa a que clame na tebra, no deserto, no ermo e no baleiro. (...) Ollei misiles con radar, osíxeno, aviós concord, música electrónica, células fotoeléctricas, viaxes espaciais, descobrimentos de outros mundos, refugallos radioactivos, poluciós. E a palabra sigue sendo limitada. A palabra sigue dicindo poucas cousas, sendo incapaz de traducir toda a complexa dimensión dos sentimentos. A palabra dominada, arquivada en conserva, rendida, disminuida, teledirixida, aumentada, examinada por detrás, por diante e polo meio, ollada ao trasluz, vendida no mercado a baixo prezo. (...) Agora é o silencio e a fuxida. Unha pedra non pode derrubar a un reactor, un poema clandestino non ten forza

30 xaneiro 2016

para que un exército tire as armas ao chao e se negue en redondo a combater, unha canción non ten a virtude precisa para que todos entendan a verdade. Ollei matar cun botón, apertando o botón. Ollei coitelos e navallas tan feroces que promulgaban leises tranquilamente... (...) ¿Ónde o amor á primavera, a sorrisa limpa e clara como un vento de maio? ¿Cándo poderemos ollar a luz en toda a súa pureza e contemplar o brillo das estrelas? ¿Cándo teremos lecer para a ensoñación? (...) Ollei millós de fusilados polo ceo voando como vampiros sinistros. Ollei osos que ardían sen queimarse con chamas amarelas e azuladas. Ollei caliveras bruando como tronos. Ollei esqueletes que levaban cadaleitos enormes e disformes. Ollei como a terra foi pasada a ferro e fogo, sen piedade, con coitelos e bombas nucleares. E no fondo de nós, aló no fondo, no máis fondo de todo, unha escura e noxenta frustración.

10

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María) Nós non podemos ser a voz que clama no deserto, o tolo que estarabouza nos camiños, o grazneo da pega nos carballos, o laio do moucho nos penedos... MANUEL MARÍA, Aldraxe contra a xistra (1973) in ibíd., pp. 477-505

Informe para axudar a alcender unha cerilla (...) A luz nace sempre no corazón do home, o amor nace sempre no corazón do home, no corazón do home é onde aniña a liberdade e os homes rematan sempre por ver claro, os homes rematan sempre acertando co camiño máis seguro e verdadeiro, os homes rematan sempre conquerindo todo canto aman e arelan. (...) O amor non ten volta atrás, o amor é sempre irreversíbel, as marcas do amor non se poden borrar endexamais, non hai deterxente capaz de facelas desaparecer, non hai ácido que as poida atacar. (...) O home sempre vale a pena porque leva, no seu sangue, o formento que xermolará a vida do porvir.... (...) Hai que descolgar o sol, ese adorno xa pasado de moda, e poñer no seu lugar a nosa fe, xa que nada aluma tanto como a fe, nada nos pode mover como o amor, nada nos fai loitar como a verdade 30 xaneiro 2016

11

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María) e é moi urxente sementar ilusiós, facer que dialoguen herbas e luceiros, andar de excursión polas galaxias, pasar o remate de semana na Osa Maior e facerlle un madrigal a Casiopea. É preciso baleirar de odio o corazón, borrar da nosa memoria aos traidores, aos que andan a descubrir mediterráneos, aos hipócritas que nos mentían amizade, aos que desertaron no intre xusto no que a súa axuda era máis precisa. Hai que limpar o mundo da morralla, hai que poñer á luz do sol as teipoeiras, hai que varrer a nosa casa ben varrida, lavala con lixivía e xabón, fregala con deterxentes deica deixala decente e habitábel; fan falta millós de trillós de litros de auga para que todo quede sen lixo e ben lavado, para poder desterrar a soedade, para que sexa incomprensíbel a inxustiza, para que sexa inadmisíbel a traizón e a mentira, para que as estrelas cambien de color, para que o día sexa azul, para que as noites sexan brancas, para que unha atmósfera limpa nos envolva e non pese como unha lousa mortal sobre nós, para que os aviós canten como os merlos e os automóbiles semellen bolboretas. A Lúa ten que vixiar como un can fidel -a Lúa impura e violada- para que o orde do noso planeta non sexa adulterado e soio así o resto do sistema planetario compartirá a nosa vida de homes, participará na nosa tarefa de vivir, porá o seu amor sobre as nubes para que non se perda nin enfríe o noso amor, para reforzar o noso amor,

30 xaneiro 2016

12

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María) para que o noso amor gañe en grados e en kilates. O universo entón será unha unidade indivisíbel e o home será digno de ter vida e vivir porque aínda hai individuos que emporcan a vida, hai quen ama máis ao seu can, (...) que á súa compañeira, aos seus fillos, aos seus pais, aos seus semellantes en xeral. (...) O cosmos enteiro estaría da miña parte e todo o podre do mundo podería quedar sepultado entre cascallos. Vale a pena facer o experimento. Vale a pena intentar traguer luz aínda que o candil nos queime as maos, vale a pena berrar con toda a forza aínda que rebentemos os pulmós, vale a pena facer saltar os tapós de malicia que lles impiden escoitar a moitos xordos, vale a pena esnaquizar as lousas que cobren a moitos corazós pobres e con vermes. Sería fermoso berrar como un tolo ou como un deus, encher o mundo de estronicio, despertar aos penedos do seu sono, mover aos montes sempre inmóbiles, facer que os ríos corran do revés e que as árbores rumorosas se poñan a correr polos camiños. (...) ¿Quén é capaz de berrar a pulmón cheo cando as metralladoras e os canóns antiaéreos deixan escoitar a súa música fría e delgada?...

30 xaneiro 2016

13

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María) (...) Cando non hai comprensión falan as armas. É moi tristeiro, non é humano que as armas sexan as que teñen a derradeira palabra. ¿Cómo nos atravemos a falar de cultura, de civilización e de humanismo mentres se guerrea, mata e asoballa? ¿Con qué autoridade e con qué cara dura pronunciamos a palabra amor cando o amor é soio unha palabra e todos os dereitos do home son pisoteados? Somos aínda pequenos, estamos aínda en estado salvaxe, a nosa evolución é deficiente. Cando tíñamos xa que sobrepasar a talla das montañas, aínda non acadamos a estatura dunha pulga ou dun insecto. Cando as nosas maos tiñan que estar tocando as estrelas, aínda seguimos enzoufados na merda, aínda andamos a rolos pola merda, aínda nos atopamos felices nas latrinas. Decídeme, amigos meus... homes de boa vontade e alma limpa: ¿cándo faremos un mundo no que poidan cantar libremente en paz, en auténtica irmandade, homes, ventos, planetas, ríos e paxaros? MANUEL MARÍA, Informe para axudar a alcender unha cerilla (1973) in ibíd., pp. 509-530

30 xaneiro 2016

14

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María)

Balada contra os egoístas Homes guieiros de masas, cabezas de rebaños que vos seguen os pasos e as consignas, que escoitan as vosas propagandas mentireiras, os vosos programas de ventas, a vosa sorrisa comercial, as as vosas declaracións seudoaltruístas:

Homes que tecnificades tecnicamente tendo en conta somentes o interese dos amos que vos pagan, dos donos que vos mercan traballo e conciencia, desprezando ao home, asasinando a natureza e, se é preciso, destruíndo a pureza e a beleza:

non é unha bomba, ¡ai!, esta balada.

non é unha bomba, ¡ai!, esta balada.

Homes das grandes empresas industriais que lle poñedes prezo á poesía, ao cobre, ao aluminio, ao ferro, ao aceite, ao petróleo, ao pan, ás patacas, ao suor, que non cobrades as débedas en canciós, que soio recoñedes como máximo deus ao sacro dólar e ao ouro omnipotente:

Pequenos servidores da inxustiza e de toda a porcallada deste mundo: cecais vós non sabedes, é posíbel que sexades ignorantes do que pasa, que non chegárades a comprender, que endaxamais abrirades os ollos, que o voso maxín seguira pecho:

non é unha bomba, ¡ai!, esta balada.

Homes que manexades o diñeiro de todos, que dividides traballos e miserias, que multiplicades a dor e a tristura, que lle facedes render tanto por mil á emigración, ao xogo e á pobreza, que obrades milagres coa ignorancia e non lle abrides créditos á fame:

non é unha bomba, ¡ai!, esta balada.

Homes que decidides e guiades, homes que mercades e vendedes, homes que me avergoñades de ser home: non é unha bomba, ¡ai!, esta balada. MANUEL MARÍA, O libro das baladas (1978) in ibíd., pp. 632-3

non é unha bomba, ¡ai!, esta balada.

30 xaneiro 2016

15

IES “San Paio”


Non é unha bomba, ai!, esta poesía (Escolma de versos pacíficos de Manuel María)

De amicitia Estamos sempre en nós contra os demais, contra todos os homes, contra todos os ventos, contra todos os lobos, contra todas as técnicas que fan do ser humano masa uniforme. Semellamos pobres, humildes, indefensas sementes de invernía que calquera xeadiña murcha e mata. Unicamente somos nos demais cando a flor rara e marabillosa da amizade nos abre, enche e agranda o corazón. MANUEL MARÍA, A luz resucitada (1984) in Obra poética completa II (1981-2000), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, páx. 155

Proverbio da violencia A violencia só agroma das letrinas, dos pozos mourísimos do odio, dos cancros do resentimento e mala leite. A violencia destrúe e asasina. Precisa sempre xenreira, brutalidade e sangue para estender os seus pasos terríbeis polo mundo, a súa cega existencia: pranto e morte. ¿Quén saberá a sinrazón da violencia, nai da destrucción e da inxustiza? ¿Por que estraño destino a palabra V-I-O-L-E-N-C-I-A, tan voraz, feroz e destructiva se semella a violeta, viola e violín? MANUEL MARÍA, Compendio de orballos e incertezas (1991) in ibíd., páx. 439

30 xaneiro 2016

16

IES “San Paio”


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.